DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 204 Martes, 22 de outubro de 2024 Páx. 56308

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 27 de setembro de 2024, do Servizo de Xestión Ambiental das Augas, polo que se somete a información pública unha solicitude de autorización de vertedura no concello de Mañón (expediente DH.V15.102837).

En cumprimento do previsto no artigo 152.8.b) do Regulamento xeral de costas, aprobado polo Real decreto 876/2014, do 10 de outubro, faise público que se está a tramitar a seguinte solicitude de autorización de vertedura:

Solicitante: Concello de Mañón.

NIF: P1504500H.

Expediente: DH.V15.102837.

Lugar: O Porto de Bares.

Parroquia: Bares (Santa María).

Concello: Mañón.

Tipo de vertedura: augas residuais urbanas depuradas.

Caudal máximo anual: 49.275 m3/ano.

Punto de vertedura: X=607.276; Y=4.847.408.

Medio receptor: ría do Barqueiro (bacía da ría de Santa Marta de Ortigueira).

Tratamento/evacuación:

As augas residuais urbanas recollidas no saneamento dunha parte do núcleo do Porto de Bares-Bares son tratadas na EDAR do Porto de Bares, constituída por dúas depuradoras compactas de aireación prolongada dispostas en paralelo, unha deseñada para 250 habitantes equivalentes e outra deseñada para 500 habitantes equivalentes. O efluente depurado vértese á ría do Barqueiro mediante condución de PVC.

O proxecto pode consultarse na sección Participación pública do portal da internet de Augas de Galicia (https://augasdegalicia.xunta.gal) e nas oficinas de Augas de Galicia, situadas na praza de Camilo Díaz Baliño, 7-9, Santiago de Compostela, solicitando cita previa no teléfono 981 54 50 87.

Os interesados poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 27 de setembro de 2024

Cristina Carrión Rodríguez
Xefa do Servizo de Xestión Ambiental das Augas