DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 207 Venres, 25 de outubro de 2024 Páx. 56883

I. Disposicións xerais

Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

ORDE do 2 de outubro de 2024 pola que se regula a educación básica para persoas adultas e se establece o seu currículo na Comunidade Autónoma de Galicia.

I

A Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, modificada pola Lei orgánica 3/2020, do 29 de decembro, dedica o capítulo IX do seu título I á educación de persoas adultas e establece, na epígrafe 1 do artigo 66, que a educación de persoas adultas ten a finalidade de ofrecer a todas as persoas maiores de dezaoito anos a posibilidade de adquirir, actualizar, completar ou ampliar os seus coñecementos e aptitudes para o seu desenvolvemento persoal e profesional. Na epígrafe 3 do mesmo artigo, enuméranse os obxectivos da educación de persoas adultas que son, entre outros, adquirir unha formación básica, ampliar e renovar os seus coñecementos, habilidades e destrezas de modo permanente e facilitar o acceso ás distintas ensinanzas do sistema educativo, desenvolver as súas capacidades persoais, nos ámbitos expresivos, comunicativo, de relación interpersoal e de construción do coñecemento, a súa capacidade de participación na vida social, cultural, política e económica e facer efectivo o seu dereito á cidadanía democrática, adquirir, ampliar e renovar os coñecementos, habilidades e destrezas necesarias para a creación de empresas e para o desempeño de actividades e iniciativas empresariais, así como desenvolver actitudes e adquirir coñecementos vinculados ao desenvolvemento sustentable e para os efectos do cambio climático e as crises ambientais, de saúde ou económicas, e promover a saúde e os hábitos saudables de alimentación, reducir o sedentarismo, corrixir os riscos de exclusión social, especialmente dos sectores máis desfavorecidos, respondendo adecuadamente aos retos que supón o envellecemento progresivo da poboación e garantíndolles ás persoas maiores a oportunidade para aumentar e actualizar as súas habilidades.

Na epígrafe 2 do artigo 67, a mencionada lei orgánica establece que a organización e a metodoloxía das ensinanzas para persoas adultas se basearán na autoaprendizaxe e terán en conta as súas experiencias, necesidades e intereses, e poden desenvolverse a través do ensino presencial e tamén mediante a educación a distancia. Na epígrafe 7 do mesmo artigo estipúlase que estas ensinanzas se organizarán cunha metodoloxía flexible e aberta, de modo que respondan ás capacidades, necesidades e intereses das persoas adultas. Na epígrafe 9 deste mesmo artigo disponse que, en atención ás súas especiais circunstancias, por vía regulamentaria se poderán establecer currículos específicos para a educación de persoas adultas que conduzan á obtención dun dos títulos establecidos na citada lei. Na epígrafe 1 do artigo 68 recóllese que as persoas adultas que queiran adquirir as competencias e os coñecementos correspondentes á educación básica contarán cunha oferta adaptada ás súas condicións e necesidades.

Esta lei orgánica establece tamén no seu artigo 68.2 que corresponde ás administracións educativas, no ámbito das súas competencias, organizar periodicamente probas para que as persoas maiores de dezaoito anos poidan obter directamente o título de graduado en educación secundaria obrigatoria.

A Lei 9/1992, do 24 de xullo, de educación e promoción de adultos da Comunidade Autónoma de Galicia, define no seu artigo 1 a educación e promoción de adultos como o conxunto de accións de carácter educativo, cultural, social e profesional orientado a lles proporcionar a todos os residentes no territorio da Comunidade Autónoma galega que superaron a idade de escolaridade obrigatoria o acceso, de forma gratuíta e permanente, aos niveis educativos e profesionais que lles permitan a súa formación persoal, así como a súa integración e promoción satisfactoria no mundo social e laboral. No seu artigo 16 establece que a educación e promoción de adultos adoptará as seguintes modalidades: presencial, semipresencial e a distancia.

O Decreto 88/1999, do 11 de marzo, polo que se regulan a ordenación xeral das ensinanzas de educación de persoas adultas e os requisitos mínimos dos centros, establece no seu artigo 5 a organización e estrutura das ensinanzas da educación básica para persoas adultas en dúas etapas: ensinanzas iniciais do ensino básico para persoas adultas e ensinanzas conducentes á obtención do título de graduado en educación secundaria obrigatoria. Neste mesmo artigo establece que a consellería con competencias en materia de educación poderá adaptar o currículo da educación primaria establecido na Comunidade Autónoma de Galicia, adecuándoo ás características, condicións e necesidades da poboación adulta, de acordo coas exixencias de organización e metodoloxía da educación de persoas adultas.

En desenvolvemento da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, modificada pola Lei orgánica 3/2020, do 29 de decembro, publicouse o Real decreto 217/2022, do 29 de marzo, polo que se establecen a ordenación e as ensinanzas mínimas da educación secundaria obrigatoria. Na súa disposición adicional terceira estipula que as persoas adultas que queiran adquirir as competencias e os coñecementos correspondentes á educación secundaria obrigatoria contarán cunha oferta adaptada ás súas condicións e necesidades e establece a estrutura desta etapa. Recolle, así mesmo, que o currículo destas ensinanzas será establecido polas administracións educativas.

En consecuencia, publicouse o Decreto 156/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación secundaria obrigatoria na Comunidade Autónoma de Galicia. Na súa disposición adicional cuarta, dedicada á educación para persoas adultas, organiza a estrutura desta etapa e recolle que a consellería con competencias en materia de educación establecerá o seu currículo conforme os aspectos básicos recollidos no anexo II do citado decreto.

Cómpre, xa que logo, ditar as normas pertinentes para regular a educación básica para persoas adultas na Comunidade Autónoma de Galicia e establecer o currículo correspondente.

II

Desde o punto de vista da mellora da calidade normativa, esta orde adecúase aos principios de boa regulación previstos no artigo 129 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, así como aos principios de necesidade, proporcionalidade, seguridade xurídica, transparencia, accesibilidade, simplicidade e eficacia, que se recollen no artigo 37 da Lei 14/2013, do 26 de decembro, de racionalización do sector público autonómico.

No que se refire aos principios de necesidade e eficacia, trátase dunha norma necesaria para a regulación da ordenación e do currículo da ensinanza para persoas adultas conforme a nova redacción da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, tras as modificacións introducidas pola Lei orgánica 3/2020, do 29 de decembro. De acordo cos principios de proporcionalidade e de simplicidade, contén a regulación imprescindible da estrutura destas ensinanzas ao non existir ningunha alternativa regulatoria menos restritiva de dereitos. Conforme os principios de seguridade xurídica e eficiencia, resulta coherente co ordenamento xurídico e permite unha xestión máis eficiente dos recursos públicos.

Cumpre tamén cos principios de transparencia e accesibilidade, xa que se identifica claramente o seu propósito, e durante o procedemento de tramitación da norma permitiuse a participación activa das potenciais persoas destinatarias a través dos trámites de consulta pública previa e de publicación no portal de transparencia e goberno aberto da Xunta de Galicia.

En consecuencia, como conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, facendo uso das competencias que me confire o artigo 34.6 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e da súa Presidencia, e en virtude do establecido na disposición adicional cuarta do Decreto 156/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación secundaria obrigatoria na Comunidade Autónoma de Galicia,

DISPOÑO:

TÍTULO I

Disposicións xerais

Artigo 1. Obxecto e ámbito de aplicación

1. Esta orde ten por obxecto regular a educación básica para persoas adultas e establecer o seu currículo na Comunidade Autónoma de Galicia.

2. Esta orde será de aplicación nos centros docentes correspondentes ao ámbito de xestión da Comunidade Autónoma de Galicia que impartan as ensinanzas reguladas nesta orde.

Artigo 2. Fins

A educación básica para persoas adultas ten por finalidade ofrecer a todas as persoas maiores de dezaoito anos a posibilidade de adquirir, actualizar, completar ou ampliar os coñecementos e aptitudes para o desenvolvemento persoal e profesional, preparándoas para a súa incorporación a estudos posteriores, e para que aquelas persoas que abandonaron o sistema educativo sen ningunha titulación poidan adquirir as competencias clave e, se é o caso, a titulación correspondente á educación secundaria obrigatoria.

Artigo 3. Principios xerais

1. O sistema educativo ten como principio básico propiciar a educación permanente. Para tal efecto, preparará o alumnado para aprender por si mesmo e facilitará ás persoas adultas a súa incorporación ás distintas ensinanzas, favorecendo a conciliación da aprendizaxe con outras responsabilidades e actividades.

2. Coa finalidade de adaptarse ás condicións e necesidades do alumnado adulto que desexe adquirir as competencias e os coñecementos correspondentes á educación básica, as ensinanzas da educación básica para persoas adultas organizaranse de maneira que favorezan:

a) A conciliación da aprendizaxe coas responsabilidades familiares, laborais e sociais.

b) A flexibilidade da oferta, para favorecer a adquisición das competencias clave e, se é o caso, da titulación correspondente.

c) O acceso á información e á orientación sobre a oferta educativa e as posibilidades de formación para mellorar a inserción social e laboral.

d) A complementariedade da educación formal e non formal co propósito de que esta contribúa á adquisición de competencias para un pleno desenvolvemento da personalidade.

e) O recoñecemento das aprendizaxes adquiridas por medio do ensino regrado e non regrado, así como a través da experiencia laboral ou de actividades sociais, e o establecemento de conexións entre as diversas vías.

3. A metodoloxía das ensinanzas para as persoas adultas basearase na autoaprendizaxe e terá en conta as súas experiencias, necesidades e intereses, podendo desenvolverse a través do ensino presencial, semipresencial e tamén mediante a educación a distancia.

4. Os centros adoptarán as medidas necesarias para asegurar a igualdade de oportunidades, a non discriminación por razón de nacemento, sexo, orixe racial ou étnica, discapacidade, enfermidade, relixión ou crenzas, orientación sexual ou identidade de xénero ou calquera outra condición ou circunstancia persoal ou social.

Artigo 4. Definicións

Para os efectos desta orde, entenderase por:

a) Etapa: cada unha das fases en que se desenvolve a educación básica para persoas adultas, nomeadamente ensinanzas iniciais e educación secundaria para persoas adultas.

b) Nivel: organización interna de cada unha das etapas, correspondendo dous niveis (I-II) por cada unha delas.

c) Ámbitos: áreas de coñecemento en que se organiza o currículo da educación básica para persoas adultas en cada unha das súas etapas e niveis.

d) Módulo: distribución curricular secuenciada e progresiva en que se organizan os ámbitos da educación secundaria para persoas adultas. Terán carácter cuadrimestral, correspondéndolle dous módulos ao primeiro nivel e os dous restantes ao segundo nivel.

e) Valoración inicial da aprendizaxe (VIA): proceso de valoración da formación que posibilita que o alumnado acredite os coñecementos e experiencias previas adquiridos a través da educación formal e non formal, co obxecto de proceder á súa orientación e adscrición á etapa, nivel e modulo que corresponda en cada caso.

f) Currículo: conxunto de obxectivos, competencias, contidos, métodos pedagóxicos e criterios de avaliación para cada unha das ensinanzas reguladas nesta orde.

g) Obxectivos da educación básica: logros que se espera que o alumnado alcance ao finalizar a educación básica e cuxa consecución está vinculada á adquisición das competencias clave.

h) Competencias clave: desempeños que se consideran imprescindibles para que o alumnado poida progresar con garantías de éxito no seu itinerario formativo e afrontar os principais retos e desafíos globais e locais.

i) Perfil de saída: concreción dos principios e fins do sistema educativo referidos á educación básica que fundamenta o resto de decisións curriculares, así como as estratexias e orientacións metodolóxicas na práctica lectiva. O perfil de saída identifica e fixa as competencias clave que o alumnado debe adquirir e desenvolver ao finalizar a educación básica, e constitúe o referente último sobre o nivel de desempeño competencial esperado tanto na avaliación das distintas etapas e modalidades da formación básica como para a titulación en educación secundaria obrigatoria a través dos correspondentes descritores operativos.

j) Obxectivos do ámbito: desempeños que o alumnado debe poder despregar en actividades ou en situacións cuxa abordaxe require as aprendizaxes asociadas aos contidos de cada ámbito. Estes obxectivos constitúen un elemento de conexión entre, por unha banda, o perfil de saída do alumnado e, por outra, os criterios de avaliación e os contidos dos ámbitos.

k) Criterios de avaliación: referentes que indican os niveis de desempeño esperados no alumnado nas situacións ou actividades a que se refiren os obxectivos de cada ámbito nun momento determinado do seu proceso de aprendizaxe. Nese sentido, actúan como unha ponte de conexión entre os contidos e os obxectivos do ámbito, polo que son o referente específico para avaliar a aprendizaxe do alumnado, e describen aquilo que se quere valorar e que o alumnado debe lograr, tanto en coñecementos como en competencias.

l) Contidos: coñecementos, destrezas e actitudes propios dun ámbito e cuxa aprendizaxe é necesaria para adquirir o nivel de desempeño indicado nos criterios de avaliación e para o logro dos obxectivos do ámbito.

m) Orientacións pedagóxicas: indicacións para orientar o profesorado no deseño e na planificación das estratexias, dos procedementos e as accións docentes, de xeito consciente e reflexivo, coa finalidade de posibilitar a aprendizaxe do alumnado que lle permita o logro dos obxectivos e a adquisición das competencias clave.

n) Concreción curricular: marco que establece o claustro de profesorado cos criterios e as decisións para orientar o desenvolvemento do currículo por parte do profesorado, adaptándoo ás condicións e circunstancias concretas do seu alumnado e do contexto en que este se desenvolve, e garantindo a coordinación interdisciplinaria por parte dos órganos de coordinación didáctica e a coherencia na actuación docente.

Artigo 5. Obxectivos da educación básica

A educación básica para persoas adultas contribuirá a desenvolver no alumnado as capacidades que lle permitan:

a) Asumir responsablemente os seus deberes, coñecer e exercer os seus dereitos no respecto ás demais persoas, practicar a tolerancia, a cooperación e a solidariedade entre as persoas e os grupos; exercitarse no diálogo afianzando os dereitos humanos como valores comúns dunha sociedade plural e prepararse para o exercicio da cidadanía democrática.

b) Desenvolver e consolidar hábitos de disciplina, estudo e traballo individual e en equipo como condición necesaria para unha realización eficaz das tarefas da aprendizaxe e como medio de desenvolvemento persoal.

c) Valorar e respectar a diferenza de sexos e a igualdade de dereitos e oportunidades entre eles. Rexeitar os estereotipos que supoñan discriminación entre mulleres e homes.

d) Fortalecer as súas capacidades afectivas en todos os ámbitos da personalidade e nas súas relacións coas demais persoas, así como rexeitar a violencia, os prexuízos de calquera tipo e os comportamentos sexistas, e resolver pacificamente os conflitos.

e) Desenvolver destrezas básicas na utilización das fontes de información para, con sentido crítico, adquirir novos coñecementos. Desenvolver as competencias tecnolóxicas básicas e avanzar nunha reflexión ética sobre o seu funcionamento e a súa utilización.

f) Concibir o coñecemento científico como un saber integrado, que se estrutura en distintas disciplinas, así como coñecer e aplicar os métodos para identificar os problemas nos diversos campos do coñecemento e da experiencia.

g) Desenvolver o espírito emprendedor e a confianza en si mesmos, a participación, o sentido crítico, a iniciativa persoal e a capacidade para aprender a aprender, planificar, tomar decisións e asumir responsabilidades.

h) Comprender e expresar con corrección, oralmente e por escrito, na lingua galega e na lingua castelá, mensaxes e textos complexos, e iniciarse no coñecemento, na lectura e no estudo da literatura.

i) Comprender e expresarse nunha ou máis linguas estranxeiras de maneira apropiada.

j) Coñecer, valorar e respectar os aspectos básicos da cultura e da historia propias e das demais persoas, así como o patrimonio artístico e cultural.

k) Coñecer e aceptar o funcionamento do propio corpo e do das outras persoas, respectar as diferenzas, afianzar os hábitos de coidado e saúde corporais e incorporar a educación física e a práctica do deporte para favorecer o desenvolvemento persoal e social. Coñecer e valorar a dimensión humana da sexualidade en toda a súa diversidade. Valorar criticamente os hábitos sociais relacionados coa saúde, o consumo, o coidado, a empatía e o respecto cara aos seres vivos, especialmente os animais, e o ambiente, contribuíndo á súa conservación e á súa mellora.

l) Apreciar a creación artística e comprender a linguaxe das distintas manifestacións artísticas, utilizando diversos medios de expresión e representación.

m) Coñecer e valorar os aspectos básicos do patrimonio lingüístico, cultural, histórico e artístico de Galicia, participar na súa conservación e na súa mellora, e respectar a diversidade lingüística e cultural como dereito dos pobos e das persoas, desenvolvendo actitudes de interese e respecto cara ao exercicio deste dereito.

n) Coñecer e valorar a importancia do uso da lingua galega como elemento fundamental para o mantemento da identidade de Galicia, e como medio de relación interpersoal e expresión de riqueza cultural nun contexto plurilingüe, que permite a comunicación con outras linguas, en especial coas pertencentes á comunidade lusófona.

Artigo 6. Competencias clave e perfil de saída do alumnado ao finalizar a educación básica

1. As competencias clave da educación básica, para os efectos desta orde, son as seguintes:

a) Competencia en comunicación lingüística (CCL).

b) Competencia plurilingüe (CP).

c) Competencia matemática e competencia en ciencia, tecnoloxía e enxeñaría (STEM).

d) Competencia dixital (CD).

e) Competencia persoal, social e de aprender a aprender (CPSAA).

f) Competencia cidadá (CC).

g) Competencia emprendedora (CE).

h) Competencia en conciencia e expresión culturais (CCEC).

2. As competencias clave, así como os descritores operativos do seu grao de adquisición que estea previsto ao finalizar a educación básica, interpretaranse de acordo coas definicións contidas no anexo I do Decreto 156/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación secundaria obrigatoria na Comunidade Autónoma de Galicia.

3. O currículo que establece esta orde ten por obxecto garantir o desenvolvemento das competencias clave previsto no perfil de saída. A concreción do currículo que realicen os centros docentes nos seus proxectos educativos e funcionais terá como referente o devandito perfil de saída.

Artigo 7. Centros

1. Poderán impartir as ensinanzas reguladas nesta orde, nas súas distintas modalidades, aqueles centros autorizados para cada unha delas pola consellería con competencias en materia de educación.

2. Os centros docentes, no uso da súa autonomía, desenvolverán e completarán, de ser o caso, o currículo determinado nesta orde.

3. Fixarán a súa concreción curricular conforme o establecido no artigo 15 do Decreto 156/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación secundaria obrigatoria na Comunidade Autónoma de Galicia.

TÍTULO II

Organización

CAPÍTULO I

Organización e desenvolvemento do currículo

Artigo 8. Etapas da educación básica para persoas adultas

A educación básica para persoas adultas organízase en dúas etapas: ensinanzas iniciais e educación secundaria para persoas adultas.

Artigo 9. Ensinanzas iniciais

1. As Ensinanzas Iniciais organízanse en dous niveis, ensinanzas iniciais I e ensinanzas iniciais II, cada un deles estruturado en distintos ámbitos.

a) Ensinanzas iniciais I: este nivel ten como obxectivo a adquisición das habilidades básicas de lectoescritura e de cálculo matemático.

b) Ensinanzas iniciais II: este nivel ten como obxectivo a consolidación das habilidades do nivel I e a preparación para o acceso aos estudos de educación secundaria para persoas adultas.

2. Os ámbitos de coñecemento das ensinanzas iniciais I a que se refire o punto anterior son os seguintes:

a) Ámbito de Comunicación.

b) Ámbito da Competencia Matemática.

c) Ámbito de Ciencia, Sociedade e Tecnoloxía.

3. Os ámbitos de coñecemento das ensinanzas iniciais II son os seguintes:

a) Ámbito de Comunicación.

b) Ámbito da Competencia Matemática.

c) Ámbito de Ciencia, Sociedade e Tecnoloxía.

d) Ámbito de Desenvolvemento e Iniciativa Persoal e Laboral.

4. O currículo destas ensinanzas é o recollido no anexo IA.

Artigo 10. Educación secundaria para persoas adultas

1. As ensinanzas de educación secundaria para persoas adultas estrutúranse en dous niveis, I e II, que se organizan en tres ámbitos de coñecemento e se distribúen, pola súa vez, en catro módulos secuenciados de forma progresiva e integrada.

2. Os ámbitos de coñecemento da educación secundaria para persoas adultas incorporan os aspectos básicos das materias da educación secundaria obrigatoria previstas na disposición adicional cuarta do Decreto 156/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación secundaria obrigatoria na Comunidade Autónoma de Galicia. Son os que seguen:

a) Ámbito de Comunicación, en que se integrarán os aspectos básicos do currículo referidos ás materias de Lingua Castelá e Literatura, de Lingua Estranxeira e de Lingua Galega e Literatura.

b) Ámbito Social, en que se integrarán os aspectos básicos do currículo referidos ás materias de Xeografía e Historia, e de Educación en Valores Cívicos e Éticos.

c) Ámbito Científico-Tecnolóxico, en que se integrarán os aspectos básicos do currículo referidos ás materias de Física e Química, de Bioloxía e Xeoloxía, de Matemáticas, e de Tecnoloxía e Dixitalización.

3. A cada un dos ámbitos de coñecemento correspóndenlle catro módulos.

4. Os módulos estarán distribuídos cuadrimestralmente. Correspóndenlle dous módulos ao primeiro nivel e os dous restantes ao segundo nivel.

5. O currículo destas ensinanzas está recollido no anexo IB desta orde.

Artigo 11. Estrutura dos ámbitos

1. A organización en ámbitos desenvólvese no anexo I seguindo, respecto de cada un deles, a seguinte estrutura:

a) Introdución.

b) Obxectivos.

c) Criterios de avaliación e contidos, organizados en bloques.

d) Orientacións pedagóxicas.

2. A agrupación por bloques dos criterios de avaliación e dos contidos de cada ámbito non supón unha secuencia establecida nin implica unha organización pechada; pola contra, permite organizar de diferentes formas os elementos curriculares e adoptar a metodoloxía máis axeitada ás características das aprendizaxes e do grupo de alumnas e alumnos a que van dirixidos.

Artigo 12. Programacións didácticas

1. Os centros docentes e o seu profesorado desenvolverán unha programación para cada un dos ámbitos das ensinanzas da educación básica para persoas adultas, tomando como referente o currículo establecido no anexo I e os criterios xerais recollidos na concreción curricular do centro.

2. As programacións didácticas dos ámbitos das ensinanzas reguladas nesta orde incluirán, como mínimo, os seguintes elementos:

a) Introdución.

b) Obxectivos do ámbito e a súa contribución ao desenvolvemento das competencias clave.

c) Relación de unidades didácticas, entendidas como a parte do currículo do ámbito que se traballará, coa súa secuenciación e temporalización.

d) Metodoloxía.

• Concrecións metodolóxicas.

• Materiais e recursos didácticos.

e) Avaliación.

• Procedemento para a avaliación inicial.

• Criterios de cualificación, con indicación do grao mínimo de consecución para a superación do ámbito.

f) Medidas de atención á diversidade.

g) Transversal.

• Concreción dos elementos transversais.

• Actividades complementarias.

h) Práctica docente.

• Procedemento para avaliar o proceso de ensino e a práctica docente cos seus indicadores de logro.

• Procedemento de seguimento, avaliación e propostas de mellora da programación.

3. O equipo docente realizará o seguimento das programacións didácticas de cada ámbito, con indicación do seu grao de cumprimento e, en caso de desviacións, cunha xustificación razoada.

4. A consellería con competencias en materia de educación promoverá o uso das tecnoloxías da información e da comunicación na elaboración e no seguimento das programacións didácticas.

Artigo 13. Duración e permanencia

1. As persoas adultas poderán permanecer cursando as ensinanzas da educación básica para persoas adultas o tempo que precisen para o logro dos obxectivos establecidos.

2. A organización das ensinanzas de cada etapa permitirá a súa realización en dous cursos académicos, garantindo, en todo caso, o logro das competencias clave establecidas no perfil de saída ao finalizar o ensino básico.

3. Non obstante, considerando que as persoas adultas posúen coñecementos construídos nas súas experiencias persoais e académicas e que un proceso educativo axeitado debe respectar os distintos estilos e ritmos de aprendizaxe, a duración do proceso educativo das persoas adultas poderá flexibilizarse, segundo se establece nesta orde.

Artigo 14. Distribución horaria

1. Nas modalidades presencial e semipresencial, o horario das ensinanzas iniciais e de educación secundaria para persoas adultas comprenderá os períodos lectivos semanais que figuran no anexo II.

2. Na modalidade presencial, o total de períodos lectivos da educación secundaria para persoas adultas non poderá ser, en ningún caso, inferior a 1.350 na súa totalidade.

3. Cada grupo de alumnas e alumnos matriculados nestas ensinanzas terá un período lectivo semanal de actividades de orientación e titoría.

4. Co fin de que o alumnado das ensinanzas iniciais I acade as destrezas de lectoescritura, razoamento matemático e cálculo, o número de sesións establecido para cada ámbito poderase adaptar ás necesidades educativas que presente ese alumnado, logo de autorización do servizo territorial de inspección educativa, sempre que se respecte a duración global establecida.

CAPÍTULO II

Modalidades de ensinanza

Artigo 15. Modalidades

1. A educación básica para persoas adultas desenvolverase a través das modalidades de ensino presencial, semipresencial e a distancia.

Artigo 16. Modalidade presencial

1. Esta modalidade de ensino baséase na asistencia regular ás actividades lectivas e no seguimento directo do alumnado en cada un dos ámbitos de coñecemento dos cales se matriculase.

2. Poderán cursarse nesta modalidade tanto as ensinanzas iniciais como a educación secundaria para persoas adultas.

Artigo 17. Modalidade semipresencial

1. Esta modalidade de ensino baséase na combinación de períodos ou sesións lectivas de carácter presencial e outras actividades de seguimento do alumnado que terán carácter non presencial e se realizarán a través dunha plataforma educativa virtual de aprendizaxe creada para tal efecto.

2. Poderán cursarse nesta modalidade o nivel II das ensinanzas iniciais e a educación secundaria para persoas adultas.

3. As sesións lectivas presenciais terán carácter colectivo e dedicaranse, fundamentalmente, a cuestións relacionadas coa planificación de cada módulo e ámbito, a proporcionar as directrices e orientacións necesarias para un bo aproveitamento destes e ao desenvolvemento dos contidos relevantes do módulo.

4. Cada docente responsable dun ámbito de coñecemento desta modalidade educativa dedicará unha hora semanal de atención a cada grupo de alumnos.

5. O horario de carácter non presencial dedicarase, fundamentalmente, a incentivar a comunicación da titora ou titor co alumnado, á revisión e valoración das tarefas propostas, á participación nos temas de discusión dos foros temáticos e á resolución de dúbidas e problemas propostos de forma individual ou colectiva.

6. As probas de avaliación realizaranse de forma presencial e o alumnado deberá acreditar debidamente a súa identidade.

Artigo 18. Modalidade a distancia

1. A modalidade a distancia impartirase integramente a través dun sistema de teleformación, baseado no seguimento da aprendizaxe do alumnado a través dunha plataforma educativa virtual de aprendizaxe creada para tal efecto.

2. Poderán cursarse nesta modalidade as ensinanzas de educación secundaria para persoas adultas.

3. As probas de avaliación realizaranse de forma presencial e o alumnado deberá acreditar debidamente a súa identidade.

Artigo 19. Alumnado con privación de liberdade

A dirección territorial correspondente da consellería con competencias en materia de educación arbitrará as medidas necesarias para a matriculación na modalidade a distancia do alumnado con medidas legais de internamento en réxime pechado ou terapéutico en centros de menores dependentes da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, para a súa atención presencial e para a realización das probas correspondentes.

Artigo 20. Cambio de centro e modalidade

1. O alumnado poderá cambiar de centro e modalidade de ensino nas seguintes condicións:

a) Unha vez rematado o cuadrimestre e logo de solicitude á dirección do centro en que estea matriculado nese momento, o alumnado poderá cambiar de modalidade ou de centro para o cuadrimestre seguinte a aquel en que estea escolarizado.

b) Con carácter excepcional, durante a escolarización de cada módulo cuadrimestral, a dirección do centro poderá autorizar o cambio de modalidade ou de centro, logo de escrito da persoa interesada en que aduza as razóns persoais ou profesionais que o xustifiquen.

c) Cando o cambio de modalidade ou centro supoña optar a unha praza da modalidade presencial, ese cambio estará supeditado á existencia de prazas dispoñibles.

Artigo 21. Simultaneidade de modalidades

1. Con carácter excepcional, a dirección do centro poderá autorizar a matrícula simultánea nas modalidades presencial e semipresencial en ámbitos de coñecemento diferentes e no mesmo centro, cando a algunha alumna ou alumno non lle sexa posible asistir a todas as xornadas lectivas dos ámbitos correspondentes por razóns da organización do horario do centro ou por razóns persoais debidamente xustificadas.

2. A dirección territorial correspondente poderá autorizar con carácter excepcional, logo de solicitude da persoa interesada, a matrícula simultánea entre as modalidades presencial ou semipresencial coa modalidade a distancia do alumnado de educación secundaria para persoas adultas naqueles casos en que o centro non imparta todos os módulos necesarios para continuar o seu itinerario formativo.

Artigo 22. Recursos e material didáctico

1. O alumnado de educación secundaria para persoas adultas pola modalidade semipresencial ou a distancia recibirá unha guía do alumnado que oriente o seu traballo autónomo. Esta guía incluirá indicacións sobre a distribución temporal dos contidos dos diferentes ámbitos de coñecemento, os criterios de avaliación, orientacións metodolóxicas, as actividades que se van realizar, as datas de avaliación e calquera outra información que se considere de interese para a súa aprendizaxe. A elaboración e actualización destas guías será responsabilidade dos departamentos didácticos correspondentes, baixo a supervisión da xefatura de estudos. O equipo directivo do centro correspondente adoptará as medidas oportunas para que o alumnado teña acceso a esta guía ao comezo do curso.

2. A consellería con competencias en materia de educación porá á disposición dos centros educativos material didáctico específico para a impartición das ensinanzas de educación secundaria para persoas adultas.

CAPÍTULO III

Acceso, admisión e matrícula

Artigo 23. Condicións para o acceso

1. Poderán acceder á educación básica para persoas adultas aquelas persoas maiores de dezaoito anos ou que os fagan no ano natural en que comeza o curso escolar.

2. Poderá, así mesmo, incorporarse a estas ensinanzas o alumnado maior de dezaseis anos que teña un contrato laboral en vigor que non lle permita acudir aos centros educativos en réxime ordinario ou sexa deportista de alto rendemento.

3. Nos establecementos penitenciarios garantirase á poboación reclusa o acceso ás ensinanzas da educación básica para persoas adultas.

4. Cando a persoa que accede a esta oferta educativa teña acreditados estudos realizados, poderá acollerse ás equivalencias recollidas nos anexos IV a XVI desta orde.

5. Cando a persoa non acredite estudos que poidan ser obxecto de validación, a adscrición desta a unha etapa, nivel e módulo realizarase mediante o procedemento de valoración inicial da aprendizaxe conforme o artigo 25 desta orde.

Artigo 24. Admisión e matrícula

A consellería competente en materia de educación regulará os procedementos de admisión e matrícula do alumnado dos centros autorizados para impartir as ensinanzas da educación básica para persoas adultas de forma que se garanta o dereito a educación, o acceso en igualdade de condicións e a liberdade de elección do centro.

Artigo 25. Valoración inicial da aprendizaxe (VIA)

1. Para as persoas que non acrediten estudos que poidan ser obxecto de validación e desexen matricularse na educación básica para persoas adultas por primeira vez, os centros efectuarán con carácter preceptivo durante os meses de setembro e de xaneiro un proceso de valoración inicial da aprendizaxe.

2. Tamén poderán solicitar a valoración inicial da súa aprendizaxe aquelas persoas que interrompesen os seus estudos durante, cando menos, un curso académico e poidan acreditar nova formación.

3. Neste procedemento valorarase a formación que o alumnado acredite e non poida ser obxecto de validación, así como os coñecementos e experiencias previas adquiridos a través da educación non formal, co obxecto de proceder á súa orientación e adscrición á etapa, nivel e modulo máis axeitado, en cada caso.

4. Cando, fóra das datas establecidas, sexa necesario realizar a valoración inicial, a xefatura de estudos do centro educativo establecerá unha nova data ou datas para realizala.

5. A Comisión de Coordinación Pedagóxica será a encargada de deseñar o modelo do procedemento de valoración inicial que estará recollido no proxecto educativo e funcional do centro e incluirá, polo menos, os seguintes aspectos:

a) Valoración das certificacións das aprendizaxes formais e non formais realizadas.

b) Valoración da experiencia laboral.

c) Unha proba referida, con carácter xeral, aos obxectivos e ás competencias clave establecidos para cada ámbito de coñecemento.

6. O procedemento de valoración inicial incluirá unha ou varias entrevistas coa persoa que exerza a xefatura do departamento de orientación, en que se informará a persoa interesada da natureza do proceso, recadarase información sobre a súa traxectoria formativa e profesional, e proporáselle o itinerario formativo que mellor se adapte ás súas necesidades.

7. Da valoración inicial derivarase a adscrición á etapa das ensinanzas iniciais ou á de educación secundaria para persoas adultas e, dentro delas, ao nivel ou módulo que corresponda en cada caso. Nas ensinanzas de educación secundaria para persoas adultas, o alumnado poderá estar adscrito a un módulo diferente en cada ámbito, en función dos resultados da valoración inicial.

8. Cando a avaliación posterior amose que a adscrición a un nivel ou módulo foi inadecuada, a persoa adulta poderá optar por incorporarse ao módulo que lle corresponda polo seu nivel de coñecementos.

Artigo 26. Comisión de Valoración Inicial

1. Co obxecto de avaliar todos os documentos e accións que forman parte do proceso de valoración inicial e emitir o ditame correspondente, constituirase unha Comisión de Valoración inicial. O seu funcionamento axustarase ás normas establecidas no artigo 15 e seguintes da Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público.

2. Esta comisión estará composta pola dirección do centro, que exercerá a súa presidencia, a xefatura de estudos, a xefatura do departamento de orientación e, polo menos, un representante do profesorado de cada ámbito que imparte estas ensinanzas, designados polo director ou a directora do centro, oído o claustro.

3. A citada comisión levantará acta do proceso efectuado, concretando para cada persoa o resultado obtido para a súa adscrición á etapa, ao nivel e ao módulo correspondente.

4. O resultado da valoración inicial incorporarase ao expediente académico da alumna ou alumno e ao seu historial académico, e terá efectos en todos os centros educativos da Comunidade Autónoma de Galicia que impartan estas ensinanzas.

CAPÍTULO IV

Orientación e titorías

Artigo 27. Orientación e titorías

1. A acción titorial é unha tarefa colexiada exercida polo equipo docente de cada grupo de alumnos e alumnas.

2. Para cada grupo de alumnas e alumnos, a directora ou director designará unha persoa titora de entre o profesorado que lle imparta docencia. Esta persoa titora coordinará as ensinanzas e a acción titorial do equipo docente correspondente e informará o seu grupo sobre as posibles vías de comunicación entre ambos e do horario que teña establecido para a atención ao alumnado.

