DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 205 Mércores, 23 de outubro de 2024 Páx. 56434

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 9 de outubro de 2024, do Departamento Territorial de Lugo, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello da Pontenova (expediente IN407A 2024/8 AT).

Visto o expediente para outorgamento da autorización administrativa previa e de construción para a instalación eléctrica que a seguir se describe:

Peticionaria: BEGASA

Domicilio social: rúa Aller Ulloa, Ramón María, 9, 27003 Lugo.

Denominación: novo CT Cova (7320) e LSAT 20 kV A Pontenova.

Situación: concello da Pontenova.

Características técnicas principais:

• Liña soterrada de alta tensión a 20 kV A Pontenova en triplo circuíto, con orixe no PAS instalado no apoio existente A29467 da LAT 20 kV A Pontenova e final no CT 7320 Cova proxectado, cunha lonxitude de 50 metros cada circuíto, en condutor HEPRZ1-240 mm.

• Centro de transformación 7320 Cova prefabricado, cunha potencia máxima admisible de 1.000 kVA e unha potencia inicial de 50 kV (recuperado) no cal se instalan tres celas de liña telemandadas e unha de protección de transformador, relación de transformación 20.000/400-230 V.

• Desmontaxe do seccionador XS con matricula S26998, de 4 metros de condutor LA-30 e do CTI 9268 Cova.

Finalidade da instalación: mellora das instalacións.

Orzamento: 86.436,99 €.

Documentación que se xunta:

• Separata para o Concello da Pontenova.

• Separata para a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude.

• Separata para a Deputación Provincial de Lugo.

Este departamento territorial, de acordo coas competencias que resultan do Decreto 140/2024, do 20 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía e Industria, e tendo en conta o Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, sobre órganos competentes para autorización de instalacións eléctricas na Comunidade Autónoma de Galicia,

RESOLVE:

En relación coa instalación de alta tensión, conceder a autorización administrativa previa e de construción ás ditas instalacións, sen prexuízo de terceiros e con independencia das autorizacións que sexan necesarias para a execución da obra por parte doutros órganos da Administración, condicionada ao cumprimento das seguintes condicións:

Primeira. As instalacións deberán axustarse na súa execución ao disposto no citado proxecto de execución, e a dirección de obra deberá levala a cabo un técnico competente.

Segunda. A peticionaria asegurará o mantemento e a vixilancia correcta das instalacións durante a construción e despois da súa posta en servizo, co fin de garantir que en todo momento se manterán as condicións regulamentarias de seguridade.

Terceira. En todo momento deberán cumprirse as normativas e directrices vixentes que sexan de aplicación, en particular, canto establecen a Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, o Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias, e o Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias.

O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será de doce meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución.

Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante a conselleira de Economía e Industria no prazo dun mes, a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente en dereito.

Lugo, 9 de outubro de 2024

O director territorial de Lugo
P.A. (Artigo 40.3 do Decreto 140/2024, do 20 de maio)
Juan Carlos Morán del Pozo
Xefe do Servizo de Industria de Lugo