En cumprimento do previsto no artigo 78.ter.2.a) do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se está a tramitar a seguinte solicitude de autorización de obras:
Solicitante: Francisco Borja Fernández Docobo.
NIF: ***9985**.
Expediente: DH.W27.94626.
Lugar: Figueirido.
Parroquia: Sargadelos.
Concello: Cervo.
Descrición das actuacións:
As obras solicitadas consisten na construción dunha vivenda unifamiliar illada e varios peches, na parcela con referencia catastral 9369010PJ2396N, na zona de policía do rego de Figueirido.
O proxecto pode consultarse na sección participación pública do portal da internet de Augas de Galicia (https://augasdegalicia.xunta.gal), e nas oficinas deste servizo territorial situadas na rolda da Muralla, núm. 70, 2º andar, 27071 Lugo, solicitando cita previa no teléfono 982 29 44 14.
Os interesados poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Lugo, 17 de setembro de 2024
Rocío Carreira Carral
Xefa do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica da Mariña
