En sesión que tivo lugar o día 7 de outubro de 2024, o tribunal nomeado pola Resolución do 21 de decembro de 2023 (DOG núm. 1, do 2 de xaneiro de 2024), para cualificar o proceso selectivo para o ingreso, polas quendas de acceso libre e de promoción interna, no corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2, en prazas reservadas para seren cubertas por persoas que acrediten discapacidade intelectual,
ACORDOU:
Primeiro. Publicar a relación de aspirantes que superaron a fase de oposición coa mellor orde de prelación, ata un número igual ao de prazas convocadas e con indicación do seu documento nacional de identidade (coas limitación previstas na normativa en materia de protección de datos de carácter persoal).
De conformidade co disposto na base 3 da convocatoria, as persoas aspirantes deberán realizar un curso selectivo, que, igualmente, deberán superar con aproveitamento como requisito indispensable para obteren o seu nomeamento como persoal funcionario de carreira.
O curso selectivo terá unha duración de dous (2) meses e regularase mediante unha resolución ditada para ese efecto.
De conformidade co disposto na base 5.2 da convocatoria, as persoas aspirantes disporán dun prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación no Diario oficial de Galicia desta resolución, para presentaren a documentación prevista na citada base.
Segundo. Elevar esta resolución á titular da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de persoal para os efectos de que as persoas que figuran nela sexan propostas para o seu nomeamento como persoal funcionario en prácticas coa situación xurídica prevista nos artigos 16 e 17 do Decreto 95/1991, do 20 de marzo, e demais disposicións de aplicación.
Terceiro. De conformidade co disposto na base 4.13 da convocatoria, contra esta resolución poderase interpoñer recurso de alzada perante a persoa titular da consellería competente en materia de emprego público nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Santiago de Compostela, 11 de outubro de 2024
Constantino Piñeiro Cajete
Presidente do Tribunal
ANEXO
Listaxe de aspirantes que superaron a fase de oposición do proceso selectivo
para o ingreso polas quendas de acceso libre e de promoción interna, no corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia,
subgrupo C2
Promoción interna
|
|
Apelidos e nome |
NIF |
1º exercicio |
2º exercicio |
Total |
|||
|
Acertos da parte xeral |
Acertos da parte especial |
Total |
Puntuación |
|||||
|
1 |
Carballo Benito, Manuel |
***1357** |
17 |
23 |
40 |
45,00 |
10,00 (exento) |
55,00 |
Acceso libre
|
|
Apelidos e nome |
NIF |
1º exercicio |
2º exercicio |
Total |
|||
|
Acertos da parte xeral |
Acertos da parte especial |
Total |
Puntuación |
|||||
|
1 |
Jiménez Lorda, Pablo |
***8975** |
17 |
25 |
42 |
81,00 |
10,00 (exento) |
91,00 |
|
2 |
Osorio Peláez, Pablo |
***3817** |
18 |
22 |
40 |
75,00 |
10,00 (exenta) |
85,00 |
|
3 |
Gómez Gosende, Raúl |
***0546** |
16 |
22 |
38 |
69,00 |
10,00 (exenta) |
79,00 |
|
4 |
Blasco López, Antón Roi |
***0884** |
14 |
23 |
37 |
66,00 |
10,00 (exenta) |
76,00 |
