No Boletín Oficial da provincia de Ourense (BOP) número 201, do 16 de outubro de 2024, publicouse a convocatoria e as bases reguladoras do proceso selectivo convocado polo Concello de Celanova derivado da oferta de emprego público ordinaria do exercicio 2022 para a selección e posterior contratación laboral fixa dun/dunha operario/a de limpeza e de parques e xardíns.
Mediante Acordo da Xunta de Goberno Local en sesión ordinaria, celebrada o día 4 de setembro de 2024, aprobouse a convocatoria do proceso selectivo e as bases reguladoras do proceso selectivo que se sinala a seguir:
Denominación da praza; grupo; sistema de selección; número de prazas; xornada: operario de limpeza viaria e de parques e xardíns; V; concurso-oposición libre; 1; completa.
O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días naturais contados a partir da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado de acordo co establecido nas bases reguladoras. Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, faranse públicos nos termos establecidos nas propias bases.
Celanova, 17 de outubro de 2024
Antonio Puga Rodríguez
Alcalde
