DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 206 Xoves, 24 de outubro de 2024 Páx. 56853

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Celanova

ANUNCIO da convocatoria e das bases reguladoras do proceso selectivo derivado da oferta de emprego público ordinaria para 2023.

No Boletín Oficial da provincia de Ourense (BOP) número 201, do 16 de outubro de 2024, publicáronse a convocatoria e as bases reguladoras do proceso selectivo convocado polo Concello de Celanova derivado da oferta de emprego público ordinaria do exercicio 2023 para a selección e posterior contratación laboral fixa dun/dunha operario/a de limpeza viaria-condutor/a-maquinista.

Mediante acordo da Xunta de Goberno Local en sesión ordinaria, do día 4.9.2024, aprobouse a convocatoria do proceso selectivo e as bases reguladoras do proceso selectivo que se sinala a continuación:

Denominación da praza, grupo, sistema de selección, número de prazas, xornada: operario de limpeza viaria-condutor/a-maquinista; V; concurso-oposición libre; 1; completa.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días naturais contados a partir da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado de acordo co establecido nas bases reguladoras. Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, faranse públicos nos termos establecidos nas propias bases.

Celanova, 17 de outubro de 2024

Antonio Puga Rodríguez
Alcalde