En cumprimento do previsto no artigo 109 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se está a tramitar a seguinte solicitude de concesión de augas:
Solicitante: A Bouciña, S.C.
NIF: ****4603*.
Expediente: DH.A15.96360.
Volume total anual: 6.570 m3/ano.
Destino: uso gandeiro.
Orixe: manancial.
Lugar: Contimunde.
Parroquia: Rois.
Concello: Rois.
Descrición do aproveitamento:
O aproveitamento consiste na captación dun manancial situado na parcela nº 419 do polígono nº 5 de Rois, mediante tres (3) aros de formigón de 1 m de diámetro e 1,5 m de altura e na súa condución ao longo dun tubo de polietileno de 40 mm de diámetro ata un depósito de poliéster de 1.000 litros situado na entrada da explotación, na parcela nº 412.
O proxecto pode consultarse na sección Participación pública do portal da internet de Augas de Galicia (https://augasdegalicia.xunta.gal) e nas oficinas deste servizo territorial, situadas na rúa Tomiño, 16, baixo, 15704 Santiago de Compostela (A Coruña), solicitando cita previa no teléfono 981 54 49 27.
Os interesados poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Santiago de Compostela, 6 de xuño de 2024
Jesús Antonio Manrique Merino
Xefe do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Centro
