Unha vez rematado o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo facultativo superior da Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de facultativo de arquivos, bibliotecas e museos, especialidade de bibliotecas, convocado pola Resolución da Consellería de Facenda e Administración Pública do 30 de marzo de 2022 (DOG núm. 65, do 4 de abril), e segundo a base IV.4 da convocatoria, esta consellería, de conformidade co disposto na Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e demais normas concordantes,
RESOLVE:
Primeiro. Nomear persoal funcionario de carreira do proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo facultativo superior da Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de facultativo de arquivos, bibliotecas e museos, especialidade de bibliotecas, convocado pola Resolución da Consellería de Facenda e Administración Pública do 30 de marzo de 2022 (DOG núm. 65, do 4 de abril), a persoa aspirante aprobada que se relaciona no anexo desta resolución, e adxudicarlle como destino provisional o que figura no mesmo anexo.
Para adquirir a condición de persoal funcionario de carreira, a persoa a que se refire o anexo desta resolución deberá cumprir os requisitos exixidos no artigo 60 da Lei 2/2015, do 29 de abril, e tomar posesión do correspondente posto de traballo no prazo dun mes, que comezará a computarse a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
No caso de que a persoa aspirante se atope en situación de incapacidade temporal, o prazo para a toma de posesión comezará a contar a partir do día seguinte hábil á data de finalización da baixa médica, que deberá acreditar. Quedan exceptuadas do disposto neste parágrafo, as situacións derivadas da maternidade ou paternidade, que poderán tomar posesión durante esta situación.
Segundo. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer, con carácter potestativo, un recurso de reposición ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación, ou directamente un recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde esa mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, conforme o disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 15 de outubro de 2024
O conselleiro de Facenda e Administración Pública
P.D. (Orde do 8.1.2020; DOG núm. 16, do 24 de xaneiro)
Nuria Aguilar Vázquez
Directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal
