DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 204 Martes, 22 de outubro de 2024 Páx. 56306

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 26 de setembro de 2024, do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Norte, polo que se somete a información pública unha solicitude de concesión de augas no concello de San Sadurniño (expediente DH.A15.102513).

En cumprimento do previsto no artigo 109 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se está a tramitar a seguinte solicitude de concesión de augas:

Solicitante: Concello de San Sadurniño.

CIF: ****0770** .

Expediente: DH.A15.102513.

Volume total anual: 8.869,50 m3/ano.

Caudal máximo instantáneo: 3,28 l/s.

Orixe: X= 576.236; Y= 4.823.831; (UTM ETRS89, fuso 29).

Lugar: Freixo.

Parroquia: Lamas.

Concello: San Sadurniño (A Coruña).

Destino: abastecemento.

Lugar: A Pallota, Filgueiras, Bouzarrara, Freixo, Leiras, Portolamas, Ramisqueiras e Vilela.

Parroquia: Lamas.

Concello: San Sadurniño (A Coruña).

Descrición do aproveitamento:

A captación realízase a través dun pozo de barrena de 32 m de profundidade e condúcese a unha distancia de 10 m a través dunha tubaxe de 50 mm de diámetro de polietileno, ata un depósito con ETAP anexa que se encontra situado nas coordenadas UTM ETRS89, fuso 29 seguintes:

– X= 576.215, Y= 4.823.846. Referencia catastral 15077A153002840000HF.

Desde este punto distribúese aos diferentes núcleos mediante unha condución de polietileno de 110 mm de diámetro.

A documentación pode consultarse na sección Participación pública do portal da internet de Augas de Galicia (https://augasdegalicia.xunta.gal) e nas oficinas deste servizo territorial, situadas na rúa Vicente Ferrer, 2, 9º andar, 15008 da Coruña (A Coruña). Para facilitar esta consulta poderá solicitar cita previa no teléfono 981 18 25 30.

Os interesados poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

A Coruña, 26 de setembro de 2024

Néstor Rodríguez Arias
Xefe do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Norte