Na sesión que tivo lugar o 21 de outubro de 2024, o tribunal nomeado pola Resolución do 16 de abril de 2024 (DOG núm. 78, do 19 de abril), modificada pola Resolución do 21 de maio de 2024 (DOG núm. 102, do 28 de maio), para cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, para o ingreso, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, convocado pola Resolución do 22 de decembro de 2022, modificada pola Resolución do 20 de xaneiro de 2023 (DOG núm. 15, do 23 de xaneiro) e Resolución do 6 de febreiro de 2023 (DOG núm. 26, do 7 de febreiro) (corrección de erros DOG núm. 64, do 31 de marzo),
RESOLVE:
Primeiro. Facer pública a relación de aspirantes que superaron os procesos selectivos para o ingreso, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, nos corpos, escalas e especialidades do subgrupo A1 que se relacionan no anexo desta resolución, por orde das puntuacións obtidas no concurso e con indicación do seu documento nacional de identidade (coas limitacións previstas na normativa en materia de protección de datos de carácter persoal).
A relación de aspirantes que superaron o proceso selectivo publícase no portal web corporativo da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal: https://www.xunta.gal/funcion-publica/procesos-selectivos/consulta
De conformidade co disposto na base V.2 da convocatoria e de acordo co informe do 9 de outubro de 2024, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, sobre a aplicación aos procesos selectivos de estabilización da Lei 20/2021, da tramitación de urxencia, conforme o artigo 33.. da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as persoas aspirantes que superaron os procesos selectivos disporán dun prazo de dez (10) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, para presentar os documentos previstos na devandita base, no caso de que non fosen presentados ou validados previamente.
Segundo. Elevar a devandita relación de aspirantes á titular da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, para os efectos de que as persoas que figuran nela sexan propostas para o seu nomeamento como funcionarias de carreira.
De acordo co disposto na base IV.13 da convocatoria, contra esta resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Santiago de Compostela, 21 de outubro de 2024
Ana Belén Díaz Fernández
Presidenta do tribunal
ANEXO
Corpos, escalas e especialidades de persoal funcionario do subgrupo A1 en que se publica a relación de aspirantes que superaron o proceso selectivo
|
Corpo superior |
|
Escala de sistemas e tecnoloxías da información |
|
Escala superior de finanzas |
|
Escala superior de estatísticos |
|
Corpo facultativo superior |
|
Escala de enxeñeiros. Especialidade de enxeñaría agronómica |
|
Escala de enxeñeiros. Especialidade de enxeñaría de minas |
|
Escala de ciencias. Especialidade de bioloxía |
|
Escala de ciencias. Especialidade de física |
|
Escala de arqueólogos |
|
Escala de facultativos de arquivos, bibliotecas e museos. Especialidade de arquivos |
|
Escala de facultativos de arquivos, bibliotecas e museos. Especialidade de bibliotecas |
|
Escala de inspección urbanística. Especialidade xurídica |
|
Escala de facultativos. Especialidade de medicina |
