DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 204 Martes, 22 de outubro de 2024 Páx. 56220

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 21 de outubro de 2024, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, pola que se exclúe unha persoa aspirante do proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, para o ingreso no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia (subgrupo A1).

En virtude da Resolución do 1 de setembro de 2023 (DOG núm. 168, do 5 de setembro), fixéronse públicas as listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas do proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, para o ingreso no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia (subgrupo A1), convocado pola Resolución do 22 de decembro de 2022 (DOG núm. 244, do 26 de decembro), modificada polas resolucións do 20 de xaneiro de 2023 (DOG núm. 15, do 23 de xaneiro) e do 6 febreiro de 2023 (DOG núm. 26, do 7 de febreiro).

Por non cumprir os requisitos de acceso por causas sobrevidas,

DISPOÑO:

Excluír a seguinte persoa do proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Administración xeral:

DNI

Apelidos e nome

Quenda

Motivo da exclusión

***6179**

Gil González, María Begoña

Libre

201

201

Non cumpre o requisito da base I.2.5

Contra esta resolución poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública, no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, ou poderase interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados desde a mesma data, de conformidade co disposto no artigo 8.2 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, en relación co artigo 10.1 do mesmo texto legal.

Santiago de Compostela, 21 de outubro de 2024

Nuria Aguilar Vázquez
Directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal