DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 207 Venres, 25 de outubro de 2024 Páx. 57088

II. Autoridades e persoal

a) Cesamentos

Consellería do Mar

ORDE do 18 de outubro de 2024 pola que se dispón o cesamento dunha vogal no Consello de Administración da Autoridade Portuaria de Vilagarcía de Arousa.

O texto refundido da Lei de portos do Estado e da mariña mercante, aprobado polo Real decreto lexislativo 2/2011, do 5 de setembro, no seu artigo 30 atribúelles ás comunidades autónomas as facultades de designación e separación dos vogais dos consellos de administración das autoridades portuarias de interese do Estado situadas no seu territorio, que se deberán facer necesariamente por proposta das administracións públicas e organismos e entidades que aqueles representen.

O Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 16 de setembro de 2010, faculta a persoa titular da consellería competente en materia de portos para o exercicio das ditas competencias.

Polo exposto, en exercicio da facultade atribuída, por proposta do presidente do organismo público Portos do Estado,

DISPOÑO:

O cesamento de Nuria Gaitón Redondo como vogal representante da Administración xeral do Estado no Consello de Administración da Autoridade Portuaria de Vilagarcía de Arousa, agradecéndolle os servizos prestados.

Santiago de Compostela, 18 de outubro de 2024

Alfonso Villares Bermúdez
Conselleiro do Mar