DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 204 Martes, 22 de outubro de 2024 Páx. 56144

III. Outras disposicións

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 2 de outubro de 2024 pola que se modifica a Resolución do 25 de setembro de 2023 pola que se resolven as solicitudes para a concesión das subvencións previstas na Orde do 6 de xuño de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións, de carácter plurianual e en réxime de concorrencia competitiva, dirixidas a entidades deportivas para a construción, reforma, reparación, adecuación ou mellora de instalacións deportivas, e se convocan para os anos 2023 e 2024 (código de procedemento DE401D).

Advertidos erros na devandita resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia número 199, do 15 de outubro de 2024, cómpre realizar as seguintes correccións:

Na páxina 54521, no antecedente sexto, onde di:

«Sexto. O 23 de setembro de 2024, o secretario xeral para o Deporte propuxo que, logo da estimación do recurso de reposición, se modifique a Resolución do 25 de setembro de 2023, para conceder unha subvención ás entidades Club Náutico Deportivo de Santa Eugenia de Ribeira e Sporting Club Casino de La Coruña, nos seguintes termos:

Solicitante

NIF

Obxecto da actuación

Orzamento da actuación

Axuda

Club Náutico Deportivo de Santa Eugenia de Ribeira

G15033152

Adecuación rampla acceso deportistas

4.781,92 €

3.825,54 €

Sporting Club Casino de La Coruña

G15006976

Reposición céspede artificial 5 pistas padel

39.446,00 €

25.000,00 €

Total

28.825,54 €

»,

debe dicir:

«Sexto. O 23 de setembro de 2024 o secretario xeral para o Deporte propuxo que, logo da estimación do recurso de reposición, se modifique a Resolución do 25 de setembro de 2023, para conceder unha subvención á entidade Club Náutico Deportivo de Santa Eugenia de Ribeira, nos seguintes termos:

Solicitante

NIF

Obxecto da actuación

Orzamento da actuación

Axuda

Club Náutico Deportivo de Santa Eugenia de Ribeira

G15033152

Adecuación rampla acceso deportistas

4.781,92 €

3.825,54 €

O 24 de setembro de 2024 o secretario xeral para o deporte propuxo que, logo da estimación do recurso de reposición, se modifique a Resolución do 25 de setembro de 2023, para conceder unha subvención á entidade Sporting Club Casino de La Coruña, nos seguintes termos:

Solicitante

NIF

Obxecto da actuación

Orzamento da actuación

Axuda

Sporting Club Casino de La Coruña

G15006976

Reposición céspede artificial 5 pistas pádel

39.446,00 €

25.000,00 €

»

Na páxina 54521, no antecedente sétimo, onde di:

«Sétimo. O 30 de setembro de 2024, o conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes resolveu estimar os recursos potestativos de reposición interpostos polo Club Náutico Deportivo de Santa Eugenia de Ribeira e polo Sporting Club Casino de La Coruña.»,

debe dicir:

«Sétimo. O 27 de setembro de 2024 o secretario xeral técnico da Consellería de Presidencia Xustiza e Deportes, resolveu estimar os recursos potestativos de reposición interpostos polo Club Náutico Deportivo de Santa Eugenia de Ribeira e polo Sporting Club Casino de La Coruña.»