De conformidade cos artigos 40, 42, 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, despois de intentar en tempo e forma a práctica das notificacións dos actos administrativos que se relacionan no anexo sen que fose posible por causas non imputables á Administración, a través deste anuncio emprázanse para proceder á notificación dos actos administrativos de citación as persoas interesadas que se sinalan no dito anexo.
Para coñecer o contido íntegro dos actos que se notifican as ditas persoas interesadas, por si ou a través das persoas que as representen debidamente acreditadas, poderán comparecer no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, nas dependencias do Servizo de Dependencia e Autonomía Persoal do Departamento Territorial da Consellería de Política Social e Igualdade, sección de Cualificación e Valoración de Discapacidades, sitas no Edificio Administrativo – Ala Sur – Monelos, na rúa Vicente Ferrer, núm. 2, 15008 A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. Transcorrido o prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida ao vencemento do prazo indicado para comparecer.
Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a notificación quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.
Advírteselles que, de non atender ao establecido no acto de citación unha vez practicada a súa notificación por comparecencia ou tras o seu vencemento, de acordo co disposto no artigo 95 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, transcorridos tres meses sen realizar as actividades necesarias para continuar coa tramitación producirase a caducidade do procedemento pola paralización imputable á persoa interesada e acordarase o arquivamento das actuacións logo da resolución que será notificada á dita persoa interesada.
A Coruña, 4 de outubro de 2024
María Blanco Aller
Directora territorial da Coruña
ANEXO
|
Procedemento BS611A Expediente |
Persoa interesada |
Acto administrativo |
Data do acto administrativo |
|
2024/2134-1 |
32534695E |
Citación para o recoñecemento |
11.9.2024 |
|
2024/11518-1 |
11852115P |
Citación para o recoñecemento |
23.9.2024 |
|
2024/11707-1 |
32800319L |
Citación para o recoñecemento |
11.9.2024 |
|
2023/2240-1 |
32341218K |
Citación para o recoñecemento |
11.9.2024 |
|
2023/2452-1 |
32825706Z |
Citación para o recoñecemento |
11.9.2024 |
|
2023/3802-1 |
32762544X |
Citación para o recoñecemento |
11.9.2024 |
|
2024/11482-1 |
32776373Q |
Citación para o recoñecemento |
11.9.2024 |
|
2023/3800-1 |
52431612F |
Citación para o recoñecemento |
11.9.2024 |
