Visto o expediente para outorgamento da autorización administrativa previa e de construción para a instalación eléctrica que a seguir se describe:
Peticionaria: Begasa.
Domicilio social: rúa Aller Ulloa Ramón María, 9, 27003 Lugo.
Denominación: automatizar LAT 20 kV Baamonde e reforma do CTI 787 Insua.
Situación: concello de Vilalba.
Características técnicas principais:
• Liña soterrada de alta tensión a 20 kV en dobre circuíto A34021-novo CT Insua, con orixe no PAS instalado no apoio existente A34021 e final no CT Insua proxectado, cunha lonxitude de 350 metros cada circuíto en condutor HEPRZ1-240 mm.
• Liña soterrada de alta tensión a 20 kV novo CT Insua-C-2000-14, con orixe no CT Insua proxectado e final no PAS instalado no apoio proxectado tipo C-2000-14, cunha lonxitude de 75 metros cada circuíto en condutor HEPRZ1-240 mm.
• Centro de transformación prefabricado Insua, no cal se instalan tres celas de liña telemandadas e unha de protección, cunha potencia máxima admisible de 630 kVA e unha potencia inicial de 250 kVA, relación de transformación 20.000/400-230 V.
• Desmontaxe da aparamenta do CTI 787 Insua, de dous apoios de formigón e un de celosía, dous seccionadores no apoio A34021 e 187 metros de condutor LA-56.
Finalidade da instalación: mellora das instalacións.
Orzamento: 176.997,27 €.
Documentación que se xunta:
• Separata para o Concello de Vilalba.
• Separata para a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude.
Este departamento territorial, de acordo coas competencias que resultan do Decreto 140/2024, do 20 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía e Industria, e tendo en conta o Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, sobre órganos competentes para autorización de instalacións eléctricas na Comunidade Autónoma de Galicia,
RESOLVE:
En relación coa instalación de alta tensión, conceder a autorización administrativa previa e de construción ás ditas instalacións, sen prexuízo de terceiros e con independencia das autorizacións que sexan necesarias para a execución da obra por parte doutros órganos da Administración, condicionada ao cumprimento das seguintes condicións:
Primeira. As instalacións deberán axustarse na súa execución ao disposto no citado proxecto de execución, e a dirección de obra deberá levala a cabo un técnico competente.
Segunda. A peticionaria asegurará o mantemento e a vixilancia correcta das instalacións durante a construción e despois da súa posta en servizo, co fin de garantir que en todo momento se manterán as condicións regulamentarias de seguridade.
Terceira. En todo momento deberán cumprirse as normativas e directrices vixentes que sexan de aplicación, en particular canto establecen a Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, o Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias, e o Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias.
O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será de doce meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución.
Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante a conselleira de Economía e Industria no prazo dun mes, a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente en dereito.
Lugo, 9 de outubro de 2024
O director territorial de Lugo
P.A. (Artigo 40.3 do Decreto 140/2024, do 20 de maio)
Juan Carlos Morán del Pozo
Xefe do Servizo de Industria
