DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 206 Xoves, 24 de outubro de 2024 Páx. 56811

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 2 de outubro de 2024, do Departamento Territorial de Pontevedra, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Vigo (expediente IN407A 2023/262-4).

Expediente: IN407A 2023/262-4.

Promotora: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación: soterramento LMTA BAL722 Vía Norte I 22 entre os apoios 9WUKP8QQ//1 e 9WVSM1K6//4 e reordenación LMTS BAL722 Vía Norte I 22.

Concello: Vigo.

Feitos:

1. O 3.5.2023, a empresa UFD Distribución Electricidad, S.A. solicitou a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción da instalación eléctrica denominada soterramento LMTA BAL722 Vía Norte I 22 entre os apoios 9WUKP8QQ//1 e 9WVSM1K6//4 e reordenación LMTS BAL722 Vía Norte I 22.

A solicitude inclúe o proxecto de execución asinado polo enxeñeiro técnico industrial Tito Arias Santos, colexiado LE-1010 do COIILE, e en que figura un orzamento total de 174.495,42 euros.

Examinado o proxecto de execución e as aclaracións presentadas, conclúese que as actuacións propostas teñen como finalidade a mellora da subministración proporcionada pola subestación de Balaídos, e para iso proxéctase:

– A desmontaxe dos apoios de formigón 9WUKP8QQ//1, 9WVRUKLE//2 e 9WVO5DB6//3 e do apoio de celosía metálica 9WVSM1K6//4, polo soterramento da liña.

– A substitución do tramo de condutor existente na liña subterránea BAL722 entre o centro de transformación (CT) 36C653 e o CT 36C662, prolongando a liña SDM709, desde o CT 36C653 ata o CT 36SZB0.

– O empalme na liña BAL722 coa liña BAL715 e na liña SDM710, que se desconecta do CT 36PBJZ e do CT 36PYZ8.

– Deixar sen servizo o tramo da liña TRO704 entre os centros de transformación 36C859 e 36CWT2 e prolongala desde o CT 36CWT2 ata a liña SDM710.

– Deixar sen servizo o tramo da liña SDM710 entre o novo tramo da TRO704 e o seu cruce coa avenida Gran Vía e prolongala desde ese punto ata o centro de reflexión 36SX09, cuxa configuración de celas se modifica.

– A substitución do tramo de condutor existente na liña subterránea SDM706 entre o CT 36S663 e o CT 36S664.

2. Este departamento territorial solicitou o preceptivo informe ás distintas administracións, organismos ou, de ser o caso, empresas de servizos de interese xeral afectadas, isto é, o Concello de Vigo, a Demarcación de Estradas do Estado e o Servizo do Patrimonio Cultural. A empresa promotora manifestou a súa conformidade cos condicionados emitidos.

Consideracións legais e técnicas.

1. O Departamento Territorial de Pontevedra é competente para resolver este expediente con fundamento no Decreto 140/2024, do 20 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía e Industria (DOG nº 101, do 27 de maio), e no Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 22, do 1 de febreiro).

2. A lexislación de aplicación a este expediente é:

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.

– Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

– Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público.

– Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia.

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.

– Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproba o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09.

– Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproba o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.

– Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresarias en Galicia (DOG núm. 203, do 25 de outubro).

3. As características técnicas da instalación son as que a seguir se describen:

Actuación 1:

– Liña de media tensión subterránea (LMTS) a 15 kV con condutor RHZ1-2OL 12/20 kV 1x240 mm2 Al, de 460 metros de lonxitude, coa orixe no centro de transformación 36C653, situado no número 39 da rúa Carballo, e final no centro de transformación 36C662, situado na baixada á Salgueira, número 21 A.

– LMTS a 15 kV con condutor RHZ1-2OL 12/20 kV 1x240 mm2 Al, de 151 metros de lonxitude, coa orixe no centro de transformación 36C662 e final no centro de transformación 36CEJ8, situado na rúa Emilia Pardo Bazán, número 72.

– LMTS a 15 kV con condutor RHZ1-2OL 12/20 kV 1x240 mm2 Al, de 201 metros de lonxitude, coa orixe no centro de transformación 36CEJ8 e final no centro de transformación 36SX63, situado na avenida de Madrid, número 30.

Actuación 2:

– LMTS a 15 kV con condutor RHZ1-2OL 12/20 kV 1x240 mm2 Al, de 14 metros de lonxitude, coa orixe na LMTS SDM709, no número 129 da avenida Gran Vía, e final no centro de reflexión 36SX09, situado fronte ao número 114 da mesma avenida.

– LMTS a 15 kV con condutor RHZ1-2OL 12/20 kV 1x240 mm2 Al, de 49 metros de lonxitude, coa orixe no empalme proxectado na liña BAL722 no número 129 da avenida Gran Vía, e final no empalme proxectado na liña BAL722 no número 118 da avenida Hispanidade.

– LMTS a 15 kV con condutor RHZ1-2OL 12/20 kV 1x240 mm2 Al, de 575 metros de lonxitude, coa orixe no centro de reflexión 36SX09 e final no empalme proxectado na liña SDM710, na intersección entre a avenida Gran Vía, número 60, e a rúa Conde de Gondomar.

Actuación 3:

– LMTS a 15 kV con condutor RHZ1-2OL 12/20 kV 1x240 mm2 Al, de 117 metros de lonxitude, coa orixe no centro de transformación 36CWT2, situado na rúa Bolivia, número 32, e final no empalme proxectado neste novo tramo de liña TRO704 coa liña SDM 710 que se deixa sen servizo na rúa México, número 64.

Actuación 4:

– LMTS a 15 kV con condutor RHZ1-2OL 12/20 kV 1x240 mm2 Al, de 68 metros de lonxitude, coa orixe no centro de transformación 36S664, situado no número 16 da rúa Gaivota, e final no centro de transformación 36S663, situado na avenida de Emilio Martínez Garrido, número 75.

A instalación está situada no centro de Vigo e nas parroquias de Sárdoma, Lavadores e Freixeiro, no concello de Vigo (Pontevedra).

Conforme o indicado,

RESOLVO:

1. Outorgar á empresa UFD Distribución Electricidad, S.A. as autorizacións administrativas previa e de construción da instalación de distribución de enerxía eléctrica denominada soterramento LMTA BAL722 Vía Norte I 22 entre os apoios 9WUKP8QQ//1 e 9WVSM1K6//4 e reordenación LMTS BAL722 Vía Norte I 22, expediente IN407A 2023/262-4, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no proxecto de execución, ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e ás condicións establecidas nos condicionados dos organismos que constan no expediente.

2. A empresa UFD Distribución Electricidad, S.A. asegurará o mantemento e a vixilancia correcta das instalacións durante a construción e despois da súa posta en servizo, co fin de garantir que en todo momento se manterán as condicións regulamentarias de seguridade. En todo momento se deberán cumprir as normas e directrices vixentes que resulten de aplicación, en particular, canto establece o Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproba o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09, e o Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproba o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.

3. O prazo para a posta en marcha das instalacións que se autorizan será de doce meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a execución. Unha vez constituídas estas instalacións, a empresa promotora deberá presentar a solicitude de autorización de explotación ante este departamento territorial acompañada da seguinte documentación:

– As declaracións de conformidade relativas ao material ou equipamento, e as certificacións ou homologacións, se procede.

– Un certificado de dirección final de obra en que se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e prescricións complementarias, se as houber, así como das regulamentacións e normas axeitadas para a montaxe da instalación e posta a punto.

– Planimetría as built da instalación eléctrica en formato shape.

4. O incumprimento das condicións e requisitos establecidos nesta resolución poderá dar lugar á súa revogación, logo da audiencia á promotora, de conformidade co disposto no artigo 53.10 da Lei 24/2013, do 26 de decembro.

5. Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras da instalación autorizada.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpoñer recurso de alzada ante a conselleira de Economía e Industria da Xunta de Galicia, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de acordo co disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro recurso que consideren pertinente.

Pontevedra, 2 de outubro de 2024

Beatriz López del Olmo
Directora territorial de Pontevedra