DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 205 Mércores, 23 de outubro de 2024 Páx. 56447

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

RESOLUCIÓN do 8 de outubro de 2024, do Departamento Territorial da Coruña, pola que se fai pública a inscrición do acordo de modificación de estatutos sociais da entidade Flying Fun, Sociedade Cooperativa Galega.

En cumprimento do disposto no artigo 53 do Decreto 430/2001, do 18 de decembro, polo que se aproba o Regulamento do Rexistro de Cooperativas, faise público que este departamento territorial o 8 de outubro de 2024 resolveu inscribir no Rexistro de Cooperativas o acordo de modificación do artigo nº 2 dos estatutos sociais, relativo ao domicilio social da entidade Flying Fun, Sociedade Cooperativa Galega, acordada na reunión da asemblea xeral do 30 de agosto de 2024. O seu novo domicilio social é: rúa Santa Marta de Arriba, nº 18, baixo, concello de Santiago de Compostela, provincia de A Coruña, 15706.

A Coruña, 8 de outubro de 2024

Juan José Couce Prego
Director territorial da Coruña