DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 204 Martes, 22 de outubro de 2024 Páx. 56317

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Fene

ANUNCIO da convocatoria e das bases do proceso selectivo para dúas prazas vacantes de administrativo/a (oferta de emprego público 2021 e 2022).

No BOP da Coruña núm. 171, do 5 de setembro de 2024, publicáronse as bases que rexerán a convocatoria para prover dúas prazas de administrativo/a, encadradas na escala da Administración xeral, subescala administrativa, por oposición libre. A rectificación das citadas bases publicouse no BOP núm. 182, do 20 de setembro de 2024.

A presentación de solicitudes farase no prazo de vinte (20) días naturais a partir do seguinte ao da publicación desta convocatoria no Boletín Oficial del Estado (BOE).

Fene, 20 de setembro de 2024

Alejandra Permuy Meizoso
Alcaldesa en funcións