En asemblea xeral extraordinaria que tivo lugar o día 30 de setembro de 2024 acordouse, por unanimidade, a liquidación e extinción da sociedade cooperativa, coa conseguinte aprobación do balance final de liquidación, segundo o previsto na Lei 5/1998, do 18 de decembro, de cooperativas de Galicia, co seguinte resultado:
Balance final de liquidación:
Activo corrente: 14.926,78 €.
Total activo: 14.926,78 €.
Patrimonio neto: 14.926,78 €.
Total pasivo: 14.926,78 €.
Lalín, 3 de outubro de 2024
María Rosalía González Ferreiro
María Maite Vila Borrajo
Ana María García Fernández
Liquidadoras
