DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 207 Venres, 25 de outubro de 2024 Páx. 57437

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 30 de setembro de 2024, do Departamento Territorial de Vigo, polo que se fai pública a transmisión da titularidade do parque de cultivos mariños número 685.

Mediante este anuncio faise público que pola Resolución da directora territorial da Consellería do Mar de Vigo, do 27 de setembro de 2024, se autorizou a transmisión da titularidade do parque de cultivos mariños que a seguir se describe:

Identificación e localización: parcela número 685 dos planos anexos ao documento de revisión dos parques de moluscos do Carril, termo municipal de Vilagarcía de Arousa.

Superficie: 303,11 m2.

Data da resolución do outorgamento: 29.3.2019 (DOG núm. 76, do 22 de abril).

Remate da vixencia: 23.4.2029.

Especies autorizadas: ameixa fina (Ruditapes decussatus), ameixa babosa (Venerupis corrugata), ameixa xaponesa (Ruditapes philippinarum), berberecho (Cerastoderma edule) e berberecho birollo (Cerastoderma glaucum).

Tipo de transmisión: inter vivos.

Actuais titulares: Carmen María López Veloso (***5909**), Ramón Lago López (***4162**), Sara Lago López (***4162**), Carmen Lago López (***4162**) e Ramón José Lago Placer (***5226**).

Novos titulares: Ramón Lago López (***4162**) (62,5 % pleno dominio e 4,16 % núa propiedade), Carmen Lago López (***4162**) (12,5 % pleno dominio e 4,16 % núa propiedade), Sara Lago López (***4162**) (12,5 % pleno dominio e 4,16 % núa propiedade) e Ramón José Lago Placer (***5226**) (12,5 % usufruto).

Os novos titulares subróganse no prazo, nos dereitos e nas obrigas dos anteriores.

Condicións particulares baixo as que se autoriza a transmisión da titularidade: os titulares deberán achegar no prazo máximo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, o orixinal ou copia cotexada do documento notarial da transmisión e o xustificante da liquidación do imposto de transmisións patrimoniais ou de sucesións e doazóns.

Vigo, 30 de setembro de 2024

María Elena Suárez Sarmiento
Directora territorial de Vigo