DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 205 Mércores, 23 de outubro de 2024 Páx. 56437

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 11 de outubro de 2024, do Departamento Territorial de Lugo, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción, e se declara a utilidade pública, en concreto, para os efectos da urxente ocupación, dunha instalación eléctrica no concello de Vilalba (expediente IN407A 2023/25-2).

Examinado o expediente instruído por instancia da empresa Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A., con enderezo para os efectos de notificación na rúa Ramón María Aller Ulloa, 9, 27003 Lugo, aprécianse os seguintes

Antecedentes de feito:

Primeiro. Con data do 25 de xaneiro de 2023, a citada empresa solicita a autorización administrativa previa e de construción e a declaración de utilidade pública, en concreto, para a instalación eléctrica denominada Peche anel LMT 20 kV Muras_2 (SE_Sete_Pontes) con LMT 20 kV Tronceda (SE_Sete_Pontes) CT Bodán (CD_6620)-CT O Palleiro (CD_10422), no concello de Vilalba.

Coa solicitude achégase o proxecto de execución, asinado polo enxeñeiro industrial Jorge Sanz Varea o 7.7.2021, a que fai referencia o Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE núm. 310, do 27 de decembro), que regula as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e xúntase a relación concreta e individualizada de bens e dereitos afectados pola instalación que determina a Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro), e o artigo 143 do Real decreto 1955/2000, antes citado.

Segundo. O proxecto someteuse a información pública para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, mediante acordo deste departamento territorial do 12 de maio de 2023. Este acordo foi publicado no diario El Progreso do 26 de maio de 2023 e no Diario Oficial de Galicia do 9 de xuño de 2023, no taboleiro de anuncios do citado departamento territorial e no taboleiro de anuncios do Concello de Vilalba. Con este acordo inseríase a relación de bens e dereitos afectados.

Terceiro. Déuselles traslado das separatas do proxecto ás distintas administracións, organismos ou, de ser o caso, empresas de servizos de interese xeral afectadas e cumpríronse os trámites establecidos no artigo 127 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro.

Cuarto. Durante o trámite de información pública non se presentaron alegacións.

Quinto. Persoal dos servizos técnicos deste departamento territorial emitiu informe favorable sobre a solicitude obxecto deste expediente, de acordo co disposto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro. Igualmente, unha vez revisado sobre o terreo o trazado da liña eléctrica proxectada, os referidos servizos técnicos informan de que non se dá ningunha das limitacións para a imposición da servidume de paso de enerxía eléctrica a que se refire o artigo 161 do Real decreto 1955/2000, en relación co artigo 58 da Lei 24/2013, sobre os predios incluídos na relación de bens e dereitos que foi obxecto de información pública e sobre os cales a empresa beneficiaria non chegou a un acordo amigable cos seus propietarios.

Para estes feitos son de aplicación os seguintes

Fundamentos de dereito:

Primeiro. A este departamento territorial correspóndelle resolver sobre esta solicitude de acordo coas competencias que resultan do Decreto 140/2024, do 20 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía e Industria, e tendo en conta o Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, sobre órganos competentes para autorización de instalacións eléctricas na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 22, do 1 de febreiro), en relación co Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, e a Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.

Segundo. No expediente cumpríronse os trámites establecidos na Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia, na Lei 24/2013, e os regulamentarios previstos nos capítulos II e V do título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, que regula o procedemento de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.

Terceiro. Á vista do informe técnico e do resto da documentación que figura no expediente, considérase que procede a autorización da instalación eléctrica.

Cuarto. Sen prexuízo do anterior, cómpre ter en conta que, consonte o artigo 151 do citado Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, en calquera momento a empresa beneficiaria e os titulares dos necesarios bens e dereitos poden convir un mutuo acordo, causando a correspondente conclusión do expediente expropiatorio.

De acordo co exposto e en virtude das competencias que ten atribuídas, esta dirección territorial

RESOLVE:

Primeiro. Outorgar a autorización administrativa previa e de construción á empresa Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A. para o establecemento da instalación eléctrica denominada Peche anel LMT 20 kV Muras_2 (SE_Sete_Pontes) con LMT 20 kV Tronceda (SE_Sete_Pontes) CT Bodán (CD_6620)-CT O Palleiro (CD_10422), no concello de Vilalba, coas seguintes características técnicas principais:

• Liña de media tensión-subterránea a 20 kV, cunha lonxitude de 252 m en condutor RHZ1-OL 12/20 kV 1×240 K Al + H16, con orixe na conversión aéreo-subterránea do apoio existente núm. 6620 da LAT Muras_2 e final na conversión aéreo-subterránea do apoio núm. 0 proxectado, con entrada e saída no centro de transformación proxectado Bodán.

• Liña de media tensión aérea a 20 kV, cunha lonxitude de 1.868 m en condutor 94- AL1/22-ST1A (LA 110), con orixe na conversión aéreo-subterránea do apoio núm. 0 proxectado e final no apoio núm. 13 proxectado en substitución do apoio núm. 216139 existente da LAT Tronceda.

