DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 204 Martes, 22 de outubro de 2024 Páx. 56148

III. Outras disposicións

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

RESOLUCIÓN do 14 de outubro de 2024, do tribunal designado para cualificar as probas dirixidas á obtención e á renovación do certificado de conselleiro de seguridade para o transporte de mercadorías perigosas por estrada e por ferrocarril, pola que se determinan as datas, o lugar e os horarios de realización dos exercicios correspondentes á obtención do certificado.

O tribunal designado para cualificar as probas dirixidas á obtención e á renovación do certificado de conselleiro de seguridade para o transporte de mercadorías perigosas por estrada e por ferrocarril, convocadas mediante a Resolución do 5 de xullo de 2024, da Dirección Xeral de Mobilidade (DOG nº 142, do 23 de xullo), acordou, de conformidade co disposto na base oitava da mencionada resolución:

Primeiro. As probas correspondentes á obtención do certificado de conselleiro de seguridade para o transporte de mercadorías perigosas por estrada e por ferrocarril terán lugar na Escola Galega de Administración Pública (EGAP), na rúa de Madrid, 2-4, As Fontiñas, Santiago de Compostela.

Os ditos exercicios realizaranse o vindeiro día 6 de novembro de 2024, nos horarios e nas aulas que a seguir se sinalan:

Probas renovación

Clase

Obtención

Aula

Horario

Todas as clases

Obtención

Salón de actos

9.00 h-11.00 h

Clase 1

Obtención

Salón de actos

9.00 h-11.00 h

Clase 2

-------------

------------------

-------------------

Clase 3 e máis

Obtención

Salón de actos

13.00 h-15.00 h

Materias líquidas

Obtención

Salón de actos

16.00 h-18.00 h

Ferrocarril

Obtención

Salón de actos

11.00 h-13.00 h

Segundo. Para os efectos de proceder á realización dos correspondentes chamamentos, os aspirantes deberán presentarse ás probas 15 minutos antes do comezo de cada exercicio.

Terceiro. Os interesados serán convocados para cada exercicio en chamamento único e resultarán excluídos da súa realización aqueles que non comparezan.

Cuarto. Os aspirantes excluídos por non compareceren no momento do chamamento non terán dereito a que se lles devolvan os importes aboados en concepto de dereitos de exame.

Quinto. Os aspirantes terán que se presentar ás probas provistos do orixinal do seu documento nacional de identidade ou documento fidedigno acreditativo da súa identidade, ao xuízo do tribunal. En caso contrario, non se permitirá o acceso ao recinto onde se realicen os exercicios. Tales aspirantes excluídos non terán dereito a que se lles devolvan os importes aboados en concepto de dereitos de exame.

Sexto. As persoas aspirantes poderán consultar textos normativos en formato papel para realizar a parte práctica deste exercicio, sempre que neles non figuren comentarios ou resolución de casos prácticos. Así mesmo, poderán ir provistos de máquina calculadora sen memoria RAM para efectuar as operacións matemáticas que cumpran. Non se admitirá o emprego de tabletas nin teléfonos móbiles.

Prégase que os aspirantes comparezan ao exame provistos de bolígrafo azul ou negro.

Santiago de Compostela, 14 de outubro de 2024

Marta Vázquez Sanjurjo
Presidenta do tribunal