DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 205 Mércores, 23 de outubro de 2024 Páx. 56389

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 16 de outubro de 2024, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante concurso-oposición, para o ingreso no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de inspección urbanística, especialidade xurídica, pola que se fai pública a baremación provisional da fase de concurso.

Mediante a Resolución do 22 de decembro de 2022 convocouse o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante concurso-oposición, para o ingreso no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de inspección urbanística, especialidade xurídica (DOG número 245, do 27 de decembro). Esta resolución foi modificada pola Resolución do 20 de xaneiro de 2023 (DOG número 15, do 23 de xaneiro) e pola Resolución do 6 de febreiro de 2023 (DOG número 26, do 7 de febreiro).

A base IV.3 da Resolución do 22 de decembro de 2022 dispón que os méritos enumerados na súa base IV.1 e IV.2 deberán referirse á data de publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia, que foi o 27 de decembro. Estes méritos deberán acreditarse de conformidade co procedemento que se estableza mediante resolución da persoa titular da consellería competente en materia de función pública, que será publicada no Diario Oficial de Galicia.

No Diario Oficial de Galicia número 140, do 19 de xullo, publicouse a Resolución do 11 de xullo de 2024 pola que se fai público o procedemento para a acreditación dos méritos do proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante concurso-oposición, para o ingreso no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de inspección urbanística, especialidade xurídica. O prazo para a acreditación dos méritos estableceuse en dez (10) días, polo que rematou o 5 de agosto de 2024.

A base IV.5 da Resolución do 22 de decembro de 2022 establece que, unha vez rematado o prazo de acreditación de méritos, o tribunal efectuará a baremación do concurso coa colaboración técnica que precise do persoal da dirección xeral competente en materia de función pública, así como que, despois de finalizada a fase de baremación, o tribunal publicará o baremo provisional, con indicación das puntuacións obtidas polas persoas aspirantes que foron avaliadas de acordo coas previsións contidas na propia base.

De conformidade co exposto na sesión que tivo lugar o 16 de outubro de 2024, o tribunal nomeado pola Resolución do 15 de setembro de 2023 (DOG número 178, do 19 de setembro) para cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante concurso-oposición, para o ingreso no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de inspección urbanística, especialidade xurídica,

RESOLVE:

Primeiro. Facer pública a baremación provisional da fase de concurso, con indicación da puntuación obtida polas persoas aspirantes que foron baremadas de acordo coas regras contidas na base IV.3 da convocatoria.

A puntuación provisional obtida polas persoas baremadas figura reflectida no portal web corporativo da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal: https://www.xunta.gal/funcion-publica/procesos-selectivos/consulta

Segundo. De acordo co establecido na base IV.5 da convocatoria, as persoas baremadas poderán formular reclamación contra as puntuacións provisionais perante o tribunal no prazo de dez (10) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

As reclamacións presentaranse a través de Fides, na epígrafe de inscrición en procesos selectivos. Para isto, a persoa aspirante accederá ao proceso de estabilización a que se refire esta resolución en que desexe formular reclamación, na epígrafe «Que podo facer?», «Presentación alegacións baremo».

Terceiro. Sen prexuízo do cumprimento do disposto no ordinal sexto da Resolución do 11 de xullo de 2024 (DOG número 140, do 19 de xullo), as persoas aspirantes baremadas deberán ter en conta que a forma documental de acreditar os méritos neste proceso é a que figura contida no anexo III da Resolución do 5 de decembro de 2023 (DOG número 237, do 15 de decembro).

Para os efectos informativos, no portal web corporativo da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal https://www.xunta.gal/funcion-publica/procesos-selectivos/consulta publícase un modelo de certificación de servizos prestados que se axusta ao contido da letra c) do anexo III da devandita Resolución do 5 de decembro de 2023.

Santiago de Compostela, 16 de outubro de 2024

Beatriz Moar Ulloa
Presidenta do tribunal