De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle á persoa interesada referida no anexo, a través deste anuncio que se publicará no Boletín Oficial del Estado, a resolución administrativa emitida no expediente instruído de conformidade co disposto no artigo 172 e seguintes do Código civil, cuxos intentos de notificación foron infrutuosos por se ignorar o lugar de notificación.
Para o coñecemento íntegro do acto administrativo emprázase a referida persoa interesada por si ou a través dos seus representantes legais para que, no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o día seguinte á publicación do presente anuncio no Boletín Oficial del Estado, compareza nas dependencias do Servizo de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica do Departamento Territorial de Ourense da Consellería de Política Social e Igualdade, na rúa Sáez Díez, número 39, baixo, Ourense, de luns a venres laborais, das 9.00 ás 14.00 horas.
Transcorrido o dito prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida ao vencer o prazo indicado para comparecer.
Este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a notificación quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.
Advírtese que contra a resolución caberá formular oposición ante o Xulgado de Primeira Instancia número 6 de Ourense no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte á notificación da resolución, efectuada por comparecencia, de conformidade co disposto no artigo 780 da Lei 1/2000, do 7 de xaneiro, de axuizamento civil.
Ourense, 4 de outubro de 2024
Santiago Álvarez González
Director territorial de Ourense
ANEXO
Número de expediente: 2022/147/32.
Persona interesada: 52751321Q.
Acto que se notifica: Resolución administrativa do 21 de maio de 2024.
Efectos xurídicos: mantemento da medida administrativa.
