Mediante a Orde da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude do 16 de maio de 2024 establecéronse as bases do Premio á innovación bibliotecaria de Galicia e convocáronse para o ano 2024.
O 10 de outubro de 2024, a Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, por delegación do titular da consellería, ditou resolución pola que se concederon os premios ao abeiro da dita convocatoria.
O artigo 15.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, establece a obrigatoriedade de publicación no Diario Oficial de Galicia das subvencións concedidas con expresión da convocatoria, o programa e o crédito orzamentario a que se imputan, o beneficiario, a cantidade concedida e a finalidade ou finalidades da subvención. Así mesmo, segundo o artigo 17 da orde de convocatoria, esta resolución publicarase no Diario Oficial de Galicia e no portal da Rede de bibliotecas de Galicia (https://rbgalicia.xunta.gal). Esta publicación substituirá a notificación persoal e producirá os mesmos efectos.
RESOLVO:
Facer pública a concesión do Premio á innovación bibliotecaria de Galicia 2024, dotado con tres mil euros (3.000,00 €), ao Concello de Entrimo polo proxecto Anímate a tecer, da Biblioteca Pública Municipal Tomás de Liberio de Entrimo, na categoría de concellos de ata 10.000 habitantes.
Facer pública a concesión do Premio á innovación bibliotecaria de Galicia 2024, dotado con tres mil euros (3.000,00 €), ao Concello de Oleiros, polo proxecto Ler para saber: a ciencia, da Biblioteca Central Rialeda de Oleiros, na categoría de concellos de máis de 10.000 habitantes.
Os premios foron aprobados con cargo á aplicación orzamentaria 43.03.432A.760.3, proxecto 2015 00352, cun crédito orzamentario para o ano 2024 de seis mil euros (6.000,00 €).
Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que a ditou no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 2 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben impugnarse directamente a través do recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, que se contarán desde a mesma data, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. En todo caso, non se poderá interpor recurso contencioso-administrativo ata que sexa resolto expresamente ou se produza a desestimación presunta do recurso de reposición.
Santiago de Compostela, 14 de outubro de 2024
Anxo M. Lorenzo Suárez
Director xeral de Cultura