3. Para tal efecto, dentro do horario lectivo do profesorado no centro, dedicarase unha hora semanal á atención titorial de cada grupo de alumnado.

4. Corresponderá ao departamento de orientación a programación, desenvolvemento e avaliación destas actividades que serán recollidas no plan de orientación e acción titorial incluído no seu proxecto educativo e funcional.

5. No marco do plan mencionado no punto anterior, consideraranse os seguintes aspectos específicos referidos a estas ensinanzas:

a) A orientación académica e profesional axeitada que permita ao alumnado
adulto a elaboración dun proxecto persoal realista e axustado aos seus intereses, aptitudes e necesidades.

b) A axuda individualizada na adopción de hábitos e estratexias apropiadas para o estudo e a organización do traballo, de acordo coas características singulares da súa situación persoal.

c) A disposición de medidas de atención á diversidade que poida requirir o alumnado adulto co fin de facilitar o seu desenvolvemento óptimo.

d) A orientación persoal e de grupo axeitada que permita mellorar os procesos de integración escolar, de identidade persoal, de relación social e de mantemento da motivación e do esforzo necesarios para culminar con éxito o seu proceso de aprendizaxe.

CAPÍTULO V

Avaliación, promoción e titulación

Artigo 28. Carácter da avaliación

1. A avaliación forma parte do proceso educativo e valora tanto o desenvolvemento como os resultados da aprendizaxe, co fin de verificar o progreso, detectar as dificultades e adoptar as medidas necesarias para que o alumnado poida continuar o seu proceso de ensino e aprendizaxe.

2. A avaliación do proceso de aprendizaxe do alumnado de educación básica para persoas adultas será continua, formativa e integradora.

3. Os referentes para a valoración do grao de adquisición das competencias clave e o logro dos obxectivos na avaliación dos ámbitos serán os criterios de avaliación que figuran no anexo I.

4. Se no proceso de avaliación continua se observa que o progreso da persoa non responde aos obxectivos programados, o profesorado adoptará as medidas oportunas para garantir a consecución destes. Estas medidas adoptaranse en calquera momento do curso, tan pronto como se detecten as dificultades, e estarán dirixidas a garantir a adquisición das aprendizaxes imprescindibles para continuar o seu proceso educativo.

5. O profesorado avaliará tanto as aprendizaxes do alumnado como os procesos de ensino e a súa propia práctica docente, para o cal establecerá indicadores de logro nas programacións didácticas.

6. A avaliación do proceso de aprendizaxe do alumnado deberá ser integradora e deberán terse en conta como referentes últimos, desde todos e cada un dos ámbitos, a consecución dos obxectivos establecidos para a etapa e o grao de adquisición das competencias clave previstas no perfil de saída ao finalizar o ensino básico.

Artigo 29. Sesións de avaliación

1. O equipo docente, integrado pola totalidade do profesorado que imparta docencia en cada grupo de alumnado, coordinado pola persoa titora, actuará de maneira colexiada ao longo do proceso de avaliación e na adopción das decisións resultantes deste.

2. Cando o equipo docente teña que tomar decisións respecto dunha alumna ou dun alumno participará unicamente o profesorado responsable da avaliación dos ámbitos en que estea matriculada ou matriculado.

3. Realizarase, cando menos, unha avaliación inicial ao comezo das actividades lectivas, unha avaliación ordinaria e unha avaliación extraordinaria para cada un dos cuadrimestres. No caso das ensinanzas ioniciais realizaranse unha avaliación inicial e unha avaliación ordinaria.

4. Na avaliación inicial valorarase a información obtida durante as primeiras sesións lectivas e servirá para orientar a adecuación do currículo ás características e aos coñecementos do alumnado.

5. Sen prexuízo do establecido nos apartados anteriores, poderán realizarse as avaliacións parciais que sexan precisas para valorar o progreso académico do alumnado ao longo do curso ou cuadrimestre.

Artigo 30. Expresión dos resultados da avaliación. Cualificacións

1. Nas ensinanzas iniciais os resultados da avaliación dos ámbitos expresaranse nos termos de superado (S) ou non superado (NS)

2. Nas ensinanzas de educación secundaria para persoas adultas cada módulo de cada ámbito recibirá unha única cualificación.

3. Os resultados da avaliación das ensinanzas de educación secundaria para persoas adultas expresaranse nos termos de insuficiente (IN) para as cualificacións negativas e suficiente (SU), ben (BE), notable (NT) ou sobresaliente (SB) para as cualificacións positivas. A estes termos achegaráselles, con carácter informativo, unha cualificación numérica, sen empregar decimais, nunha escala de un a dez, coas seguintes correspondencias:

– Insuficiente: 1, 2, 3 ou 4.

– Suficiente: 5.

– Ben: 6.

– Notable: 7 ou 8.

– Sobresaliente: 9 ou 10.

4. Cando o alumnado non se presentase ás probas extraordinarias indicarase non presentado (NP).

Artigo 31. Promoción

1. Na educación secundaria para persoas adultas o alumnado poderá estar cursando módulos diferentes nos distintos ámbitos de coñecemento e a promoción será por ámbitos de forma independente. Dentro de cada ámbito, o alumnado non poderá ser avaliado dun módulo sen ter superado previamente o precedente ou ter sido promovido a el.

2. A decisión acerca da promoción será adoptada de xeito colexiado polo equipo docente, tendo en conta os criterios de promoción establecidos na concreción curricular do centro e a adquisición por parte do alumnado dos coñecementos necesarios para continuar con aproveitamento os seus estudos.

Artigo 32. Titulación

1. A superación do módulo IV de todos os ámbitos da educación secundaria para persoas adultas dará dereito á obtención do título de graduada ou graduado en educación secundaria obrigatoria.

2. Así mesmo, o equipo docente, tendo en conta o establecido na concreción curricular do centro, poderá propoñer para a expedición do dito título aquelas persoas que, aínda non superando algún dos ámbitos, se considere que conseguiron globalmente os obxectivos xerais da educación básica para persoas adultas. Nesta decisión teranse en conta as posibilidades formativas e de integración na actividade académica e laboral de cada alumna ou alumno.

3. O título de graduada ou graduado en educación secundaria obrigatoria será único e expedirase sen cualificación.

4. O alumnado poderá solicitar no centro en que curse estas ensinanzas unha certificación académica en que consten os niveis e módulos cursados e as cualificacións obtidas.

5. A superación de calquera dos módulos que integran o currículo da educación secundaria para persoas adultas terá validez en todo o territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.

6. A superación dalgún dos niveis correspondentes a cada un dos tres ámbitos da educación secundaria para persoas adultas terá validez en todo o Estado.

Artigo 33. Equivalencias e validacións

1. Para os efectos académicos, as equivalencias doutros estudos realizados cos niveis e módulos da educación básica para persoas adultas son as que se recollen nos anexos do IV ao XVI.

2. Cando unha alumna ou alumno teña recoñecida a validación do módulo IV dalgún ámbito da educación secundaria das persoas adultas e non sexa nas condicións establecidas nos anexos do IV ao XVI, a cualificación deste será de 5 puntos.

Artigo 34. Probas para a obtención do título de graduada ou graduado en educación secundaria obrigatoria

1. Estas probas teñen por finalidade facilitar que as persoas aspirantes obteñan directamente o título de graduada ou graduado en educación secundaria obrigatoria, atendendo á adquisición das competencias clave establecidas no perfil de saída e á consecución dos obxectivos da etapa.

2. Anualmente convocarase polo menos dúas probas para que as persoas maiores de dezaoito anos poidan obter directamente o título de graduada ou graduado en educación secundaria obrigatoria.

3. A superación de todos os ámbitos dará dereito á obtención do título de graduada ou graduado en educación secundaria obrigatoria.

4. A cualificación positiva obtida en calquera dos ámbitos de coñecemento manterase nas sucesivas convocatorias. Esta cualificación constará de forma documental e certificarase para facilitar a incorporación ás distintas modalidades de ensino de educación secundaria para persoas adultas, se for o caso.

CAPÍTULO VI

Profesorado

Artigo 35. Profesorado das ensinanzas iniciais

As ensinanzas iniciais serán impartidas polo profesorado pertencente ao corpo de mestres. Porén, cando concorran circunstancias que impidan o normal desenvolvemento destas ensinanzas, poderán ser impartidas por persoal pertencente ao corpo de catedráticos ou profesores de ensino secundario.

Artigo 36. Profesorado de educación secundaria para persoas adultas

1. As persoas funcionarias do corpo de mestres que viñan impartindo as ensinanzas correspondentes aos módulos I e II da educación secundaria para persoas adultas, poderán seguir impartindo as ensinanzas do nivel I de educación secundaria para persoas adultas, de acordo co establecido na disposición transitoria primeira da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

2. Sen prexuízo das competencias docentes das mestras e mestres adscritos ao nivel I da educación secundaria para persoas adultas, o profesorado que imparta as ensinanzas conducentes ao título de graduado en educación secundaria obrigatoria será o pertencente aos corpos de catedráticos e profesores de ensino secundario, de acordo co previsto no artigo 94 e na disposición transitoria primeira da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

Artigo 37. Atribución docente

1. Na educación secundaria para persoas adultas a atribución docente dos ámbitos de coñecemento establécese no anexo III.

2. Con carácter xeral, cada ámbito de coñecemento será impartido por unha única profesora ou profesor, pertencente ao departamento didáctico dalgunha das materias que forman parte do ámbito.

Artigo 38. Asignación de ámbitos

1. Tendo en conta o recollido no artigo anterior, os departamentos correspondentes realizarán a proposta de distribución dos ámbitos entre o profesorado.

2. A adscrición funcional do profesorado e a concreción do seu horario realizarase de acordo coa lexislación vixente que corresponda ao profesorado do corpo de mestres, catedráticos ou profesores de ensino secundario, en cada caso.

TÍTULO III

Documentos oficiais de avaliación

Artigo 39. Documentos e informes de avaliación

1. Na educación para persoas adultas, os documentos oficiais de avaliación son as actas de avaliación, o expediente académico, o historial académico e, de ser o caso, o informe persoal por traslado.

2. O historial académico e, de ser o caso, o informe persoal por traslado, considéranse documentos básicos para garantir a mobilidade do alumnado.

3. Os documentos oficiais de avaliación deberán recoller sempre a norma que establece o currículo correspondente. Cando teñan que producir efecto fóra do ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, observarase o disposto no artigo 15.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

4. A custodia e o arquivo dos documentos oficiais de avaliación correspóndenlles aos centros docentes en que se realizasen os estudos.

Artigo 40. Actas de avaliación

1. As actas de avaliación expediranse para cada un dos grupos e pecharanse ao remate da avaliación final ordinaria de cada cuadrimestre e da sesión de avaliación extraordinaria. Comprenderán, polo menos, a relación nominal do alumnado que compón o grupo xunto cos resultados da avaliación dos módulos ou ámbitos, as decisións sobre promoción do alumnado dun módulo ao seguinte ou as propostas de título cando se remate o nivel II destas ensinanzas.

2. As actas de avaliación serán asinadas por todo o profesorado que imparte docencia no grupo e contarán co visto e prace do director ou directora do centro educativo. A súa custodia e arquivo correspóndenlle á secretaría do centro educativo.

3. Estas actas axustaranse aos modelos que aparecen como anexo XVII desta orde.

Artigo 41. Expediente académico

1. O expediente académico recollerá, xunto cos datos de identificación do centro, os da alumna ou do alumno, así como a información relativa ao seu proceso de avaliación, segundo os modelos que figuran no anexo XVIII desta orde.

2. No expediente académico quedará constancia, se é o caso, dos resultados da valoración inicial da aprendizaxe (VIA), da adscrición á etapa e módulos correspondentes e dos resultados obtidos nas ensinanzas iniciais e nos módulos dos ámbitos da educación secundaria para persoas adultas. Tamén incluirá as decisións de promoción e/ou titulación. Formalizarase ao remate da sesión de avaliación ordinaria ou despois da extraordinaria, segundo corresponda en cada caso. Contará co visto e prace da dirección do centro, así como coa sinatura da secretaría.

Artigo 42. Historial académico

1. O historial académico da educación básica para persoas adultas é o documento oficial que reflicte os resultados das avaliacións e as decisións relativas ao progreso académico da alumna ou alumno ao longo das etapas que a integran. Ten valor acreditativo dos estudos realizados.

2. O historial académico da educación básica para persoas adultas recollerá os datos identificativos de cada alumna e cada alumno, os anos da súa escolarización e os centros onde se realizaron os estudos. Incluirá, tamén, a adscrición resultante da valoración inicial, se for o caso, os módulos cursados dentro de cada ámbito e os resultados da avaliación. Así mesmo, figurará a decisión sobre promoción ao módulo seguinte coa data correspondente, así como a data de proposta de título.

3. O historial académico da educación básica para persoas adultas será expedido en impreso oficial, será asinado pola secretaria ou secretario do centro e contará co visto e prace do director ou directora do centro, que garantirá a autenticidade dos datos nel reflectidos e axustarase ao modelo que figura no anexo XIX desta orde.

4. Ao finalizar a educación secundaria para persoas adultas ou, en calquera caso, ao finalizar a súa escolarización no centro correspondente, o historial académico da educación básica para persoas adultas será entregado ao alumnado.

Artigo 43. Informe persoal por traslado

1. O informe persoal por traslado é o documento oficial que ten como finalidade garantir a continuidade do proceso de aprendizaxe ao alumnado que se traslade a outro centro sen ter rematado o curso académico, debendo axustarse ao modelo que figura no anexo XX desta orde.

2. O informe persoal por traslado conterá os resultados das avaliacións que se realizasen e todas as observacións que se consideren oportunas acerca do progreso xeral da alumna ou do alumno.

3. O informe persoal será elaborado e asinado pola persoa titora a partir da información de todo o profesorado que imparta docencia no grupo e levará o visto e prace do director ou directora do centro.

Disposición adicional única. Normativa aplicable

Aqueles aspectos non regulados expresamente nesta orde rexeranse supletoriamente pola normativa establecida para as ensinanzas do réxime ordinario que lles resulten aplicables.

Disposición derrogatoria única. Derrogación de normativa

1. Queda derrogada a Orde do 20 de marzo de 2018 pola que se regula a educación básica para as persoas adultas e se establece o seu currículo na Comunidade Autónoma de Galicia.

2. Quedan derrogadas todas as disposicións de igual ou inferior rango cuxo contido se opoña ao establecido nesta orde.

Disposición derradeira primeira. Habilitación para o desenvolvemento normativo

Autorízanse as direccións xerais de Formación Profesional, de Ordenación e Innovación Educativa e de Centros e Recursos Humanos para ditaren as disposicións necesarias para a execución e o desenvolvemento do establecido nesta orde.

Disposición derradeira segunda. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 2 de outubro de 2024

Román Rodríguez González
Conselleiro de Educación, Ciencia,
Universidades e Formación Profesional

ANEXO IA

Currículo das ensinanzas iniciais

1. Ámbito de comunicación.

1.1. Introdución.

A lingua é un instrumento de comunicación empregado a diario para entender e producir mensaxes nos ámbitos comunicativos orais e escritos; ademais, está presente nos procesos de ensino-aprendizaxe. Así mesmo, aprender a comunicarse permite ao alumnado adulto achegarse a novas culturas e desenvolver a capacidade de convivir a partir de premisas como a igualdade e o respecto, así como de resolver conflitos de maneira dialogante e pacífica.

Así mesmo, na era das tecnoloxías da información e da profusión de medios de comunicación, todo o alumnado debe estar preparado para entender, elaborar e producir calquera tipo de mensaxe. Neste sentido, as ferramentas dixitais posúen un potencial que favorece o seu aproveitamento para reforzar a aprendizaxe e o ensino das linguas e culturas estranxeiras. Parece claro que o desenvolvemento do pensamento crítico, a alfabetización informacional e o uso adecuado, seguro e responsable da tecnoloxía supoñen un elemento de aprendizaxe moi relevante no ámbito.

O ámbito de Comunicación das ensinanzas iniciais supón a base para que o alumnado sexa quen de responder aos retos da sociedade do século XXI, que demanda persoas cultas, críticas e ben informadas; capaces de facer un uso eficaz e ético das palabras; respectuosas cara ás diferenzas; con capacidade de transformar a información en coñecemento e de aprender por si mesmas, informarse, colaborar e traballar en equipo; creativas e emprendedoras; cultas e comprometidas co desenvolvemento sustentable, a defensa dos dereitos humanos e a convivencia igualitaria, inclusiva, pacífica e democrática. A comunicación implica adquirir conciencia das convencións sociais, dos valores e aspectos culturais e da versatilidade da linguaxe en función do contexto e a intención comunicativa.

A dimensión comunicativa deste currículo implica comunicarse de forma apropiada nas linguas do ámbito, tanto no nivel oral como no escrito, así como iniciarse na comprensión e expresión na lingua estranxeira. Para iso, partirase dun enfoque plurilingüe onde se terán en conta as linguas e variedades que conforman os repertorios do alumnado, para que este poida mellorar a súa capacidade comunicativa nas tres linguas. O desenvolvemento desta competencia vese favorecido pola coexistencia das dúas linguas, castelá e galega, e das respectivas culturas, o que lle permite ao alumnado aprender e usar distintas linguas ao mesmo tempo, practicar o respecto polas diferenzas entre elas e atopar as similitudes; esta experiencia supón un enriquecemento para a persoa. Ademais, a aprendizaxe dunha lingua estranxeira axudará a favorecer a empatía, desenvolver a curiosidade polo coñecemento doutras realidades sociais e culturais, practicar o respecto polas diferenzas, atopar os puntos de conexión e facilitar a competencia comunicativa intercultural.

O elemento básico do currículo do ámbito son os obxectivos, cuxa finalidade é concretar e vertebrar a contribución deste ámbito aos obxectivos da educación básica e ao desenvolvemento do perfil de saída. Recollen a finalidade última das ensinanzas do ámbito, que son a comprensión, a produción e a interacción oral e escrita nas linguas que conforman o ámbito; o rexeitamento e a evitación de prácticas comunicativas discriminatorias; a alfabetización informacional, e o desenvolvemento do hábito lector. A adquisición das devanditas competencias contribúe a que o alumnado adulto poida responder a diferentes necesidades comunicativas, manter conversacións sobre temas de distintos ámbitos, responder a distintos propósitos de lectura e iniciarse no hábito lector. Por iso, os obxectivos están orientados ao desenvolvemento dos coñecementos, destrezas e actitudes necesarios para comprender, interpretar e producir textos orais ou multimodais básicos, comprender, interpretar e producir textos escritos de distintos ámbitos e en distintos soportes. Isto implica que o alumnado debe aprender a empregar as regras básicas de interacción, identificar o sentido xeral e a información máis relevante dos textos, estruturar adecuadamente textos orais ou multimodais e producir textos escritos con coherencia e corrección ortográfica básicas.

O logro destes obxectivos debe producirse de maneira progresiva e deberá ter en conta, tanto as características específicas do alumnado, como os seus repertorios e experiencias, sempre respectando os seus ritmos individuais de aprendizaxe, co fin de constituír a base para poder continuar coa súa actividade formativa tanto na educación secundaria para persoas adultas como ao longo da vida, garantir a súa inclusión social, a súa inserción no mundo laboral e, asemade, contribuír ao seu desenvolvemento. Para determinar o progreso no grao de adquisición destes obxectivos, os criterios de avaliación establécense para cada un dos niveis. A súa formulación competencial faise enunciando o proceso ou capacidade que o alumnado debe adquirir, xunto co contexto ou modo de aplicación e uso do devandito proceso ou capacidade.

Pola súa banda, os contidos unifican os coñecementos (saber), as destrezas (saber facer) e as actitudes (saber ser) necesarios para a adquisición dos obxectivos deste ámbito e favorecen a avaliación das aprendizaxes a través dos criterios.

No ámbito de comunicación, o primeiro obxectivo, común ás tres linguas, oriéntase ao recoñecemento da diversidade e variedades lingüísticas da contorna, para favorecer actitudes de respecto cara á diversidade cultural, combater prexuízos e estereotipos lingüísticos e iniciarse na reflexión interlingüística, incluída a lingua de signos. En todo caso, debe partirse da diversidade de traxectorias educativas do alumnado e as aprendizaxes deben producirse a partir da reflexión, comprensión ou produción de textos de uso social. En consonancia con iso, o segundo e terceiro obxectivo relaciónanse coa produción, a comprensión e a interacción oral e escrita, incorporando as formas de comunicación de corte tecnolóxico e atendendo ao ámbito persoal, educativo e social. Neste sentido, a transformación dixital dos centros educativos debe contribuír á mellora das competencias e influír, de xeito significativo, nos procesos de ensino-aprendizaxe. Esta cuestión ten que ir acompañada dun cambio de metodoloxía e da participación activa do alumnado. Por outra banda, saber ler hoxe implica tamén saber navegar e buscar na rede e seleccionar información fiable con distintos propósitos. Así, o obxectivo cuarto senta as bases da alfabetización mediática e informacional. Respondendo á necesidade de ensinar a ler todo tipo de textos e con distintos propósitos de lectura, o obxectivo quinto resérvase para a lectura literaria tanto autónoma, como acompañada ou compartida na aula. Adóptase así un dobre enfoque coa intención de iniciarse en dous procesos paralelos: por unha banda, o da adquisición do hábito lector autónomo e, por outra, o do desenvolvemento de habilidades de achegamento e interpretación dos textos literarios. Prestarase especial atención ao recoñecemento das mulleres escritoras en galego. O obxectivo sexto atende a unha primeira aproximación á reflexión sobre as linguas do ámbito e os seus usos, tendo presente que na actualidade a lingua galega é unha lingua minorizada, pero expresión e representación dunha cultura propia. O sétimo obxectivo, relativo á ética da comunicación, é de carácter transversal a todos eles, céntrase nas prácticas comunicativas non discriminatorias para identificar e rexeitar os abusos de poder a través da palabra, fomentar a igualdade desde unha perspectiva de xénero e as condutas non sexistas, así como a xestión dialogada de conflitos en consonancia coa prevención de calquera tipo de violencia, incluíndo, en todo caso, a violencia de xénero e apostando pola cultura da paz.

A relación dos obxectivos do oito ao once fai referencia á comunicación en lingua estranxeira e implican unha primeira toma de contacto nas actividades e estratexias comunicativas de comprensión, produción, interacción e mediación lingüística, entendida nesta etapa como a actividade orientada a facilitar a comprensión mutua e a procesar e transmitir información básica e sinxela.

Os criterios de avaliación e os contidos asociados aos obxectivos arriba descritos agrúpanse en sete bloques temáticos.

O bloque 1, «As linguas e os seus falantes», pretende familiarizar o alumno coa diversidade cultural e lingüística incentivando a reflexión interlingüística e rexeitando prexuízos lingüísticos. Tamén promove a mellora da comunicación nas linguas do ámbito e o uso dunha linguaxe inclusiva e respectuosa coas diferenzas e a perspectiva de xénero.

O bloque 2, referido á «Comunicación oral», intenta desenvolver habilidades de pronunciación, interpretación de informacións, produción de textos orais e as interaccións na aula. A lectura e a produción oral contribuirán á comprensión textual e á aprendizaxe das linguas do ámbito.

O bloque 3, referido á «Comunicación escrita», aborda a escrita das linguas do ámbito, incentivando o uso persoal e autónomo. Para iso é preciso o coñecemento do léxico, da ortografía, da estrutura do discurso e das dimensións éticas e estéticas. A produción de textos escritos e multimodais, así como a lectura e comprensión de textos, son esenciais para desenvolver habilidades de escritura e análise crítica da linguaxe.

O bloque 4, «Alfabetización mediática e informacional», enfatiza a procura, selección e análise crítica de informacións de diversas fontes documentais. Os alumnos desenvolverán habilidades de busca, investigación e comunicación de informacións de forma persoal e creativa, respectando a propiedade intelectual. As bibliotecas, físicas ou virtuais desempeñan un papel fundamental no desenvolvemento de proxectos interdisciplinarios e no uso de recursos dixitais.

O bloque 5, «Educación literaria», busca formar alumnos competentes na lectura, nun proceso continuo de formación ao longo da vida. Iso inclúe a lectura, a comprensión e interpretación de obras axeitadas, o recoñecemento dos elementos literarios, de dramatización e a creación de textos nas linguas do ámbito. As bibliotecas serán espazos esenciais para as actividades literarias compartidas.

O bloque 6, «Reflexión sobre a lingua», convida a pensar sobre a lingua e os seus usos, e enfócase no coñecemento das linguas do ámbito, mellorando a produción e a comprensión de textos orais, escritos e multimodais. O alumnado establecerá xeneralizacións básicas na organización da lingua, regras de acentuación, concordancia e relación entre palabras, ademais de reflexionar sobre a situación do galego nun contexto plurilingüe. A competencia comunicativa desenvolverase a través da integración de diferentes linguas e a identificación das súas semellanzas e diferenzas.

No bloque 7, «Comunicación en lingua estranxeira», os criterios de avaliación e contidos están formulados a partir das actividades de lingua e as competencias que establece o Consello de Europa no MCER. Espérase que o alumnado sexa capaz de poñer en funcionamento todos os contidos básicos a través de situacións comunicativas próximas á súa experiencia.

Estes elementos curriculares deben seleccionarse, adaptarse e secuenciarse en relación co alumnado adulto, priorizando os elementos esenciais que garanten coñecementos e habilidades fundamentais en relación con carencias de formación formal relativas a situacións de abandono escolar que non foron suplidas ou que o foron de modo deficitario por aprendizaxes informais ou non formais. Estas deben ser sempre tidas en conta na concreción curricular a partir da detección de coñecementos previos e a atención á diversidade.

1.2. Obxectivos.

Obxectivos do ámbito

OBX1. Recoñecer e apreciar a diversidade lingüística do mundo a partir das tres linguas do ámbito, a través da identificación das linguas da contorna e as súas semellanzas e diferenzas coa lingua estranxeira e a realidade plurilingüe e multicultural de España para favorecer a reflexión interlingüística, para identificar e rexeitar estereotipos e prexuízos lingüísticos e para valorar a devandita diversidade como fonte de riqueza cultural.

• En moitas das nosas aulas utilízanse linguas ou variedades dialectais diferentes das linguas vehiculares de aprendizaxe. Esta diversidade lingüística debe servir como base sobre a cal achegarse ao coñecemento da realidade plurilingüe de España e do mundo.

• En primeiro lugar, para axudar ao alumnado a valorar a riqueza cultural que iso supón e a detectar e evitar os prexuízos lingüísticos; en segundo lugar, para ir tomando conciencia sobre o funcionamento das linguas a partir da observación e comparación entre elas, incluída unha primeira aproximación ao coñecemento das linguas de signos.

• O castelán e o galego son linguas universais e policéntricas, cunha enorme diversidade dialectal en que cada variedade xeográfica ten a súa norma culta. Como ocorre con calquera outro idioma, o castelán e o galego evolucionan da man dos cambios sociais. A aula e a experiencia persoal constitúen unha contorna privilexiada para aproximarse a unha visión global do castelán e do galego no mundo coa finalidade última de promover o exercicio dunha cidadanía próxima e mundial sensibilizada, informada e comprometida cos dereitos lingüísticos individuais e colectivos, nun marco de interculturalidade e respecto aos dereitos humanos.

• A mediación interlingüística favorecerá o tratamento integrado das linguas na aula, baseado nunha relevante harmonización de contidos e competencias entre as tres linguas que compoñen o ámbito. Este tratamento integrado debe servirlle ao alumnado para considerar e valorar as relacións de tipo lingüístico e a pluralidade lingüística do mundo como unha fonte de riqueza cultural, partindo da propia contorna e axudándoo a comprender as relacións de tipo lingüístico e favorecer a súa reflexión nun ámbito multicultural e interlingüístico.

OBX2. Comprender e interpretar textos orais, escritos e multimodais, identificando o sentido global e a información relevante, explícita e implícita para construír coñecemento e satisfacer diversas necesidades e intereses comunicativos.

• No proceso de comunicación póñense en xogo, ademais do coñecemento compartido entre emisor e receptor, outros elementos contextuais e cotextuais que permiten ir máis alá do significado do texto e interpretar e comprender o seu sentido. Este obxectivo contribúe ao fin de progresar na aprendizaxe de estratexias que permitan desenvolverse como individuos que se comunican de maneira eficaz e ética, ben informados e con capacidade crítica. Será necesario ter en conta, polo tanto, a experiencia persoal previa do alumnado.

• A comprensión e interpretación de mensaxes orais e escritas en lingua castelá e galega require a adquisición de destrezas específicas que permitirán ao alumnado obter, seleccionar, valorar e relacionar informacións procedentes de medios de comunicación e do contexto (especialmente de tipo espacial, temporal e de secuencia lóxica), escoitar de maneira activa, realizar inferencias e deducións, distinguir a información da opinión e iniciarse na interpretación dalgúns elementos implícitos, como a ironía ou o dobre sentido.

• O coñecemento de textos de transmisión oral e escrita da vida cotiá e a experiencia persoal axudará ao alumnado a comprender a tradición popular e valorar a diversidade cultural e os modos en que as persoas entenden e interpretan a realidade.

• O desenvolvemento da competencia lectora inclúe estratexias de comprensión, inferencia e avaliación da información de textos escritos, fomentando a autonomía e o pensamento crítico. O obxectivo é formar lectores competentes e críticos en galego e castelán capaces de dar resposta a diferentes propósitos de lectura en todos os ámbitos da súa vida incluíndo a lectura de hipertextos.

OBX3. Producir textos orais, escritos e multimodais con corrección gramatical e ortográfica, coherencia, claridade e rexistro adecuados, seriando correctamente os contidos para expresar ideas, sentimentos e conceptos e para dar resposta a demandas comunicativas concretas.

• O desenvolvemento da competencia comunicativa do alumnado implica prestar atención aos usos orais e promover a interacción en contextos significativos. Fomentaranse habilidades como a toma da palabra, a escoita activa, expresarse con fluidez e claridade e empregar estratexias de cortesía e cooperación na conversa. Na produción de textos escritos búscase que o alumnado adquira habilidades para expresarse de xeito coherente e desenvolver a creatividade. Trabállase na mellora da ortografía e no uso de estratexias de planificación, redacción, revisión e edición.

• A produción oral formal convida a iniciarse nas estratexias básicas de planificación e coherencia que se irán asimilando de maneira acompañada. Proporcionaranse tamén modelos axustados ás distintas situacións comunicativas e ámbitos que ofrezan pautas para ordenar o texto oral e adecuar o rexistro e o comportamento non verbal: acenos, movementos, mirada, corporalidade, etc. Por outra banda, as tecnoloxías da información e da comunicación facilitan novos formatos para a comunicación oral multimodal, tanto síncrona como asíncrona, e permiten tamén o rexistro das producións orais do alumnado en castelán e galego para a súa difusión en contextos reais e a súa posterior análise e revisión.

• Mesmo nas súas formas máis espontáneas, escribir un texto implica planificar –a partir de modelos ou pautas–, revisar –de maneira individual ou compartida– e editar. Todo iso debe traballarse na clase. En todo caso, saber escribir no século XXI significa facelo en diferentes soportes e formatos. A posibilidade de edición e difusión dixital dos escritos na rede ofrece un contexto real ás prácticas comunicativas escritas, á vez que convida a dar o paso cara ao hipertextual e multimodal. É o momento de iniciarse na reflexión sobre os aspectos elementais da propiedade intelectual, o respecto á privacidade ou a responsabilidade na transmisión de falsidades e manipulacións.

OBX4. Buscar, seleccionar e contrastar información procedente de dúas ou máis fontes de forma planificada e co debido acompañamento, avaliando a súa fiabilidade e recoñecendo algúns riscos de manipulación e desinformación para transformala en coñecemento e para comunicala de maneira creativa, adoptando un punto de vista persoal e respectuoso coa propiedade intelectual.

• Ter acceso á información non garante por si mesmo o coñecemento, entendido este como ferramenta esencial para facer fronte aos retos do século XXI. Por iso é imprescindible que o alumnado progrese na adquisición de habilidades e destrezas para acceder á información, xestionala, avaliala e comunicala, adoptando un punto de vista crítico e persoal, así como unha actitude ética e responsable coa propiedade intelectual, recoñecendo as fontes orixinais sobre cales elabora o seu traballo.

• Proponse así un proceso que vaia guiando o alumnado para que, individualmente ou de forma cooperativa, progrese cara a unha certa autonomía na planificación e procura de información en contextos persoais, ecosociais ou educativos, para transformala, comunicala de maneira persoal e creativa, e utilizala con distintos fins, e que implique a localización, a selección e o contraste de distintas fontes. Estes procesos de investigación deben ir acompañados da reflexión que permita avaliar a súa fiabilidade, seguridade e pertinencia, e distinguir entre feitos e opinións. Mediante o autocontrol, a autocorrección e a autorregulación, o alumnado irá adquirindo as ferramentas intelectuais necesarias para desenvolver a habilidade de analizar e avaliar situacións e informacións e para conformar un pensamento crítico.

• Deben proporse modelos básicos para orientar o alumnado respecto ás convencións establecidas para a comunicación do coñecemento adquirido en distintos formatos e soportes. A biblioteca escolar, entendida como un espazo creativo de aprendizaxe, será a contorna ideal para a adquisición desta competencia mediante proxectos globais e interdisciplinarios.

OBX5. Desenvolver habilidades de lectura autónoma e acompañada, analizando e seleccionando obras literarias segundo os gustos e intereses persoais e identificando os xéneros e convencións para recoñecer a literatura como manifestación artística e fonte de pracer e coñecemento.

• Búscase desenvolver a identidade lectora do alumnado mediante a dedicación á lectura individual e a implementación de estratexias axeitadas. Isto implica o fortalecemento da autoimaxe como lector, seleccionando textos variados que dean resposta aos intereses individuais e promovan a reflexión sobre os desafíos actuais. Ademais, foméntanse as experiencias pracenteiras con referentes literarios e culturais compartidos, priorizando a participación en comunidades lectoras. A educación literaria baséase en achegar os alumnos á literatura dun xeito gradual promovendo o hábito da lectura e a autonomía lectora.

• A biblioteca escolar debe converterse nun centro neurálxico de aprendizaxe dos saberes básicos e da adquisición de competencias, que ofrece recursos tanto para compartir, reflexionar e expresar preferencias persoais ao redor da lectura, como para impulsar a innovación, a creatividade e o pensamento crítico da comunidade educativa. É tamén recomendable conformar comunidades lectoras con referentes compartidos; desenvolver estratexias que axuden o alumnado a seleccionar os textos do seu interese, apropiarse deles e compartir de maneira persoal e creativa a súa propia experiencia de lectura; e establecer contextos en que xurdan motivos para ler, a partir de retos de indagación e contraste, e que propoñan maneiras de vincular afectivamente as lectoras e os lectores cos textos. A medida que se avance na adquisición do obxectivo, será posible ir aumentando o grao de autonomía lectora.

• Proponse traballar na aula a partir dunha selección de obras ou textos literarios en lingua galega e castelá adecuados aos intereses e necesidades do alumnado adulto, en distintos soportes, que se presentarán organizados ao redor de itinerarios lectores, en función de distintos criterios (temáticos, por xénero literario, etc.) para que o alumnado poida establecer relacións entre eles e vaia construíndo un mapa literario. Estes textos, ademais de seren o punto de partida para distintas actividades (escoita de textos; lectura guiada, acompañada e autónoma, silenciosa ou en voz alta, coa entoación e o ritmo adecuados; lectura dramatizada, recitado, xogos retóricos, etc.), servirán tamén como modelo para a creación de textos con intención lúdica, artística e creativa e para establecer relacións e diálogos con outras manifestacións artísticas e culturais.

