O tribunal designado para cualificar as probas dirixidas á obtención e á renovación do certificado de conselleiro de seguridade para o transporte de mercadorías perigosas por estrada e por ferrocarril, convocadas mediante a Resolución do 5 de xullo de 2024, da Dirección Xeral de Mobilidade (DOG nº 142, do 23 de xullo), acordou, de conformidade co disposto na base oitava da mencionada resolución:
Primeiro. As probas correspondentes á renovación do certificado de conselleiro de seguridade para o transporte de mercadorías perigosas por estrada e por ferrocarril terán lugar na Escola Galega de Administración Pública (EGAP), na rúa de Madrid 2-4, As Fontiñas, Santiago de Compostela.
Os ditos exercicios realizaranse o vindeiro día 6 de novembro de 2024, nos horarios e nas aulas que a seguir se sinalan:
|
Probas renovación |
|||
|
Clase |
Renovación |
Aula |
Horario |
|
Todas as clases |
Renovación |
Salón de actos |
9.00 h-10.00 h |
|
Clase 1 |
------------- |
------------------ |
------------------- |
|
Clase 2 |
Renovación |
Salón de actos |
18.00 h-19.00 h |
|
Clase 3 e máis |
Renovación |
Salón de actos |
13.00 h-14.00 h |
|
Materias líquidas |
Renovación |
Salón de actos |
16.00 h-17.00 h |
|
Ferrocarril |
Renovación |
Salón de actos |
11.00 h-12.00 h |
Segundo. Para os efectos de proceder á realización dos correspondentes chamamentos, os aspirantes deberán presentarse ás probas 15 minutos antes do comezo de cada exercicio.
Terceiro. Os interesados serán convocados para cada exercicio en chamamento único e resultarán excluídos da súa realización aqueles que non comparezan.
Cuarto. Os aspirantes excluídos por non compareceren no momento do chamamento non terán dereito a que se lles devolvan os importes aboados en concepto de dereitos de exame.
Quinto. Os aspirantes terán que se presentar ás probas provistos do orixinal do seu documento nacional de identidade ou documento fidedigno acreditativo da súa identidade, ao xuízo do tribunal. En caso contrario, non se permitirá o acceso ao recinto onde se realicen os exercicios. Tales aspirantes excluídos non terán dereito a que se lles devolvan os importes aboados en concepto de dereitos de exame.
Prégase que os aspirantes comparezan ao exame provistos de bolígrafo azul ou negro.
Santiago de Compostela, 14 de outubro de 2024
Marta Vázquez Sanjurjo
Presidenta do tribunal
