DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 206 Xoves, 24 de outubro de 2024 Páx. 56858

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Lama

ANUNCIO de notificación da comunicación e requirimento para o cumprimento da obriga de xestión da biomasa vexetal e retirada de especies arbóreas (2024-2).

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ante a imposibilidade de notificación, por causas non imputables a esta administración, e de acordo co establecido no número 8 da Instrución 1/2018, do 26 de abril, relativa ás actuacións administrativas en materia de cumprimento das obrigas de xestión da biomasa vexetal e retirada de especies arbóreas impostas pola Lei 3/2017, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais, faise pública a resolución de comunicación e requirimento para o cumprimento da obriga de xestionar a biomasa na relación de parcelas con referencia catastral que se detallan na táboa, que na súa parte dispositiva establece:

Primeiro. Efectuar comunicación para lembrar aos responsables o cumprimento das obrigas incumpridas en relación coa xestión da biomasa no inmoble/parcela correspondente ao transcurso dunha faixa de protección para a xestión da biomasa e retirada de especies arbóreas prohibidas dos seguintes inmobles/parcelas desta localidade:

Ref. catastral/expediente

Localización

Superficie parcela

Superficie afectada

Rede de defensa contra incendios

Persoa responsable

36025A005010770000GO (parcialmente)/

Expediente: 325/2024

Lg. Brexiña, A Lama

0,2350 ha

0,1567 ha

Rede secundaria de faixas de xestión da biomasa

Beatriz Lopo Cal

36025A025010950000GT

Expediente: 347/2024

Lg. Cambeses,

nº 30, Barcia do Seixo

0,0129 ha

0,0129 ha

Asimilable á rede secundaria de faixas de xestión da biomasa

En investigación

36025A034000570000GJ Expediente: 353/2024

Lg. A Moa, Antas

0,0061 ha

0,0061 ha

Asimilable á rede secundaria de faixas de xestión da biomasa

Hros. Manuel Carballal Portela

36025A003000060000GU Expediente: 378/2024

Lg. Cruceiro, Verducido

0,1429 ha

0,1429 ha

Asimilable á rede secundaria de faixas de xestión da biomasa

En investigación

36025A003000180000GL

Expediente: 378/2024

Lg. Cruceiro, Verducido

0,0746 ha

0,0746 ha

Asimilable á rede secundaria de faixas de xestión da biomasa

Perfecta Pino Suárez

36025A016010350000GB

Expediente: 384/2024

Lg. Barbeira de Arriba-Covelo

0,0667 ha

0,0667 ha

Rede secundaria de faixas de xestión da biomasa

Hros. Valerio Covelo Tome

36025A034000380000GG Expediente: 403/2024

Lg. A Moa, Antas

0,0476 ha

0,0476 ha

Asimilable á rede secundaria de faixas de xestión da biomasa

Gerardo Perdiz Francisco

36025A012000990000GQ

Expediente: 417/2024

Lg. Brexiña, nº 48, A Lama

0,0573 ha

0,0573 ha

Asimilable á rede secundaria de faixas de xestión da biomasa

Leocadia Cha Añeiro

36025A020010230000GM Expediente: 423/2024

Lg. Antas, nº 28, Antas

0,0381 ha

0,0381 ha

Asimilable á rede secundaria de faixas de xestión da biomasa

Ana Cabaleiro Rodríguez

Hros. Enrique Manuel Cabaleiro Rodríguez

36025A020002180000GI

Expediente: 423/2024

Lg. Antas, Antas

0,0191 ha

0,0191 ha

Asimilable á rede secundaria de faixas de xestión da biomasa

Fernando Barreiro Durán

Segundo. De acordo co informe do técnico municipal apreciáronse, entre outras, as seguintes deficiencias:

A parcela denunciada conta con extracto arbustivo e herbáceo, así como vexetación seca na maior parte da súa extensión, deste xeito incumpre os criterios de xestión da biomasa, polo que se recomenda a eliminación total deste tipo de vexetación.

Terceiro. Fixar o prazo de quince (15) días naturais (contados desde o día seguinte á recepción da notificación da comunicación definitiva logo do trámite de audiencia ou á publicación definitiva do correspondente anuncio no Boletín Oficial del Estado logo do trámite de audiencia), para que o responsable realice as actuacións indicadas, en cumprimento do previsto no artigo 22.1 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia.

Cuarto. Transcorrido o devandito prazo, os servizos técnicos municipais realizarán visita de comprobación e emitirán informe respecto diso para verificar a execución das actuacións materiais descritas por parte do interesado.

Quinto. Apercibir o responsable da execución da xestión da biomasa e retirada de especies arbóreas prohibidas de que se non realiza as actuacións indicadas voluntariamente no prazo conferido para o efecto, o Concello procederá, sen máis trámites, á súa execución subsidiaria.

Lembrar ao responsable a obriga que ten de facilitar o acceso ao suxeito que realice os traballos de execución subsidiaria, sen que sexa necesario contar co seu consentimento.

Sexto. Determinar que, segundo valoración técnica, a liquidación provisional dos custos aos que previsiblemente dará lugar a execución subsidiaria ascende a:

Nº expediente

Referencia catastral

ha afectadas pola execución

Liquidación provisional

325/2024

36025A005010770000GO (parcialmente)

0,1567 ha

535,91 €

347/2024

36025A025010950000GT

0,0129 ha

38,40 €

353/2024

36025A034000570000GJ

0,0061 ha

23,11 €

378/2024

36025A003000060000GU

0,1429 ha

377,63 €

378/2024

36025A003000180000GL

0,0746 ha

167,70 €

384/2024

36025A016010350000GB

0,0667 ha

149,94 €

403/2024

36025A034000380000GG

0,0476 ha

107,01 €

417/2024

36025A012000990000GQ

0,0573 ha

128,81 €

423/2024

36025A020010230000GM

0,0381 ha

85,65 €

423/2024

36025A020002180000GI

0,0191 ha

42,94 €

Coa advertencia de que, en caso de persistir no incumprimento, logo do transcurso do prazo de quince días concedido, procederase á exacción do importe a que ascende a liquidación provisional.

Todo iso sen prexuízo da liquidación definitiva que proceda una vez finalizados, se é o caso, os traballos de execución subsidiaria.

Sétimo. Advertir que, no caso de persistencia no incumprimento, logo do transcurso do prazo de quince días outorgado, se inciará tamén o correspondente procedemento sancionador.

Así mesmo, procederase ao comiso cautelar da madeira resultante da corta das especies arbóreas que deban ser retiradas.

Oitavo. Notificar esta resolución aos interesados para que, no prazo de dez (10) días, poidan examinar o expediente, formular alegacións e presentar os documentos e xustificacións que consideren pertinentes. Recibidas as alegacións ou transcorrido o prazo de audiencia outorgado, a Alcaldía formulará comunicación definitiva ao responsable, co contido sinalado no punto ordinal da Instrución 1/2018, do 26 de abril, en que se lle lembrarán as mencionadas obrigas incumpridas e se lle concederá para cumprilas un prazo máximo de quince (15) días naturais.

O que se comunica para o seu coñecemento e efectos, de conformidade co artigo 82 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e advírtese que se trata dun acto de trámite e como tal non procede a interposición de recursos contra el.

Non entanto, contra as resolucións e os actos de trámite que decidan, directa ou indirectamente, o fondo do asunto, determinen a imposibilidade de continuar o procedemento, produzan indefensión ou prexuízo irreparable a dereitos e intereses lexítimos, de conformidade co artigo 112.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, poderá interpor o recurso potestativo de reposición, que caberá fundar en calquera dos motivos de nulidade e anulabilidade previstos nos artigos 47 e 48 da citada lei. O prazo para interpor recurso potestativo de reposición será dun mes, contado desde o día seguinte ao da recepción desta notificación. O prazo máximo para ditar e notificar a resolución do recurso de reposición será dun mes, desde a súa interposición (artigo 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro).

Así mesmo, e de conformidade co disposto no artigo 64 e 82 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, polo presente dáselle un prazo de dez (10) días para que se presente nas dependencias deste concello e examine o expediente para os efectos de que poida alegar e presentar os documentos e xustificacións que considere pertinentes.

A Lama, 3 de outubro de 2024

David Carrera Cal
Alcalde presidente