OBX6. Recoñecer e usar os repertorios lingüísticos persoais entre distintas linguas e reflexionar sobre a linguaxe a partir de procesos de produción e comprensión de textos en contextos significativos, utilizando a terminoloxía elemental adecuada para o desenvolvemento da conciencia lingüística, a mellorara das destrezas de produción e comprensión nas linguas cooficiais e a resposta a necesidades comunicativas básicas na lingua estranxeira.

• As reflexións sobre a linguaxe deben partir do coñecemento que o alumnado ten como usuario dunha lingua e deben producirse sempre de maneira significativa, en contextos de produción e comprensión de textos, nunca como un proceso illado. Co acompañamento debido, que irá proporcionando un nivel progresivo de autonomía, propiciarase a comparación e transformación de palabras, frases, enunciados ou textos, para que o alumnado aprecie en que medida os cambios producidos afectan o texto, mellorando ou prexudicando a súa comprensión. Observaranse así diferentes relacións de forma, función e significado entre as palabras ou os grupos de palabras. A partir de aí, poderanse formular hipóteses, buscar exemplos e contraexemplos, establecer contrastes e comparacións, etc. co fin de formular xeneralizacións que establecerán pontes entre o uso e o coñecemento lingüístico sistemático primeiro utilizando unha linguaxe común, máis próxima á realidade do alumno e da súa contorna para despois ir introducindo de maneira progresiva a terminoloxía específica.

• Outras vías de reflexión poden xurdir a partir da observación das diferenzas entre a lingua oral e escrita, entre as distintas tipoloxías textuais e xéneros discursivos, ou mediante a iniciación no contraste interlingüístico a partir das distintas linguas do alumnado e daquelas integradas na realidade escolar. En definitiva, trátase de estimular a reflexión lingüística axustada ás posibilidades de abstracción do alumnado e vinculada cos usos reais, que facilite a construción dos coñecementos sobre a lingua que resultarán imprescindibles para un mellor uso e unha comunicación máis eficaz.

• O uso do repertorio lingüístico e a reflexión sobre o seu funcionamento están, ademais, vinculados co enfoque plurilingüe da adquisición de linguas. O enfoque plurilingüe parte do feito de que as experiencias do alumnado coas linguas que coñece serven de base para a ampliación e mellora da aprendizaxe de linguas novas e axúdano a desenvolver e enriquecer o seu repertorio lingüístico plurilingüe e a súa curiosidade e sensibilización cultural. Neste nivel, o alumnado iníciase nesa reflexión e empeza a establecer as relacións entre as que conforman os seus repertorios individuais, analizando as súas semellanzas e diferenzas co fin de ampliar coñecementos e estratexias. Deste xeito, favorécese a aprendizaxe de novas linguas e mellórase a competencia comunicativa.

OBX7. Pór as propias prácticas comunicativas ao servizo da convivencia democrática, utilizando unha linguaxe non discriminatoria e rexeitando os abusos de poder a través da palabra para favorecer un uso non só eficaz senón tamén ético da linguaxe.

• A adquisición deste obxectivo implica unha aprendizaxe cuxo resultado sexa formar persoas, non só eficaces á hora de comunicarse, senón que poñan as palabras ao servizo dunha finalidade conforme un imperativo ético e edificante: erradicar os usos discriminatorios e manipuladores da linguaxe, así como os abusos de poder a través da palabra.

• No ámbito da comunicación persoal, a educación lingüística debe axudar a forxar relacións interpersoais baseadas na empatía e o respecto, que teñan en conta a perspectiva de xénero. Para iso, débense brindar ferramentas para a escoita activa, a comunicación asertiva, a deliberación argumentada e a resolución dialogada dos conflitos, favorecendo a construción de opinións persoais razoadas, reflexivas e xustificadas. No ámbito escolar e social, a educación lingüística debe capacitar para tomar a palabra no exercicio dunha cidadanía activa e comprometida na construción de sociedades máis equitativas, máis democráticas e máis responsables en relación cos grandes desafíos que como humanidade temos proxectados: a sustentabilidade do planeta, a erradicación das infinitas violencias e as crecentes desigualdades.

OBX8. Comprender, en lingua estranxeira, o sentido xeral e información específica que se poida predicir de textos moi breves e sinxelos, expresados de forma clara e na lingua estándar, facendo uso de diversas estratexias e recorrendo, cando sexa necesario, ao uso de distintos tipos de apoio para desenvolver un repertorio lingüístico básico e responder a necesidades comunicativas cotiáns.

• A comprensión supón recibir e procesar información, o que leva consigo o enriquecemento do repertorio lingüístico individual. Neste nivel, a comprensión é unha destreza comunicativa que se debe desenvolver a partir de textos moi breves e sinxelos, orais, escritos e multimodais, sobre temas cotiáns, de interese sociocultural e de relevancia persoal para o alumnado, expresados de forma clara e usando a lingua estándar. A comprensión, neste nivel, implica entender o sentido xeral e información específica que se poida predicir para satisfacer necesidades comunicativas relacionadas con prioridades inmediatas do alumnado. Para iso, é necesario activar as estratexias máis adecuadas ás necesidades heteroxéneas do alumnado, co fin de facilitar a comprensión da información expresada nos textos e de entender enunciados curtos e sinxelos, con axuda, se for necesario, de distintos tipos de apoio. Entre as estratexias de comprensión máis útiles para o alumnado atópanse a linguaxe non verbal, as imaxes, a repetición ou a segunda lectura, a transferencia e integración dos coñecementos, as destrezas e as actitudes das linguas que conforman o seu repertorio lingüístico. Inclúe a interpretación de formas de representación básicas (escritura, imaxe, gráficos, táboas, sons, xestos, etc.), e tamén información contextual (elementos extralingüísticos) e cotextual (elementos lingüísticos) que lle permita comprobar a hipótese inicial con respecto ao sentido global do texto, así como expor hipóteses alternativas, se for necesario.

• Ademais destas estratexias, a procura de información, en soportes tanto analóxicos como dixitais, constitúe un método de grande utilidade para a comprensión, pois permite contrastar, validar e sustentar a información. Os procesos de comprensión requiren contextos de diálogo que favorezan a construción dun saber conxunto e que estimulen a identificación de prexuízos e estereotipos de calquera tipo, así como o interese xenuíno polas diferenzas e similitudes étnico-culturais.

OBX9. Producir, en lingua estranxeira, textos moi sinxelos e breves de maneira comprensible e estruturada, mediante o emprego de estratexias como a planificación ou a compensación e recorrendo, cando sexa necesario, ao uso de distintos tipos de apoio para expresar mensaxes breves relacionadas con necesidades básicas inmediatas e responder a propósitos comunicativos cotiáns.

• A produción engloba tanto a expresión oral como a escrita e a multimodal. Neste nivel, a produción, inicialmente de forma guiada e con crecente autonomía, debe dar lugar á redacción e á exposición de textos moi breves e sinxelos, previamente planificados, sobre temas cotiáns e de relevancia persoal para o alumnado expresados con creatividade e claridade. A produción, en diversos formatos e soportes, pode incluír a exposición dunha pequena descrición ou anécdota sinxela, unha presentación de extensión breve ou unha narración sinxela de textos que expresen feitos e sentimentos cotiáns, mediante ferramentas dixitais e analóxicas, así como a procura guiada de información na internet como fonte de documentación. No seu formato multimodal, a produción inclúe o uso conxunto de diferentes recursos: a escritura, a imaxe, o son, os xestos, etc., xunto coa selección guiada e a aplicación do máis adecuado en función da tarefa que se vai desenvolver.

• As actividades vinculadas coa produción de textos cumpren funcións importantes nos ámbitos persoal, social, educativo e laboral, e existe un valor social e cívico concreto asociado a elas. As estratexias que permiten a mellora da produción comprenden, entre outras, a planificación e a compensación a través da linguaxe verbal e non verbal.

OBX10. Interactuar en lingua estranxeira con outras persoas, usando expresións básicas, recorrendo a estratexias de cooperación e empregando recursos analóxicos e dixitais para responder a necesidades inmediatas do seu interese en intercambios comunicativos respectuosos coas normas de cortesía.

• A interacción implica dous ou máis participantes na construción dun discurso. Considérase a orixe da comunicación e comprende funcións interpersoais, cooperativas e transaccionais. Na interacción entran en xogo a cortesía lingüística e a etiqueta dixital, os elementos verbais e non verbais da comunicación, así como a adecuación aos distintos xéneros de conversa máis frecuentes, tanto orais como escritos e multimodais, en contextos analóxicos e virtuais. Neste nivel, espérase que os intercambios de información sexan breves e moi sinxelos e aborden temas cotiáns que se poidan predicir e de relevancia persoal para o alumnado.

• Esta competencia específica é fundamental na aprendizaxe, pois inclúe estratexias de inicio, mantemento e/ou conclusión de conversacións básicas, así como estratexias elementais para indicar que non se entendeu a mensaxe e para solicitar repetición. Ademais, a adquisición das normas e principios que conforman a cortesía lingüística e a etiqueta dixital prepara para o exercicio dunha cidadanía democrática, responsable, respectuosa, inclusiva, segura e activa.

OBX11. Iniciarse na mediación en situacións predicibles entre distintas linguas, usando estratexias e coñecementos co fin de facilitar a comunicación para procesar e transmitir información básica e moi sinxela.

• A mediación é a actividade da linguaxe consistente en explicar e facilitar a comprensión de mensaxes ou textos a partir de estratexias como a reformulación, de maneira oral ou escrita. Na mediación, o alumnado debe actuar, inicialmente de forma guiada, como un axente social encargado de crear pontes e axudar a construír ou expresar mensaxes en forma de conversa. Neste nivel, a mediación está orientada ao procesamento e á transmisión de información básica e moi sinxela entre usuarios ou a partir de textos breves sobre asuntos cotiáns e de relevancia persoal, coñecidos previamente polo alumnado, podendo empregar tanto medios convencionais como aplicacións ou plataformas virtuais para interpretar e compartir contidos.

• A mediación favorece o desenvolvemento do pensamento estratéxico do alumnado, xa que supón que este elixa adecuadamente destrezas e estratexias do seu repertorio para lograr unha comunicación eficaz, pero tamén para favorecer a participación propia e doutras persoas en contornas cooperativas de intercambio de información. Así mesmo, implica recoñecer os recursos dispoñibles e promover a motivación dos demais e a empatía, comprendendo e respectando as diferentes motivacións, ideas e circunstancias persoais dos interlocutores. En consecuencia, espérase que o alumnado amose empatía e respecto como elementos esenciais para unha axeitada mediación nesta etapa.

1.3. Criterios de avaliación e contidos.

Nivel I.

Ámbito de Comunicación

Nivel I

Bloque 1. As linguas e os seus falantes

Criterios de avaliación

Obxectivos

• CA1.1. Mostrar interese e respecto polas distintas linguas e variedades dialectais da súa contorna, incluída unha aproximación ás linguas de signos, identificando algunhas expresións de uso cotián.

OBX1

• CA1.2. Identificar, con certa autonomía e en contextos próximos, prexuízos e estereotipos lingüísticos frecuentes, achegando alternativas e recoñecendo a pluralidade lingüística da súa contorna como unha fonte de riqueza cultural.

OBX1

• CA1.3. Identificar as distintas linguas empregadas na súa contorna e valorar a diversidade cultural existente a través da interacción coas persoas próximas.

OBX1

• CA1.4. Rexeitar os usos lingüísticos discriminatorios e identificar os abusos de poder a través da palabra a partir da reflexión grupal acompañada e a experiencia persoal do alumnado adulto sobre os aspectos básicos, verbais e non verbais, da comunicación, tendo en conta unha valoración social equilibrada das dúas linguas oficiais.

OBX7

• CA1.5. Usar unha linguaxe respectuosa coas diferenzas persoais, culturais e coa perspectiva de xénero.

OBX7

Contidos

• Biografía lingüística persoal e do seu contorno.

• Valoración da diversidade da lingua na contorna e na nosa comunidade autónoma.

• Identificación de prexuízos e estereotipos lingüísticos.

• A diversidade etnocultural e lingüística como riqueza e ferramenta de reflexión interlingüística para achegarse á súa contorna.

• Recoñecemento nas expresións verbais e non verbais da igualdade entre homes e mulleres.

• Uso dunha linguaxe non discriminatoria e respectuosa coas diferenzas, tendo unha perspectiva de xénero.

Bloque 2. Comunicación oral

Criterios de avaliación

Obxectivos

• CA2.1. Comprender o sentido de textos orais e multimodais sinxelos, recoñecendo as ideas principais, as mensaxes explícitas e as mensaxes implícitas máis sinxelas, e progresando, de maneira acompañada, na valoración crítica do contido e dos elementos non verbais elementais.

OBX2

• CA2.2. Ampliar paulatinamente o vocabulario a partir das experiencias e situacións cotiáns.

OBX2

• CA2.3. Utilizar de xeito efectivo a linguaxe oral: escoitar con atención, recoller datos, preguntar e repreguntar.

OBX2

• CA2.4. Elaborar textos orais e multimodais coherentes, con planificación acompañada, axustando o discurso á situación comunicativa e utilizando recursos non verbais básicos.

OBX3

• CA2.5. Participar en interaccións orais espontáneas ou reguladas, respectando as normas básicas da cortesía lingüística e iniciándose en estratexias de escoita activa.

OBX3

• CA2.6. Expresarse con coherencia de forma oral para satisfacer necesidades de comunicación en diferentes situacións, progresando na adquisición de vocabulario.

OBX3

• CA2.7. Rexeitar os usos lingüísticos discriminatorios e identificar os abusos de poder a través da palabra a partir da reflexión grupal acompañada sobre os aspectos básicos, verbais e non verbais, da comunicación, tendo en conta unha perspectiva de xénero.

OBX7

• CA2.8. Mobilizar, coa planificación e o acompañamento necesarios, estratexias básicas para a comunicación asertiva e o consenso, progresando na xestión dialogada de conflitos.

OBX7

Contidos

• Contexto.

– Incidencia dos compoñentes (situación, participantes, propósito comunicativo, canle) no acto comunicativo.

• Xéneros discursivos.

– Estratexias para a adquisición de destrezas básicas sobre xéneros discursivos propios do ámbito persoal, social e educativo (contido e forma).

– Intención comunicativa e claves da tipoloxía textual básica: narración, descrición, diálogo.

– Interese pola ampliación de vocabulario para unha mellor comunicación oral en distintas situacións.

– Estratexias para a coherencia e a cohesión á hora de expresarse oralmente.

• Procesos: interacción oral.

– Estratexias de interpretación de elementos da comunicación non verbal.

– Interacción oral adecuada en situacións de aula e en contextos formais e informais mobilizando estratexias básicas de cortesía lingüística e asertividade.

– Participación activa en situacións de comunicación, espontáneas e dirixidas, utilizando frases cunha secuencia lineal coherente, construíndo o discurso de acordo coas necesidades comunicativas de cada situación.

– Estratexias de expresión e escoita empática de necesidades, vivencias e emocións propias e alleas para a resolución dialogada dos conflitos, tendo en conta a perspectiva de xénero.

• Procesos: comprensión oral.

– Comprensión global e específica e identificación das ideas máis relevantes de textos orais de diversa tipoloxía e procedentes de diversas fontes (gravacións, medios de comunicación, escoita oral) realizando as inferencias necesarias.

– Comprensión e expresión de mensaxes verbais e non verbais, especialmente xestos e ton de voz que incidan no significado da mensaxe que se quere transmitir.

– Audición, dramatización e reprodución de textos adecuados, que estimulen o interese e gustos.

– Estratexias para utilizar a linguaxe oral como instrumento de comunicación e aprendizaxe (escoitar, recoller datos e preguntar) e para a identificación e interpretación do sentido global do texto e de integración da información explícita de textos orais e multimodais sinxelos.

– Detección de posibles usos discriminatorios da linguaxe verbal e non verbal.

• Procesos: produción oral.

– Produción de textos orais sinxelos de diferente tipoloxía, atendendo á súa intención comunicativa. Pronuncia e entoación adecuadas.

– Construción, valoración e comunicación de coñecemento mediante a planificación e produción acompañada de textos orais e multimodais.

– Creación de textos orais utilizando unha linguaxe verbal non discriminatoria e respectuosa coas diferenzas.

Bloque 3. Comunicación escrita

Criterios de avaliación

Obxectivos

• CA3.1. Ler de maneira silenciosa e en voz alta textos escritos e multimodais sinxelos, identificando o sentido global e a información relevante e integrando, de maneira autónoma, a información explícita.

OBX2

• CA3.2. Comprender distintos tipos de textos ampliando os coñecementos básicos sobre a estrutura da lingua, a gramática, o vocabulario, así como as regras de ortografía para favorecer unha comunicación máis eficaz.

OBX2

• CA3.3. Utilizar estratexias para a comprensión lectora de textos de diversa tipoloxía, identificando palabras clave, realizando inferencias e anticipando hipóteses.

OBX2

• CA3.4. Analizar, de maneira acompañada, o contido e aspectos formais e non verbais elementais de textos escritos e multimodais, valorando o seu contido, estrutura e fiabilidade como medio para ampliar o vocabulario e consolidar a ortografía correcta.

OBX2

• CA3.5. Adquirir a eficacia lectora mediante unha planificación sistemática de mellora, e o gusto pola lectura.

OBX2

• CA3.6. Producir textos escritos e multimodais sinxelos e coherentes en distintos soportes, seleccionando o modelo discursivo que mellor responda a cada situación comunicativa e progresando, de maneira acompañada, na mobilización de estratexias sinxelas, individuais ou grupais, de planificación, redacción e revisión, coidando a presentación.

OBX3

• CA3.7. Elaborar textos escritos e multimodais sinxelos e coherentes integrando recursos gráficos ou paratextuais que faciliten a comprensión do sentido global do texto e acadar as destrezas e competencias lingüísticas a través do uso da lingua escrita.

OBX3

• CA3.8. Coñecer o funcionamento das bibliotecas de aula, de centro, as virtuais e da contorna participando nas actividades organizadas e interesarse por manter e ampliar unha biblioteca propia.

OBX4

• CA3.9. Construír, a través da linguaxe e de forma progresiva, un pensamento crítico para evitar discriminacións e prexuízos e rexeitar os usos lingüísticos discriminatorios e a discriminación polo uso da lingua galega, e identificar os abusos de poder a través da palabra a partir da reflexión grupal acompañada sobre os aspectos básicos, verbais e non verbais, da comunicación, tendo en conta unha perspectiva de xénero.

OBX7

Contidos

• Xéneros discursivos.

– Estratexias para a comprensión lectora de textos de diversas tipoloxías.

– Estratexias para a adquisición de destrezas básicas sobre xéneros discursivos propios do ámbito persoal, social e educativo (contido e forma).

– Intención comunicativa e claves da tipoloxía textual básica: narración, descrición, diálogo e exposición.

– Estratexias para a coherencia e a cohesión na produción e reprodución de textos escritos.

• Procesos: comprensión lectora.

– Lectura individual ou acompañada de distintos tipos de textos, con entoación e ritmo adecuados.

– Estratexias básicas de comprensión do sentido xeral e identificación das ideas máis relevantes de textos.

– Elementos gráficos, textuais e paratextuais sinxelos que favorecen a comprensión antes, durante e despois da experiencia lectora.

– Estratexias básicas de uso de fontes documentais diversas, tanto en papel como dixitais, para mellorar a comprensión dos textos.

– Valoración da lectura como medio para ampliar o vocabulario e consolidar unha ortografía correcta.

– Comprensión de textos diversos lidos en voz alta e en silencio, empregando a lectura como medio para ampliar o vocabulario e consolidar a ortografía correcta.

– Uso de bibliotecas para a lectura dos libros propostos, na procura de información e utilización destas como fonte de información e lecer.

– Coñecemento da organización e funcionamento das bibliotecas da aula, do centro, da contorna e das virtuais e participación nas actividades organizadas. Interese por manter a biblioteca propia e persoal, ampliando os seus fondos.

– Detección de usos discriminatorios da linguaxe verbal e icónica.

• Procesos: produción escrita.

– Aplicación das normas ortográficas básicas e cohesión do texto: mantemento do tempo verbal, puntuación, concordancia básica e acentuación.

– Creación de textos utilizando a linguaxe con intención informativa: carteis, anuncios, pequenos cómics.

– Modelos e estratexias elementais, individuais ou grupais, de planificación, redacción, revisión e edición de textos escritos e multimodais sinxelos, en diferentes soportes (incluíndo os dixitais), con distintos propósitos comunicativos.

– Produción de textos escritos e multimodais sinxelos, coherentes e con presentación coidada, utilizando en cada situación o modelo discursivo que corresponda.

– Estratexias básicas de uso de fontes documentais diversas, tanto en papel como dixitais, para mellorar a expresión escrita e a elaboración de textos.

– Uso de elementos gráficos e paratextuais básicos que faciliten a organización e comprensión do texto.

– Valoración da propia produción escrita e da produción escrita dos compañeiros e compañeiras.

– Uso dunha linguaxe non discriminatoria e respectuosa coas diferenzas.

Bloque 4. Alfabetización mediática e informacional

Criterios de avaliación

Obxectivos

• CA4.1. Localizar, seleccionar e contrastar información de distintas fontes, incluídas as dixitais, citándoas e recreándoas mediante a adaptación creativa de modelos dados.

OBX4

• CA4.2. Compartir os resultados dun proceso de investigación sinxelo, individual ou grupal, sobre algún tema de interese persoal, realizado de maneira progresivamente autónoma, que implique a localización, selección e contraste de información de distintas fontes, incluídas as dixitais.

OBX4

• CA4.3. Utilizar a biblioteca de aula, do centro ou da contorna para localizar lecturas axeitadas ao seu gusto persoal e intereses, aplicando as normas básicas do seu funcionamento.

OBX4

• CA4.4. Adoptar hábitos de uso crítico, seguro, sustentable e saudable das tecnoloxías da información e da comunicación para a procura e tratamento guiado da información.

OBX4

• CA4.5. Ler de maneira autónoma ou acompañada textos de diversos autores e autoras axustados aos seus gustos e intereses avanzados para o afianzamento da súa identidade lectora, facendo valoracións persoais das obras literarias de forma guiada fomentando o gusto pola lectura e o avance na construción da súa identidade lectora.

OBX5

• CA4.6. Compartir oralmente a experiencia de lectura, participando, de forma acompañada ou autónoma, en comunidades lectoras de ámbito escolar.

OBX5

Contidos

• Estratexias básicas na procura guiada da localización, selección e contraste de información recollida de distintas fontes, citándoas e recreándoas mediante a adaptación creativa de modelos dados.

• Identificación e valoración crítica das mensaxes e da información recollidas e transmitidas de distintas fontes e de distintos tipos de texto.

• Comunicación creativa do coñecemento, con respecto pola propiedade intelectual.

• Utilización da biblioteca e dos recursos dixitais da aula, do centro ou da contorna como fonte de información, aprendizaxe e lecer.

• Utilización das tecnoloxías da información e da comunicación de modo eficiente e responsable para elaborar e presentar as súas producións, adoptando hábitos de uso crítico, seguro, sustentable e saudable.

• Afianzamento da identidade lectora a partir de lecturas de textos procedentes de diversas fontes de información.

• Colaboración en comunidades lectoras de ámbito escolar a través de experiencias lectoras compartidas.

Bloque 5. Educación literaria

Criterios de avaliación

Obxectivos

• CA5.1. Compartir a experiencia de lectura, en soportes diversos, mediante a realización de actividades literarias e participando en comunidades lectoras do ámbito escolar e cotián valorando a literatura en xeral como vehículo de comunicación de fonte e lecer e información.

OBX5

• CA5.2. Identificar a biblioteca da aula, do centro ou da contorna como escenario de actividades literarias compartidas.

OBX5

• CA5.3. Incorporar a lectura expresiva e a comprensión de textos literarios narrativos, líricos e dramáticos na práctica de aula.

OBX5

Criterios de avaliación

Obxectivos

• CA5.4. Escoitar e ler textos variados da literatura universal, que recollan a diversidade de autoras e autores, recoñecendo elementos esenciais dos distintos xéneros literarios e interpretándoos e relacionándoos con outras manifestacións artísticas de maneira acompañada.

OBX5

• CA5.5. Producir, de maneira acompañada, textos sinxelos individuais ou colectivos con intención literaria, recreando de maneira persoal os modelos dados, en distintos soportes e complementándoos con outras linguaxes artísticas.

OBX5

• CA5.6. Recoñecer as diferenzas das principais convencións formais dos xéneros.

OBX5

Contidos

• Lectura acompañada e comentada de diversos textos literarios, adecuados aos seus intereses e organizados en itinerarios lectores.

• Estratexias básicas para a interpretación acompañada e compartida das obras a través de conversacións literarias, participando nas comunidades lectoras escolares ou da contorna.

• Valoración dos textos literarios da literatura en calquera lingua como vehículo de comunicación, como fonte de coñecemento da contorna, doutros mundos, tempos e culturas e como desfrute persoal.

• Funcionamento da biblioteca da aula, do centro ou da contorna como escenario de actividades literarias compartidas.

• Lectura expresiva, dramatización ou interpretación de fragmentos, atendendo aos procesos de comprensión.

• Comprensión, memorización e recitado de poemas progresando no ritmo, entoación e dicción.

• Elementos constitutivos esenciais da obra literaria (tema, protagonista, personaxes secundarios, trama, escenario, linguaxe) na construción do sentido da obra.

• Relación entre os textos lidos e outras manifestacións artísticas e culturais.

• Elaboración de textos con intención literaria de maneira libre, a partir de modelos dados, ou recreación de textos literarios e recoñecemento de textos literarios en prosa ou en verso (contos, lendas, poemas, adiviñas, cancións e teatro), valorando o sentido estético e a creatividade.

• Diferenciación dos principais xéneros literarios.

Bloque 6. Reflexión sobre a lingua

Criterios de avaliación

Obxectivos

• CA6.1. Comparar aspectos básicos das linguas do ámbito escolar e social para acadar unha competencia comunicativa integrada.

OBX1

• CA6.2. Producir textos escritos e multimodais sinxelos e coherentes, en distintos soportes, seleccionando o modelo discursivo que mellor responda a cada situación comunicativa, iniciándose no uso das normas gramaticais e ortográficas máis sinxelas e progresando, de maneira acompañada, na mobilización de estratexias sinxelas, individuais ou grupais, de planificación, redacción, revisión e edición.

OBX3

• CA6.3. Formular conclusións elementais sobre o funcionamento da lingua, prestando especial atención á concordancia e ás relacións de significado entre as palabras (substantivos, adxectivos e verbos), a partir da observación, comparación e manipulación de palabras e enunciados, nun proceso guiado de produción ou comprensión de textos en contextos significativos.

OBX6

• CA6.4. Revisar os textos propios e alleos, de maneira acompañada, a partir da observación, comparación e manipulación de palabras nun proceso de mellora na produción e comprensión de textos e mediante o uso guiado de dicionarios físicos ou dixitais.

OBX6

• CA6.5. Aplicar os coñecementos básicos sobre as categorías gramaticais e as regras de ortografía para favorecer unha comunicación máis eficaz.

OBX6

• CA6.6. Progresar na adquisición de vocabulario a través dos textos.

OBX6

Contidos

• Identificación das similitudes e diferenzas entre as linguas do ámbito escolar e social para acadar unha competencia comunicativa integrada e progresar na súa aprendizaxe.

• Os signos de puntuación elementais como mecanismos para organizar o texto escrito e para expresar a intención comunicativa.

• Establecemento de xeneralizacións sobre aspectos lingüísticos elementais (xénero, número e persoa), prestando especial atención ás relacións que se establecen entre substantivos, adxectivos e verbos.

• Mecanismos de coherencia e cohesión elementais, con especial atención ás repeticións e sinónimos, á orde de oracións e parágrafos, aos diferentes conectores gramaticais e textuais explicativos e ás substitucións pronominais como mecanismo gramatical elemental de referencia interna.

• Ortografía: utilización das regras básicas de ortografía e puntuación.

• Recoñecemento das distintas clases de palabras e características do seu uso en situacións concretas de comunicación (substantivo, verbo, adxectivo, preposición, adverbio, pronomes e artigos) e utilización das regras básicas de ortografía e puntuación.

• Procedementos elementais de adquisición e ampliación de vocabulario. Semellanzas e diferenzas de forma e significado entre palabras da mesma familia léxica ou semántica.

Bloque 7. Comunicación en lingua estranxeira

Criterios de avaliación

Obxectivos

• CA7.1. Recoñecer palabras e frases previamente presentadas en textos orais, escritos e multimodais moi breves e sinxelos sobre temas frecuentes, cotiáns, de relevancia persoal e sobre aspectos socioculturais básicos, expresados de forma comprensible, moi clara e en lingua estándar a través de distintos soportes, empregando de forma guiada as estratexias básicas máis adecuadas á tarefa.

OBX8

• CA7.2. Expresar oralmente frases curtas con información moi básica sobre asuntos cotiáns e de relevancia para o alumnado, seguindo modelos e utilizando recursos verbais e non verbais de forma guiada, prestando atención ao ritmo, á acentuación e á entoación, aínda que se cometan erros.

OBX9

• CA7.3. Escribir palabras e frases moi breves e sinxelas sobre asuntos cotiáns e de relevancia para o alumnado, a partir de modelos e a través de ferramentas analóxicas e dixitais, usando estruturas e léxico elementais e aplicando de forma guiada as estratexias básicas máis adecuadas á tarefa.

OBX9

• CA7.4. Imitar e participar en situacións interactivas moi sinxelas sobre temas cotiáns e información persoal, preparadas previamente, apoiándose en recursos tales coma a repetición, o ritmo pausado ou a linguaxe non verbal, amosando interese e empatía cara ás producións das e dos demais e usando as estratexias elementais para saudar, despedirse e presentarse, expresar mensaxes breves, formular e contestar preguntas sinxelas.

OBX10

• CA7.5. Interpretar e explicar información básica de forma guiada, axudando en dificultades de comprensión, con empatía e interese polas interlocutoras e interlocutores, apoiándose en diversos recursos e soportes.

OBX11

• CA7.6. Rexistrar, de xeito guiado, os progresos e dificultades elementais no proceso de aprendizaxe da lingua estranxeira, participando en actividades de autoavaliación e coavaliación, como as propostas no Portfolio europeo das linguas (PEL).

OBX6

• CA7.7. Recoñecer e apreciar a diversidade lingüística e cultural como fonte de enriquecemento persoal, comparando, de forma guiada, as semellanzas e diferenzas máis básicas entre distintas linguas e mostrando interese por comprender elementos culturais e lingüísticos elementais e habituais que fomenten a convivencia pacífica e o respecto polos demais.

OBX1

Contidos

• Estratexias e modelos contextuais moi básicos de uso común para a comprensión e a produción de textos orais, escritos e multimodais moi breves, sinxelos e contextualizados.

• Destrezas, actitudes e situacións elementais que permiten iniciarse en actividades de mediación lingüística e interacción en situacións cotiáns moi básicas.

• Funcións comunicativas moi básicas de uso común adecuadas ao ámbito e ao contexto: saudar, despedirse, presentar e presentarse; describir de xeito pautado persoas, obxectos e lugares; responder de xeito sinxelo e concreto sobre cuestións cotiáns; expresar o tempo e a cantidade.

• Unidades lingüísticas elementais e significados asociados a elas, tales como expresión da entidade e as súas propiedades, cantidade e número; formas elementais de afirmación, exclamación, negación e interrogación.

• Léxico elemental relativo a relacións persoais próximas, identificación persoal, lugares e contornas de interese.

• Padróns sonoros, acentuais e de entoación moi básicos de uso común.

• Convencións ortográficas moi básicas de uso común.

• Identificación, de forma guiada, da autoría e respecto da propiedade intelectual das fontes consultadas e os contidos utilizados. Uso responsable das tecnoloxías da información e da comunicación.

• Uso, inicialmente guiado e con progresiva autonomía, de dicionarios e material de consulta en rede, dispositivos, aplicacións informáticas e plataformas dixitais para a aprendizaxe da lingua estranxeira, a mediación e a interacción.

• Estratexias básicas de uso común para identificar e utilizar unidades lingüísticas (léxico, fonemas similares, morfosintaxe, padróns sonoros, posición dos signos de interrogación e exclamación) a partir da comparación das linguas que conforman o repertorio lingüístico persoal.

• Estratexias para a adquisición da autoconfianza no uso da lingua estranxeira (técnicas de aprendizaxe e compensación das carencias comunicativas) e ferramentas básicas de autoavaliación e coavaliación, analóxicas e dixitais, individuais e colectivas. O erro como instrumento de mellora e de reparación.

• Aspectos elementais socioculturais e sociolingüísticos máis representativos relativos aos costumes, á vida cotiá e ás relacións interpersoais básicas en países en que se fala a lingua estranxeira.

• Estratexias básicas de uso común para espertar a curiosidade e interese por coñecer outras linguas e culturas, entender e apreciar a diversidade lingüística, cultural e artística, atendendo a valores ecosociais e democráticos.

Nivel II.

Ámbito de Comunicación

Nivel II

Bloque 1. As linguas e os seus falantes

Criterios de avaliación

Obxectivos

• CA1.1. Mostrar interese e respecto polas distintas linguas e variedades dialectais, incluídas as linguas de signos, identificando as características fundamentais das da súa contorna xeográfica, así como algúns trazos dos dialectos e linguas familiares do alumnado.

OBX1

Criterios de avaliación

Obxectivos

• CA1.2. Detectar de forma autónoma e en contextos próximos prexuízos e estereotipos lingüísticos frecuentes, ofrecendo alternativas e valorando a pluralidade lingüística do mundo, particularmente a dualidade lingüística galego-castelán, como unha fonte de riqueza cultural, especialmente en comunidades bilingües como a galega.

OBX1

• CA1.3. Recoñecer e rexeitar os usos lingüísticos discriminatorios e os abusos de poder a través da palabra identificados mediante a reflexión grupal e a experiencia persoal do alumnado adulto sobre distintos aspectos, verbais e non verbais, que rexen a comunicación, tendo en conta unha valoración social equilibrada das dúas linguas oficiais.

OBX7

• CA1.4. Usar unha linguaxe non discriminatoria e respectuosa coas diferenzas e coa perspectiva de xénero.

OBX7

Contidos

• Biografía lingüística persoal e mapa lingüístico da contorna xeográfica e cultural.

• Valoración da diversidade de linguas na nosa contorna e na nosa comunidade autónoma.

• Estratexias de identificación de prexuízos e estereotipos lingüísticos, ofrecendo alternativas para estes.

• A diversidade etnocultural e lingüística como riqueza e ferramenta de reflexión interlingüística.

• Estratexias de recoñecemento de abusos de poder e prácticas discriminatorias pola linguaxe, a través da reflexión grupal.

• Uso dunha linguaxe non discriminatoria e respectuosa coas diferenzas e coa perspectiva de xénero.

Bloque 2. Comunicación oral

Criterios de avaliación

Obxectivos

• CA2.1. Comprender o sentido de textos orais e multimodais sinxelos, recoñecendo o tema, as ideas principais e as mensaxes explícitas e implícitas, valorando o seu contido e os elementos non verbais e formais.

