DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 204 Martes, 22 de outubro de 2024 Páx. 56319

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Portomarín

ANUNCIO de delimitación de solo de núcleo rural do Cruceiro, parroquia do Castro de Soengas.

De conformidade co disposto no artigo 191 do Regulamento da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, aprobado polo Decreto 143/2016, do 22 de setembro, sométese a información pública a delimitación de solo de núcleo rural do Cruceiro, parroquia de Castro de Soengas, concello de Portomarín, por un prazo mínimo de dous meses.

Durante o devandito prazo poderá ser examinado por calquera interesado nas dependencias municipais para que se formulen as alegacións que se xulguen pertinentes. Así mesmo, estará á disposición dos interesados na sede electrónica deste concello
https://portomarin.sedelectronica.gal/ e na páxina web oficial https://concellodeportomarin.es/

Portomarín, 27 de setembro de 2024

Pablo Rivas Folgueira
Alcalde