Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar…», mediante o presente anuncio comunícase a todas as persoas interesadas nos pagamentos dos prezos xustos polos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada Reforma da LMT TRO718 e substitución do CTI Parada-Teis 36AC73 por CTC, que se realizarán na casa do concello de Redondela, segundo o calendario e o horario que se sinalan no cadro anexo que máis abaixo se detalla.
Ao acto deberán comparecer as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os bens afectados por si ou representadas por persoa debidamente autorizada, e amosarán o seu DNI/NIF, así como os documentos acreditativos da titularidade.
Vigo, 9 de outubro de 2024
Beatriz López del Olmo
Directora territorial de Pontevedra
ANEXO
Expediente: IN407A 2022/435-4.
Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Denominación da instalación: reforma da LMT TRO718 e substitución do CTI Parada-Teis 36AC73 por CTC.
Concello: Redondela.
|
Predio |
Referencia catastral |
Lugar |
Titularidade |
Data |
Hora |
|
4 |
36045A053008260000WM |
Parada |
María Tizón Paz |
14 de xaneiro de 2025 |
12 |