OBX2

• CA2.2. Utilizar de xeito efectivo a linguaxe oral: escoitar con atención, recoller datos, preguntar e interpretar.

OBX3

• CA2.3. Producir textos orais e multimodais de maneira autónoma, coherente e fluída, en contextos formais sinxelos e utilizando correctamente recursos verbais e non verbais.

OBX3

• CA2.4. Participar en interaccións orais espontáneas ou reguladas, incorporando estratexias de escoita activa, de cortesía lingüística e de cooperación conversacional.

OBX3

• CA2.5. Expresarse oralmente con coherencia para satisfacer necesidades de comunicación en diferentes situacións, cun vocabulario axeitado, a partir de experiencias persoais e interaccións orais.

OBX3

• CA2.6. Valorar os medios de comunicación social como instrumento de aprendizaxe e de acceso a informacións e experiencias doutras persoas.

OBX4

• CA2.7. Rexeitar os usos lingüísticos discriminatorios e os abusos de poder a través da palabra identificados mediante a reflexión grupal e a experiencia persoal do alumnado adulto sobre distintos aspectos, verbais e non verbais, que rexen a comunicación, tendo en conta unha perspectiva de xénero.

OBX7

• CA2.8. Mobilizar, coa planificación e acompañamento necesarios, estratexias básicas para a escoita activa, a comunicación asertiva e a deliberación argumentada, progresando na xestión dialogada de conflitos, propondo solucións creativas.

OBX7

Contidos

• Contexto.

– Incidencia entre os compoñentes do feito comunicativo (situación, participantes, propósito comunicativo, canle, rexistro) na comunicación oral.

• Xéneros discursivos.

– Estratexias para a adquisición de destrezas sobre xéneros discursivos propios do ámbito persoal, social e educativo. Contido e forma. Redes sociais e os seus riscos.

– Elementos básicos de contido en textos orais (tema, fórmulas fixas, léxico, inferencias de información).

–Utilización dun vocabulario adaptado ao nivel sobre diferentes temáticas para unha mellor comunicación oral en distintas situacións.

– Estratexias para a coherencia, cohesión e adecuación na produción e reprodución oral de textos.

• Procesos: interacción oral.

– Estratexias para a utilización da linguaxe oral como instrumento de comunicación e aprendizaxe: escoitar, recoller datos, preguntar, expor de ideas.

– Interacción oral adecuada en situacións de aula e en contextos formais pautados con respecto ás estratexias de cortesía lingüística.

– Participación activa en situacións de comunicación, espontáneas e dirixidas, utilizando un discurso coherente, ordenado e lóxico, e mobilizando a empatía na escoita e na expresión para transmitir necesidades, vivencias e emocións propias e alleas.

– Estratexias de escoita activa, asertividade e proposta de solución creativa para a resolución dialogada de conflitos, utilizando unha linguaxe oral non discriminatoria, con propostas propias e tendo en conta a perspectiva de xénero.

• Procesos: comprensión oral.

– Comprensión e expresión de mensaxes verbais e non verbais.

– Comprensión global e específica de textos orais de diversa tipoloxía atendendo á forma da mensaxe (descritivos, narrativos, dialogados, expositivos) e á súa intención comunicativa (informativos, literarios e prescritivos), desenvolvendo unha valoración crítica e detectando usos discriminatorios da linguaxe verbal e non verbal.

– Utilización dos medios de comunicación social textuais e multimodais como forma de aprendizaxe a través da lingua: prensa, radio, internet...

• Procesos: produción oral.

– Audición, dramatización e reprodución de textos adecuados que estimulen os seus intereses e gustos.

– Produción e reprodución de textos orais de diversa tipoloxía segundo o seu formato e intención comunicativa, adecuados ao nivel e que estimulen o seu interese.

– Elaboración de textos orais, con utilización correcta dos elementos da prosodia e non verbais, empregando unha linguaxe non discriminatoria e respectuosa coas diferenzas.

Bloque 3. Comunicación escrita

Criterios de avaliación

Obxectivos

• CA3.1. Ler textos escritos e multimodais sinxelos, identificando e comprendendo o sentido global e a información relevante, valorando a lectura como medio para ampliar o vocabulario e como desfrute persoal.

OBX2

• CA3.2. Utilizar estratexias para a comprensión de textos de diversa índole, identificando palabras clave e anticipando hipóteses.

OBX2

• CA3.3. Analizar de maneira autónoma o contido e aspectos formais e non formais elementais de textos escritos e multimodais, valorando o seu contido, estrutura, calidade, fiabilidade e idoneidade en función do propósito de lectura.

OBX2

• CA3.4. Producir textos escritos e multimodais coherentes e adecuados de relativa complexidade, en distintos soportes, seleccionando o modelo discursivo que mellor responda a cada situación comunicativa, progresando na aplicación das normas gramaticais e ortográficas básicas ao servizo da cohesión textual e mobilizando estratexias, individuais ou grupais, de planificación, textualización, revisión e edición.

OBX3

• CA3.5. Elaborar textos escritos e multimodais coherentes, en distintos soportes, integrando recursos gráficos ou paratextuais que faciliten a comprensión do sentido global e da información relevante.

OBX3

• CA3.6. Utilizar as bibliotecas da aula e do centro, as virtuais e outras da contorna do alumno cada vez con máis autonomía, comprendendo como se organizan e colaborando no seu coidado.

OBX4

• CA3.7. Acadar as destrezas e competencias lingüísticas a través do uso da lingua escrita.

OBX6

• CA3.8. Construír, a través da linguaxe, un pensamento crítico para evitar discriminacións e prexuízos.

OBX7

• CA3.9. Rexeitar os usos lingüísticos discriminatorios e identificar os abusos de poder a través da palabra a partir da reflexión individual e grupal sobre os aspectos básicos, verbais e non verbais, da comunicación, tendo en conta unha perspectiva de xénero.

OBX7

Contidos

• Contexto.

– Incidencia entre os compoñentes do feito comunicativo (situación, participantes, propósito comunicativo, canle, rexistro) na comunicación escrita.

• Xéneros discursivos.

– Estratexias para a adquisición de destrezas sobre xéneros discursivos propios do ámbito persoal, social e educativo. Contido e forma. Redes sociais e os seus riscos.

– Intención comunicativa e claves da tipoloxía textual básica: narración, descrición, diálogo, exposición e argumentación.

– Elementos básicos de contido en textos escritos (tema, fórmulas fixas, léxico, inferencias de información) e forma (estrutura, formato, título, imaxes, tipografía).

– Estratexias elementais para a coherencia, cohesión e adecuación dos textos escritos.

– Estratexias básicas para o coñecemento da estrutura da lingua, a gramática, o vocabulario, así como as regras de ortografía que favorecen unha comunicación máis eficaz.

– Construción do pensamento crítico a través da lingua para evitar a discriminación.

• Procesos: comprensión lectora.

– Estratexias de identificación e valoración do sentido global do texto, de integración da información explícita e de realización de inferencias para superar o sentido literal de textos en fontes documentais diversas en procesos de comprensión e produción de textos escritos.

– Elementos gráficos, textuais e paratextuais relativamente complexos que favorecen a comprensión antes, durante e despois da experiencia lectora.

– Valoración da lectura como medio para ampliar o vocabulario e consolidar a ortografía correcta.

– Comprensión global e específica de distintos tipos de texto atendendo á forma da mensaxe (descritivos, narrativos, dialogados, expositivos) e a súa intención comunicativa (informativos, literarios e prescritivos) desenvolvendo unha valoración crítica destes.

– Uso das bibliotecas de aula, do centro, das virtuais e outras da contorna, mostrando coñecementos da súa organización (catalogación, funcionamento), participación en actividades de corte literario e obtención de información e modelos para a súa produción escrita. Interese por manter a biblioteca propia e persoal, ampliando os seus fondos físicos e virtuais.

– Estratexias para detectar usos discriminatorios da linguaxe verbal e icónica en textos escritos.

• Procesos: produción escrita.

– Estratexias elementais, individuais ou grupais, de planificación, redacción, revisión e edición de textos escritos e multimodais complexos, con distintos propósitos comunicativos.

– Aplicación das normas ortográficas e cohesión do texto na produción e corrección: mantemento do tempo verbal, puntuación, concordancia básica e acentuación.

– Uso de fontes documentais diversas, tanto en papel como dixitais, para mellorar a expresión escrita.

– Produción de textos escritos e multimodais coherentes, en soporte físico ou dixital, con cohesión e adecuación textual mediante a selección, en cada situación comunicativa, do modelo discursivo que corresponda, usando as normas ortográficas axeitadas ao seu nivel e perfeccionándose na mobilización de estratexias individuais ou grupais de planificación, redacción, e revisión e autocorrección.

– Elementos gráficos e paratextuais que faciliten a organización e comprensión do texto.

– Valoración da propia produción escrita, así como a produción escrita dos compañeiros e compañeiras.

– Uso dunha linguaxe non discriminatoria e respectuosa coas diferenzas.

Bloque 4. Alfabetización mediática e informacional

Criterios de avaliación

Obxectivos

• CA4.1. Desenvolver un proceso de investigación individual, sobre algún tema de interese, realizado de maneira autónoma, que implique a localización, selección e contraste de información de distintas fontes, incluídas as dixitais, citándoas e recreándoas mediante a adaptación creativa de modelos dados.

OBX4

• CA4.2. Compartir os resultados dun proceso de investigación sinxelo, individual ou grupal sobre algún tema de interese persoal ou ecosocial, realizado de maneira autónoma ofrecendo información extraída de distintas fontes, citándoas e recreándoas de maneira creativa.

OBX4

• CA4.3. Utilizar a biblioteca para localizar un libro determinado con seguridade e autonomía, aplicando as normas do seu funcionamento.

OBX4

• CA4.4. Adoptar hábitos de uso crítico, seguro, sustentable e saudable no uso das tecnoloxías dixitais da información e comunicación para a procura e tratamento da información de modo eficiente e responsable.

OBX4

• CA4.5. Ler de maneira autónoma textos de diversas fontes compartindo a experiencia da lectura.

OBX5

Contidos

• Estratexias para a procura de información en fontes documentais e dixitais no contorno familiar e social.

• Estratexias de comparación, clasificación e valoración crítica da información.

• Identificación e valoración crítica das mensaxes e da información recollidas e transmitidas de distintas fontes e de distintos tipos de texto.

• Estratexias de elaboración de contidos a partir de información obtida noutros textos coas convencións formais elementais.

• Comunicación creativa do coñecemento, con recoñecemento da autoría e respecto pola propiedade intelectual.

• Utilización autónoma da biblioteca e os recursos dixitais da aula, do centro ou da contorna.

• Utilización das tecnoloxías da información e da comunicación de modo eficiente e responsable para elaborar e presentar as súas producións, adoptando hábitos de uso crítico, seguro, sustentable e saudable.

Bloque 5. Educación literaria

Criterios de avaliación

Obxectivos

• CA5.1. Valorar os textos literarios en calquera lingua e a literatura en xeral como vehículo de comunicación e como recurso de desfrute persoal, utilizando a lectura como fonte de lecer, información e coñecemento cultural.

OBX5

• CA5.2. Utilizar as bibliotecas da aula, do centro, as virtuais e outras da contorna, como escenario de actividades literarias compartidas.

OBX5

• CA5.3. Incorporar a lectura expresiva e a comprensión e interpretación de textos literarios narrativos, líricos e dramáticos na práctica escolar, valorando a súa diversidade.

OBX5

• CA5.4. Escoitar e ler textos literarios que recollan diversidade de autoras e autores, relacionándoos en función dos temas e de aspectos elementais de cada xénero literario, e interpretándoos, valorándoos e relacionándoos con outras manifestacións artísticas ou culturais de maneira progresivamente autónoma.

OBX5

• CA5.5. Producir textos sinxelos individuais ou colectivos con intención literaria, reelaborando con creatividade os modelos dados, en distintos soportes e complementándoos con outras linguaxes artísticas.

OBX5

• CA5.6. Recoñecer e interpretar recursos da linguaxe literaria e a diferenza das principais convencións formais dos xéneros.

OBX5

• CA5.7. Coñecer os diferentes tipos de textos literarios da tradición oral, a partir da propia experiencia persoal, establecendo diferenzas entre eles e o seu uso: poemas, cancións, contos, refráns e adiviñas.

OBX5

Contidos

• Lectura autónoma e comentada de obras ou fragmentos variados e diversos da literatura e organizados en itinerarios lectores.

• Estratexias para a expresión de gustos e intereses e para a valoración crítica elemental das obras.

• Interpretación autónoma e compartida de textos literarios a través de conversacións literarias.

• Valoración dos textos literarios e da literatura en calquera lingua como vehículo de comunicación, como fonte de coñecemento da contorna, doutros mundos, tempos e culturas e como recurso de desfrute persoal.

• Funcionamento da biblioteca da aula, do centro ou da contorna como escenario de actividades literarias compartidas e de experiencias de desfrute persoal.

• Lectura expresiva, dramatización o interpretación de fragmentos atendendo aos procesos de comprensión e ao nivel de desenvolvemento.

• Análise da relación entre os elementos básicos da obra literaria (tema, protagonista, personaxes, trama, escenario) e a construción do sentido da obra.

• Relación entre as obras lidas e outras manifestacións artísticas e culturais.

• Comprensión, memorización e recitado de poemas co ritmo, entoación e dicción adecuados.

• Creación de textos literarios de maneira libre e con progresiva complexidade (léxico, estruturas, sentido estético) e a partir da apropiación e explotación dos modelos dados.

• Identificación de recursos literarios.

• Recoñecemento e elaboración guiada de textos literarios en prosa ou en verso (contos, lendas, poemas, adiviñas, cancións e teatro), valorando o sentido estético e a creatividade.

• Distinción entre os diferentes subxéneros. Coñecemento de lendas galegas, españolas e doutros países.

Bloque 6. Reflexión sobre a lingua

Criterios de avaliación

Obxectivos

• CA6.1. Comparar aspectos básicos das linguas do ámbito escolar e social para acadar unha competencia comunicativa integrada.

OBX1

• CA6.2. Producir textos escritos e multimodais coherentes de relativa complexidade, en distintos soportes, seleccionando o modelo discursivo que mellor responda a cada situación comunicativa, progresando no uso das normas gramaticais e ortográficas e mobilizando estratexias sinxelas, individuais ou grupais, de planificación, redacción, revisión e edición.

OBX3

• CA6.3. Establecer xeneralizacións sobre aspectos básicos do funcionamento da lingua de maneira progresivamente autónoma, formulando hipóteses e buscando contraexemplos, a partir da observación, comparación e transformación de palabras, enunciados e textos, nun proceso de produción ou comprensión de textos en contextos significativos.

OBX6

• CA6.4. Revisar e mellorar os textos propios e alleos e emendar algúns problemas de comprensión lectora, de maneira progresivamente autónoma, a partir da reflexión metalingüística e interlingüística e usando a terminoloxía básica adecuada.

OBX6

• CA6.5. Mellorar os textos propios e alleos na súa comprensión mediante o uso autónomo de dicionarios impresos ou dixitais.

OBX6

• CA6.6. Aplicar os coñecementos sobre as categorías gramaticais e as regras de ortografía, para favorecer unha comunicación máis eficaz.

OBX6

• CA6.7. Sistematizar a adquisición de vocabulario a través dos textos.

OBX6

Contidos

• Identificación das similitudes e diferenzas entre as linguas do seu ámbito escolar e social para acadar unha competencia comunicativa integrada e progresar na súa aprendizaxe.

• Modalidades oracionais en relación coa intención comunicativa.

• Estratexias para a construción guiada de conclusións propias sobre o sistema lingüístico a través da observación, transformación de enunciados (substitución, inserción, supresión, cambio de orde, manipulación), formulación e comprobación de hipóteses e contrastes con outras linguas.

• Estratexias para o establecemento de xeneralizacións sobre aspectos lingüísticos elementais, prestando especial atención ao valor expresivo dos determinantes e ás relacións fundamentais entre os esquemas semántico e sintáctico da oración simple, a partir de metalinguaxe específica elemental.

• Mecanismos de coherencia e cohesión elementais, con especial atención ás substitucións pronominais como mecanismo gramatical de referencia interna e á correlación temporal establecida mediante os distintos tempos verbais.

• Mecanismos léxicos elementais para adquisición de vocabulario a través da formación de palabras e enunciados.

• Estratexias elementais para o uso de dicionarios en distintos soportes.

• Estratexias de observación e formulación de xeneralizacións sobre a acentuación.

• Os signos de puntuación como mecanismos para organizar o texto escrito e para expresar a intención comunicativa.

• Recoñecemento das distintas clases de palabras e características do seu uso en situacións concretas de comunicación (substantivo, verbo, adxectivo, preposición, adverbio, pronomes e artigos) e utilización das regras ortográficas e de puntuación.

• Procedementos elementais de adquisición e enriquecemento de vocabulario a través dos textos.

Bloque 7. Comunicación en lingua estranxeira

Criterios de avaliación

Obxectivos

• CA7.1. Recoñecer o sentido global moi evidente, así como palabras e frases específicas en textos orais, escritos e multimodais moi breves e sinxelos sobre temas actuais frecuentes e cotiáns de relevancia persoal ou sobre aspectos socioculturais básicos, expresados de forma comprensible, moi clara e en lingua estándar a través de distintos soportes, usando de forma guiada as estratexias básicas máis adecuadas á tarefa.

OBX8

• CA7.2. Expresar oralmente mensaxes moi breves e sinxelas, previamente preparadas, sobre asuntos cotiáns e de relevancia, utilizando de forma guiada recursos verbais e non verbais, xunto con estruturas básicas e de uso frecuente propias da lingua estranxeira, prestando atención ao ritmo, á acentuación e á entoación, aínda que se cometan erros.

OBX9

• CA7.3. Redactar textos moi breves e sinxelos, previamente preparados, a través de ferramentas analóxicas e dixitais, usando estruturas e léxico básicos sobre asuntos cotiáns ou de relevancia persoal e aplicando de forma guiada as estratexias básicas máis adecuadas á tarefa.

OBX9

• CA7.4. Participar en situacións interactivas moi sinxelas previamente preparadas sobre temas cotiáns e de relevancia persoal a través de diversos soportes, apoiándose en recursos tales como a repetición, o ritmo pausado ou a linguaxe non verbal, mostrando empatía e respecto cara ás producións das e dos demais e usando as estratexias elementais para saudar, despedirse e presentarse, formular e contestar preguntas sinxelas, expresar mensaxes e iniciar e terminar a comunicación.

OBX10

Criterios de avaliación

Obxectivos

• CA7.5. Interpretar e explicar información básica, inicialmente de forma guiada e con progresiva autonomía, axudando en dificultades de comprensión, con empatía e interese polas interlocutoras e interlocutores, apoiándose en diversos recursos e soportes.

OBX11

• CA7.6. Rexistrar de maneira guiada os progresos e dificultades no proceso de aprendizaxe da lingua estranxeira, recoñecendo os aspectos que axudan a mellorar e realizando actividades de autoavaliación e coavaliación, como as propostas no Portfolio europeo das linguas (PEL) ou nun diario de aprendizaxe.

OBX6

• CA7.7. Aceptar e respectar a diversidade lingüística e cultural como fonte de enriquecemento persoal, comparando as semellanzas e diferenzas elementais entre distintas linguas e mostrando interese por comprender elementos culturais e lingüísticos básicos que fomenten a sustentabilidade e a democracia.

OBX1

Contidos

• Estratexias e modelos contextuais básicos de uso común para a comprensión e a produción de textos orais, escritos e multimodais moi breves, sinxelos e contextualizados.

• Destrezas, actitudes e situacións elementais que permiten iniciarse en actividades de mediación lingüística e interacción en situacións cotiáns básicas.

• Funcións comunicativas básicas de uso común adecuadas ao ámbito e ao contexto: saudar, despedirse, presentar e presentarse; describir características moi elementais de persoas, obxectos e lugares; situar eventos no tempo presente; situar obxectos, persoas e lugares no espazo, intercambiar información sobre cuestións cotiáns; describir rutinas, expresar a pertenza e a cantidade.

• Unidades lingüísticas básicas e significados asociados a elas, tales como expresión da entidade e as súas propiedades; cantidade e número; o espazo e as relacións espaciais; o tempo; formas elementais de afirmación, negación, interrogación e exclamación; relacións lóxicas elementais.

• Léxico elemental relativo á identificación persoal, relacións persoais próximas, lugares e contornos de interese para o alumnado, vida cotiá, lecer e tempo libre.

• Padróns sonoros, acentuais, rítmicos e de entoación básicos de uso común.

• Convencións ortográficas básicas de uso común.

• Identificación da autoría e respecto da propiedade intelectual das fontes consultadas e contidos utilizados. Uso responsable das tecnoloxías da información e da comunicación.

• Uso de dicionarios e material de consulta en rede, dispositivos, aplicacións informáticas e plataformas dixitais para a aprendizaxe, a procura de información e a comunicación.

• Estratexias básicas de uso común para identificar e utilizar unidades lingüísticas (léxico, fonemas similares, morfosintaxe, padróns sonoros, posición dos signos de interrogación e exclamación) a partir da comparación das linguas que conforman o repertorio lingüístico persoal.

• Estratexias para a adquisición da autoconfianza no uso da lingua estranxeira (técnicas de aprendizaxe e compensación das carencias comunicativas) e ferramentas básicas de autoavaliación e coavaliación, analóxicas e dixitais, individuais e colectivas. O erro como instrumento de mellora e de reparación.

• Aspectos socioculturais e sociolingüísticos básicos e habituais relativos aos costumes, á vida cotiá, ás relacións interpersoais e ás convencións sociais básicas de uso común propias de países onde se fala a lingua estranxeira.

• Estratexias básicas de uso común para espertar a curiosidade e interese por coñecer outras linguas e culturas, entender e apreciar a diversidade lingüística, cultural e artística, atendendo a valores ecosociais e democráticos.

1.4. Orientacións pedagóxicas.

A intervención educativa no ámbito de Comunicación desenvolverá o seu currículo e tratará de asentar de xeito gradual e progresivo o logro dos obxectivos do ámbito e, en combinación co resto de ámbitos, unha adecuada adquisición das competencias clave e a contribución ao logro dos obxectivos da educación básica.

Neste sentido, no deseño das actividades, o profesorado terá que considerar a relación existente entre os obxectivos do ámbito e as competencias clave a través dos descritores operativos do perfil de saída e as liñas de actuación no proceso de ensino e aprendizaxe, que se presentan nas epígrafes seguintes, e seleccionar aqueles criterios de avaliación do currículo que se axusten á finalidade buscada, así como empregalos para verificar as aprendizaxes do alumnado e o seu nivel de desempeño.

Relación entre os obxectivos do ámbito de Comunicación e as competencias clave a través dos descritores operativos do perfil de saída ao finalizar o ensino básico.

Obxectivos

do ámbito

Competencias clave

CCL

CP

STEM

CD

CPSAA

CC

CE

CCEC

OBX1

1, 5

2, 3

1, 3

1, 2

1, 3

OBX2

2

2

1

3

3

3

OBX3

1, 3, 5

2

1

2, 3

2

1

OBX4

3

1, 2, 3, 4

5

2

3

OBX5

1, 4

3

1

1, 2, 3

OBX6

1, 2

2

1, 2

5

OBX7

1, 5

3

3

3

1, 2, 3

OBX8

2, 3

1, 2

1

1

5

2

OBX9

1

1, 2

1

2

5

1

3

OBX10

5

1, 2

1

3

3

3

OBX11

5

1, 2, 3

1

1, 3

1, 3

1

Liñas de actuación no proceso de ensino e aprendizaxe
para o ensino de persoas adultas

As ensinanzas iniciais de educación para persoas adultas ofrecen ao alumnado as aprendizaxes necesarias para poder responder dunha forma reflexiva, eficaz e actualizada ás demandas dun mundo complexo e cambiante. Nesta fase, tal aprendizaxe cumpre unha dobre función. Por unha banda, ten que dotar as persoas adultas dos coñecementos, habilidades e actitudes que terán que adquirir para funcionar nunha gran variedade de situacións persoais, educativas, sociais e laborais ás cales terán que enfrontarse. E, por outra banda, debe constituír a base para poder continuar coa súa actividade formativa tanto na educación secundaria para persoas adultas como ao longo da vida. As ensinanzas iniciais están orientadas a un alumnado con carencias competenciais moi específicas, polo que teñen un forte compoñente compensatorio. Implica que os procesos de ensino-aprendizaxe deban partir sempre da contextualización curricular realizada polo profesorado para o seu alumnado concreto.

Deseño da metodoloxía de aprendizaxe

Unha metodoloxía flexible e inclusiva é idónea para abordar as materias que conforman a organización do curso, pois vai facilitar, grazas á combinación dos contidos das tres linguas que conforman o ámbito de Comunicación que o proceso de ensino-aprendizaxe se conciba dun xeito global e unitario. Con este enfoque metodolóxico, evítase a presentación de solucións únicas ás situacións ou problemas propostos que lle restan ao alumnado a posibilidade do descubrimento propio. Por iso, convén fomentar o deseño de actividades interdisciplinarias que integren os distintos contidos do ámbito para que o alumnado poida obter a máxima produtividade dos coñecementos impartidos en cada unha das materias. Neste sentido, o fomento da aprendizaxe baseada en proxectos favorecerá esa interdisciplinariedade ao deseñar situacións de aprendizaxe contextualizadas e reais que inclúan a integración das competencias, dos obxectivos e dos contidos, a través de metodoloxías motivadoras e cooperativas que permitan a participación activa do alumnado no seu propio proceso formativo, así como a adquisición dunha progresiva autonomía persoal.

A metodoloxía fomentará a autoaprendizaxe e terá en conta as particularidades propias da poboación adulta cuxo proceso de aprendizaxe precisa dun enfoque metodolóxico específico que parta das súas experiencias e vivencias explotando o potencial formativo da bagaxe cultural de cada alumno ou alumna e das aprendizaxes informais e non formais adquiridas tendo en consideración os seus ritmos de aprendizaxe e prestando especial atención ás necesidades específicas de apoio educativo.

A proposta dunha metodoloxía que oriente, promova e facilite o desenvolvemento competencial do alumnado facilitará, ademais, o tratamento da atención á diversidade, ao respectar os distintos estilos de aprendizaxe a través do deseño de actividades que combinen o traballo individual e o cooperativo. As actividades deberán ter presente o compoñente social do proceso de aprendizaxe e contribuír á formación en destrezas comunicativas e cooperativas e ao reforzo da autoestima. É importante que os equipos docentes interpreten o currículo do ámbito conforme a realidade do seu contexto educativo e as características do alumnado, as súas experiencias e aprendizaxes previas e os seus intereses e necesidades. O fin último será facilitar a adquisición das aprendizaxes imprescindibles para o desenvolvemento das competencias específicas de cada ámbito e as competencias clave do perfil de saída do alumnado ao finalizar o ensino básico. Os procesos de aprendizaxe significativa acadaranse a través da realización de proxectos conectados coas necesidades, experiencias e vivencias das persoas adultas.

Perfil do alumnado e atención á diversidade

Unha atención adaptada ao perfil do alumnado adulto exixe o uso dunha ampla variedade de metodoloxías e modelos de ensinanza. Neste sentido, é apropiado o uso de metodoloxías como a aprendizaxe cooperativa, a aprendizaxe baseada en proxectos e problemas (ABP), o deseño universal de aprendizaxe (DUA) e o ensino multinivel (EM), que favorezan a atención á diversidade, a accesibilidade universal e a inclusión, e que conduzan á creación dun contorno persoal de aprendizaxe (PLE) propio. Correspóndelle ao equipo docente determinar a metodoloxía e modelo de ensino-aprendizaxe máis adecuado en función da realidade da súa aula. O fomento do uso de recursos educativos en aberto (REA) e as TIC proporcionan as ferramentas necesarias para acadar a accesibilidade e a inclusión.

Consonte o interese por facer accesible o coñecemento a todas as persoas, convén que as formas de acceso ás situacións de aprendizaxe sexan planificadas desde o inicio de forma variada a través de textos escritos, orais e multimodais; que as propostas de traballo, igualmente, ofrezan diversas posibilidades para a súa resolución (unha exposición oral, un proxecto científico, a intervención nun debate, etc.); e que se ofreza ás persoas adultas pouco cualificadas o acceso a un itinerario de mellora de capacidades, coñecementos e competencias adaptado ás súas necesidades individuais, que lles permita desenvolver plenamente o seu potencial nos ámbitos persoal, social, formativo e profesional. Trátase de ter presente a diversidade da aula durante todo o proceso da práctica educativa para atenuar no posible as barreiras existentes entre a aprendizaxe e o alumnado.

Alfabetización informacional

A tarefa de transformar a información en coñecemento constitúe un dos piares básicos para a formación permanente da cidadanía. A alfabetización informacional é, ademais, xeradora de transversalidade na aprendizaxe. Implica accións puramente lingüísticas, como a comprensión da información, a súa selección e tratamento en esquemas, resumos e outras ferramentas de organización do coñecemento ou a súa posterior comunicación en diversos formatos. Pero tamén implica un uso certeiro, creativo e seguro das tecnoloxías da información e da comunicación, o desenvolvemento de habilidades para iniciar, organizar e persistir nunha aprendizaxe paulatinamente autónoma, ou para elixir, planificar e xestionar coñecementos con criterio propio, co fin de transformar as ideas en actos.

Por último, e no que concirne á formación do alumnado para enfrontar axeitadamente os fenómenos e consecuencias da desinformación, resultan de enorme utilidade as rutinas establecidas ao redor da verificación de loiadas (contrastar a información en páxinas de medios de prestixio, recorrer ás plataformas de verificación de feitos ou aos perfís institucionais autorizados en redes sociais, etc.), así como un uso consciente do fenómeno do ciberanzol a partir da observación e a análise crítica, tanto desde o punto de vista lingüístico como sociolóxico deste tipo de prácticas.

Deseño do proceso de avaliación

A avaliación formativa centrada nas competencias permite identificar o grao de adquisición destas, modificar, de ser o caso, aqueles aspectos susceptibles de mellora (metodoloxía, recursos, tarefas...) e detectar as dificultades de aprendizaxe, coa consecuente posta en marcha de mecanismos para palialas, sempre coa finalidade de que o alumnado acade os obxectivos e desenvolva as competencias do perfil de saída.

As tarefas ou actividades de avaliación propostas permitirán a obtención de evidencias da aprendizaxe do noso alumnado de forma variada a través de respostas a preguntas pechadas, abertas ou construídas (elección múltiple, asociacións, mapas conceptuais, infografías...), a través de desempeños (presentación oral, actuación teatral, debate...), produtos (ensaio, traballo de investigación, entrada dun blog, poema, portfolio, diario de aprendizaxe, vídeo, audio...) ou procesos (toma de decisións, proceso de descrición, análise, creación, revisión, participación en grupo...). Utilizaranse instrumentos e procedementos de avaliación diversos, accesibles, flexibles, axustados aos criterios de avaliación e adaptados ás distintas situacións de aprendizaxe e ás necesidades tan heteroxéneas do alumnado adulto. Polo tanto, estes non deben cinguirse unicamente ás probas obxectivas ou cuestionarios, senón que tamén deben incluír listas de cotexo, escalas de valoración, rúbricas ou rexistros observacionais, entre outros.

As propostas pedagóxicas deberán combinar os diferentes tipos de avaliación: a heteroavaliación, a autoavaliación, que permite ao alumnado tomar conciencia progresiva e responsable do seu proceso de aprendizaxe, e a coavaliación, que supón a avaliación do alumnado aos seus iguais e que debe desenvolverse nun ambiente de respecto e empatía. O proceso de aprendizaxe tenderá a ser cada vez máis autónomo consonte o alumnado se afaga a eses recursos de autorregulación. De igual modo, as actividades de coavaliación, subscritas a criterios definidos, reforzan as habilidades de análise, facilitan o intercambio de estratexias de aprendizaxe e permiten valorar o traballo dos iguais. A incorporación de ferramentas dixitais no proceso de avaliación abre todo un abano de posibilidades, tanto para a autoavaliación (revisión dos traballos propios, actividades de autocorrección, etc.) como para a coavaliación (mediante paneis, repositorios, foros, etc.) que o profesorado pode utilizar como unha fonte de información máis sobre os progresos, tanto individuais como grupais, do seu alumnado.

Concrecións para o ámbito de Comunicación

Nas materias de Lingua e Literatura Galega e Castelá será necesario guiarse pola concepción da linguaxe e a súa intervención didáctica entendéndoa como unha ferramenta de comprensión, comunicación e desenvolvemento persoal. Deberán considerarse as diferenzas entre os alumnos que falan de seu galego e castelán e aqueles que están aprendéndoos como unha segunda lingua. Terá especial importancia integrar actividades e estratexias comunicativas en contextos reais (tanto analóxicos como dixitais), relacionados cos intereses do alumnado adulto. Teremos que destacar tamén a importancia da reflexión sobre a linguaxe e a transferencia de coñecementos entre as diferentes linguas que o alumnado adulto poida dominar. Tamén será de grande importancia o recoñecemento dos repertorios lingüísticos que poden axudar a evitar estereotipos e prexuízos relacionados coas linguas e culturas dos estudantes e da contorna.

O proceso de ensino-aprendizaxe da lingua estranxeira debe desenvolverse desde un enfoque orientado á acción, tal e como propón o Marco común europeo de referencia, a través de deseños fundamentados na análise de necesidades, orientados a tarefas da vida real, prestando especial atención á comunicación oral e construídos sobre nocións e funcións seleccionadas deliberadamente. Isto favorece unha perspectiva de dominio guiada polo que o alumnado pode facer, no canto dunha perspectiva de carencia en que se acentúa aquilo que aínda non foi adquirido. Trátase de deseñar currículos fundamentados nas necesidades comunicativas do mundo real, organizados sobre tarefas da vida real, coa guía dos criterios de avaliación que indican o grao de consecución dos obxectivos establecidos no propio currículo.

Débense procurar estratexias para o fomento do hábito lector. É necesario que as alumnas e alumnos comprendan que a lectura é unha fonte de pracer e unha forma de acceso á información e para conseguilo, no nivel I será o profesorado o que inicialmente lea textos alternando co uso de ferramentas dixitais. A necesaria gradación no avance de coñecemento e adquisición da lingua irá marcando o tipo de actividades ao longo da etapa. Ademais do achegamento a fragmentos de obras clásicas que se abordan nos contidos de educación literaria, é imprescindible seleccionar textos ou fragmentos de obras que se aproximen ás súas motivacións persoais e ás súas experiencias. As lecturas de textos literarios, guiadas polo docente, permitirán ir profundando nas destrezas interpretativas, tanto no plano formal como de contido, para establecer as bases dunha futura lectura autónoma. Recoméndase fomentar os textos de banda deseñada, que permiten, ademais, o traballo conxunto arredor da comunicación verbal e non verbal.

2. Ámbito da Competencia Matemática.

2.1. Introdución.

As matemáticas desempeñan un papel fundamental na nosa sociedade e tamén son esenciais na educación de persoas adultas. A súa aplicación esténdese a todas as áreas do coñecemento, como as ciencias da natureza, a tecnoloxía, as ciencias sociais e as artes. Coñecer e comprender as matemáticas axuda a estruturar e analizar a realidade, permitindo obter información nova e tomar decisións fundamentadas. Ademais, as habilidades matemáticas son cada vez máis importantes na era da información e a tecnoloxía, incluíndo o manexo de datos e a aplicación do pensamento computacional.

