Mediante a Resolución da Alcaldía 592/2024, do 23.9.2024, acordouse realizar a contratación como persoal laboral fixo, para obter a praza obxecto de estabilización no proceso selectivo con expediente 2022/E001/000043 (operario vías e obras, tractorista), a favor de:
|
Identidade do aspirante |
DNI |
|
José Antonio García Mayo |
***6974** |
O que se publica no cumprimento da base xeral núm. 13 e da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia.
Contra a Resolución da Alcaldía poderán interpoñerse, alternativamente, recurso de reposición ante o mesmo órgano, no prazo dun mes desde o día seguinte ao da publicación, ou recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo da Coruña, no prazo de dous meses, segundo os artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro (LPACAP), e o artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa. Todo isto, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro recurso que consideren oportuno.
Lousame, 30 de setembro de 2024
Mª Teresa Villaverde Pais
Alcaldesa
