A Orde do 12 de marzo de 2024 (DOG núm. 60, do 25 de marzo) pola que se convocan os premios extraordinarios de formación profesional de grao superior correspondentes ao curso 2022/23, establece no seu artigo 14.2 que a persoa titular da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa elevará a proposta feita polo xurado de selección á persoa titular da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades (actual Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional), quen emitirá a correspondente orde de adxudicación para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Unha vez realizada polo xurado de selección a valoración das solicitudes presentadas, publicados os resultados coas puntuacións provisionais obtidas polas persoas candidatas, resoltas as reclamacións presentadas, vistas a acta coa proposta definitiva do xurado de selección e a proposta da directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa sobre a concesión destes premios,
DISPOÑO:
Primeiro. Conceder os premios extraordinarios de formación profesional de grao superior correspondentes ao curso 2022/23 ao alumnado que figura no anexo desta orde.
Segundo. Contra esta orde poderase recorrer mediante recurso potestativo de reposición ante a persoa titular da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, por delegación de competencia establecida na Orde do 5 de xuño de 2024 (DOG núm. 114, do 13 de xuño), no prazo dun mes, a partir do día seguinte ao da data de publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben directamente mediante recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses desde tal publicación, segundo prevé o artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 11 de outubro de 2024
O conselleiro de Cultura, Educación,
Formación Profesional e Universidades
P.D. (Orde do 5 de xuño de 2024; DOG núm. 114, do 13 de xuño)
Manuel Vila López
Secretario xeral técnico da Consellería de Cultura,
Educación, Formación Profesional e Universidades
ANEXO
Premios extraordinarios de formación profesional de grao superior correspondentes ao curso 2022/23
|
Nº inscrición |
Apelidos e nome |
Familia profesional |
Cód. centro |
Centro educativo |
Importe |
|
2422000269 |
Villasenín Martínez, Daniel |
Actividades físicas e deportivas |
15005749 |
CIFP Universidade Laboral |
1.000 € |
|
2478000016 |
Bastero Morquillas, Borja |
Administración e xestión |
36011521 |
CPR Vivas |
1.000 € |
|
2474000222 |
Fernández Lastra, Daniel |
Agraria |
27006966 |
IES Plurilingüe San Rosendo |
1.000 € |
|
2444000054 |
Sánchez López, Estefanía |
Artes gráficas |
15021469 |
CIFP Leixa |
1.000 € |
|
2469000158 |
Soto Salinas, Nikol |
Comercio e márketing |
15005257 |
IES Ramón Menéndez Pidal |
1.000 € |
|
2458000205 |
Fraga Felípez, Jorge |
Edificación e obra civil |
15024513 |
CIFP Someso |
1.000 € |
|
2467000026 |
Mourelle Lorenzo, Antonio |
Electricidade e electrónica |
15005749 |
CIFP Universidade Laboral |
1.000 € |
|
2458000276 |
Castro Vecino, Martín |
Enerxía e auga |
15005749 |
CIFP Universidade Laboral |
1.000 € |
|
2459000355 |
Suárez Conde, Javier |
Fabricación mecánica |
15006754 |
CIFP Ferrolterra |
1.000 € |
|
2474000147 |
Conde Nóvoa, Yasmina |
Hostalaría e turismo |
32016285 |
CIFP de Vilamarín |
1.000 € |
|
2492000292 |
Souto de Celis, Daniel |
Imaxe e son |
36024461 |
CIFP Audiovisual de Vigo |
1.000 € |
|
2424000031 |
Negreira Rey, Celsa |
Imaxe persoal |
15032522 |
CPR Reyblanc |
1.000 € |
|
2446000176 |
Abelaira Fernández, Adrián |
Industrias alimentarias |
27011718 |
CPR Belarmino Fernández Iglesias |
1.000 € |
|
2458000363 |
Sierra Varela, Diego |
Informática e comunicacións |
36011853 |
CPR Daniel Castelao |
1.000 € |
|
2455000150 |
Pereira Souto, Ricardo |
Instalación e mantemento |
15015767 |
CIFP Politécnico de Santiago |
1.000 € |
|
2470000223 |
Casteleiro García, Macarena |
Madeira, moble e cortiza |
15015767 |
CIFP Politécnico de Santiago |
1.000 € |
|
2492000022 |
Posada Iglesias, Diego José |
Marítimo-pesqueira |
36011804 |
Instituto Marítimo Pesqueiro do Atlántico |
1.000 € |
|
2496000245 |
Pérez Seco, Ana |
Química |
27006531 |
IES Lucus Augusti |
1.000 € |
|
2459000122 |
Seijas Baña, Iria |
Sanidade |
15032364 |
CPR Fesán |
1.000 € |
|
2497000046 |
González González, Marta |
Seguridade e ambiente |
36007552 |
CIFP A Granxa |
1.000 € |
|
2478000164 |
Villamar Piñeiro, Amanda |
Servizos socioculturais e á comunidade |
15032005 |
CPR Castelao |
1.000 € |
|
2404000254 |
Abella Arias, José Luis |
Téxtil, confección e pel |
15027897 |
CIFP Paseo das Pontes |
1.000 € |
|
2408000272 |
Portos Pampín, Diego |
Transporte e mantemento de vehículos |
15022620 |
IES de Curtis |
1.000 € |