Na educación de persoas adultas, a competencia matemática xoga un papel esencial na preparación para enfrontar os desafíos do século XXI. Axuda a analizar e comprender mellor a nosa contorna, incluíndo problemas sociais, económicos, científicos e ambientais, e a avaliar solucións viables. As matemáticas constitúen unha ferramenta indispensable para alcanzar os obxectivos de desenvolvemento sustentable establecidos polas Nacións Unidas.

En consecuencia con todo o anterior, a proposta curricular do ámbito da Competencia Matemática nas ensinanzas iniciais da educación de persoas adultas establece unhas aprendizaxes coas cales se persegue alcanzar, por unha banda, o desenvolvemento máximo das potencialidades en todo o alumnado desde unha perspectiva inclusiva, á vez que fomenta o interese polas matemáticas; por outra banda, a alfabetización matemática, é dicir, a adquisición dos coñecementos, as habilidades e as destrezas necesarias para aplicar a perspectiva e o razoamento matemático na formulación dunha situación-problema próxima ao seu contexto cotián, seleccionar as ferramentas adecuadas para a súa resolución, interpretar as solucións en contexto e tomar decisións estratéxicas. Esta visión das matemáticas desenvolverá destrezas imprescindibles na formación dunha cidadanía comprometida e reflexiva capaz de enfrontar os desafíos do século XXI.

O desenvolvemento curricular do ámbito da Competencia Matemática oriéntase á consecución dos obxectivos da educación básica e presta unha especial atención ao desenvolvemento e á adquisición das competencias clave conceptualizadas no perfil de saída que o alumnado debe conseguir ao finalizar esta etapa, e cuxos descritores constituíron o marco de referencia para a definición dos obxectivos do ámbito.

O ámbito organízase en cinco procesos matemáticos, que constitúen as operacións ou accións que se levan a cabo ao longo da resolución dun problema ou a realización dunha tarefa, e que se planifican e desenvolven a partir dos contidos da área. Establécense os seguintes procesos: habilidades socioemocionais, resolución de problemas, razoamento e demostración, conexións e comunicación e representación.

Abordando un enfoque competencial, os criterios de avaliación e os contidos, graduados a través dos sucesivos niveis, vertébranse ao redor dos cinco procesos anteriores e deben abordarse de forma integrada, interrelacionándose cos demais ámbitos e coa realidade próxima do alumnado. Hai unha progresión que parte de contornas moi próximas que facilita a transición cara a aprendizaxes máis formais favorecendo o desenvolvemento da capacidade de pensamento abstracto na educación secundaria para persoas adultas.

Os obxectivos do ámbito avaliaranse a través da posta en acción de diversos contidos. Estes, entendidos como un medio, non como un fin, teñen conexións cos criterios de avaliación.

Os contidos do ámbito da Competencia Matemática estrutúranse en seis sentidos arredor do concepto de sentido matemático e integran un conxunto de coñecementos, destrezas e actitudes deseñados de acordo co desenvolvemento evolutivo do alumnado. Os procesos de resolución de problemas e as destrezas socioemocionais abordaranse e avaliaranse de forma transversal en todos os sentidos matemáticos.

O bloque 1, «Sentido numérico», caracterízase polo desenvolvemento de habilidades e modos de pensar baseados na comprensión, a representación e o uso flexible de números e operacións para, por exemplo, orientar a toma de decisións.

O bloque 2, «Sentido da medida», procura comprender e comparar atributos dos obxectos do mundo natural, entender e elixir as unidades adecuadas para estimar, medir e comparar; usar instrumentos adecuados para realizar medicións e comprender as relacións entre magnitudes utilizando a experimentación.

O bloque 3, «Sentido espacial», é fundamental para comprender e apreciar os aspectos xeométricos do mundo, identificar, representar e clasificar figuras, descubrir as súas propiedades e relacións, describir os seus movementos e razoar con elas.

O bloque 4, «Sentido alxébrico e pensamento computacional», proporciona a linguaxe na que se comunican as matemáticas, así como a necesaria e progresiva tradución da linguaxe oral ou escrita á linguaxe matemática. Recoñecer patróns e relacións entre variables, expresar regularidades ou modelizar situacións con expresións simbólicas son as súas características fundamentais. O pensamento computacional permite secuenciar en pasos sinxelos unha situación complexa.

O bloque 5, «Sentido estocástico», oriéntase cara ao razoamento e a interpretación de datos, a valoración crítica e a toma de decisións a partir de información estatística, ademais da comprensión e comunicación de fenómenos aleatorios en situacións da vida cotiá.

Por último, o bloque 6, «Sentido socioemocional», integra coñecementos, destrezas e actitudes esenciais para entender as emocións e os valores de respecto, igualdade e resolución pacífica de conflitos, así como o da perseveranza ou a asunción do erro como parte da aprendizaxe. Manexar correctamente estas habilidades mellora o rendemento do alumnado en matemáticas, fomenta actitudes positivas cara a elas, contribúe a erradicar ideas preconcibidas relacionadas co xénero ou o mito do talento innato indispensable e promove unha aprendizaxe activa e viva. Para reforzar este fin, resultará esencial darlle a coñecer ao alumnado as contribucións das matemáticas e os matemáticos ao longo da historia de forma que teñan uns referentes que contribúan a construír unha identidade propia. Neste sentido, a convivencia e o traballo en equipos heteroxéneos, mixtos e diversos serán claves para adquirir un conxunto de habilidades e destrezas que fomenten os valores de respecto e resolución pacífica de conflitos, principios básicos para formar unha cidadanía tolerante e respectuosa coas diferenzas, que convive en igualdade.

As matemáticas teñen que abordarse de forma práctica de tal maneira que permita conectar as aprendizaxes que vai adquirir o alumnado adulto co seu contexto próximo, propoñéndolle ao alumnado situacións de aprendizaxe que propicien a adquisición de actitudes de perseveranza e colaboración, a exploración, a reflexión, o razoamento, o establecemento de conexións, a anticipación de resultados, a investigación, a comunicación e a representación.

Do mesmo xeito, resulta necesario empregar metodoloxías que posibiliten poñer o alumnado en situación de desenvolver as competencias clave e alcanzar os obxectivos da educación básica para persoas adultas. Serán necesarias, pois, metodoloxías que favorezan a integración de áreas, a visión global dos sucesos, a investigación, o manexo de diversos recursos e fontes, o intercambio respectuoso de ideas, a comparación de estratexias, a convivencia, a cooperación e a autorregulación da aprendizaxe; metodoloxías activas que fomenten no alumnado a curiosidade, as ganas de seguir aprendendo e xeren actividades socialmente relevantes.

Estes elementos curriculares deben seleccionarse, adaptarse e secuenciarse en relación co alumnado adulto, priorizando os esenciais que garanten coñecementos e habilidades fundamentais en relación con carencias de formación formal relativas a situacións de abandono escolar que non foron suplidas ou que o foron de modo deficitario por aprendizaxes informais ou non formais.

2.2. Obxectivos.

Obxectivos do ámbito

OBX1. Interpretar situacións da vida cotiá proporcionando unha representación matemática destas mediante conceptos, ferramentas e estratexias, para analizar a información máis relevante.

• A comprensión dunha situación problematizada en que se intervén desde o ámbito matemático é sempre o primeiro paso cara á súa resolución. Unha boa interpretación dos problemas permite representalos matematicamente, identificar os datos útiles descartando os superfluos e coñecer as relacións máis relevantes. A interpretación de situacións problematizadas non se limita só á comprensión de problemas escritos, senón tamén de problemas orais, visuais (a través de debuxos, gráficos, imaxes, fotografías) ou con materiais manipulativos. Con iso, búscase que o alumnado adulto comprenda a contorna próxima, ademais de dotalo de ferramentas para que poida establecer unha correcta representación do mundo que o rodea e poida afrontar e resolver as situacións problemáticas que se lle presenten, tanto na escola como na súa vida académica, laboral e cotiá.

• Os contextos na resolución de problemas proporcionan un amplo abano de posibilidades para a integración das distintas experiencias e aprendizaxes do alumnado adulto, así como das diferentes competencias cunha perspectiva global, fomentando o respecto mutuo e a cooperación entre iguais con especial atención á igualdade de xénero, a inclusión e a diversidade persoal e cultural. Estes contextos inclúen o persoal, o laboral, o escolar, o social, o científico e o humanístico. Ofrecen unha oportunidade para integrar as oito competencias clave e incluír a formulación dos grandes problemas que se lle presentan á humanidade. Os problemas relacionados co cambio climático (a deforestación, as catástrofes provocadas pola acción da especie humana), a sustentabilidade (os 7R para o ambiente, o consumo responsable, a globalización), os estilos de vida saudable ou a previsión de enfermidades son problemas cuxa formulación desde o punto de vista matemático espertan o interese do alumnado polas matemáticas e conciencian a este das consecuencias destes problemas para o futuro da nosa sociedade.

OBX2. Resolver situacións problematizadas, aplicando diferentes técnicas, experiencias vitais, estratexias e formas de razoamento, para explorar distintas maneiras de proceder, obter solucións e asegurar a súa validez desde un punto de vista formal e en relación co contexto exposto.

• A resolución de problemas constitúe unha parte fundamental da aprendizaxe das matemáticas: como obxectivo en si mesmo e como eixe metodolóxico para a construción do coñecemento matemático.

• Como obxectivo en si mesmo entran en xogo diferentes estratexias para obter as posibles solucións: analoxía, ensaio e erro, resolución inversa, tenteo, descomposición en problemas máis sinxelos... Coñecer unha variedade de estratexias permite abordar con seguridade futuros retos que se lle propoñan ao alumnado e facilita o establecemento de conexións. As estratexias non deben centrarse unicamente na resolución aritmética, senón que tamén se facilitarán situacións que poidan ser resoltas a través da manipulación de materiais, o deseño de representacións gráficas ou a argumentación verbal. A elección da estratexia e a súa periódica revisión durante a resolución do problema implica tomar decisións, anticipar a resposta, seguir as pautas establecidas, asumir riscos, proceder con flexibilidade e transformar o erro nunha oportunidade de aprendizaxe. Son procesos implicados na resolución de problemas a interpretación e representación da situación, determinación de datos útiles, hipóteses de resolución e proposta de plan, contraste e argumentación de puntos de vista, simbolización, elaboración, revisión do proceso e expresión da solución, verificación e interpretación en contexto dos resultados obtidos, expresión de forma clara, ordenada e nas unidades correctas con explicitación do proceso seguido.

• Como eixe metodolóxico proporciona novas conexións entre os coñecementos previos do alumnado adulto, construíndo así novos significados e coñecementos matemáticos que contribúen claramente á competencia STEM.

• Asegurar a validez das solucións supón razoar sobre o proceso seguido e avalialas en canto á súa corrección matemática. Con todo, tamén debe fomentarse a reflexión crítica sobre a idoneidade das solucións no contexto exposto e as implicacións que terían desde diversos puntos de vista (consumo responsable, saúde, ambiente, sustentabilidade).

OBX3. Explorar, formular e comprobar conxecturas sinxelas ou formular problemas de tipo matemático en situacións baseadas na vida cotiá, de forma guiada, recoñecendo o valor do razoamento e a argumentación, para contrastar a súa validez, adquirir e integrar novo coñecemento.

• O razoamento e o pensamento analítico incrementan a percepción de patróns, estruturas e regularidades, así como a observación e identificación de características, relacións e propiedades de obxectos. Con iso formúlanse conxecturas ou afirmacións en contextos cotiáns, desenvolvendo ideas, explorando fenómenos, argumentado conclusións e xerando novos coñecementos. A análise matemática contribúe, polo tanto, ao desenvolvemento do pensamento crítico, xa que implica analizar e profundar na situación ou problema, exploralo desde diferentes perspectivas, formular as preguntas adecuadas e ordenar as ideas de forma que teñan sentido.

• Lograr que o alumnado adulto detecte elementos matemáticos na contorna que o rodea ou en situacións da súa vida cotiá e laboral, facéndose preguntas ou formulando conxecturas, desenvolve unha actitude activa ante o traballo, así como unha actitude proactiva ante a aprendizaxe. Deste xeito contribúese ao incremento do razoamento e da análise crítica a través da observación e da reflexión. Ademais, desenvólvense e mellóranse destrezas comunicativas ao expresar o observado, as preguntas formuladas e o proceso de proba levado a cabo.

OBX4. Utilizar o pensamento computacional, organizando datos, descompoñendo en partes, recoñecendo patróns, xeneralizando e interpretando, modificando e creando algoritmos de forma guiada, para modelizar e automatizar situacións da vida cotiá.

• O pensamento computacional preséntase como unha das habilidades clave no futuro do alumnado, xa que entronca directamente coa resolución de problemas e coa formulación de procedementos. Require a abstracción para identificar os aspectos máis relevantes e a descomposición en tarefas máis simples para chegar ás posibles solucións que poidan ser executadas por un sistema informático, unha persoa ou unha combinación de ambos.

• Aplicar o pensamento computacional á resolución de problemas no contexto próximo (familiar, laboral, académico) do alumnado adulto implica analizar a información, descompoñer o problema e expresar nunha linguaxe simbólica cada unha das accións que hai que realizar para resolver a situación dada. Ademais, tamén implica unha previsión daquelas situacións que levarían a un bloqueo que impediría alcanzar o obxectivo perseguido. Desta forma, o alumnado anticípase a eses supostos e busca unha solución que resolva o problema nese caso.

OBX5. Recoñecer e utilizar conexións entre as diferentes ideas matemáticas, así como identificar as matemáticas noutras áreas ou na vida cotiá, interrelacionando conceptos e procedementos, para interpretar situacións e contextos diversos

• A conexión entre os diferentes obxectos matemáticos (conceptos, procedementos, sistemas de representación) achega unha compresión máis profunda e duradeira dos saberes adquiridos, proporcionando unha visión máis ampla sobre o propio coñecemento. Esta visión global e interrelacionada dos coñecementos contribúe á creación de conexións con outras áreas, así como coa vida cotiá do alumnado, por exemplo, na planificación e xestión da súa propia economía persoal ou na interpretación de información gráfica en diversos medios. Comprender que os saberes matemáticos non son elementos illados, senón que se interrelacionan entre si formando un todo, desenvolve a capacidade de comprensión da contorna e dos sucesos que nela acontecen, creando unha base sólida onde asentar novos coñecementos, reafirmar os adquiridos ou rectificalos, afrontar retos e adoptar decisións informadas.

• Doutra banda, o recoñecemento da conexión das matemáticas con outras áreas, coa vida real ou coa súa propia experiencia permítelle ao alumnado entender a utilidade das matemáticas. A vinculación coa música, a medicina, a física, a arte ou as ciencias sociais, por exemplo, esperta o interese do alumnado pola área e conciénciao da necesidade do seu estudo para a súa vida profesional e persoal.

OBX6. Comunicar e representar, de forma individual e colectiva, conceptos, procedementos e resultados matemáticos, utilizando a linguaxe oral, escrita, gráfica, multimodal e a terminoloxía matemática apropiada, para dar significado e permanencia ás ideas matemáticas.

• A comunicación e o intercambio de ideas é unha parte esencial da educación científica e matemática. A través da comunicación, as ideas, conceptos, procedementos e actitudes convértense en obxectos de reflexión, perfeccionamento, discusión, rectificación e validación. A capacidade de analizar verbalmente e expresar o razoado vese como unha necesidade para desenvolverse socialmente. O alumnado emprega o vocabulario matemático adecuado, organiza e expón as ideas que quere transmitir. Por outra banda, é capaz de comprender as ideas, conceptos e razoamentos expostos polo resto do alumnado, de forma que está en condicións de aceptar e rebater eses argumentos.

• Comunicar o pensamento matemático con claridade, coherencia e de forma adecuada á canle de comunicación contribúe a cooperar, afianzar e xerar novos coñecementos, reafirmar os adquiridos ou rectificalos. A representación matemática, como elemento comunicativo, utiliza unha variedade de linguaxes como a verbal, gráfica, simbólica ou tabular, a través de medios tradicionais e dixitais, que permiten expresar ideas matemáticas con precisión en contextos diversos (persoais, laborais, académicos, sociais, científicos e humanísticos). O alumnado debe recoñecer e comprender a linguaxe matemática presente en diferentes formatos e contextos, partindo dunha linguaxe próxima e adquirindo progresivamente a terminoloxía precisa e co rigor científico que caracteriza as matemáticas. Nesta comunicación ten especial relevancia que o alumnado adulto se conciencie e transmita a información matemática adecuando o formato da mensaxe á audiencia e ao propósito comunicativo.

OBX7. Desenvolver destrezas persoais que axuden a identificar e xestionar emocións ao enfrontarse a retos matemáticos, fomentando a confianza nas propias posibilidades, aceptando o erro como parte do proceso de aprendizaxe e adaptándose ás situacións de incerteza, para mellorar a perseveranza e gozar na aprendizaxe das matemáticas.

• Resolver problemas matemáticos ou retos máis globais en que interveñen as matemáticas debe ser unha tarefa gratificante. A adquisición e perfeccionamento de destrezas emocionais dentro da aprendizaxe das matemáticas fomenta o benestar do alumnado, diminúe a ansiedade e inseguridade e, en definitiva, aumenta o interese pola área. Para iso, o alumnado adulto debe identificar e xestionar as súas emocións, recoñecer as fontes de estrés, manter unha actitude positiva, ser perseverante e pensar de forma crítica e creativa. É fundamental entender o erro como unha oportunidade para construír aprendizaxe contribuíndo a desenvolver a resiliencia, ter unha actitude proactiva ante novos retos matemáticos e madurar e medrar de maneira persoal.

• Con todo iso contribúese a desenvolver unha disposición ante a aprendizaxe que fomente a transferencia das destrezas adquiridas a outros ámbitos da vida, favorecendo a aprendizaxe e o benestar persoal como parte integral do proceso vital das persoas. Neste ámbito é necesario traballar con perspectiva de xénero para favorecer unha efectiva igualdade de oportunidades.

OBX8. Desenvolver, perfeccionar e mellorar destrezas sociais, recoñecendo e respectando as emocións, as experiencias das e dos demais e o valor da diversidade, participando activamente en equipos de traballo heteroxéneos, mixtos e diversos con roles asignados, para construír unha identidade positiva como estudante de matemáticas, fomentar o benestar persoal e crear relacións saudables.

• Con este obxectivo de área preténdese fomentar os valores de respecto, igualdade e resolución pacífica de conflitos. Estes valores trabállanse á vez que o alumnado resolve os retos matemáticos propostos. Con iso desenvólvense destrezas de comunicación efectiva, planificación, indagación, motivación e confianza que crean relacións e contornas saudables de traballo. Neste contexto resulta adecuada a organización en equipos heteroxéneos, mixtos e diversos asumindo distintos roles tanto en equipos colaborativos como cooperativos. Desta forma, constrúense relacións saudables, solidarias e comprometidas, afiánzase a autoconfianza e normalízanse situacións inclusivas de convivencia en igualdade.

• A este obxectivo de área contribúe tamén o estudo da achega das matemáticas e dos matemáticos ao desenvolvemento das sociedades ao longo da historia, buscando a proximidade da área á súa vida e, polo tanto, aos seus intereses e motivacións.

• Desta forma, póñense á disposición do alumnado adulto ferramentas e estratexias de comunicación efectiva e de traballo en equipo como un recurso necesario na súa vida cotiá a nivel persoal e laboral. Así, trabállanse a escoita activa e a comunicación asertiva, o alumnado colabora de maneira creativa, crítica, igualitaria e responsable e abórdase a resolución de conflitos de maneira positiva, empregando unha linguaxe inclusiva e non violenta.

2.3. Criterios de avaliación e contidos.

Nivel I.

Ámbito da Competencia Matemática

Nivel I

Bloque 1. Sentido numérico

Criterios de avaliación

Obxectivos

• CA1.1. Mostrar actitudes positivas ante retos matemáticos tales como o esforzo e a flexibilidade, valorando o erro como unha oportunidade de aprendizaxe.

OBX7

• CA1.2. Interpretar, de forma verbal ou gráfica, problemas da vida cotiá, comprendendo as preguntas formuladas a través de diferentes estratexias ou ferramentas, incluídas as tecnolóxicas.

OBX1

• CA1.3. Producir representacións matemáticas, a través de esquemas ou diagramas, que axuden na resolución dunha situación problematizada.

OBX1

• CA1.4. Comparar entre diferentes estratexias para resolver un problema de forma pautada.

OBX2

• CA1.5. Obter posibles solucións dun problema seguindo algunha estratexia coñecida.

OBX2

• CA1.6. Analizar conxecturas matemáticas sinxelas investigando patróns, propiedades e relacións de forma pautada.

OBX3

• CA1.7. Empregar ferramentas tecnolóxicas adecuadas no proceso de resolución de problemas.

OBX4

• CA1.8. Interpretar situacións en contextos diversos, recoñecendo as conexións entre as matemáticas e a vida cotiá nos ámbitos familiar, académico e laboral.

OBX5

• CA1.9. Explicar os procesos e ideas matemáticas, os pasos seguidos na resolución dun problema ou os resultados obtidos utilizando unha linguaxe matemática sinxela en diferentes formatos.

OBX6

Contidos

• Contaxe.

– Estratexias para contar e recontar sistematicamente, a súa adaptación ao tamaño dos números, representación en situacións variadas e cotiáns con cantidades ata os millóns con explicación, comparación e reflexión sobre as estratexias e os procesos seguidos.

– Realización de series ascendentes e descendentes de números de forma simbólica e tecnolóxica (calculadora) como elemento facilitador do cálculo mental, interpretación da relación existente entre os diversos números e valoración do erro como unha oportunidade de aprendizaxe.

• Cantidade.

– Identificación, lectura e escritura de números naturais ata os millóns en textos e contextos familiares e habituais na contorna familiar, académica e laboral.

– Composición, descomposición e recomposición gráfica e simbólica de números naturais ata os millóns investigando propiedades e relacións, explicación do proceso e interpretación do valor posicional das cifras (unidades, decenas, centenas e milleiros).

– Estimación razoada de cantidades ata os millóns e redondeo en problemas cotiáns con estratexias diversificadas, descrición da idoneidade das solucións e aceptación do erro como parte do proceso de mellora.

– Expresión de particións, reparticións e relacións coa utilización de fraccións propias con denominador ata 12 en contextos da vida cotiá.

– Identificación, lectura, escritura e representación de fraccións propias con denominador ata 12 en textos e contextos familiares e habituais.

• Sentido das operacións.

– Estratexias de cálculo mental para resolver operacións de suma, resta, multiplicación e división en situacións habituais e significativas, explicación das estratexias e dos procesos seguidos, aceptación dos erros como unha oportunidade de aprendizaxe ou reafirmación de coñecementos previos e como recurso para evitar a frustración.

– Estratexias de cálculo mental con fraccións, con denominador ata 12, en contextos cotiáns con explicación do proceso seguido e das estratexias usadas.

– Resolución de problemas da vida cotiá que impliquen a comprensión da utilidade das sumas, restas, multiplicacións e divisións e o seu uso con flexibilidade e sentido, seguindo os procesos adecuados.

– Procesos na resolución de problemas: interpretación e representación da situación, determinación de datos útiles, formulación de hipóteses de resolución e proposta de plan, contraste de puntos de vista, simbolización, elaboración e expresión da solución, verificación e interpretación en contexto dos resultados obtidos, expresión de forma ordenada e nas unidades correctas con explicitación do proceso seguido.

– Resolución de operacións combinadas en problemas contextualizados con atención á súa xerarquía, aplicación das súas propiedades, as estratexias persoais e os procedementos máis adecuados segundo a natureza do cálculo: mental, estimacións, algoritmos ou calculadora.

– Estratexias e ferramentas de resolución de sumas, restas, multiplicacións e divisións de números naturais con flexibilidade e sentido en situacións contextualizadas: propiedades das operacións.

– Formulación de problemas que se resolvan con sumas (como incremento), restas (como diminución, comparación e complemento), multiplicacións (como suma abreviada, repetición e operador multiplicativo) ou divisións (como repartición ou agrupación) baseados en situacións familiares, académicas e laborais da vida cotiá que permitan establecer conexións con experiencias propias.

– Uso de calculadora como recurso para verificar os resultados de operacións realizadas en problemas, unha vez establecida a idoneidade do proceso.

• Relacións.

– Sistema de numeración de base dez para a súa aplicación na comprensión do valor posicional das cifras dos números ata os millóns e as súas equivalencias, aplicación nas relacións que xera nas operacións.

– Resolución de problemas cotiáns que impliquen a comparación e ordenación de números cardinais ata os millóns e ordinais cun uso adecuado da simboloxía das relacións, interpretación e expresión do resultado, exacto ou estimado, segundo a situación.

– Estratexias gráficas para establecer relacións entre a suma e a resta, a suma e a multiplicación, a división e a resta, a multiplicación e a división: aplicación en contextos cotiáns.

– Identificación da relación entre a multiplicación e a superficie dos rectángulos.

• Educación financeira.

– Identificación do valor e das equivalencias entre as diferentes moedas e billetes do sistema monetario da Unión Europea, con emprego desas equivalencias para resolver problemas de compravenda en situacións reais e simuladas.

– Identificación e experimentación na vida cotiá (nos ámbitos familiar, académico e laboral) de situacións que requiran administración do diñeiro (ingresos e gastos), fomento do aforro e do consumo responsable en contextos simulados ou reais.

– Estimación e cálculo do gasto para realizar e das moedas e billetes necesarios para pagar, así como do cambio, en problemas da vida cotiá, no ámbito familiar, académico e laboral, contraste das estimacións e rectificación en función deses contrastes.

– Formulación e resolución de problemas, de maneira individual e en equipo, en que sexa necesario o uso de moedas e billetes relacionados co sistema monetario europeo: orzamentos sinxelos, situacións de compra e venda, planificación de aforro necesario… con verificación do resultado e da necesidade de rectificar en función do erro.

Bloque 2. Sentido da medida

Criterios de avaliación

Obxectivos

• CA2.1. Participar na repartición de tarefas, asumindo e respectando as responsabilidades individuais asignadas e empregando estratexias cooperativas de traballo en equipo dirixidas á consecución de obxectivos compartidos.

OBX8

• CA2.2. Comparar entre diferentes estratexias para resolver un problema de forma pautada.

OBX2

• CA2.3. Obter posibles solucións dun problema seguindo algunha estratexia coñecida.

OBX2

• CA2.4. Demostrar a corrección matemática das solucións dun problema e a súa coherencia no contexto exposto.

OBX2

• CA2.5. Realizar conexións entre os diferentes elementos matemáticos aplicando coñecementos e experiencias propios.

OBX5

• CA2.6. Interpretar situacións en contextos diversos recoñecendo as conexións entre as matemáticas e a vida cotiá.

OBX5

• CA2.7. Recoñecer a linguaxe matemática sinxela presente na vida cotiá en diferentes formatos, adquirindo vocabulario específico básico e mostrando a comprensión da mensaxe.

OBX6

• CA2.8. Explicar os procesos e ideas matemáticas, os pasos seguidos na resolución dun problema ou os resultados obtidos utilizando unha linguaxe matemática sinxela en diferentes formatos.

OBX6

Contidos

• Magnitude.

– Recoñecemento e explicación de características mensurables dos elementos do medio (lonxitude, superficie, masa, capacidade, temperatura, tempo e amplitude de ángulos) mediante a observación da realidade próxima.

– Recoñecemento de unidades non convencionais e convencionais (km, m, cm, mm; kg, g; l, cl, ml e graos centígrados) para a realización de medicións adecuadas en situacións cotiáns que permitan calcular itinerarios, construír figuras planas, comparar capacidades e calcular intervalos de temperatura.

– Recoñecemento, ordenación, clasificación e uso das unidades de medida do tempo (ano, estación, mes, semana, día, hora, e minuto e segundo) en situacións habituais e da contorna, determinación da duración dos períodos de tempo e a medida máis adecuada en cada situación.

– Lectura e escritura da hora en reloxos analóxicos e dixitais de forma contextualizada para planificar, regular, coñecer a duración, inicio ou finalización dun suceso, calcular intervalos, facer horarios…

• Medición.

– Resolución de problemas, de forma individual e en equipo, que impliquen a realización de medicións convencionais e non convencionais no contexto escolar: selección do instrumento adecuado, elección das unidades máis apropiadas ao contexto e tamaño, demostrando coñecemento das equivalencias entre medidas, medición con precisión, contraste dos resultados, expresión correcta das unidades, con control e expresión verbal e gráfica do proceso seguido.

• Estimación e relacións.

– Estratexias de comparación e ordenación de medidas da mesma magnitude (km, m, cm, mm; kg, g; l e ml; mes, semana, día, hora, minuto e segundo): aplicación de equivalencias entre unidades na resolución de problemas da vida cotiá que impliquen a conversión en unidades máis pequenas e máis grandes.

– Estratexias de estimación de medidas (de lonxitude, masa, capacidade, tempo e temperatura) por comparación con unidades de medida coñecidas convencionais e non convencionais en contextos habituais, con contraste dos resultados e análise da desviación como parte do proceso de aprendizaxe.

– Relación entre as medidas de tempo en reloxos analóxicos e dixitais.

– Utilización das medidas de tempo (minutos e segundos) na planificación do traballo, no relato de experiencias persoais e na xestión de emocións: tempo de espera, tempo de calma, quendas de intervención.

Bloque 3. Sentido espacial

Criterios de avaliación

Obxectivos

• CA3.1. Traballar en equipo activa e respectuosamente comunicándose adecuadamente, respectando a diversidade do grupo e establecendo relacións saudables baseadas no respecto, a igualdade e a resolución pacífica de conflitos.

OBX8

• CA3.2. Producir representacións matemáticas, a través de esquemas ou diagramas, que axuden na resolución dunha situación problematizada.

OBX1

• CA3.3. Comparar entre diferentes estratexias para resolver un problema de forma pautada.

OBX2

• CA3.4. Automatizar situacións sinxelas da vida cotiá que se realicen paso a paso ou sigan unha rutina utilizando de forma pautada principios básicos do pensamento computacional.

OBX4

• CA3.5. Realizar conexións entre os diferentes elementos matemáticos aplicando coñecementos e experiencias propios.

OBX5

• CA3.6. Interpretar situacións en contextos diversos, recoñecendo as conexións entre as matemáticas e a vida cotiá.

OBX5

• CA3.7. Recoñecer a linguaxe matemática sinxela presente na vida cotiá en diferentes formatos, adquirindo un vocabulario específico básico e mostrando a comprensión da mensaxe.

OBX6

• CA3.8. Explicar os procesos e ideas matemáticas, os pasos seguidos na resolución dun problema ou os resultados obtidos utilizando unha linguaxe matemática sinxela en diferentes formatos.

OBX6

Contidos

• Figuras xeométricas de dúas e tres dimensións.

– Interpretación e elaboración de mensaxes e descricións que supoñan a identificación e clasificación de figuras xeométricas e dos seus elementos (lados, vértices, ángulos), as relacións entre eles, propiedades e tipoloxía en obxectos e imaxes da súa contorna.

– Resolución de problemas que impliquen o recoñecemento, clasificación e descrición de corpos xeométricos (cubo, prismas, pirámides, cilindros, conos e esferas) en obxectos e imaxes da súa contorna e súa experiencia persoal con explicación do proceso seguido, demostrando curiosidade por descubrir relacións.

– Exploración individual e en equipo de propiedades de figuras xeométricas de dúas e tres dimensións mediante materiais manipulables (cuadrículas, xeoplanos, policubos, bloques xeométricos, organicubos, katamino, crebacabezas xeométricos, tangram...) e o manexo de ferramentas dixitais (realidade aumentada, robótica educativa, xeometría dinámica) para buscar regularidades, comparalas e clasificalas con criterios sinxelos con explicación do proceso.

– Estratexias e técnicas de construción de figuras xeométricas de dúas dimensións por composición e descomposición, mediante materiais manipulables e instrumentos de debuxo (regra e escuadro) con explicación do proceso.

• Localización e sistemas de representación.

– Interpretación e descrición da posición relativa de obxectos do espazo real, mapas, planos e textos co vocabulario xeométrico adecuado (perpendicularidade, aliñamento, paralelismo, angularidade) e a súa representación.

– Interpretación, descrición, elaboración e representación, con estratexias persoais e contrastadas en equipo, de itinerarios en planos, bosquexos, mapas e maquetas sinxelas con uso de soportes físicos e virtuais partindo do espazo coñecido ou simulado.

• Movementos e transformacións.

– Descrición verbal e interpretación de información sobre movementos, translacións e simetrías de obxectos e outros elementos do contexto con vocabulario xeométrico adecuado.

– Xeración de figuras a partir de simetrías e translacións dun patrón inicial e predición do resultado: aplicación á creación artística.

• Visualización, razoamento e modelización xeométrica.

– Resolución e formulación de problemas da vida cotiá ou da experiencia persoal ou laboral que impliquen o uso de estratexias variadas para o cálculo de perímetros de figuras planas, contraste de estratexias e resultados.

– Resolución individual e en equipo de problemas xeométricos que impliquen o coñecemento de figuras, as súas relacións e propiedades, utilizando estratexias de clasificación, uso de exemplos contrarios, creación de hipóteses e construción, argumentación e toma de decisións.

– Resolución de problemas da vida cotiá e da experiencia persoal empregando o modelo xeométrico e a representación matemática da situación que hai que resolver.

– Recoñecemento de relacións xeométricas, posicións, movementos, simetrías e translacións na linguaxe oral e escrita, en contextos lúdicos, artísticos, científicos, técnicos e en calquera outro ámbito da vida cotiá.

Bloque 4. Sentido alxébrico e pensamento computacional

Criterios de avaliación

Obxectivos

• CA4.1. Identificar as emocións propias ao abordar novos retos matemáticos, pedindo axuda só cando sexa necesario e traballando a autoconfianza.

OBX7

• CA4.2. Producir representacións matemáticas, a través de esquemas ou diagramas, que axuden na resolución dunha situación problematizada.

OBX1

• CA4.3. Comparar entre diferentes estratexias para resolver un problema de forma pautada.

OBX2

• CA4.4. Obter posibles solucións dun problema seguindo algunha estratexia coñecida.

OBX2

• CA4.5. Analizar conxecturas matemáticas sinxelas investigando patróns, propiedades e relacións de forma pautada.

OBX3

Criterios de avaliación

Obxectivos

• CA4.6. Automatizar situacións da vida cotiá no ámbito persoal e laboral que se realicen paso a paso ou sigan unha rutina utilizando de forma pautada principios básicos do pensamento computacional.

OBX4

• CA4.7. Empregar ferramentas tecnolóxicas adecuadas no proceso de resolución de problemas.

OBX4

• CA4.8. Realizar conexións entre os diferentes elementos matemáticos, aplicando coñecementos e experiencias propios.

OBX5

• CA4.9. Explicar os procesos e ideas matemáticas, os pasos seguidos na resolución dun problema ou os resultados obtidos utilizando unha linguaxe matemática sinxela en diferentes formatos.

OBX6

Contidos

• Patróns.

– Estratexias para a identificación, descrición verbal, representación, predición razoada e creación de termos a partir das regularidades nunha colección de números, figuras ou imaxes con anticipación ou extensión da secuencia.

• Modelo matemático.

