De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ante a imposibilidade de notificación, por causas non imputables a esta administración, e de acordo co establecido no número 8 da Instrución 1/2018, do 26 de abril, relativa ás actuacións administrativas en materia de cumprimento das obrigas de xestión da biomasa vexetal e retirada de especies arbóreas impostas pola Lei 3/2017, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais, faise pública a resolución de comunicación e requirimento definitivo para o cumprimento da obriga de xestionar a biomasa na relación de parcelas con referencia catastral que se detallan na táboa, que na súa parte dispositiva establece:
Primeiro. Non procede a estimación ou desestimación de ningunha alegación posto que segundo consta no certificado expedido por Secretaría para o efecto non se presentaron alegacións en referencia ao cumprimento das obrigas incumpridas en relación coa xestión da biomasa no inmoble/parcela correspondente ao transcurso dunha faixa de protección para a xestión da biomasa e retirada de especies arbóreas prohibidas dos seguintes inmobles/parcelas desta localidade que se sinalan no anexo I.
Segundo. Efectuar comunicación definitiva para lembrar ao responsable o cumprimento das obrigas incumpridas en relación coa xestión da biomasa no inmoble/parcela correspondente ao transcurso dunha faixa de protección para a xestión da biomasa e retirada de especies arbóreas prohibidas dos seguintes inmobles/parcelas desta localidade, sinalados no anexo I.
ANEXO I
|
Ref. catastral/expediente |
Localización |
Superficie parcela |
Superficie afectada |
Rede de defensa contra incendios |
Persoa responsable |
|
36025A005011740000GO (parcialmente) Expediente: 259/2024 |
Lg. Brexiña, A Lama |
0,2982 ha |
0,1883 ha |
Rede secundaria de faixas de xestión da biomasa |
En investigación |
|
36025A020001600000GJ Expediente: 260/2024 |
Lg. Cornide, Antas |
0,0104 ha |
0,0104 ha |
Asimilable á rede secundaria de faixas de xestión da biomasa |
Julio Sanjurjo Villanueva |
|
36025A020001590000GS Expediente: 260/2024 |
Lg. Cornide, Antas |
0,0179 ha |
0,0179 ha |
Asimilable á rede secundaria de faixas de xestión da biomasa |
Manuel Durán Cal |
|
36025A020001580000GE Expediente: 260/2024 |
Lg. Cornide, Antas |
0,0125 ha |
0,0125 ha |
Asimilable á rede secundaria de faixas de xestión da biomasa |
Dalmacio Benigno Durán Adán Hros. de Laura Rodríguez López Hros. de A. Felisa Durán Adán |
|
36025A020001570000GJ Expediente: 260/2024 |
Lg. Cornide, Antas |
0,0117 ha |
0,0117 ha |
Asimilable á rede secundaria de faixas de xestión da biomasa |
Amparo Alfaya Portela |
|
36025A020001560000GI Expediente: 260/2024 |
Lg. Cornide, Antas |
0,0118 ha |
0,0118 ha |
Asimilable á rede secundaria de faixas de xestión da biomasa |
Casilda Adoración Cabalar Adán |
|
36025A021007120000GS Expediente: 261/2024 |
Lg. Seixido, Seixido |
0,0919 ha |
0,0919 ha |
Asimilable á rede secundaria de faixas de xestión da biomasa |
César Portela Villanueva |
|
36025A018001880001HQ Expediente: 262/2024 |
Lg. Ramallal, Antas |
0,0171 ha |
0,0171 ha |
Asimilable á rede secundaria de faixas de xestión da biomasa |
Armando Burallo Carrera |
|
36025A011000710000GK Expediente: 267/2024 |
Lg. A Porteliña, Antas |
0,1585 ha |
0,1585 ha |
Asimilable á rede secundaria de faixas de xestión da biomasa |
Dalmacio Benigno Durán Adán Hros. de Agripina Felisa Durán Adán Laura Rodríguez Gómez |
|
36025A014009220000GM Expediente: 268/2024 |
Lg. Vila do Cabo, Antas |
0,1464 ha |
0,1464 ha |
Asimilable á rede secundaria de faixas de xestión da biomasa |
José Manuel Hermida Villanueva |
|
36025A014009300001HM Expediente: 268/2024 |
Lg. Vila do Cabo, Antas |
0,2504 ha |
0,2504 ha |
Asimilable á rede secundaria de faixas de xestión da biomasa |
José Manuel Hermida Villanueva |
|
36025A002001250000GZ 269/2024 |
Lg. Gándaras, Verducido |
0,2122 ha |
0,2122 ha |
Asimilable á rede secundaria de faixas de xestión da biomasa |
Concepción Piñeiro Rodeiro |
Terceiro. Cando non consten datos recentes no Concello sobre a titularidade do dereito de aproveitamento dos terreos denunciados, procederase a considerar responsables as persoas que figuren como titulares no Catastro inmobiliario.
