DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 206 Xoves, 24 de outubro de 2024 Páx. 56775

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 21 de outubro de 2024, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, para o ingreso, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, nas categorías do grupo II de persoal laboral da Xunta de Galicia, e persoal laboral propio do Centro Informático para a Xestión Tributaria Económico-Financeira e Contable (Cixtec) (grupo II), pola que se se fai pública a relación de persoas aspirantes que superaron os procesos selectivos para o acceso a determinadas categorías.

Na sesión que tivo lugar o 21 de outubro de 2024, o tribunal nomeado pola Resolución do 7 de maio de 2024 (DOG núm. 97, do 21 de maio) (corrección de erros no DOG núm. 99, do 23 de maio), modificada pola Resolución do 27 de maio de 2024 (DOG núm. 107, do 4 de xuño), para cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, para o ingreso, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, nas categorías 3, 4, 5, 6, 9, 35 e 39 do grupo II de persoal laboral da Xunta de Galicia, e persoal laboral propio do Cixtec (grupo II),

RESOLVEU:

Primeiro. Facer pública a relación de aspirantes que superaron os procesos selectivos para o ingreso, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, nas categorías profesionais de persoal laboral da Xunta de Galicia do grupo II que se relacionan no anexo desta resolución, por orde das puntuacións obtidas no concurso e con indicación do seu documento nacional de identidade (coas limitacións previstas na normativa en materia de protección de datos de carácter persoal).

A relación de aspirantes que superaron o proceso selectivo publícase no portal web corporativo da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal: https://www.xunta.gal/funcion-publica/procesos-selectivos/consulta

De conformidade co disposto na base V.2 da convocatoria e de acordo co informe do 9 de outubro de 2024, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, sobre a aplicación aos procesos selectivos de estabilización da Lei 20/2021, da tramitación de urxencia, conforme o artigo 33.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e a disposición adicional sétima da Lei 5/2022, do 21 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público da Comunidade Autónoma de Galicia, as persoas aspirantes que superaron os procesos selectivos disporán dun prazo de dez (10) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, para presentar os documentos previstos na devandita base, no caso de que non fosen presentados ou validados previamente.

Segundo. Elevar a devandita relación de aspirantes á titular da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, para os efectos de que as persoas que figuran nela sexan propostas para o seu nomeamento como persoal laboral fixo da Xunta de Galicia.

De acordo co establecido na base IV.13 da convocatoria, contra este acordo poderase interpor recurso de alzada ante a persoa titular da consellería competente en materia de emprego público e administración de persoal, nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 21 de outubro de 2024

Víctor Gallego Vincent
Presidente do tribunal

ANEXO

Categorías de persoal laboral do grupo II das cales se publica a relación
de aspirantes que superaron o proceso selectivo

Categorías profesionais

Cat. 3. Estimulador/a. Psicomotricista.

Cat. 4. Mestre/a instrutor/a. Instrutor/a. Mestre/a taller da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional.

Monitor/a de actividades docentes. Monitor/a (titulado/a medio/a).

Cat. 5. Profesor/a. Profesor/a titular. Profesor/a EXB. Mestre/a. Profesor/a de educación física. Profesor/a de matemáticas.

Cat. 6. Educador/a. Profesor/a especial.

Cat. 9. Axudante/a de desenvolvemento rural.

Cat. 35. Pianista.

Cat. 39. Técnico/a forestal defensa contra incendios forestais.