– Resolución de problemas da vida cotiá, no ámbito familiar, académico e laboral, seguindo un proceso pautado de modelización con debuxos, esquemas, diagramas, guión de preguntas para a interpretación do enunciado, recoñecemento de datos útiles, elaboración e contraste de hipóteses, procura do plan de acción, perseveranza na solución, simbolización e realización dos cálculos, comprobación de solucións, expresión clara e correcta do resultado, revisión da súa idoneidade, rectificación, se é necesaria, e explicación do realizado.

• Relacións e funcións.

– Comparación entre expresións que inclúan obxectos, números, operacións e as súas propiedades con explicación das relacións de igualdade e desigualdade no contexto cotián e uso adecuado da simboloxía (=, ≠, >, <, ≥, ≤).

– Obtención de datos sinxelos descoñecidos (representados por medio dun símbolo) ou compleción de datos en relacións de igualdade en xogos e retos matemáticos, con persistencia na obtención, contraste e comprobación de que o dato obtido é correcto.

• Pensamento computacional.

– Estratexias para a interpretación, modificación e representación de algoritmos sinxelos relacionados co contexto cotián, en regras de xogos, instrucións secuenciais, bucles, patróns repetitivos, programación por bloques, robótica educativa…

Bloque 5. Sentido estocástico

Criterios de avaliación

Obxectivos

• CA5.1. Traballar en equipo activa e respectuosamente comunicándose adecuadamente, respectando a diversidade do grupo e establecendo relacións saudables baseadas no respecto, a igualdade e a resolución pacífica de conflitos.

OBX8

• CA5.2. Interpretar, de forma verbal ou gráfica, problemas da vida cotiá, comprendendo as preguntas formuladas a través de diferentes estratexias ou ferramentas, incluídas as tecnolóxicas.

OBX1

• CA5.3. Comparar entre diferentes estratexias para resolver un problema de forma pautada.

OBX2

• CA5.4. Obter posibles solucións dun problema seguindo algunha estratexia coñecida.

OBX2

• CA5.5. Dar exemplos de problemas sobre situacións cotiáns e de experiencias persoais que se resolven matematicamente.

OBX3

• CA5.6. Interpretar situacións en contextos diversos recoñecendo as conexións entre as matemáticas e a vida cotiá.

OBX5

• CA5.7. Recoñecer a linguaxe matemática sinxela presente na vida cotiá en diferentes formatos, adquirindo vocabulario específico básico e mostrando a comprensión da mensaxe.

OBX6

• CA5.8. Explicar os procesos e ideas matemáticas, os pasos seguidos na resolución dun problema ou os resultados obtidos utilizando unha linguaxe matemática sinxela en diferentes formatos.

OBX6

Contidos

• Organización e análise de datos.

– Resolución de problemas contextualizados que impliquen o uso de estratexias guiadas para a recollida, clasificación, ordenación, reconto, rexistro (táboas de dobre entrada, gráficas, rexistro simbólico) e comunicación de datos cualitativos cuantificables ou cuantitativos discretos de mostras pequenas e representación en gráficas destes mediante recursos tradicionais e aplicacións informáticas sinxelas.

– Extracción, interpretación e explicación de información relacionada co contexto familiar, laboral e próximo a través da lectura individual e en equipos de gráficos estatísticos (pictogramas, diagramas de barras, histogramas); uso desa información na resolución de problemas.

– Identificación da moda como o dato máis frecuente en conxuntos de datos.

– Comparación gráfica de dous conxuntos de datos para establecer relacións e extraer conclusións.

• Incerteza.

– Identificación e recoñecemento da incerteza en situacións da vida cotiá a través de experimentos baseados en xogos como cartas, dados, moedas…

– Utilización de expresións como seguro, posible e imposible na valoración de resultados de experiencias lúdicas ou cotiáns sinxelas en que intervén o azar e identificación de sucesos aleatorios no seu contorno próximo.

– Comparación da probabilidade de dous sucesos de forma intuitiva.

• Inferencia.

– Formulación de conxecturas a partir dos datos recollidos e analizados, dándolles sentido no contexto de estudo.

Bloque 6. Sentido socioemocional

Criterios de avaliación

Obxectivos

• CA6.1. Identificar as emocións propias ao abordar novos retos matemáticos, pedindo axuda só cando sexa necesario, traballando a autoconfianza.

OBX 7

• CA6.2. Mostrar actitudes positivas ante novos retos matemáticos, tales como o esforzo e a flexibilidade, valorando o erro como unha oportunidade de aprendizaxe.

OBX 7

• CA6.3. Traballar en equipo activa e respectuosamente, comunicándose adecuadamente, respectando a diversidade do grupo e establecendo relacións saudables baseadas no respecto, a igualdade e a resolución pacífica de conflitos.

OBX 8

• CA6.4. Participar na repartición de tarefas, asumindo e respectando as responsabilidades individuais asignadas e empregando estratexias cooperativas de traballo en equipo dirixidas á consecución de obxectivos compartidos.

OBX 8

• CA6.5. Analizar conxecturas matemáticas sinxelas investigando patróns, propiedades e relacións de forma pautada.

OBX 3

• CA6.6. Realizar conexións entre os diferentes elementos matemáticos, aplicando coñecementos e experiencias propios.

OBX 5

• CA6.7. Interpretar situacións en contextos diversos, recoñecendo as conexións entre as matemáticas e a vida cotiá.

OBX 5

• CA6.8. Explicar os procesos e ideas matemáticas, os pasos seguidos na resolución dun problema ou os resultados obtidos utilizando unha linguaxe matemática sinxela en diferentes formatos.

OBX 6

Contidos

• Crenzas, actitudes e emocións.

– Recoñecemento das emocións que poidan facilitar ou prexudicar a aprendizaxe das matemáticas e regulación destas segundo conveña.

– Recursos e estratexias para regular ou tolerar a frustración ante tarefas matemáticas: recoñecemento das emocións implicadas e a súa expresión, relaxación para rebaixar a intensidade desas emocións, fixación de metas e obxectivos realistas e conseguibles, autocontrol e aprendizaxe positiva.

– Traballar a autonomía e a aplicación de estratexias para a toma de decisións en situacións de resolución de problemas: ofrecendo alternativas, resolvendo retos, estimulando o razoamento e reforzando os logros.

– Realización de investigacións matemáticas individuais e en equipo como estratexia para fomentar a curiosidade, o interese e a iniciativa na súa aprendizaxe.

– Os xogos matemáticos individuais en formato dixital, impreso e manipulativo como reafirmación da perseveranza, confianza nas propias posibilidades e a superación persoal.

– Os enigmas, adiviñas, procura de pistas, xeroglíficos, codificación, pasatempos e retos matemáticos para incrementar a creatividade, curiosidade e gusto polas matemáticas.

– Presentación limpa, clara e ordenada do traballo matemático que permita revisar, rectificar o proceso ou algunha das súas fases e compartir o realizado.

• Traballo en equipos: inclusión, respecto e diversidade.

– Uso de actitudes inclusivas e non discriminatorias durante a realización das tarefas matemáticas en equipo con comprensión das emocións e experiencias das demais persoas, sensibilidade e respecto polas diferenzas.

– Os equipos colaborativos e cooperativos para clarificar tarefas, debater propostas, chegar a acordos, contrastar opcións, revisar e analizar producións: escoita e participación activa, responsabilidade e exixibilidade individual, interdependencia positiva, respecto polas contribucións de todas as persoas membros do equipo.

– Estratexias guiadas de planificación, control e organización do traballo en equipos para xestionar o tempo, a realización das tarefas, o establecemento de obxectivos de equipo, a repartición equitativa e rotatoria de roles en interacción simultánea e a avaliación do funcionamento do equipo.

– Valoración da contribución das matemáticas aos distintos ámbitos do coñecemento humano desde unha perspectiva de xénero.

– Recoñecemento das contribucións de matemáticas e matemáticos a diversos ámbitos do saber como mecanismo de construción dunha identidade positiva propia.

Nivel II.

Ámbito da Competencia Matemática

Nivel II

Bloque 1. Sentido numérico

Criterios de avaliación

Obxectivos

• CA1.1. Elixir actitudes positivas ante novos retos matemáticos, tales como a perseveranza e a responsabilidade, valorando o erro como unha oportunidade de aprendizaxe.

OBX7

• CA1.2. Comprender problemas da vida cotiá e da contorna a través da reformulación da pregunta, de forma verbal e gráfica.

OBX1

Criterios de avaliación

Obxectivos

• CA1.3. Seleccionar entre diferentes estratexias para resolver un problema, xustificando a elección.

OBX2

• CA1.4. Obter posibles solucións dun problema, seleccionando entre varias estratexias coñecidas de forma autónoma.

OBX2

• CA1.5. Formular conxecturas matemáticas, investigando patróns, propiedades e relacións de forma autónoma ou guiada cando sexa necesario.

OBX3

• CA1.6. Formular novos problemas sobre situacións cotiáns e relacionadas coa experiencia persoal e laboral que se resolvan matematicamente.

OBX3

• CA1.7. Empregar ferramentas tecnolóxicas adecuadas na investigación e resolución de problemas.

OBX4

• CA1.8. Utilizar as conexións entre as matemáticas, outras áreas e a vida cotiá nos ámbitos familiar, académico e laboral para resolver problemas en contextos non matemáticos.

OBX5

• CA1.9. Comunicar en diferentes formatos as conxecturas e procesos matemáticos, utilizando linguaxe matemática adecuada.

OBX6

Contidos

• Contaxe.

– Estratexias para contar e recontar sistematicamente, a súa adaptación ao tamaño dos números, representación en situacións variadas e cotiáns con explicación, comparación e reflexión sobre as estratexias e os procesos seguidos.

– Realización de series ascendentes e descendentes como elemento facilitador do cálculo mental, con aceptación do erro como unha oportunidade de aprendizaxe.

• Cantidade.

– Lectura, escritura, ordenación e representación de números naturais e decimais ata as milésimas en textos e contextos habituais.

– Identificación, lectura, escritura, ordenación e representación de fraccións en textos e contextos familiares, laborais, e académicos e habituais.

– Identificación, lectura, escritura, ordenación e representación de números enteiros en textos e contextos familiares, laborais, e académicos e habituais.

– Composición, descomposición e recomposición de forma gráfica e simbólica de números naturais e decimais ata as milésimas, con investigación de propiedades e relacións, explicación do proceso e interpretación do valor posicional das cifras.

– Estimacións, aproximacións razoadas e redondeo de cantidades con números naturais e decimais ata as milésimas en problemas cotiáns resoltos con estratexias diversas, descrición da idoneidade das solucións e aceptación do erro como parte do proceso de mellora.

– Expresión de fraccións e decimais en problemas sobre a vida cotiá; selección da expresión máis adecuada para cada situación.

• Sentido das operacións.

– Estratexias de cálculo mental para resolver operacións con números naturais, fraccións e decimais en situacións habituais e significativas, con explicación das estratexias e os procesos seguidos, aceptación do erro como unha oportunidade para a aprendizaxe e como recurso para evitar a frustración.

– Resolución de problemas contextualizados que impliquen a comprensión da utilidade das operacións aritméticas con números naturais, decimais e fraccións, e o seu uso con flexibilidade e sentido, seguindo os procesos adecuados.

– Procesos na resolución de problemas: interpretación e representación da situación, determinación de datos útiles, formulación de hipóteses de resolución e proposta de plan, contraste e argumentación de puntos de vista, simbolización, elaboración, revisión do proceso, expresión da solución de forma clara, ordenada e coas unidades correctas, verificación e interpretación en contexto dos resultados obtidos con explicitación do proceso seguido.

– Resolución de problemas contextualizados con operacións combinadas con atención á súa xerarquía, aplicando as súas propiedades, as estratexias persoais e os procedementos de cálculo mental, estimacións, algoritmos ou calculadora que se precisen segundo a natureza do cálculo.

– Creación e formulación de problemas que se resolvan mediante operacións aritméticas (con números naturais, fraccións, decimais e porcentaxes) baseados en situacións familiares e cotiáns, relacionados coa experiencia persoal, académica e laboral, que permitan establecer conexións con experiencias propias.

– Uso de calculadora como recurso para a autocorrección de resultados de operacións realizadas en problemas unha vez establecida a idoneidade do proceso, para a investigación de patróns e propiedades numéricas e como procedemento útil en cálculos complexos.

– Construción e representación de cadrados, cubos e potencias de base 10 como produto de factores iguais, investigación de patróns e propiedades, como introdución ás potencias, medidas de superficie e volume.

• Relacións.

– Sistema de numeración de base dez para a súa aplicación na comprensión do valor posicional das cifras dos números naturais e decimais (ata as milésimas) e as súas equivalencias; aplicación nas relacións que xera nas operacións.

– Comparación e ordenación de números naturais, decimais ata as milésimas e fraccións como solución de problemas de situacións cotiáns, con interpretación e expresión do resultado exacto ou estimado da comparación e uso adecuado da simboloxía das relacións numéricas.

– Resolución de problemas que impliquen o uso de fraccións con comparación entre elas, procura de equivalencias por ampliación ou redución, sumando, restando… seguindo as estratexias adecuadas, con explicación do proceso seguido na resolución.

– Estratexias gráficas e simbólicas para establecer relacións entre as operacións aritméticas de suma e multiplicación, suma e resta, resta e división, multiplicación e división, multiplicación e potencia, fracción e división; aplicación en contextos habituais da vida cotiá e da contorna do alumnado adulto.

– Construción gráfica e obxectiva con regras, cuadrículas, tramas de puntos… de múltiplos e divisores para investigar a relación de divisibilidade. Utilización da táboa de multiplicar para identificar múltiplos e divisores e a relación entre eles.

– Exploración de relacións de divisibilidade entre dous números con estratexias diversas, comprobación do resultado e aceptación do erro como parte do proceso.

– Investigación e comprobación de relación entre fraccións sinxelas, decimais e porcentaxes en situacións habituais da vida cotiá do alumnado adulto.

• Razoamento proporcional.

– Identificación de situacións proporcionais e non proporcionais como comparación multiplicativa entre magnitudes en problemas da vida cotiá.

– Formulación e resolución de problemas, individualmente e en equipo, que impliquen o uso de proporcionalidade, porcentaxes e escalas na vida laboral e cotiá, mediante a igualdade entre razóns, a redución á unidade e o uso de coeficientes de proporcionalidade, seguindo a estratexia adecuada, con explicación do proceso seguido na resolución.

• Educación financeira.

– Resolución de problemas en situacións cotiáns que requiran unha correcta administración do diñeiro e consumo responsable (valor/prezo, calidade/prezo, mellor prezo), con análise crítica de aspectos relacionados co diñeiro, usando textos cotiáns físicos (folletos, carteis, informes) ou dixitais para comparar e elixir a mellor opción nunha compra simulada ou real.

– Formulación e resolución de problemas que impliquen a elección dun produto para partir da análise das relacións valor/prezo e calidade/prezo entre as diferentes opcións buscadas, xustificación da decisión tomada e proposta de alternativas.

Bloque 2. Sentido da medida

Criterios de avaliación

Obxectivos

• CA2.1. Colaborar na repartición de tarefas, asumindo e respectando as responsabilidades individuais asignadas e empregando estratexias cooperativas dirixidas á consecución de obxectivos compartidos.

OBX8

• CA2.2. Seleccionar entre diferentes estratexias para resolver un problema, xustificando a elección.

OBX2

• CA2.3. Obter posibles solucións dun problema, seleccionando entre varias estratexias coñecidas de forma autónoma.

OBX2

• CA2.4. Comprobar a corrección matemática das solucións dun problema e a súa coherencia no contexto exposto.

OBX2

• CA2.5. Utilizar conexións entre diferentes elementos matemáticos mobilizando coñecementos e experiencias propios.

OBX5

• CA2.6. Utilizar as conexións entre as matemáticas, outras áreas e a vida cotiá para resolver problemas en contextos non matemáticos.

OBX5

• CA2.7. Interpretar a linguaxe matemática sinxela presente na vida cotiá en diferentes formatos, adquirindo vocabulario apropiado e mostrando a comprensión da mensaxe.

OBX6

• CA2.8. Comunicar en diferentes formatos as conxecturas e procesos matemáticos, utilizando linguaxe matemática adecuada.

OBX6

Contidos

• Magnitude.

– Recoñecemento, ordenación, clasificación e uso das unidades de medida do sistema métrico decimal (lonxitude, masa, capacidade, volume e superficie), do tempo, da temperatura e de ángulos (graos) en situacións habituais e da súa contorna, determinación da medida máis adecuada en cada situación.

• Medición.

– Resolución de problemas, de forma individual e en equipo, que impliquen a realización de medicións no contexto académico, persoal e laboral, selección e uso do instrumento adecuado (analóxico ou dixital), elección das unidades máis apropiadas ao contexto e tamaño, demostrando coñecemento das equivalencias entre medidas, medición precisa, valoración e contraste dos resultados, expresión correcta de forma simple e complexa das unidades, control do proceso seguido e explicación verbal deste.

• Estimación e relacións.

– Estratexias de comparación, ordenación, composición e descomposición de medidas da mesma magnitude e aplicación de equivalencias entre unidades para resolver problemas da vida cotiá que impliquen a conversión de unidades.

– Resolución de retos e problemas que permitan observar e comprobar a relación existente entre o sistema métrico decimal e o sistema de numeración decimal.

– Estratexias para a estimación de medidas do sistema métrico decimal, de ángulos, tempo e temperatura por comparación con unidades de medida coñecidas e a súa aplicación en contextos habituais, con verificación dos resultados, comprobación de se son posibles ou non e análise da desviación como parte do proceso de aprendizaxe.

– Interiorización de medidas de tempo na xestión das emocións, vivencia do tempo de espera, o tempo de calma, as quendas de intervención, a percepción emocional do tempo… na planificación do traballo e nas secuencias temporais das súas producións orais e escritas.

Bloque 3. Sentido espacial

Criterios de avaliación

Obxectivos

• CA3.1. Traballar en equipo activa, respectuosa e responsablemente, mostrando iniciativa, comunicándose de forma efectiva, valorando a diversidade, mostrando empatía e establecendo relacións saudables baseadas no respecto, a igualdade e a resolución pacífica de conflitos.

OBX8

• CA3.2. Elaborar representacións matemáticas que axuden na procura e elección de estratexias e ferramentas, incluídas as tecnolóxicas, para a resolución dunha situación problematizada.

OBX1

Criterios de avaliación

Obxectivos

• CA3.3. Seleccionar entre diferentes estratexias para resolver un problema, xustificando a elección.

OBX2

• CA3.4. Formular conxecturas matemáticas investigando patróns, propiedades e relacións de forma autónoma ou guiada cando sexa necesario.

OBX3

• CA3.5. Utilizar conexións entre diferentes elementos matemáticos mobilizando coñecementos e experiencias propios.

OBX5

• CA3.6. Utilizar as conexións entre as matemáticas, outras áreas e a vida cotiá para resolver problemas en contextos non matemáticos.

OBX5

• CA3.7. Interpretar a linguaxe matemática sinxela presente na vida cotiá en diferentes formatos, adquirindo vocabulario apropiado e mostrando a comprensión da mensaxe.

OBX6

• CA3.8. Comunicar en diferentes formatos as conxecturas e procesos matemáticos, utilizando linguaxe matemática adecuada.

OBX6

Contidos

• Figuras xeométricas de dúas e tres dimensións.

– Interpretación e elaboración de mensaxes e descricións relativas ao seu contorno físico, aos obxectos e á arte con vocabulario adecuado relacionado con figuras e corpos xeométricos, relacións (paralelismo, perpendicularidade, simetría) e posicións ou elementos referenciais (coordenadas, puntos cardinais, distancias, ángulos e xiros).

– Exploración individual e en equipo de propiedades de figuras xeométricas de dúas e tres dimensións mediante materiais manipulables como cuadrículas, xeoplanos, policubos, bloques xeométricos, organicubos, katamino, crebacabezas xeométricos, tangram… e o manexo de ferramentas dixitais de xeometría dinámica, realidade aumentada e robótica educativa para a procura de regularidades, comparación e clasificación con criterios sinxelos e explicación do proceso.

– Resolución de problemas contextualizados que impliquen o recoñecemento, clasificación e descrición de corpos xeométricos en obxectos e imaxes, demostrando curiosidade por descubrir propiedades e relacións, con explicación do proceso seguido.

– Estratexias e técnicas de construción de figuras e corpos xeométricos por composición e descomposición, mediante materiais manipulables, instrumentos de debuxo (regra, escuadro, compás) e aplicacións informáticas, con explicación do proceso.

• Localización e sistemas de representación.

– Interpretación e descrición co uso de vocabulario adecuado das direccións e da posición relativa en planos e mapas a partir de puntos de referencia (incluídos os puntos cardinais), cálculo de distancias e escalas en soportes físicos e virtuais.

– Descrición de posicións e movementos no primeiro cuadrante do sistema de coordenadas cartesiano a través de retos (gráficos, robótica educativa), identificando utilidades habituais.

– Elaboración e descrición de itinerarios, desprazamentos e movementos en planos, bosquexos, mapas e maquetas con representación de situacións da vida cotiá.

• Movementos e transformacións.

– Identificación de figuras transformadas, observando translacións, xiros e simetrías.

– Xeración de figuras transformadas a partir dun patrón, con predicións sobre o resultado e contraste das opinións en equipo.

– Identificación de figuras semellantes en situacións da vida cotiá.

– Xeración de figuras semellantes a partir de simetrías e translacións dun patrón inicial con predición do resultado.

• Visualización, razoamento e modelización xeométrica.

– Resolución e formulación de problemas da vida cotiá do alumnado adulto que impliquen o uso de estratexias variadas para o cálculo de perímetros e áreas de figuras planas, con contraste de estratexias e resultados.

– Resolución de problemas xeométricos que impliquen o coñecemento de figuras e corpos, as súas relacións e propiedades, utilizando un modelo (estratexias de clasificación, exemplos contrarios, formulación de hipóteses, construción, argumentación e toma de decisións).

– Resolución de problemas da vida cotiá con emprego do modelo xeométrico e a representación matemática da situación que hai que resolver.

– Utilización de instrumentos de debuxo (regra, escuadro, compás e transportador de ángulos) e programas de xeometría dinámica para a elaboración de conxecturas sobre propiedades xeométricas.

– Recoñecemento de relacións xeométricas, posicións, movementos, simetrías e translacións en contextos artísticos, científicos, técnicos, e en calquera outro ámbito da vida cotiá do alumnado adulto.

Bloque 4. Sentido alxébrico e pensamento computacional

Criterios de avaliación

Obxectivos

• CA4.1. Ser consciente das emocións propias e recoñecer algunhas fortalezas e debilidades, traballando así a autoconfianza ao abordar novos retos matemáticos.

OBX7

• CA4.2. Elaborar representacións matemáticas que axuden na procura e elección de estratexias e ferramentas, incluídas as tecnolóxicas, para a resolución dunha situación problematizada.

OBX1

• CA4.3. Seleccionar entre diferentes estratexias para resolver un problema, xustificando a elección.

OBX2

• CA4.4. Obter posibles solucións dun problema, seleccionando entre varias estratexias coñecidas de forma autónoma.

OBX2

• CA4.5. Formular conxecturas matemáticas de dificultade progresiva investigando patróns, propiedades e relacións de forma autónoma ou guiada cando se demande.

OBX3

Criterios de avaliación

Obxectivos

• CA4.6. Modelizar situacións da vida cotiá utilizando, de forma pautada, principios básicos do pensamento computacional.

OBX4

• CA4.7. Empregar ferramentas tecnolóxicas adecuadas na investigación e resolución de problemas.

OBX4

• CA4.8. Utilizar conexións entre diferentes elementos matemáticos mobilizando coñecementos e experiencias propios.

OBX5

• CA4.9. Comunicar en diferentes formatos as conxecturas e procesos matemáticos, utilizando linguaxe matemática adecuada.

OBX6

Contidos

• Patróns.

– Estratexias para a identificación, descrición verbal, representación en táboas e gráficos, notacións inventadas, predición razoada e creación individual e en equipo de termos a partir das regularidades nunha colección de números, figuras ou imaxes, con anticipación ou extensión da secuencia.

– Creación de patróns recorrentes a partir de regularidades ou doutros patróns con números, figuras ou imaxes.

• Modelo matemático.

– Resolución de problemas da vida cotiá seguindo un modelo matemático con debuxos, esquemas, diagramas, manipulables, guión de preguntas para a interpretación do enunciado, recoñecemento de datos útiles, elaboración e contraste de hipóteses, procura do plan de acción, perseveranza na solución, simbolización e realización dos cálculos, comprobación de solucións, expresión clara e correcta do resultado, revisión da súa idoneidade, rectificación, se é necesaria, e explicación do realizado.

• Relacións e funcións.

– Comparación de números, operacións e as súas propiedades con explicación das relacións de igualdade e desigualdade no contexto cotián e uso adecuado da simboloxía (=, ≠, >, <, ≥, ≤).

– Obtención de datos sinxelos descoñecidos representados por medio dun símbolo ou compleción de datos en relacións de igualdade en xogos e retos matemáticos, con persistencia na obtención, contraste e comprobación de que o dato obtido é correcto.

• Pensamento computacional.

– Estratexias para a interpretación, modificación e creación de algoritmos sinxelos relacionados co contexto cotián, instrucións secuenciais, instrucións aniñadas e condicionais, bucles, patróns repetitivos, representacións computacionais, programación por bloques, robótica educativa…

Bloque 5. Sentido estocástico

Criterios de avaliación

Obxectivos

• CA5.1. Traballar en equipo activa, respectuosa e responsablemente, mostrando iniciativa, comunicándose de forma efectiva, valorando a diversidade, mostrando empatía e establecendo relacións saudables baseadas no respecto, a igualdade e a resolución pacífica de conflitos.

OBX8

• CA5.2. Comprender problemas da vida cotiá e da contorna a través da reformulación da pregunta, de forma verbal e gráfica.

OBX1

• CA5.3. Elaborar representacións matemáticas que axuden na procura e elección de estratexias e ferramentas, incluídas as tecnolóxicas, para a resolución dunha situación problematizada.

OBX1

• CA5.4. Obter posibles solucións dun problema, seleccionando entre varias estratexias coñecidas de forma autónoma.

OBX2

• CA5.5. Formular conxecturas matemáticas sinxelas investigando patróns, propiedades e relacións de forma autónoma ou guiada.

OBX3

• CA5.6. Formular e expor novos problemas sobre situacións cotiáns que se resolvan matematicamente.

OBX3

• CA5.7. Utilizar as conexións entre as matemáticas, outras áreas e a vida cotiá para resolver problemas en contextos non matemáticos.

OBX5

• CA5.8. Interpretar a linguaxe matemática sinxela presente na vida cotiá en diferentes formatos, adquirindo vocabulario apropiado e mostrando a comprensión da mensaxe.

OBX6

Contidos

• Organización e análise de datos.

– Estratexias para a realización dun estudo estatístico sinxelo: formulación de preguntas, e recollida, rexistro e organización de datos cualitativos e cuantitativos procedentes de diferentes experimentos a través de enquisas, medicións, observacións…, de maneira individual ou en equipo, para aplicar en situacións contextualizadas.

– Extracción, interpretación e explicación de información a través da lectura, descrición e análise crítica de gráficos estatísticos con pictogramas, diagramas de barras ou histogramas e de táboas de frecuencias absolutas e relativas; uso desa información na resolución de problemas.

– Formulación en equipo de problemas relacionados co contexto próximo ou coñecido en que interveña a lectura, a interpretación ou a representación de gráficas e táboas de datos.

– Representación de datos en gráficas sinxelas (diagrama de barras, sectores circulares e poligonais e histograma), con recursos tradicionais e tecnolóxicos, e elección do máis adecuado á situación.

– Interpretación, cálculo e aplicación da media e da moda nun rexistro estatístico ou táboas de datos en contextos cotiáns, coñecidos ou de experiencias persoais.

– Cálculo e interpretación de medidas de dispersión (rango) para comprender a variabilidade dos datos nun rexistro estatístico.

– Organización de información estatística sinxela e elaboración de diferentes visualizacións dos datos con uso da calculadora e outros recursos dixitais, como a folla de cálculo.

– Relación e comparación de dous conxuntos de datos a partir da súa representación gráfica: formulación de conxecturas, análise da dispersión, obtención de conclusións e exposición destas.

• Incerteza.

– Cuantificación e estimación subxectiva e mediante a comprobación da estabilización das frecuencias relativas en experimentos aleatorios repetitivos, logo da identificación da incerteza en situacións da vida cotiá.

– Aplicación de técnicas básicas do cálculo para o cálculo de probabilidades en experimentos, comparacións ou investigacións en que sexa aplicable a regra de Laplace.

– Valoración da contribución de homes e mulleres ao desenvolvemento da probabilidade e da estatística e destas ao desenvolvemento humano.

• Inferencia.

– Identificación dun conxunto de datos como mostra dun conxunto máis grande e reflexión sobre a poboación a que é posible aplicar as conclusións de investigacións estatísticas sinxelas relacionadas co cotián.

Bloque 6. Sentido socioemocional

Criterios de avaliación

Obxectivos

• CA6.1. Ser consciente das emocións propias e recoñecer algunhas fortalezas e debilidades, traballando así a autoconfianza ao abordar novos retos matemáticos.

OBX7

• CA6.2. Elixir actitudes positivas ante novos retos matemáticos, tales como a perseveranza e a responsabilidade, valorando o erro como unha oportunidade de aprendizaxe.

OBX7

• CA6.3. Traballar en equipo activa, respectuosa e responsablemente, mostrando iniciativa, comunicándose de forma efectiva, valorando a diversidade, mostrando empatía e establecendo relacións saudables baseadas no respecto, a igualdade e a resolución pacífica de conflitos.

OBX8

• CA6.4. Colaborar na repartición de tarefas, asumindo e respectando as responsabilidades individuais asignadas e empregando estratexias cooperativas dirixidas á consecución de obxectivos compartidos.

OBX8

• CA6.5. Formular conxecturas matemáticas sinxelas, investigando patróns, propiedades e relacións de forma autónoma ou guiada.

OBX3

• CA6.6. Utilizar conexións entre diferentes elementos matemáticos, mobilizando coñecementos e experiencias propios.

OBX5

• CA6.7. Utilizar as conexións entre as matemáticas, outras áreas e a vida cotiá do alumnado adulto para resolver problemas en contextos non matemáticos.

OBX5

• CA6.8. Comunicar en diferentes formatos as conxecturas e procesos matemáticos, utilizando linguaxe matemática adecuada.

OBX6

Contidos

• Crenzas, actitudes e emocións.

– Consciencia das emocións que poidan facilitar ou prexudicar a aprendizaxe das matemáticas.

– Recursos e estratexias para autorregular as emocións implicadas na frustración ante tarefas matemáticas, valoración do erro como oportunidade de aprendizaxe, fixación de metas e obxectivos realistas e alcanzables.

– O reforzo verbal, fomento da participación, gradación das dificultades e identificación de fortalezas como estratexias para desenvolver un autoconcepto positivo ante as matemáticas desde unha perspectiva de xénero.

– Estratexias para traballar a autoestima como medio para superar dificultades, confiar nas súas posibilidades, perseverar nas solucións e afrontar os retos matemáticos con seguridade.

– Realización de investigacións matemáticas individuais ou en equipo para fomentar a curiosidade, o interese, a iniciativa na súa aprendizaxe, a organización de ideas, o tratamento da información e a formulación e comprobación de conxecturas.

– Os xogos matemáticos individuais en formatos dixital e físico como estratexia para traballar a perseveranza, a confianza nas propias posibilidades e a superación persoal.

– Os enigmas, desafíos, procura de pistas, xeroglíficos, xogos de codificación e decodificación, pasatempos e retos matemáticos para incrementar a creatividade, o descubrimento, a curiosidade e o gusto polas matemáticas.

– Estratexias persoais para a presentación limpa, clara e ordenada do traballo matemático que permita revisar, adaptar ou cambiar o sistema utilizado, rectificar o proceso ou algunha das súas fases e compartir comprensiblemente o realizado.

– Fomento da autonomía e aplicación de estratexias para a toma de decisións en situacións de resolución de problemas: valoración de alternativas, desenvolvemento da flexibilidade cognitiva, estimulación do razoamento, valoración do erro como oportunidade de aprendizaxe e reforzo dos logros.

• Traballo en equipo, inclusión, respecto e diversidade.

– Expresión de actitudes empáticas inclusivas e non discriminatorias durante a realización das tarefas matemáticas en equipo, mostrando actitudes de comprensión das emocións e experiencias das demais persoas e de sensibilidade e aceptación da diversidade presente na aula.

– Os equipos colaborativos e cooperativos heteroxéneos, mixtos e diversos para clarificar tarefas, titorizarse, debater e argumentar propostas, chegar a acordos, revisar e analizar producións: escoita e participación activa e empática, responsabilidade e exixibilidade individual, interdependencia positiva, respecto polas contribucións de todas as persoas membros do equipo, habilidades sociais, estratexias e dinámicas cooperativas.

– Estratexias de planificación, control e organización do traballo en equipo para xestionar o tempo, a realización das tarefas, o establecemento de obxectivos de equipo, a repartición equitativa e rotatoria de roles en interacción simultánea, a autoavaliación do funcionamento do equipo e a xestión de conflitos.

– Investigación individual e en equipo sobre a contribución da análise de datos, a xeometría, a numeración, o cálculo e a probabilidade aos distintos ámbitos do coñecemento humano desde unha perspectiva de xénero.

– Recoñecemento das contribucións de matemáticas e matemáticos a diversos ámbitos do saber como mecanismo de construción dunha identidade positiva propia.

2.4. Orientacións pedagóxicas.

A intervención educativa no ámbito da Competencia Matemática desenvolverá o seu currículo e tratará de asentar de xeito gradual e progresivo o logro dos obxectivos do ámbito e, en combinación co resto de ámbitos, unha adecuada adquisición das competencias clave e a contribución ao logro dos obxectivos da educación básica.

Neste sentido, no deseño das actividades, o profesorado terá que considerar a relación existente entre os obxectivos do módulo e as competencias clave a través dos descritores operativos do perfil de saída e as liñas de actuación no proceso de ensino e aprendizaxe, que se presentan nas epígrafes seguintes, e seleccionar aqueles criterios de avaliación do currículo que se axusten á finalidade buscada, así como empregalos para verificar as aprendizaxes do alumnado e o seu nivel de desempeño.

Relación entre os obxectivos do ámbito da Competencia Matemática e as competencias clave a través dos descritores operativos do perfil de saída ao finalizar o ensino básico.

Obxectivos

do ámbito

Competencias clave

CCL

CP

STEM

CD

CPSAA

CC

CE

CCEC

OBX1

1, 2, 4

2

5

1, 3

4

OBX2

1, 2

4, 5

3

OBX3

1

1, 2

1, 3, 5

3

OBX4

1, 2, 3

1, 3, 5

3

OBX5

1, 3

3, 5

4

1

OBX6

1, 3

2, 4

1, 5

3

4

OBX7

5

1, 4, 5

2, 3

OBX8

5

3

3

1, 3

2, 3

Liñas de actuación no proceso de ensino e aprendizaxe
para a ensinanza de persoas adultas

As ensinanzas iniciais de educación para persoas adultas ofrecen ao alumnado as aprendizaxes necesarias para poder responder dunha forma reflexiva, eficaz e actualizada ás demandas dun mundo complexo e cambiante. Nesta fase, tal aprendizaxe cumpre unha dobre función. Por unha banda, ten que dotar as persoas adultas dos coñecementos, habilidades e actitudes que terán que adquirir para funcionar nunha gran variedade de situacións persoais, educativas, sociais e laborais ás cales terán que enfrontarse. E, por outra banda, debe constituír a base para poder continuar coa súa actividade formativa tanto na educación secundaria para persoas adultas como ao longo da vida. As ensinanzas iniciais están orientadas a un alumnado con carencias competenciais moi específicas, polo que teñen un forte compoñente compensatorio. Implica que os procesos de ensino-aprendizaxe deban partir sempre da contextualización curricular realizada polo profesorado para o seu alumnado concreto.