Cuarto. O informe da técnica municipal emitido logo do prazo de alegacións ratifica o emitido inicialmente, apreciando entre outras as seguintes deficiencias:
«A parcela denunciada conta con extracto arbustivo e herbáceo, así como vexetación seca na maior parte da súa extensión, incumprindo deste xeito os criterios de xestión da biomasa, polo que se recomenda a eliminación total deste tipo de vexetación».
Quinto. Fixar o prazo de quince (15) días naturais (contados desde o día seguinte á recepción da notificación da comunicación definitiva logo do trámite de audiencia ou á publicación definitiva do correspondente anuncio no Boletín Oficial del Estado logo do trámite de audiencia), para que o responsable realice as actuacións indicadas, en cumprimento do previsto no artigo 22.1 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia.
Sexto. Transcorrido o devandito prazo, os servizos técnicos municipais realizarán visita de comprobación e emitirán informe respecto diso para verificar a execución das actuacións materiais descritas por parte do interesado.
Sétimo. Apercibir o responsable da execución da xestión da biomasa e retirada de especies arbóreas prohibidas de que se non realiza as actuacións indicadas voluntariamente no prazo conferido para o efecto, o Concello procederá, sen máis trámites, á súa execución subsidiaria.
Lembrar ao responsable a obriga que ten de facilitar o acceso ao suxeito que realice os traballos de execución subsidiaria, sen que sexa necesario contar co seu consentimento.
Oitavo. Determinar que, segundo valoración técnica, a liquidación provisional dos custos a que previsiblemente dará lugar a execución subsidiaria ascende a:
|
Nº expediente |
Referencia catastral |
Superficie afectada |
Liquidación provisional |
|
259/2024 |
36025A005011740000GO |
0,1883 ha |
180,07 € |
|
260/2024 |
36025A020001600000GJ |
0,0104 ha |
23,38 € |
|
260/2024 |
36025A020001590000GS |
0,0179 ha |
40,24 € |
|
260/2024 |
36025A020001580000GE |
0,0125 ha |
28,10 € |
|
260/2024 |
36025A020001570000GJ |
0,0117 ha |
26,30 € |
|
260/2024 |
36025A020001560000GI |
0,0118 ha |
26,53 € |
|
261/2024 |
36025A021007120000GS |
0,0919 ha |
206,59 € |
|
262/2024 |
36025A018001880001HQ |
0,0171 ha |
38,44 € |
|
267/2024 |
36025A011000710000GK |
0,1585 ha |
524,14 € |
|
268/2024 |
36025A014009220000GM |
0,1464 ha |
372,24 € |
|
268/2024 |
36025A014009300001HM |
0,2504 ha |
606,03 € |
|
269/2024 |
36025A002001250000GZ |
0,2122 ha |
267,93 € |
Coa advertencia de que, en caso de persistir no incumprimento, logo do transcurso do prazo de quince (15) días concedido, procederase á exacción do importe a que ascende a liquidación provisional.
Todo iso sen prexuízo da liquidación definitiva que proceda unha vez finalizados, se é o caso, os traballos de execución subsidiaria.
Noveno. Advertir que, en caso de persistencia no incumprimento logo do transcurso do prazo de quince (15) 0días outorgado, iniciarase tamén o correspondente procedemento sancionador.
Así mesmo, procederase ao comiso cautelar da madeira resultante da corta das especies arbóreas que deban ser retiradas.
Décimo. Notificar esta resolución da comunicación e requirimento definitivo aos interesados.
Non entanto, contra as resolucións e os actos de trámite que decidan, directa ou indirectamente, o fondo do asunto, determinen a imposibilidade de continuar o procedemento, produzan indefensión ou prexuízo irreparable a dereitos e intereses lexítimos, de conformidade co artigo 112.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, poderá interpor o recurso potestativo de reposición, que caberá fundar en calquera dos motivos de nulidade e anulabilidade previstos nos artigos 47 e 48 da citada lei. O prazo para interpor recurso potestativo de reposición será dun mes, contado desde o día seguinte ao da recepción desta notificación. O prazo máximo para ditar e notificar a resolución do recurso de reposición será dun mes, desde a súa interposición (artigo 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro).
Así mesmo, e de conformidade co disposto no artigo 64 e 82 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, polo presente dáselle un prazo de dez (10) días para que se presente nas dependencias deste concello e examine o expediente para os efectos de que poida alegar e presentar os documentos e xustificacións que considere pertinentes.
A Lama, 3 de outubro de 2024
David Carrera Cal
Alcalde presidente