• Centro de transformación (CT) prefabricado Bodán, cunha potencia instalada de 50 kV, relación de transformación 20.000/400-230 V e configuración 2L+1P. Desmontaxe do CT Bodán existente instalado no apoio 6620 da LAT Muras_2.

Segundo. Declarar a utilidade pública, en concreto, da instalación eléctrica obxecto deste expediente, o que implica a necesidade de ocupación dos bens ou da adquisición dos dereitos afectados e a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa. Por isto, en cumprimento do disposto neste artigo, acórdase que o representante da Administración dea comezo, na data e hora que a cada interesado se lle notificará individualmente, ao levantamento das actas previas á ocupación dos predios contidos na relación de bens e dereitos que se inclúe no anexo desta resolución. Así mesmo, faise constar que ata o momento do levantamento das actas previas se poderán formular as alegacións que se consideren oportunas, para os efectos de rectificar posibles erros na relación de bens afectados que foi obxecto de publicación nos medios e nas datas anteriormente referidos. Estas alegacións deberanse presentar por escrito perante este Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria (Edificio Administrativo da Xunta de Galicia de Lugo, rolda da Muralla, 70, 27071 Lugo).

Todo isto de acordo coas condicións seguintes:

Primeira. As instalacións que se autorizan terán que realizarse de acordo coas especificacións e cos planos que figuran no proxecto de execución, coas condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e coas condicións establecidas nos condicionados dos organismos que constan no expediente.

Segunda. A peticionaria asegurará o mantemento e a vixilancia correcta das instalacións durante a construción e despois da súa posta en servizo, co fin de garantir que se manterán as condicións regulamentarias de seguridade con carácter permanente.

Terceira. En todo momento se deberán cumprir as normas e directrices vixentes que resulten de aplicación, en particular, canto establecen o Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproba o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09, e o Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.

Cuarta. O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será de doce meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución. Unha vez construídas estas instalacións, a empresa promotora deberá presentar a solicitude de autorización de explotación ante este departamento territorial, acompañada da documentación requirida na lexislación vixente de aplicación.

Quinta. O incumprimento das condicións e requisitos establecidos nesta resolución poderá dar lugar á súa revogación, logo da audiencia á promotora, de conformidade co disposto no artigo 53.10 da Lei 24/2013, do 26 de decembro.

Sexta. Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial o outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.

Esta resolución publícase para os efectos do artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos, non se saiba o lugar de notificación, ou ben, tentada a notificación, non se puidese realizar e así dirixirlle ao Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, cabe interpor recurso de alzada ante a conselleira de Economía e Industria no prazo dun mes, a partir do día seguinte ao da súa notificación/publicación, de conformidade cos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sen prexuízo de que os interesados poidan interpor calquera outro recurso que consideren pertinente.

Lugo, 11 de outubro de 2024

O director territorial de Lugo
P.A. (Artigo 40.3 do Decreto 140/2024, do 20 de maio)
Juan Carlos Morán del Pozo
Xefe do Servizo de Industria de Lugo

ANEXO I

Relación de bens e dereitos afectados polo proxecto de peche anel LMT 20 kV Muras_2 (SE_Sete_Pontes) con LMT 20 kV Tronceda (SE_Sete_Pontes) CT Bodán (CD_6620)-CT O Palleiro (CD_10422)

Concello: Vilalba (Lugo).

Expediente: IN407A 2023/25-2.

Predio nº

Polígono

Parcela

Ref. catastral

Lugar

Propietarios

Cultivo

Apoio nº

Sup. ocup. permanente m²

Sup. voo m²

Sup. total afectada por voo m²

Sup. ocup. permanente m²

Sup. ocup. permanente m²

Sup. ocup. temporal m²

24

25

1426

27065A02501426

Vilar da Raña

María Remedios Pérez López

Monte alto
prado

3

2

162
156

318

33

43

25

902

27065A02500902

Porto da Loba

José Castro Cinza

Monte alto
prado

257
1.210

1.467

47

25

885

27065A02500885

Porto da Loba

María Segunda Pérez López

Prado

8

2

364

364

30

55

25

1495

27065A02501495

Grazán

Herdeiros de Dositeo Yáñez Cillero,

Representante Ángel Yáñez Villares

Monte alto

410

410

102

58

25

874

27065A02500874

Grazán

Irene Villares Paz

Monte alto

8

8

62

25

290

27065A02500290

Rodas

María del Pilar Díaz Castro

Monte alto

173

173

9

65

25

288

27065A02500288

Rodas

Herdeiros de Antonio Fernando Yáñez Fraga

Monte alto
prado

141
388

529

144

68

25

1469

27065A02501469

O Palleiro

Herdeiros de Dositeo Yáñez Cillero,

Representante Ángel Yáñez Villares

Monte alto
prado

12
11

10

152
1.769

1.921

225

72

25

171

27065A02500171

Reguengo

Irene Villares Paz

Monte alto
prado

13

5

34
601

635

34

73

25

172

27065A02500172

Reguengo

Eugenia Rego Villares

Prado

2

2

74

24

244

27065A02400244

Boaro

José Pico González

Prado

4

17