DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 207 Venres, 25 de outubro de 2024 Páx. 57443

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

ANUNCIO do 26 de setembro de 2024 polo que se somete ao trámite de información pública o proxecto de trazado de mellora de accesibilidade e conectividade das paradas de autobús situadas na Rede autonómica de estradas de Galicia (RAEG), nas rutas de acceso polo norte á cidade de Pontevedra, de clave PO/22/059.06, así como a relación individual de bens, dereitos e propietarios afectados polo proxecto referido. Actuación susceptible de ser cofinanciada pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) no marco do programa Galicia Feder 2021-2027.

A Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia recolle no seu artigo 6.2 aqueles elementos que teñen a consideración de elementos funcionais da estrada, entre os que se atopan as paradas de autobús.

O Consello da Xunta de Galicia aprobou o 6 de maio de 2024 a Estratexia Galega de Mobilidade, cuxo obxectivo é analizar e planificar en todo o seu conxunto a mobilidade na Comunidade Autónoma de Galicia e adaptala aos retos da sociedade do futuro en materia de mobilidade sostible; definindo como prioridades a redución da necesidade de desprazamentos, a redución de distancias e emisións, así como a consecución dun sistema de transporte seguro en todos os seus modos.

Así mesmo, mediante a Resolución do director da Axencia Galega de Infraestruturas do 13 de setembro de 2024 aprobouse provisionalmente o proxecto de trazado: mellora de accesibilidade e conectividade das paradas de autobús situadas na RAEG nas rutas de acceso polo norte á cidade de Pontevedra, de clave PO/22/059.06, nos concellos da Estrada, A Lama, Barro, Campo Lameiro, Catoira, Forcarei, Ponte Caldelas, Moraña, Vilagarcía de Arousa e Vilanova de Arousa (provincia de Pontevedra), que se tramitará segundo o disposto na Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia e no Decreto 66/2016, do 26 de maio, polo que se aproba o Regulamento xeral de estradas de Galicia.

Esta actuación é susceptible de ser cofinanciada pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) no marco do programa Galicia Feder 2021-2027.

Considerando o exposto e o establecido na normativa vixente,

ACORDO:

Primeiro. Someter ao trámite de información pública o proxecto de trazado: mellora de accesibilidade e conectividade das paradas de autobús situadas na RAEG nas rutas de acceso polo norte á cidade de Pontevedra, de clave PO/22/059.06, para que as persoas que o consideren oportuno poidan formular, por escrito dirixido á Axencia Galega de Infraestruturas, as alegacións que crean convenientes relativas á concepción global da actuación e das distintas alternativas analizadas, no seu caso, de acordo co disposto no artigo 21.1 da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia e no artigo 50 do Decreto 66/2016, do 26 de maio, polo que se aproba o Regulamento xeral de estradas de Galicia.

Segundo. Someter ao tramite de información publica a relación individual de bens, dereitos e propietarios afectados polo proxecto, descritos na relación anexa, para que calquera persoa poida achegar por escrito os datos oportunos para rectificar posibles erros da relación publicada ou opoñerse, por razóns de fondo ou forma, á necesidade da ocupación. Neste caso, indicará os motivos polos que deba considerarse preferente a ocupación doutros bens ou a adquisición doutros dereitos distintos e non comprendidos na relación, como máis conveniente ao fin que se persegue, de acordo co disposto nos artigos 17, 18 e 19 da Lei do 16 de decembro de 1954 sobre expropiación forzosa.

Terceiro. Do mesmo xeito, sométese o presente proxecto a información pública para os efectos do establecido no Real decreto 849/1986, do 11 de abril, polo que se aproba o Regulamento do dominio público hidráulico, en relación coa protección do dominio público hidráulico e coas actuacións neste ou na súa zona de policía.

Cuarto. O prazo para presentar alegacións será de trinta (30) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

A documentación que compón o proxecto estará á disposición da cidadanía na sede central da Axencia Galega de Infraestruturas (San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela), no Servizo de Infraestruturas de Pontevedra (avenida Mª Victoria Moreno, 43-1º, 36071 Pontevedra) e nas casas dos concellos da Estrada, A Lama, Barro, Campo Lameiro, Catoira, Forcarei, Ponte Caldelas, Moraña, Vilagarcía de Arousa e Vilanova de Arousa.

Así mesmo, a documentación íntegra do proxecto e un extracto do documento, cos obxectivos, localización e descrición da actuación, estarán dispoñibles na páxina web da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas:

https://vivendaeinfraestruturas.xunta.gal/informacion-publica/estudos

Santiago de Compostela, 26 de setembro de 2024

Francisco Menéndez Iglesias
Director da Axencia Galega de Infraestruturas

ANEXO

Relación de bens, dereitos e propietarios afectados

Mellora de accesibilidade e conectividade das paradas de autobús situadas na RAEG
nas rutas de acceso polo norte á cidade de Pontevedra, clave PO/22/059.06

Concellos: A Estrada, Barro, Catoira, Ponte Caldelas e Vilanova de Arousa.

Concello

Referencia
catastral

Políg.

Parc.

Titular

NIF

Clase de solo
(catastro)

Clasificación
urbanística

Sit. básica do solo
(RDL 7/2015)

Expropiación
m2

Ocupación
temporal
m2

1

Ponte Caldelas

36043A02900372

29

372

Manuel Muíños Amoedo

***5115**

Urbano

S. urbano consolidado

Urbanizado

26,49

-

2

Ponte Caldelas

36043A02900375

29

375

Epifanio Adán Canda

***3880**

Urbano

S. urbano non consolidado

Urbanizado

67,48

-

3

Ponte Caldelas

36043A02900376

29

376

Consuelo Suárez Montes (hrdos.)

***0097**

Urbano

S. urbano non consolidado

Urbanizado

89,68

-

4

Barro

36002A21600308

216

308

En investigación

Urbano

S. urbano non consolidado

Urbanizado

9,00

-

5

Barro

36002A21600314

216

314

Manuel Rivas Rey

***1190**

Urbano

S. urbano consolidado

Urbanizado

19,33

-

6

Vilanova de Arousa

36061A32400046

324

46

José Lino Rodríguez Márquez

***0057**

Urbano

S. urbano consolidado

Urbanizado

100,57

-

7

Vilanova de Arousa

36061A32200147

322

147

Ramiro Rafael Martínez Señoráns

***1246**

Rústico

S. núcleo rural común

Rural

-

205,41

8

Catoira

2638012NH2223N

12

Antonio Conde Aragunde

***4053**

Urbano

S. urbano non consolidado

Urbanizado

2,20

-

9

A Estrada

36017W52502061

525

2061

José Manuel Tomé Carbia

***7156**

Rústico

S. núcleo rural común

Rural

27,66

-