DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 205 Mércores, 23 de outubro de 2024 Páx. 56448

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 8 de outubro de 2024, da Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural, polo que se notifican uns trámites de audiencia como consecuencia dos recursos de alzada interpostos contra o acordo de reestruturación parcelaria de Fisteus (Curtis-A Coruña).

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación sen que se puidese efectuar, notifícase ás persoas interesadas, por medio do presente anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), os actos administrativos sinalados no anexo.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Para coñecer o contido íntegro dos actos que se notifican, as persoas interesadas poderán comparecer no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio nas dependencias da Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural, situadas en San Caetano, s/n, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Santiago de Compostela, 8 de outubro de 2024

María Paz Rodríguez Rivera
Directora xeral de Desenvolvemento Rural

ANEXO

Interesado/a

Acto que se notifica

Zona

Recurso

Emilio Caínzos Sar

Trámite de audiencia

Fisteus (Curtis-A Coruña)

2

32229866H

Trámite de audiencia

Fisteus (Curtis-A Coruña)

21

33175762X

Trámite de audiencia

Fisteus (Curtis-A Coruña)

26