Deseño da metodoloxía de aprendizaxe

A metodoloxía fomentará a autoaprendizaxe e terá en conta as particularidades propias da poboación adulta, cuxo proceso de aprendizaxe precisa dun enfoque metodolóxico específico que parta das súas experiencias e vivencias explotando o potencial formativo da bagaxe cultural de cada alumno ou alumna e das aprendizaxes informais e non formais adquiridas tendo en consideración os seus ritmos de aprendizaxe e prestando especial atención ás necesidades específicas de apoio educativo.

A proposta dunha metodoloxía que oriente, promova e facilite o desenvolvemento competencial do alumnado facilitará, ademais, o tratamento da atención á diversidade, ao respectar os distintos estilos de aprendizaxe a través do deseño de actividades que combinen o traballo individual e o cooperativo. As actividades deberán ter presente o compoñente social do proceso de aprendizaxe e contribuír á formación en destrezas comunicativas e cooperativas e ao reforzo da autoestima. É importante que os equipos docentes interpreten o currículo do ámbito conforme a realidade do seu contexto educativo e as características do alumnado, as súas experiencias e aprendizaxes previas e os seus intereses e necesidades. O fin último será facilitar a adquisición das aprendizaxes imprescindibles para o desenvolvemento das competencias específicas de cada ámbito e as competencias clave do perfil de saída do alumnado ao finalizar o ensino básico. Os procesos de aprendizaxe significativa acadaranse a través da realización de proxectos conectados coas necesidades, experiencias e vivencias das persoas adultas.

Perfil do alumnado e atención á diversidade

Unha atención adaptada ao perfil do alumnado adulto exixe o uso dunha ampla variedade de metodoloxías e modelos de ensinanza. Neste sentido, é apropiado o uso de metodoloxías como a aprendizaxe cooperativa, a aprendizaxe baseada en proxectos e problemas (ABP), o deseño universal de aprendizaxe (DUA) e o ensino multinivel (EM), que favorezan a atención á diversidade, a accesibilidade universal e a inclusión, e que conduzan á creación dun contorno persoal de aprendizaxe (PLE) propio. Correspóndelle ao equipo docente determinar a metodoloxía e modelo de ensino-aprendizaxe máis adecuado en función da realidade da súa aula. O fomento do uso de recursos educativos en aberto (REA) e as TIC proporcionan as ferramentas necesarias para acadar a accesibilidade e a inclusión.

Consonte o interese por facer accesible o coñecemento a todas as persoas, convén que as formas de acceso ás situacións de aprendizaxe sexan planificadas desde o inicio de forma variada a través de textos escritos, orais e multimodais; que as propostas de traballo, igualmente, ofrezan diversas posibilidades para a súa resolución (unha exposición oral, un proxecto científico, a intervención nun debate, etc.); e que se ofreza ás persoas adultas pouco cualificadas o acceso a un itinerario de mellora de capacidades, coñecementos e competencias adaptado ás súas necesidades individuais, que lles permita desenvolver plenamente o seu potencial nos ámbitos persoal, social, formativo e profesional. Trátase de ter presente a diversidade da aula durante todo o proceso da práctica educativa para atenuar no posible as barreiras existentes entre a aprendizaxe e o alumnado.

Alfabetización informacional

A tarefa de transformar a información en coñecemento constitúe un dos piares básicos para a formación permanente da cidadanía. A alfabetización informacional é, ademais, xeradora de transversalidade na aprendizaxe. Implica accións puramente lingüísticas, como a comprensión da información, a súa selección e tratamento en esquemas, resumos e outras ferramentas de organización do coñecemento ou a súa posterior comunicación en diversos formatos. Pero tamén implica un uso certeiro, creativo e seguro das tecnoloxías da información e da comunicación, o desenvolvemento de habilidades para iniciar, organizar e persistir nunha aprendizaxe paulatinamente autónoma, ou para elixir, planificar e xestionar coñecementos con criterio propio, co fin de transformar as ideas en actos.

Por último, e no que concirne á formación do alumnado para enfrontar axeitadamente os fenómenos e consecuencias da desinformación, resultan de enorme utilidade as rutinas establecidas ao redor da verificación de loiadas (contrastar a información en páxinas de medios de prestixio, recorrer ás plataformas de verificación de feitos ou aos perfís institucionais autorizados en redes sociais, etc.), así como un uso consciente do fenómeno do ciberanzol a partir da observación e a análise crítica, tanto desde o punto de vista lingüístico como sociolóxico deste tipo de prácticas.

Deseño do proceso de avaliación

A avaliación formativa centrada nas competencias permite identificar o grao de adquisición destas, modificar, de ser o caso, aqueles aspectos susceptibles de mellora (metodoloxía, recursos, tarefas...) e detectar as dificultades de aprendizaxe, coa consecuente posta en marcha de mecanismos para palialas, sempre coa finalidade de que o alumnado acade os obxectivos e desenvolva as competencias do perfil de saída.

As tarefas ou actividades de avaliación propostas permitirán a obtención de evidencias da aprendizaxe do noso alumnado de forma variada a través de respostas a preguntas pechadas, abertas ou construídas (elección múltiple, asociacións, mapas conceptuais, infografías...), a través de desempeños (presentación oral, actuación teatral, debate...), produtos (ensaio, traballo de investigación, entrada dun blog, poema, portfolio, diario de aprendizaxe, vídeo, audio...) ou procesos (toma de decisións, proceso de descrición, análise, creación, revisión, participación en grupo...). Utilizaranse instrumentos e procedementos de avaliación diversos, accesibles, flexibles, axustados aos criterios de avaliación e adaptados ás distintas situacións de aprendizaxe e ás necesidades tan heteroxéneas do alumnado adulto. Polo tanto, estes non deben cinguirse unicamente ás probas obxectivas ou cuestionarios, senón que tamén deben incluír listas de cotexo, escalas de valoración, rúbricas ou rexistros observacionais, entre outros.

As propostas pedagóxicas deberán combinar os diferentes tipos de avaliación: a heteroavaliación, a autoavaliación, que permite ao alumnado tomar conciencia progresiva e responsable do seu proceso de aprendizaxe, e a coavaliación, que supón a avaliación do alumnado aos seus iguais e que debe desenvolverse nun ambiente de respecto e empatía. O proceso de aprendizaxe tenderá a ser cada vez máis autónomo consonte o alumnado se afaga a eses recursos de autorregulación. De igual modo, as actividades de coavaliación, subscritas a criterios definidos, reforzan as habilidades de análise, facilitan o intercambio de estratexias de aprendizaxe e permiten valorar o traballo dos iguais. A incorporación de ferramentas dixitais no proceso de avaliación abre todo un abano de posibilidades, tanto para a autoavaliación (revisión dos traballos propios, actividades de autocorrección, etc.) como para a coavaliación (mediante paneis, repositorios, foros, etc.) que o profesorado pode utilizar como unha fonte de información máis sobre os progresos, tanto individuais como grupais, do seu alumnado.

Concrecións para o ámbito da Competencia Matemática

Nestas ensinanzas iniciais é esencial que o alumnado adulto vexa a relevancia das matemáticas na vida real integrándoas na súa propia experiencia. Deberá ter a oportunidade de experimentar coas matemáticas en diferentes contextos e aprender a identificar a súa aplicación en diferentes situacións reais. As metodoloxías empregadas deberán promover a resolución de problemas, o razoamento, a investigación e a colaboración. Ademais, deberase fomentar a reflexión sobre os resultados obtidos e a transferencia das aprendizaxes en diferentes situacións.

3. Ámbito de Ciencia, Sociedade e Tecnoloxía.

3.1. Introdución.

O ámbito de Ciencia, Sociedade e Tecnoloxía concíbese como un ámbito cuxo obxectivo principal é que o alumnado adulto se forme como persoas activas, responsables e respectuosas co mundo en que viven, adquirindo os coñecementos esenciais e os principios básicos do medio natural e social para que poidan construír un mundo máis solidario, xusto, igualitario e sustentable, dotándose das ferramentas adecuadas para afrontar estes retos.

O estudo das ciencias que analizan o medio natural e social supón comprender a ciencia como un proceso de investigación, a través da observación sistemática, a medición, a experimentación e a formulación de hipóteses como base do método científico, eixe central da materia, intentando así dar resposta aos principais problemas dunha sociedade globalizada tendo en conta o rápido desenvolvemento e progreso científico-tecnolóxico. Nesta sociedade cada vez máis diversa e cambiante, é necesario promover novas formas de sentir, de pensar e de actuar, favorecedoras da inclusión do alumnado e acordes cun mundo máis xusto, solidario e sustentable. O devir do tempo e a interpretación da acción humana como responsable do cambio implican que o alumnado teña que adoptar un coñecemento de si mesmo e da contorna que o rodea, adaptándose a el e sendo capaz de contribuír ao seu avance e conservación.

Para iso, o alumnado debe adquirir conceptos, destrezas e actitudes relacionadas co coñecemento e a organización dos seres vivos, a materia, as forzas e as formas de enerxía, así como do funcionamento do corpo humano para abordar a importancia do coidado da saúde e o benestar emocional, o respecto cara aos seres vivos e a súa contorna. O alumnado debe adquirir tamén os coñecementos, as destrezas e actitudes relacionadas co uso seguro e fiable das fontes de información, para o desenvolvemento sustentable e a cidadanía global, que inclúe entre outros: o coñecemento e o impulso para traballar a favor da consecución dos obxectivos da Axenda 2030, o respecto pola diversidade etnocultural e afectivo-sexual, a cohesión social, o espírito emprendedor, a valoración e conservación do patrimonio, o emprendemento social e ambiental e a defensa da igualdade efectiva entre mulleres e homes; en resumo, alumnos comprometidos co planeta e coas persoas, con intereses e inquietudes para conservar a contorna que os rodea.

Os procesos de indagación favorecen o traballo interdisciplinario e a relación dos diferentes coñecementos e destrezas que posúen como persoas adultas. Desde esta óptica, proporcionarlle unha base científica sólida e ben estruturada ao alumnado axudarao a comprender o mundo en que vive, animarao a coidalo, respectalo e valoralo, propiciando o camiño cara a unha transición ecolóxica xusta.

Por outra banda, a dixitalización das contornas de aprendizaxe fai preciso que o alumnado faga un uso seguro, eficaz e responsable da tecnoloxía, que, xunto coa promoción do espírito emprendedor e o desenvolvemento das destrezas e técnicas básicas do proceso tecnolóxico, facilitarán a realización de proxectos interdisciplinarios cooperativos nos cales se resolva un problema ou se dea resposta a unha necesidade da contorna próxima, de modo que poidan achegar solucións creativas e innovadoras a través do desenvolvemento dun prototipo final con valor ecosocial.

Ao longo de toda a etapa partirase do desenvolvemento cognitivo e emocional do alumnado, e dos seus centros de interese, achegándoo ao descubrimento activo a través da formulación de preguntas, da procura de información de diferentes fontes seguras e fiables, así como da realización de experimentos e investigacións sobre fenómenos relacionados cos distintos elementos naturais, sociais e culturais favorecendo a realización de tarefas de aprendizaxe integradas e contextualizadas que permitan a utilización tanto do pensamento lóxico como do pensamento lateral.

O ámbito de Ciencia, Sociedade e Tecnoloxía engloba diferentes disciplinas e relaciónase con outros ámbitos do currículo, o que favorece unha aprendizaxe holística e competencial. Para determinar os obxectivos do ámbito, que son o eixe vertebrador do currículo, tomáronse como referencia os obxectivos xerais e o perfil de saída do alumnado ao finalizar o ensino básico.

A avaliación dos obxectivos do ámbito realízase través dos criterios de avaliación, que miden tanto os resultados coma os procesos, dunha maneira aberta, flexible e interconectada dentro do currículo. Os criterios de avaliación e os contidos, pola súa banda, estrutúranse en bloques, que deberán aplicarse en diferentes contextos reais para alcanzar o logro dos obxectivos.

No bloque 1, «Cultura científica», o alumnado desenvolve destrezas e estratexias propias do pensamento científico a través da indagación e o descubrimento do mundo que o rodea, poñendo en valor o impacto da ciencia na nosa sociedade. Así mesmo, integra os coñecementos necesarios para o desenvolvemento dos bloques restantes, cos cales ten un carácter transversal.

O bloque 2, «A vida no noso planeta», integra contidos relacionados co funcionamento do corpo humano, a prevención de condutas de risco que provocan enfermidades cotiás no ser humano e a adquisición ou consolidación de hábitos saudables que inciden no benestar físico, emocional e social. Estes contidos serán desenvoltos ao longo do nivel I das ensinanzas iniciais e ampliados no nivel II desta etapa. Este bloque engloba tamén as relacións que establecen os seres vivos coa contorna e o coidado da biodiversidade, o coñecemento das características dos animais e das plantas, a súa conservación e o medio en que viven.

O bloque 3, «Materia, forzas e enerxía», inclúe as propiedades dos distintos tipos de materia, a experimentación dos fenómenos físicos e químicos, así como os efectos das forzas sobre os obxectos. Descríbense as diferentes fontes de enerxía que podemos atopar na contorna, así como as máquinas e os aparellos de uso cotián e a enerxía que utilizan, analizando as súas consecuencias ambientais e a súa contribución aos obxectivos de desenvolvemento sustentable.

O bloque 4, «Tecnoloxía e dixitalización», oriéntase de modo transversal ao resto de bloques desde dous ámbitos. Por unha banda, busca habilitar o alumnado no manexo básico dunha variedade de ferramentas e recursos dixitais como medio para satisfacer as súas necesidades de aprendizaxe, de buscar e comprender información, de reelaborar e crear contido, comunicarse de forma efectiva e desenvolverse nun ambiente dixital de forma responsable e segura. Por outra banda, tamén desenvolve estratexias propias do pensamento de deseño e do pensamento computacional para resolver problemas que dean solución a unha necesidade concreta. Deste xeito, este bloque quedará enlazado co ámbito de Desenvolvemento e Iniciativa Persoal e Laboral do nivel II.

O bloque 5, «O mundo e o desenvolvemento sustentable», axuda a que o alumnado coñeza as interaccións entre as actividades humanas e o medio natural e social, así como o impacto ambiental que xeran. Desta forma, involucrarase na adquisición de hábitos de vida sustentable e na participación en actividades que poñan en valor os coidados do medio que o rodea e que lle permitan avanzar cara aos obxectivos de desenvolvemento sustentable da Axenda 2030 de maneira consciente, contextualizada e vivenciada, facendo uso da contorna para entender dunha maneira práctica como coidalo e respectalo.

No bloque 6, «Vivir en sociedade», o alumnado introducirase no contexto social dunha maneira máis cívica, democrática, sustentable e comprometida, permitíndolle elaborar unha interpretación persoal da súa contorna próxima e do mundo. Faise especial énfase no rexeitamento de calquera tipo de discriminación e na convivencia pacífica co obxectivo de formar unha cidadanía responsable, participativa e solidaria.

O bloque 7, «Leccións do pasado», préstalle atención aos retos e situacións do presente e da contorna local e global, tomando como referencia a realidade histórica máis próxima, ata obter unha comprensión máis global. Pártese duns coñecementos básicos da historia de Galicia e de España, respectando e valorando os aspectos comúns e de carácter diverso, utilizando o pensamento histórico e as relacións de causalidade, simultaneidade e sucesión como medio para entender a evolución das sociedades ao longo do tempo e do espazo.

O bloque 8, «Intelixencia emocional e iniciativa persoal», busca melloras na capacidade de reflexión do alumnado, así como a autorregulación dun xeito máis positivo nas relacións cos demais que permitan a resolución de conflitos de modo pacífico. Tamén se traballará neste bloque o uso de ferramentas dixitais que faciliten ao alumnado o acceso ás plataformas oficias que lle permitan resolver problemas cotiáns.

A gradación destes contidos, a súa programación e a súa secuenciación non debe seguir necesariamente unha orde cronolóxica determinada, senón que deben adecuarse ás intencións didácticas e formativas que marca o alumnado en cada nivel, partindo dos seus intereses, motivacións e das circunstancias que se dean na realidade da aula e na súa comunidade. En todo momento, se priorizarán os elementos curriculares esenciais que garantan os coñecementos e habilidades fundamentais en relación con carencias de formación formal relativas a situacións de abandono escolar que non foron suplidas ou que o foron de modo deficitario por aprendizaxes informais ou non formais.

As prácticas innovadoras neste ámbito supoñen unha oportunidade para aplicar metodoloxías activas que sitúen o alumnado como protagonista do proceso. Neste sentido, as situacións de aprendizaxe deben ser un espazo aberto que fomente a curiosidade e a observación analítica para construír unha posición persoal propia ante a realidade, unha posición que debe considerarse potencialmente transformadora da realidade social existente.

1.1. Obxectivos.

Obxectivos do ámbito

OBX1. Expor e dar resposta a cuestións científicas sinxelas, utilizando diferentes técnicas, instrumentos e modelos propios do pensamento científico para interpretar e explicar feitos e fenómenos que ocorren no medio natural.

• Os enfoques didácticos para o ensino das ciencias deben partir da curiosidade, experiencia e necesidades do alumnado adulto por comprender o mundo que o rodea, favorecendo a participación activa nos diferentes procesos de indagación e exploración propios do pensamento científico.

• Polo tanto, o alumnado debe poder identificar e formular pequenos problemas, recorrer a fontes e probas fiables; obter, analizar e clasificar información, xerar hipóteses, facer predicións, realizar comprobacións e interpretar, argumentar e comunicar os resultados.

• Para que esta forma de traballo xere verdadeiras aprendizaxes, o profesorado debe asumir o papel de facilitador e guía, proporcionándolle ao alumnado adulto as condicións, pautas, estratexias e materiais didácticos que favorezan o desenvolvemento destas destrezas. Grazas ao carácter manipulativo e vivencial das actividades, ofreceránselle ao alumnado experiencias que o axuden a construír a súa propia aprendizaxe. Ademais, é necesario contextualizar as actividades na contorna máis próxima, e nas experiencias vitais do alumnado adulto, de forma que sexa capaz de aplicar o aprendido en diferentes contextos e situacións cotiáns, extrapolando o coñecemento científico a outro tipo de situacións de maneira global e interdisciplinaria. Deste xeito, ademais, estimúlase o interese pola adquisición de novas aprendizaxes e pola procura de solucións a problemas que poidan presentarse na vida cotiá.

OBX2. Coñecer e tomar conciencia do propio corpo, así como das emocións e sentimentos propios e alleos, aplicando o coñecemento científico para desenvolver hábitos saudables e conseguir o benestar físico, emocional e social.

• A toma de conciencia do propio corpo significa para as persoas adultas construír un nivel de conciencia corporal adecuado á súa idade evolutiva aprender a recoñecelo, reforzando a súa propia identidade, coidalo, valoralo e controlalo, á vez que mellora a execución dos movementos e a súa relación coa contorna, sendo ademais o corpo a vía de expresión dos sentimentos e das emocións. A súa regulación e expresión fortalecen o optimismo, a resiliencia, a empatía e a procura de propósitos e permiten xestionar construtivamente os retos e os cambios que xorden na súa vida persoal, académica e laboral.

• O coñecemento científico que adquire o alumnado sobre o corpo humano e os riscos para a saúde debe vincularse con accións de prevención mediante o desenvolvemento de hábitos, estilos e comportamentos de vida saudables. Isto, unido á educación afectivo-sexual, completa o desenvolvemento e o benestar dunha persoa sa en todas as súas dimensións físicas, emocionais e sociais.

OBX3. Identificar as características dos diferentes elementos ou sistemas do medio natural, social e cultural, analizando a súa organización e propiedades e establecendo relacións entre estes para recoñecer o valor deste patrimonio, conservalo, melloralo e emprender accións para o seu uso responsable.

• Coñecer os diferentes elementos e sistemas que conforman o medio natural, así como comprender a realidade social e cultural en que se vive, é o primeiro paso para comprender e valorar a súa riqueza e diversidade. Por iso, este obxectivo persegue que o alumnado non só coñeza os diferentes elementos do medio que o rodea, de maneira rigorosa e sistémica, senón que estableza relacións entre estes. Desta forma, búscase que o alumnado coñeza, comprenda, valore e protexa o medio natural e que respecte e coide os seres vivos que nel habitan.

• Comprender, por exemplo, como os seres vivos, incluídos os seres humanos, se adaptan á contorna en que viven e establecen relacións con elementos bióticos ou abióticos ou como se comporta a materia ante a presenza de diferentes forzas, permítelle ao alumnado adquirir un coñecemento científico conectado que mobilizará nas investigacións ou nos proxectos que realice.

• Ao facer fincapé no mundo que nos rodea, no desenvolvemento de actitudes críticas e na aceptación das diferenzas, lévase a cabo un achegamento a realidades diferentes no espazo e no tempo. É importante visibilizar os problemas relacionados co uso do espazo e as súas transformacións, os cambios e as adaptacións protagonizados polos humanos a través do tempo para as súas necesidades, e as distintas organizacións sociais que foron desenvolvéndose.

• A toma de conciencia do continuo uso e explotación dos recursos da contorna debe favorecer que o alumnado desenvolva accións de uso sustentable, conservación e mellora do patrimonio natural e cultural do territorio galego, considerándoo como un ben común. Ademais, debe promover o compromiso e a proposta de actuacións orixinais e éticas que respondan a retos naturais, sociais e culturais expostos.

OBX4. Identificar as causas e consecuencias da intervención humana na contorna, desde os puntos de vista social, económico, cultural, tecnolóxico e ambiental para mellorar a capacidade de afrontar problemas, buscar solucións e actuar de maneira individual e cooperativa na súa resolución e para poñer en práctica estilos de vida sustentables e consecuentes co respecto, o coidado e a protección das persoas e do planeta.

• Coñecer como evolucionou a interacción do ser humano co mundo que o rodea no uso e no aproveitamento dos recursos naturais e bens comúns, así como a relación das máquinas e dos obxectos de uso cotián coa necesidade de enerxía para o seu funcionamento, resulta esencial para que o alumnado reflexione e sexa consciente dos límites da biosfera, dos problemas asociados co consumo acelerado de bens e do establecemento dun modelo enerxético baseado nos combustibles fósiles. Deste xeito o alumnado tomará unha conciencia maior da necesidade de loitar contra o cambio climático, afrontando os retos e desafíos da sociedade contemporánea desde a perspectiva da sustentabilidade.

• Comprender as relacións de interdependencia e ecodependencia, así como a importancia que teñen para nós como seres sociais dependentes, é o punto de partida para poder identificar e afondar nas diferentes problemáticas que formula o modelo de sociedade actual e o seu impacto no ámbito local e global. É preciso, polo tanto, dotar o alumnado de ferramentas que faciliten o seu apoderamento como axentes de cambio ecosocial desde unha perspectiva emprendedora e cooperativa. Isto supón que deseñe, participe e se involucre en actividades que permitan avanzar cara aos obxectivos de desenvolvemento sustentable da Axenda 2030, de maneira consciente e contextualizada. Así, será partícipe da construción de modelos de relación e convivencia baseados na empatía, na cooperación e no respecto ás persoas e ao planeta.

OBX5. Utilizar dispositivos e recursos dixitais de forma segura, responsable e eficiente para buscar información, comunicarse e traballar de maneira individual, en equipo e en rede, e reelaborar e crear contido dixital de acordo coas necesidades dixitais do contexto educativo.

• Nas últimas décadas, as tecnoloxías da información e da comunicación foron entrando e integrándose nas nosas vidas e expandíronse a todos os ámbitos da nosa sociedade, proporcionando coñecementos e numerosas ferramentas que axudan nunha multitude de tarefas da vida cotiá.

• A variedade de dispositivos e aplicacións que existen na actualidade fai necesario introducir o concepto de dixitalización da contorna persoal de aprendizaxe, entendido como o conxunto de dispositivos e recursos dixitais que cada alumna ou alumno utiliza de acordo coas súas necesidades de aprendizaxe e que lle permiten realizar as tarefas de forma eficiente, segura e sustentable, levando a cabo un uso responsable dos recursos dixitais. Polo tanto, este obxectivo aspira a iniciar ou mellorar a preparación do alumnado adulto para desenvolverse nun ambiente dixital que vai máis aló do simple manexo de dispositivos e a procura de información na rede. O desenvolvemento da competencia dixital permitirá comprender e valorar o uso que se lle dá á tecnoloxía, aumentar a produtividade e a eficiencia no propio traballo, desenvolver estratexias de interpretación, organización e análise da información, reelaborar e crear contido, comunicarse a través de medios informáticos e traballar de forma cooperativa. Así mesmo, este obxectivo implica coñecer estratexias para facer un uso crítico e seguro da contorna dixital, tomando conciencia dos riscos, aprendendo como evitalos ou minimizalos, e pedir axuda cando sexa preciso e resolver os posibles problemas tecnolóxicos da forma máis autónoma posible. Este uso da contorna dixital irase introducindo de forma gradual e adecuándose ás necesidades do alumnado adulto.

OBX6. Resolver problemas a través de proxectos de deseño e da aplicación do pensamento computacional para xerar cooperativamente un produto creativo e innovador que responda a necesidades concretas.

• A elaboración de proxectos baseados en actividades cooperativas supón o desenvolvemento coordinado, conxunto e interdisciplinario dos contidos das diferentes áreas para dar resposta a un reto ou problema da contorna física, natural, social, cultural ou tecnolóxica, utilizando técnicas propias do desenvolvemento de proxectos de deseño e do pensamento computacional. A detección de necesidades, o deseño, a creación e a proba de prototipos, así como a avaliación dos resultados, son fases esenciais do desenvolvemento de proxectos de deseño para a obtención dun produto final con valor ecosocial. Doutra banda, o pensamento computacional utiliza a descomposición dun problema en partes máis sinxelas, o recoñecemento de patróns, a realización de modelos, a selección da información relevante e a creación de algoritmos para automatizar procesos da vida cotiá. Ambas as estratexias non son excluíntes, polo que poden ser utilizadas de forma conxunta de acordo coas necesidades do proxecto.

• A realización deste tipo de proxectos fomenta, ademais, a creatividade e a innovación ao xerar situacións de aprendizaxe onde non existe unha única solución correcta, senón que toda decisión, errónea ou acertada, se presenta como unha oportunidade para obter información válida que axudará a elaborar unha mellor solución. Estas situacións propician, ademais, unha contorna adecuada para o traballo cooperativo, onde se desenvolven destrezas como a argumentación, a comunicación efectiva de ideas complexas, a toma de decisións compartidas e a xestión dos conflitos de forma dialogada.

OBX7. Observar, comprender e interpretar continuidades e cambios do medio natural, social e cultural, analizando relacións de causalidade, simultaneidade e sucesión para explicar e valorar as relacións entre diferentes elementos e acontecementos.

• Coñecer os trazos das distintas sociedades ao longo do tempo e o papel que mulleres e homes desempeñaron nestas como protagonistas individuais e colectivos da historia débelle servir ao alumnado para relacionar as diferentes épocas e identificar as accións e os feitos máis destacados en cada unha delas. Os elementos e as manifestacións culturais de cada sociedade son a expresión de complexas relacións económicas, sociais e políticas, así como dos valores, crenzas e ideas que as sustentan, pero tamén das súas múltiples identidades, do talento dos seus integrantes e das relacións con outras culturas. Comprender esa rede dinámica de interaccións é o fondo de toda interpretación e valoración crítica do pasado, e senta as bases das súas propias ideas futuras. Así mesmo, resulta de vital importancia o coñecemento e a conservación da idiosincrasia galega, mantendo vivos os valores e as ideas que a caracterizan e contribuíndo á súa transmisión a futuras xeracións.

• O coñecemento e a contextualización de acontecementos relevantes desde un punto de vista histórico resultan fundamentais para que o alumnado comprenda a forma en que o pasado contribúe na configuración do presente. A investigación de tales acontecementos, establecendo relacións de causalidade, simultaneidade e sucesión entre eles, e identificando os aspectos dinámicos e os máis estables, permítelle ao individuo unha maior e mellor comprensión de si mesmo e das súas relacións cos demais e coa contorna, e dispono na mellor situación para adoptar unha actitude obxectiva e analítica con respecto á actualidade e para asumir un compromiso responsable e consciente dos retos do futuro.

OBX8. Recoñecer e valorar a diversidade e a igualdade de xénero, mostrando empatía e respecto por outras culturas e reflexionando sobre cuestións éticas para contribuír ao benestar individual e colectivo dunha sociedade en continua transformación e ao logro dos valores de integración europea.

• A diversidade é un trazo característico das sociedades contemporáneas e formula retos para a vida en democracia. A análise comparativa entre diferentes sociedades e territorios no mundo mostra a coexistencia de distintas formas de organización social e política derivadas de diversos factores. A realidade pluricultural da contorna favorece a toma de conciencia da diversidade e a riqueza patrimonial existentes, promovendo unha actitude de respecto e diálogo con persoas e culturas diferentes. A interconexión mundial, os procesos de integración, como o da Unión Europea e os movementos migratorios, conectan con esta realidade múltiple e diversa, que é necesario afrontar desde os principios de igualdade, de respecto aos dereitos humanos e da infancia e desde os valores do europeísmo, para previr prexuízos e actitudes discriminatorias e favorecer a inclusión e a cohesión social.

• No seo da sociedade atopámonos, ademais, con outros tipos de diversidade asociados á etnicidade, ao xénero, á idade, ás crenzas, á identidade, á orientación sexual ou á situación funcional das persoas, que precisan de actitudes baseadas no respecto, na valoración das súas diferenzas e na inclusión. Especial importancia cobran os comportamentos relativos á igualdade entre mulleres e homes, que ten que implicar accións comprometidas para evitar toda actitude discriminatoria. Todos estes comportamentos e valores deben desenvolverse na contorna persoal, familiar e social do alumnado, a través do exercicio dunha cidadanía activa, responsable, participativa e solidaria.

OBX9. Participar na contorna e na vida social de forma eficaz e construtiva desde o respecto aos valores democráticos, aos dereitos humanos e da infancia e aos principios e valores do Estatuto de autonomía de Galicia, da Constitución española e da Unión Europea, valorando a función do Estado e das súas institucións no mantemento da paz e da seguridade integral cidadá para xerar interaccións respectuosas e equitativas e promover a resolución pacífica e dialogada dos conflitos.

• Comprender a organización e o funcionamento dunha sociedade no seu territorio e valorar o papel das administracións na garantía dos servizos públicos e bens comúns é fundamental para a educación cidadá e a participación democrática. A sociedade demanda unha cidadanía comprometida e crítica que participe de maneira activa no ámbito académico e noutras actividades que teñan influencia no benestar da comunidade. Neste marco de convivencia, o alumnado debe tomar conciencia da importancia das normas de conduta social, da mobilidade segura, saudable e sustentable, e da distribución de dereitos e responsabilidades entre persoas de maneira igualitaria e dialogada, desenvolvendo destrezas comunicativas e de escoita activa, de pensamento crítico e de resolución pacífica de conflitos, valorando a función que o Estado e as súas institucións desempeñan no mantemento da seguridade integral e da defensa como un compromiso cívico e solidario ao servizo da paz.

• Os principios e valores do Estatuto de autonomía de Galicia, da Constitución española e da Unión Europea, xunto cos do Estado e das institucións democráticas, implican o exercicio dunha cidadanía activa que contribúa a manter e cumprir as súas obrigas cívicas e favoreza a xustiza social, a dignidade humana, a liberdade, a igualdade, o Estado de dereito e o respecto aos dereitos humanos e ás minorías etnoculturais. A adopción consciente de valores como a equidade, o respecto, a xustiza, a solidariedade e a igualdade entre mulleres e homes preparan o alumnado para afrontar os retos e desafíos do século XXI.

OBX 10. Formarse unha imaxe adecuada de si mesmos, das súas características e posibilidades, valorando a súa experiencia, o esforzo e a superación das dificultades para lograr o desenvolvemento persoal, social e emocional do alumnado.

• A formación dunha idea axeitada de si mesmo, das características propias e das posibilidades persoais é un proceso fundamental para o desenvolvemento persoal, social e emocional que implica lograr melloras que permitan conseguir atopar un lugar persoal no contorno académico, social e familiar estable e respectuoso, valorando as capacidades propias e identificando as fortalezas e posibilidades de mellora. Implica ser quen de proporse metas realistas que faciliten a automotivación e que permitan xestionar os propios tempos para adecuar os obxectivos ás metas persoais, aprender por si mesmo desenvolvendo a curiosidade, a creatividade e a autonomía persoal aceptando as opinións alleas dun xeito positivo como fonte de enriquecemento persoal dentro dun debate construtivo de ideas.

• Aprender a convivir coas frustracións permitiralle ao alumnado valorar os logros recoñecendo as propias capacidades e limitacións, respectar as normas e exercer os dereitos e deberes nun mundo democrático e valorar as características persoais e as diferenzas cos demais como unha fonte de enriquecemento. O debate de ideas na aula axudará a desenvolver hábitos de respecto e considerar as opinións alleas como novos puntos de vista que enriquecerán a experiencia persoal.

3.3. Criterios de avaliación e contidos.

Nivel I.

Ámbito de Ciencia, Sociedade e Tecnoloxía

Nivel I

Bloque 1. Cultura científica

Criterios de avaliación

Obxectivos

• CA1.1. Formular preguntas e realizar predicións razoadas sobre obxectos, feitos e fenómenos do medio natural a través da observación.

OBX1

• CA1.2. Buscar e seleccionar información, de diferentes fontes seguras e fiables, de forma autónoma ou guiada cando sexa necesario, adquirindo léxico científico básico, e utilizala en investigacións relacionadas co medio natural.

OBX1

• CA1.3. Realizar experimentos guiados, de forma individual ou en equipo, utilizando diferentes técnicas de indagación e instrumentos de forma segura; realizar observacións e medicións precisas, rexistrando os datos correctamente.

OBX1

• CA1.4. Comunicar os resultados das investigacións a través de diferentes formatos (oral, escrito, gráfico), comparando os resultados obtidos coas predicións realizadas.

OBX1

Contidos

• Importancia do uso da ciencia e da tecnoloxía para axudar a comprender as causas das propias accións, tomar decisións razoadas e realizar tarefas de forma máis eficiente.

• Fomento da curiosidade, a iniciativa e a constancia na realización das diferentes investigacións a través da observación e formulación de hipóteses.

• Iniciación ao coñecemento científico presente na vida cotiá tendo en conta a importancia do coñecemento do planeta.

• Vocabulario científico básico relacionado coas diferentes investigacións.

• Procedementos de indagación adecuados ás necesidades da investigación, identificación e clasificación da información relevante, de maneira individual ou en equipo.

• Realización de experimentos, de maneira individual ou en equipo, utilizando o método científico de forma autónoma ou guiada cando sexa necesario.

• Uso de instrumentos e dispositivos apropiados para realizar observacións e medicións precisas de acordo coas necesidades da investigación, rexistrando os seus resultados.

