DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 205 Mércores, 23 de outubro de 2024 Páx. 56392

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 16 de outubro de 2024, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, pola que se exclúe unha persoa aspirante do proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia (subgrupo A2).

En virtude da Resolución do 1 de setembro de 2023 (DOG núm. 169, do 6 de setembro) fixéronse públicas as listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia (subgrupo A2), convocado pola Resolución do 22 de decembro de 2022 (DOG núm. 245, do 27 de decembro), modificada polas resolucións do 20 de xaneiro de 2023 (DOG núm. 15, do 23 de xaneiro) e do 6 febreiro de 2023 (DOG núm. 26, do 7 de febreiro).

Segundo a base I.2.8 da convocatoria, non poderá participar no proceso selectivo o persoal funcionario de carreira que xa pertence ao mesmo corpo, polo que

DISPOÑO:

Excluír a seguinte persoa do proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo de grao medio, escala de axudantes de arquivos, bibliotecas e museos, especialidade de bibliotecas, como consecuencia da Resolución do 20 de marzo de 2024 pola que se procede ao nomeamento como persoal funcionario de carreira:

DNI

Apelidos e nome

Quenda

Motivo da exclusión

***9266**

Miguélez García, Iria

Libre

44

44

Xa pertence ao corpo, escala ou categoría a que se presenta

Contra esta resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública, no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 16 de outubro de 2024

Nuria Aguilar Vázquez
Directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal