DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 206 Xoves, 24 de outubro de 2024 Páx. 56837

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 18 de setembro de 2024, do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica Galicia Sur, polo que se somete a información pública unha solicitude de concesión de augas no concello de Cuntis que supón a extinción da DH.A36.09440 (expediente DH.A36.94595).

En cumprimento do previsto nos artigos 109 e 163 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se está a tramitar a seguinte solicitude de concesión de augas:

Solicitantes: Adrián Fuentes García e José Touceda Leiro.

Expediente: DH.A36.94595.

Volume total anual: 591,30 m3/ano.

Caudal máximo instantáneo: 0,072 l/s.

Destino: abastecemento.

Orixe: pozo en parcela 115, polígono 501 do Catastro de Cuntis.

Lugar: Vilariño.

Parroquia: Cuntis (Santa María).

Concello: Cuntis.

Descrición:

A auga cáptase en pozo barrena duns 60 m de profundidade e condúcese a depósito na parcela 316, polígono 33. Desde o depósito distribúese ás vivendas dos solicitantes.

O proxecto pode consultarse na sección Participación pública do portal da internet de Augas de Galicia (https://augasdegalicia.xunta.gal) e nas oficinas deste servizo territorial, situadas na rúa San Salvador, 2, 4º, 36240 Vigo (Pontevedra).

Os interesados poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Vigo, 18 de setembro de 2024

Susana Pérez González
Xefa do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica Galicia Sur