En cumprimento do previsto no artigo 248 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se está a tramitar a seguinte solicitude de autorización de vertedura:
Solicitante: Concello de Coristanco.
NIF: P1502900B.
Expediente: DH.V15.103808.
Lugar: Montecelo.
Parroquia: Oca (San Martiño).
Concello: Coristanco.
Tipo de vertedura: augas residuais domésticas depuradas.
Caudal máximo anual: 34.624 m3/ano.
Punto de vertido: X=523.213; Y=4.782.948.
Medio receptor: río Rosende ou río Grande (bacía do río Anllóns).
Tratamento/evacuación:
As augas residuais domésticas recollidas no saneamento dos núcleos da Miñata, Montecelo, Oca, O Capelán-Oca e San Roque-Traba son tratadas nun sistema de depuración de lodos activos de aireación prolongada, con decantación e recirculación de lodos, seguido de desinfección por ozonización, deseñado para 500 habitantes equivalentes, antes da súa vertedura ao río Rosende ou río Grande mediante condución de PVC.
O proxecto pode consultarse na sección Participación pública do portal da internet de Augas de Galicia (https://augasdegalicia.xunta.gal) e nas oficinas de Augas de Galicia, situadas na praza de Camilo Díaz Baliño, 7-9, Santiago de Compostela, solicitando cita previa no teléfono 981 54 50 87.
Os interesados poderán presentar alegacións durante o prazo de trinta días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Santiago de Compostela, 27 de setembro de 2024
Cristina Carrión Rodríguez
Xefa do Servizo de Xestión Ambiental das Augas