• Comunicación guiada dos resultados da investigación, de forma oral ou escrita, utilizando diferentes soportes (textos orais ou escritos, maquetas, presentacións, murais…).

Bloque 2. A vida no noso planeta

Criterios de avaliación

Obxectivos

• CA2.1. Recoñecer e identificar as características, a organización e as propiedades dos elementos do medio natural a través de metodoloxías de indagación, utilizando as ferramentas e procesos adecuados.

OBX3

• CA2.2. Identificar conexións entre diferentes elementos do medio natural mostrando comprensión das relacións que se establecen nel.

OBX3

• CA2.3. Coñecer e protexer o medio natural, valorándoo como un ben común, adoptando condutas respectuosas para o seu desfrute e propoñendo accións para a súa conservación e mellora.

OBX3

• CA2.4. Coñecer a morfoloxía externa e interna do corpo, identificando os aparellos e órganos implicados na realización das funcións vitais.

OBX2

• CA2.5. Adoptar hábitos de vida saudables valorando a importancia dunha alimentación variada, equilibrada e sustentable, o exercicio físico, o contacto coa natureza, o descanso, a hixiene, o uso adecuado das novas tecnoloxías e a prevención de accidentes e enfermidades.

OBX2

• CA2.6. Identificar actitudes que fomenten o benestar emocional e social, xestionando as emocións propias e respectando as dos demais, mostrando empatía e establecendo relacións afectivas saudables.

OBX2

Contidos

• Os reinos da natureza desde unha perspectiva xeral e integrada. Utilización de claves e guías para clasificar e diferenciar os diferentes reinos a través das súas características observables.

• Características e clasificación de animais vertebrados e invertebrados. Observación e comparación das diversas formas en que realizan as funcións vitais.

• Clasificación das plantas a través das súas características observables. Análise a través da experimentación, da súa capacidade de adaptación ao medio en que viven e realizan as funcións vitais.

• Identificación dun ecosistema e dos elementos que o compoñen. Relación do ser humano cos ecosistemas. Exemplos de bos e malos usos dos recursos naturais do noso planeta e as súas consecuencias.

• Valoración da biodiversidade e importancia da súa conservación. Respecto polos seres vivos da contorna. Animais en perigo de extinción.

• Aspectos básicos das funcións vitais do ser humano: relación, nutrición e reprodución. Importancia dos órganos dos sentidos e do seu coidado para relacionarse coa contorna.

• Importancia da función de nutrición para o ser humano e identificación dos aparellos relacionados con ela (dixestivo, respiratorio, circulatorio e excretor).

• O sistema nervioso e o aparello locomotor. Os ósos, as articulacións e os músculos. Hábitos de hixiene postural nas súas actividades diarias.

• Pautas para unha alimentación saudable e sustentable. Pirámide dos alimentos e clasificación en función dos seus nutrientes principais.

• Pautas para a prevención de enfermidades, riscos e accidentes na súa contorna máis próxima. Enfermidades relacionadas co proceso da alimentación e a aceptación do propio corpo.

• Pautas que fomenten unha saúde emocional e social adecuadas: hixiene do sono, xestión do lecer e do tempo libre, contacto coa natureza, uso adecuado de dispositivos dixitais e estratexias para o fomento de relacións sociais saudables. Educación afectivo-sexual.

Bloque 3. Materia, forzas e enerxía

Criterios de avaliación

Obxectivos

• CA3.1. Identificar as características, a organización e as propiedades dos elementos do medio natural a través de metodoloxías de indagación utilizando as ferramentas e os procesos adecuados.

OBX3

• CA3.2. Coñecer diferentes formas e fontes de enerxía, identificando os seus usos na vida cotiá.

OBX3

• CA3.3. Recoñecer, a través de pequenas investigacións, diferentes formas de produción da calor e os seus efectos sobre os corpos.

OBX3

• CA3.4. Analizar os efectos das forzas sobre determinados obxectos de uso común realizando experiencias sinxelas e pequenas investigacións con máquinas e aparellos.

OBX4

• CA3.5. Identificar problemas ecosociais, propoñer posibles solucións e poñer en práctica hábitos de vida sustentable, recoñecendo comportamentos respectuosos de coidado e protección da contorna e uso sustentable dos recursos naturais e expresando os cambios positivos e negativos causados no medio pola acción humana.

OBX4

Contidos

• Identificación dos estados en que se presenta a materia na nosa contorna. Cambios reversibles e irreversibles que experimenta a materia desde un estado inicial a un final para recoñecer os procesos e as transformacións que ocorren na materia en situacións da vida cotiá. Cambios de estado da auga.

• Fontes de enerxía renovables e non renovables.

• Características e propiedades da calor. Materiais condutores e illantes, instrumentos de medición e aplicacións na vida cotiá.

• Forzas de contacto e a distancia. Efecto sobre os obxectos dependendo do seu tamaño, masa e forma.

• Máquinas simples, o seu efecto sobre as forzas e aplicacións na natureza e usos na vida cotiá. Planificación e montaxe dalgunha máquina de construción sinxela.

• Uso responsable dos recursos naturais do planeta. Impacto ambiental: contaminación e residuos. Importancia da calidade do aire e da auga da nosa contorna.

Bloque 4. O mundo e o desenvolvemento sustentable

Criterios de avaliación

Obxectivos

• CA4.1. Identificar as características, a organización e as propiedades dos elementos do medio natural, social e cultural a través de metodoloxías de indagación e utilizando as ferramentas e os procesos adecuados.

OBX3

• CA4.2. Identificar conexións entre diferentes elementos do medio natural, social e cultural, comprendendo as relacións que se establecen.

OBX3

• CA4.3. Identificar problemas ecosociais, propoñer posibles solucións e poñer en práctica estilos de vida sustentable, recoñecendo comportamentos respectuosos de coidado, corresponsabilidade e protección da contorna, e de uso sustentable dos recursos naturais, expresando os cambios positivos e negativos causados no medio pola acción humana.

OBX4

Contidos

• Relación dos elementos, movementos e dinámicas que ocorren no universo con determinados fenómenos físicos que afectan a Terra e repercuten na vida diaria e na contorna. Causas das catástrofes naturais e a súa vinculación coas dinámicas da Terra.

• As tecnoloxías da información xeográfica (TIX). A estación meteorolóxica e os seus instrumentos. Relación entre as zonas climáticas e a diversidade de paisaxes. Algunhas características do clima de Galicia.

• Mapas e planos en distintas escalas. Técnicas de orientación mediante a observación dos elementos do medio físico e outros medios de localización espacial.

• Elementos que conforman o clima, a paisaxe e a súa vinculación cos fenómenos atmosféricos. Introdución ás causas e consecuencias do cambio climático, e o seu impacto nas paisaxes da Terra. Medidas de mitigación.

• Responsabilidade ecosocial. A transformación e a degradación dos ecosistemas naturais pola acción humana. Conservación e protección da natureza. Os malos tratos animais e a súa protección.

• Estilos de vida sustentable. O consumo e a produción responsables, diferentes tipos de agricultura (industrial, rexenerativa), a alimentación equilibrada e sustentable, o uso eficiente da auga e da enerxía, a mobilidade segura, saudable e sustentable e a prevención e a xestión dos residuos.

Bloque 5. Vivir en sociedade

Criterios de avaliación

Obxectivos

• CA5.1. Analizar a importancia demográfica, cultural e económica das migracións na actualidade, valorando con respecto e empatía a achega da diversidade cultural ao benestar individual e colectivo.

OBX8

• CA5.2. Valorar positivamente as accións que fomentan a igualdade de xénero e as condutas non sexistas, recoñecendo modelos positivos ao longo da historia.

OBX8

• CA5.3. Coñecer os principais órganos de goberno e as funcións de diversas administracións e servizos públicos, valorando a importancia da súa xestión para a seguridade integral cidadá e a participación democrática.

OBX9

• CA5.4. Interiorizar normas básicas para a convivencia no uso dos espazos públicos como peóns ou como usuarios dos medios de locomoción, identificando os sinais de tráfico e tomando conciencia da importancia dunha mobilidade segura, saudable e sustentable, tanto para as persoas como para o planeta.

OBX9

Contidos

• O valor, o control do diñeiro e os medios de pagamento. Da supervivencia á sobreprodución. As desigualdades sociais e rexionais no acceso aos recursos.

• Os costumes, tradicións e manifestacións culturais da contorna. Respecto pola diversidade cultural que convive na contorna da cohesión social. A cultura da paz e non violencia.

• A organización política e territorial de España e Galicia.

• Organización e funcionamento da sociedade. As principais institucións e entidades da contorna local, rexional, nacional e europea e os servizos públicos que prestan. Estrutura administrativa de Galicia, España e Europa.

• Ocupación e distribución da poboación no espazo e análise dos principais problemas e retos demográficos. Representación gráfica e cartográfica da poboación con datos obtidos de fontes estatísticas. A organización do territorio en Galicia, España e en Europa.

• Igualdade de xénero e conduta non sexista. Análise e reflexión sobre os estereotipos de xénero.

• Seguridade viaria. A cidade como espazo de convivencia. Normas de circulación, sinais e marcas viarias. Mobilidade segura, saudable e sustentable, como peóns ou como usuarios dos medios de locomoción.

• Compromisos e normas para a vida en sociedade.

Bloque 6. Leccións do pasado

Criterios de avaliación

Obxectivos

• CA6.1. Protexer o patrimonio natural e cultural e valoralo como un ben común, adoptando condutas respectuosas para o seu desfrute e propoñendo accións para a súa conservación e mellora.

OBX3

• CA6.2. Identificar feitos da contorna social e cultural desde a Prehistoria ata a Idade Antiga, empregando as nocións de causalidade, simultaneidade e sucesión.

OBX7

• CA6.3. Coñecer persoas, grupos sociais relevantes e formas de vida das sociedades desde a Prehistoria ata a Idade Antiga, incorporando a perspectiva de xénero.

OBX7

Contidos

• As pegadas da historia en lugares, edificios, obxectos, oficios ou tradicións da localidade. Os museos como espazo de aprendizaxe e desfrute. Identificación de distintas fontes históricas.

• O tempo histórico. Nocións temporais e cronoloxía. Localización temporal das grandes etapas históricas en eixes cronolóxicos. Temas de relevancia na historia (Prehistoria e Idade Antiga).

• A función da arte e da cultura no mundo da Prehistoria e da Idade Antiga. Contextualización desde unha perspectiva de xénero.

• O patrimonio natural e cultural. Os espazos históricos e naturais protexidos. O seu uso, coidado e conservación.

• Iniciación á investigación e aos métodos de traballo para a realización de proxectos, que analicen feitos, asuntos e temas de relevancia actual con perspectiva histórica, contextualizándoos na época correspondente.

• Interpretación do papel dos homes e mulleres e dos distintos grupos sociais, relacións, conflitos, crenzas e condicionantes en cada época histórica. Inventos importantes ao longo da Prehistoria e da Idade Antiga.

Bloque 7. Ciencia, tecnoloxía e dixitalización

Criterios de avaliación

Obxectivos

• CA7.1. Utilizar dispositivos e recursos dixitais, de acordo coas necesidades do contexto do alumnado adulto, de forma segura, buscando información, comunicándose e traballando de forma individual e en equipo, reelaborando e creando contidos dixitais sinxelos.

OBX5

• CA7.2. Realizar predicións razoadas, buscar e seleccionar información de fontes seguras e fiables e adquirir un léxico científico básico en investigacións relacionadas co medio natural, social e cultural próximo.

OBX1

• CA7.3. Realizar no contexto próximo experimentos guiados, de xeito colaborativo, utilizando diferentes técnicas de indagación e modelos, empregando de forma segura instrumentos e dispositivos, realizando observacións e medicións precisas e rexistrándoas correctamente.

OBX9

• CA7.4. Construír en equipo un produto final sinxelo que dea solución a un problema de deseño, propoñendo posibles solucións, probando diferentes prototipos e utilizando de forma segura as ferramentas, técnicas e materiais adecuados.

OBX6

• CA7.5. Presentar o produto final dos proxectos de deseño en diferentes formatos e explicando os pasos seguidos.

OBX6

Contidos

• Técnicas para unha correcta exposición oral dos resultados da investigación, presentando os resultados en diferentes formatos.

• Vocabulario científico básico relacionado coas diferentes investigacións.

• Fomento da curiosidade, da iniciativa e da constancia na realización das diferentes investigacións.

• Avances no pasado relacionados coa ciencia e a tecnoloxía que contribuíron a transformar a nosa sociedade, mostrando modelos que incorporen unha perspectiva de xénero.

• Propostas de traballo cooperativo que supoñan un proceso de investigación e acción por parte do alumnado e faciliten o proceso de autorregulación das aprendizaxes. Cooperación e diálogo. Estratexias para a prevención e resolución de conflitos.

• Estratexias de procuras guiadas de información na internet seguras e eficientes (valoración, discriminación, selección e organización).

• Dixitalización da contorna persoal de aprendizaxe:

– Dispositivos e recursos dixitais de acordo coas necesidades do contexto educativo

• Tratamento e elaboración de textos sinxelos para comunicar información (título, formato, edición, gardar arquivo e compartir a través de plataformas dixitais).

• Aplicación das regras básicas de seguridade e privacidade para navegar pola internet para protexer a contorna dixital persoal de aprendizaxe.

• Recursos e plataformas dixitais restrinxidas e seguras para comunicarse con outras persoas. Etiqueta dixital, regras básicas de cortesía e respecto e estratexias para resolver problemas na comunicación dixital.

• Estratexias para fomentar o benestar dixital. Recoñecemento dos riscos asociados a un uso inadecuado e pouco seguro das tecnoloxías dixitais (tempo excesivo de uso, ciberacoso, acceso a contidos inadecuados, publicidade e correos non desexados…) e estratexias de actuación.

• Proxectos de deseño e pensamento computacional:

– Planificación dun proxecto sinxelo, identificando e seleccionando adecuadamente os materiais, as ferramentas e os obxectos necesarios para a súa consecución.

– Fases dos proxectos de deseño: identificación de necesidades, deseño, prototipo e proba, avaliación e comunicación.

– Iniciación á programación. Recursos dixitais (plataformas dixitais de iniciación á programación, aplicacións de programación por bloques, robótica educativa...).

– Vocabulario básico do ámbito tecnolóxico.

Bloque 8. Intelixencia emocional e iniciativa persoal

Criterios de avaliación

Obxectivos

• CA1.1. Utilizar a linguaxe para expresar as reflexións persoais e describirse dun modo axustado, autorregularse e relacionarse dun xeito positivo cos demais, resolvendo os problemas e os conflitos dun xeito pacífico; e expresar procedementos, deseñar e desenvolver proxectos axeitados aos intereses, necesidades e valores persoais de acordo co contexto.

OBX10

• CA.1.2. Usar ferramentas dixitais que permitan consultar documentación oficial, acceder a prestacións sociais, buscar emprego ou anunciar a propia actividade profesional e facer un uso proveitoso da oferta de formación continua dispoñible para persoas adultas.

OBX2

Contidos

• Expresar adecuadamente as reflexións persoais, identificando e expresando as emocións e os sentimentos propios, elaborando pensamentos e opinións persoais sobre temas de interese.

• Realización de descricións persoais axustadas. Presentacións persoais en contextos diferentes (formais, informais, laborais). Ser quen de expresar gustos, preferencias e afeccións persoais.

• Desenvolvemento de estratexias para a resolución pacífica de conflitos. Promoción da empatía e a comprensión cara aos demais, practicando habilidades de comunicación afectiva e respectuosa.

• Análise das causas dos conflitos e aplicación de técnicas de negociación para a súa resolución. Respecto cara ás opinións dos demais e promoción do diálogo e as actividades cooperativas.

• Deseño e planificación de proxectos persoais axustados aos intereses propios identificando os recursos necesarios para a realización de proxectos, avaliando os resultados e reflexionando sobre o proceso seguido.

• Acceso á documentación oficial (documentos oficiais relevantes como leis, regulamentos, etc). Navegación por portais oficiais e plataformas de servizos sociais que faciliten os procedementos necesarios para a solicitude e mantemento de prestacións sociais.

• Uso de motores de busca de emprego en liña e portais de busca de traballo, sendo quen de crear un perfil profesional nesas plataformas ou redactando un currículum vítae ou unha carta de presentación.

• Participación en entrevistas de traballo virtuais.

• Aproveitamento da oferta de educación continua para persoas adultas accedendo a plataformas de aprendizaxe en liña, cursos, obradoiros e recursos educativos que faciliten o desenvolvemento profesional e persoal.

Nivel II.

Ámbito de Ciencia, Sociedade e Tecnoloxía

Nivel II

Bloque 1. Cultura científica

Criterios de avaliación

Obxectivos

• CA1.1. Utilizar recursos dixitais de acordo coas necesidades do contexto educativo de forma segura e eficiente, buscando información, comunicándose e traballando de forma individual, en equipo e en rede.

OBX5

• CA1.2. Formular preguntas e realizar predicións razoadas sobre o medio natural, social ou cultural, a través da observación, mostrando e mantendo a curiosidade.

OBX1

• CA1.3. Buscar, seleccionar e contrastar información, de diferentes fontes seguras e fiables, usando os criterios de fiabilidade de fontes, adquirindo léxico científico básico, e utilizada en investigacións relacionadas co medio natural, social e cultural.

OBX1

• CA 1.4. Realizar investigacións, análise de resultados e comunicación de conclusións empregando a linguaxe científica, así como realizar experimentos guiados dun xeito seguro con diferentes técnicas de indagación, instrumentos apropiados e rexistros precisos.

OBX1

Contidos

• A ciencia, a tecnoloxía e a enxeñaría como actividades humanas. O seu papel na evolución da sociedade no ámbito Científico-Tecnolóxico. As profesións STEM na actualidade desde unha perspectiva de xénero, relacionadas co desenvolvemento de hábitos de vida sustentable e co coidado do planeta.

• Fomento da curiosidade, a iniciativa, a constancia e o sentido da responsabilidade na realización das diferentes investigacións, enunciando hipóteses.

• Vocabulario científico relacionado coas diferentes investigacións. Realización dun glosario.

• Experimentación sobre cuestións científicas relacionadas coas necesidades actuais da sociedade.

• Instrumentos e dispositivos apropiados para realizar observacións e medicións precisas de acordo coas necesidades da investigación.

• Fases da investigación científica (observación, formulación de preguntas e predicións, planificación e realización de experimentos, recollida e análises de información e datos…).

• Comunicación dos resultados da investigación, con claridade e orde, de forma oral ou escrita, utilizando diferentes soportes (textos orais ou escritos, maquetas, presentacións, murais…).

• Dispositivos e recursos dixitais de acordo coas necesidades do contexto educativo. A aula virtual.

• Estratexias de recollida de información, almacenamento e representación de datos para facilitar a súa comprensión e análise, individual e cooperativamente, facilitando o diálogo e a resolución de conflitos.

Bloque 2. A vida no noso planeta

Criterios de avaliación

Obxectivos

• CA2.1. Coñecer a estrutura e organización dos seres vivos identificando as súas características e funcións.

OBX3

• CA2.2. Identificar e analizar as características, a organización e as propiedades dos elementos do medio natural a través de metodoloxías de indagación, utilizando as ferramentas e os procesos adecuados.

OBX3

Criterios de avaliación

Obxectivos

• CA2.3. Establecer conexións sinxelas entre diferentes elementos do medio natural mostrando comprensión das relacións que se establecen nel.

OBX3

• CA2.4. Valorar, protexer e mostrar actitudes de conservación e mellora do medio natural, a través de propostas e accións que reflictan compromisos e condutas en favor da sustentabilidade.

OBX3

• CA2.5. Coñecer a morfoloxía externa e interna do corpo, identificando os aparellos e órganos implicados na realización das funcións vitais.

OBX2

• CA2.6. Adoptar hábitos de vida saudables valorando a importancia dunha alimentación variada, equilibrada e sustentable, o exercicio físico, o contacto coa natureza, o descanso, a hixiene e a prevención de accidentes e enfermidades.

OBX2

• CA2.7. Identificar actitudes que fomenten o benestar emocional e social, fomentando relacións afectivas saudables e reflexionando sobre o uso adecuado de novas tecnoloxías e a xestión do tempo libre.

OBX2

Contidos

• Estrutura e niveis de organización dos seres vivos: tipos de células, tecidos, órganos, aparellos e sistemas.

• Os reinos da natureza desde unha perspectiva xeral e integrada a partir do estudo e da análise das características de diferentes ecosistemas. Os seres vivos: características, clasificación e tipos.

• Características propias dos animais que permiten a súa clasificación e diferenciación en subgrupos relacionados coa súa capacidade adaptativa ao medio e a realización das funcións vitais: obtención de enerxía, relación coa contorna e perpetuación da especie. Animais autóctonos de Galicia.

• Características propias das plantas que permiten a súa clasificación en relación coa súa capacidade adaptativa ao medio e a realización das funcións vitais: obtención de enerxía, relación coa contorna e perpetuación da especie. A importancia da fotosíntese para a vida na terra. Plantas autóctonas de Galicia.

• Os ecosistemas como lugar onde interveñen factores bióticos e abióticos, mantendo un equilibrio entre os diferentes elementos e recursos. Relacións entre os seres vivos dun ecosistema, cadeas alimentarias, características, compoñentes e tipos de ecosistemas.

• Relación do ser humano cos ecosistemas para cubrir as necesidades da sociedade. Exemplos de bos e malos usos dos recursos naturais do noso planeta e as súas consecuencias, recoñecendo as accións humanas que modifican o medio natural e contribúen á extinción de especies. Importancia da biodiversidade.

• Coñecemento do corpo humano: anatomía e fisioloxía. Células, tecidos, órganos, aparellos e sistemas.

• Aspectos básicos das funcións vitais do ser humano desde unha perspectiva integrada: obtención de enerxía, relación coa contorna e perpetuación da especie.

• A función da relación. Os órganos dos sentidos, o sistema nervioso e o aparello locomotor.

• A función da nutrición e os aparellos que interveñen (respiratorio, dixestivo, circulatorio e excretor).

• A función da reprodución. O aparello reprodutor e os órganos que interveñen.

• Os cambios físicos, emocionais e sociais que ocorren ao longo da vida dunha persoa, para aceptalos de forma positiva tanto nun mesmo como nos demais. Educación afectivo-sexual.

• Pautas para unha alimentación saudable e sustentable: menús saudables e equilibrados. A importancia da cesta da compra e da etiquetaxe dos produtos alimenticios para coñecer os seus nutrientes e a súa achega enerxética.

• Principais enfermidades que afectan os aparellos e sistemas do organismo humano. Enfermidades relacionadas co proceso da alimentación e a aceptación do propio corpo. Pautas para a súa prevención.

• Pautas para a prevención de riscos e accidentes. Coñecemento de actuacións básicas de primeiros auxilios.

• Pautas que fomenten unha saúde emocional e social adecuadas: hixiene do sono, prevención e consecuencias do consumo de drogas, xestión saudable do lecer e do tempo libre, contacto coa natureza, uso adecuado de dispositivos dixitais, estratexias para o fomento de relacións sociais saudables e fomento do coidado das persoas.

Bloque 3. Materia, forzas e enerxía

Criterios de avaliación

Obxectivos

• CA3.1. Identificar as características, a organización e as propiedades dos elementos do medio natural e da materia a través de metodoloxías de indagación, utilizando as ferramentas e os procesos adecuados.

OBX3

• CA3.2. Recoñecer e explicar as diferentes formas e fontes de enerxía, identificando os seus usos na vida cotiá e a súa influencia no desenvolvemento sustentable.

OBX4

• CA3.3. Participar con actitude emprendedora na procura, no contraste e na avaliación de propostas para afrontar problemas ecosociais, buscar solucións e actuar para a súa resolución, a partir da análise crítica das causas e consecuencias da intervención humana na contorna.

OBX4

• CA3.4. Identificar as causas e consecuencias da intervención humana na contorna a partir do uso de máquinas simples e compostas.

OBX4

Contidos

• Propiedades da materia. Masa, densidade e volume. Cálculo da masa e do volume a través da experimentación.

• As fontes de enerxía renovables e non renovables.

• A enerxía eléctrica. Os circuítos eléctricos e as estruturas robotizadas. Atracción e repulsión de cargas eléctricas.

• Influencia das fontes de enerxía renovables na contribución ao desenvolvemento sustentable.

• Fontes, transformacións, transferencia e uso responsable da enerxía na vida cotiá para afrontar problemas ecosociais.

• Identificación, características e funcións das máquinas simples e compostas de uso cotián.

• As propiedades do aire e a súa interacción cos obxectos dependendo da súa forma. As forzas implicadas no voo. Principios básicos da aerodinámica.

Bloque 4. Tecnoloxía e dixitalización

Criterios de avaliación

Obxectivos

• CA4.1. Coñecer os principais avances da ciencia e da tecnoloxía, identificando os seus riscos e os beneficios na sociedade.

OBX6

• CA4.2. Formular problemas de deseño que se resolvan coa creación dun prototipo ou solución dixital, avaliando as necesidades da contorna e establecendo obxectivos concretos.

OBX6

• CA4.3. Deseñar posibles solucións aos problemas expostos de acordo con técnicas sinxelas de proxectos de deseño e pensamento computacional, mediante estratexias básicas de xestión de proxectos cooperativos.

OBX6

• CA4.4. Desenvolver un produto final que dea solución a un problema de deseño, probando en equipo diferentes prototipos ou solucións dixitais e utilizando de forma segura e guiada as ferramentas, os dispositivos, as técnicas e os materiais adecuados.

OBX6

• CA4.5. Comunicar o deseño dun produto final, adaptando a mensaxe e o formato á audiencia, explicando os pasos seguidos e propoñendo posibles retos para futuros proxectos.

OBX5

Contidos

– Influencia do desenvolvemento tecnolóxico na mellora das condicións de vida e de traballo na sociedade actual.

– Avances da ciencia na contorna (medicina, tecnoloxías da información e da comunicación, cinema, deporte…).

– Observación e formulación de situacións de problemas derivados de necesidades que xurdan na súa contorna próxima.

– Iniciación ás fases do pensamento computacional (creación de esquemas ou diagramas sinxelos para planificar accións, descomposición dunha tarefa en partes máis sinxelas, desenvolvemento de diferentes estratexias para a resolución dun problema).

– Técnicas para potenciar o traballo cooperativo, a cohesión de grupo e a resolución pacífica de conflitos.

– Estratexias en situacións de incerteza: adaptación e cambio de estratexia cando sexa necesario, e valoración do erro propio e o dos demais como oportunidade de aprendizaxe.

– Deseño, prototipo, proba e avaliación dun proxecto de deseño sinxelo que teña relevancia na súa contorna.

– Construción de proxectos sinxelos, utilizando de forma guiada diferentes materiais, ferramentas, obxectos, dispositivos e recursos dixitais seguros e adecuados para a consecución do proxecto.

– Linguaxe sinxela de programación por bloques e as relacións lóxicas entre eles (executar movementos, sensores, motores, impresión 3D…).

– Presentación dos proxectos desenvoltos, utilizando diferentes soportes e estratexias de comunicación e explicando de forma oral e escrita as estratexias seguidas.

Bloque 5. O mundo e o desenvolvemento sustentable

Criterios de avaliación

Obxectivos

• CA5.1. Identificar e analizar as características, a organización e as propiedades dos elementos do medio natural, social e cultural a través da indagación, utilizando as ferramentas e os procesos adecuados.

OBX3

• CA5.2. Establecer conexións sinxelas entre diferentes elementos do medio natural, social e cultural, mostrando comprensión das relacións que se establecen.

OBX3

• CA.5.3. Promover estilos de vida sustentable e consecuentes co respecto, cos coidados, coa corresponsabilidade e coa protección das persoas e do planeta, a partir da análise crítica da intervención humana na contorna.

OBX4

• CA5.4. Participar con actitude emprendedora na procura, no contraste e na avaliación de propostas para afrontar problemas ecosociais, buscar solucións e actuar para a súa resolución, a partir da análise crítica das causas e consecuencias da intervención humana na contorna.

OBX4

Contidos

• A Terra, o universo e o sistema solar. Movementos terrestres e fases lunares. A exploración espacial e a observación do ceo, a contaminación lumínica, a concienciación polo coidado do medio.

• O clima e o planeta. Introdución á dinámica atmosférica. Tipos de clima en Galicia, España e Europa. Elementos e factores climáticos.

• Cartografía, planos, mapas e planisferios. Escalas e símbolos convencionais de mapas, elaboración de itinerarios.

• O cambio climático do local ao global: causas e consecuencias. Medidas de mitigación e adaptación. Responsabilidade ecosocial.

• O desenvolvemento sustentable. A actividade humana sobre o espazo e a explotación dos recursos. A actividade económica, a influencia dos mercados e a distribución da riqueza: desigualdade social e rexional no mundo e en España. Os obxectivos de desenvolvemento sustentable.

• A responsabilidade social e ambiental das empresas, a publicidade e o consumo responsable. Os dereitos do consumidor.

• Os axentes económicos e os dereitos laborais desde unha perspectiva de xénero. O valor social dos impostos.

• Estilos de vida sustentable: os límites do planeta e o esgotamento de recursos.

Bloque 6. Vivir en sociedade

Criterios de avaliación

Obxectivos

• CA6.1. Analizar os procesos xeográficos, históricos e culturais que conformaron a sociedade actual, valorando a diversidade etnocultural ou afectivo-sexual e a cohesión social, e mostrando empatía e respecto por outras culturas e pola igualdade de xénero.

OBX8

• CA6.2. Promover actitudes de igualdade de xénero e condutas non sexistas, analizando e contrastando diferentes modelos na nosa sociedade.

OBX8

• CA6.3. Resolver de forma pacífica e dialogada os conflitos, promovendo unha interacción respectuosa e equitativa a partir da linguaxe inclusiva e non violenta, e explicando e exercitando as principais normas, dereitos, deberes e liberdades que forman parte do Estatuto de autonomía, da Constitución española e da Unión Europea, e coñecendo a función que o Estado e as súas institucións desempeñan no mantemento da paz, da seguridade integral cidadá e no recoñecemento das vítimas da violencia.

OBX9

• CA6.4. Explicar o funcionamento xeral dos órganos de goberno do concello, das deputacións e comunidades autónomas, do Estado español e da Unión Europea, valorando as súas funcións e a xestión dos servizos públicos para a cidadanía.

OBX9

Contidos

• Historia e cultura das minorías étnicas presentes no noso país (con especial mención ao pobo xitano): diversidade cultural e lingüística de Galicia e España.

• A cultura da paz e non violencia. O pensamento crítico como ferramenta para a análise dos conflitos de intereses. O recoñecemento das vítimas da violencia.

• A organización política. Principais entidades políticas e administrativas da contorna local, provincial, autonómica, estatal e europea. Sistemas de representación e de participación política.

• A memoria democrática. Análise multicausal do proceso de construción da democracia en España.

• Migracións e diversidade cultural. As principais variables demográficas e a súa representación gráfica. Os comportamentos da poboación e a súa evolución. Os movementos migratorios e a apreciación da diversidade cultural. Contraste entre zonas urbanas e despoboamento rural.

• Igualdade de xénero e condutas non sexistas. Crítica dos estereotipos e roles nos distintos ámbitos: académico, profesional, social e cultural. Accións para a igualdade efectiva entre mulleres e homes.

• Seguridade viaria. Normas básicas de circulación, sinais de tráfico e marcas viarias. Condutas e hábitos viarios correctos. Causas e grupos de risco nos accidentes de tráfico.

Bloque 7. Leccións do pasado

Criterios de avaliación

Obxectivos

• CA7.1. Valorar, protexer e mostrar actitudes de conservación e mellora do patrimonio natural e cultural a través de propostas e accións que reflictan compromisos e condutas en favor da sustentabilidade.

OBX3

• CA7.2. Analizar relacións de causalidade, simultaneidade e sucesión entre diferentes elementos do medio social e cultural desde a Idade Media ata a actualidade, situando cronoloxicamente os feitos.

OBX7

• CA7.3. Coñecer persoas, grupos sociais relevantes e formas de vida das sociedades desde a Idade Media ata a actualidade, incorporando a perspectiva de xénero, situándoas cronoloxicamente e identificando trazos significativos sociais en distintas épocas da historia.

OBX7

Contidos

• As fontes históricas: clasificación e utilización das distintas fontes (orais, escritas, patrimoniais). As pegadas da historia na contorna.

• O tempo histórico na Idade Media: o Camiño de Santiago, o Románico e o Gótico, duración e feitos históricos, papel representado por suxeitos históricos (individuais e colectivos, os grupos sociais), acontecementos e procesos.

• O tempo histórico na Idade Moderna: os descubrimentos, o Renacemento e o Barroco, duración e feitos históricos, papel representado por suxeitos históricos (individuais e colectivos), acontecementos e procesos.

• Temas de relevancia na historia: Idade Contemporánea, transformacións económicas, políticas, sociais e culturais, o papel representado polos suxeitos históricos (individuais e colectivos), acontecementos e procesos

• As expresións artísticas e culturais medievais, modernas e contemporáneas en Galicia e a súa contextualización histórica desde unha perspectiva de xénero. A función da arte e da cultura no mundo actual.

• O papel da muller na historia e os principais movementos en defensa dos seus dereitos. Situación actual e retos de futuro na igualdade de xénero.

• O patrimonio natural e cultural como ben e recurso; o seu uso, coidado e conservación.

3.4. Orientacións pedagóxicas.

A intervención educativa no ámbito de Ciencia, Sociedade e Tecnoloxía desenvolverá o seu currículo e tratará de asentar de xeito gradual e progresivo o logro dos obxectivos do ámbito e, en combinación co resto de ámbitos, unha adecuada adquisición das competencias clave e a contribución ao logro dos obxectivos da educación básica.

Neste sentido, no deseño das actividades, o profesorado terá que considerar a relación existente entre os obxectivos do módulo e as competencias clave a través dos descritores operativos do perfil de saída e as liñas de actuación no proceso de ensino e aprendizaxe e seleccionar aqueles criterios de avaliación do currículo que se axusten á finalidade buscada, así como empregalos para verificar as aprendizaxes do alumnado e o seu nivel de desempeño.

Relación entre os obxectivos do ámbito de Ciencia, Sociedade e Tecnoloxía e as competencias clave a través dos descritores operativos do perfil de saída establecidos ao finalizar o ensino básico.

Obxectivos

do ámbito

Competencias clave

CCL

CP

STEM

CD

CPSAA

CC

CE

CCEC

OBX1

1, 2, 3

2, 4

1, 2

4

OBX2

5

1, 2, 3

3

OBX3

1, 2, 4, 5

1

4

1

1

OBX4

5

2, 5

4

1, 3, 4

1

OBX5

3

1

4

1, 2, 3, 4, 5

4

OBX6

3, 4

5

3, 4, 5

1, 3

4

OBX7

3

4

4

1, 3

2

1

OBX8

3

3

1, 2, 3

1

OBX9

5

1

1, 2, 3

1

OBX10

1, 3

1, 2, 3, 4, 5

1, 3

1, 2, 3

3

Liñas de actuación no proceso de ensino e aprendizaxe
para o ensino de persoas adultas

As ensinanzas iniciais de educación para persoas adultas ofrecen ao alumnado as aprendizaxes necesarias para poder responder dunha forma reflexiva, eficaz e actualizada ás demandas dun mundo complexo e cambiante. Nesta fase, tal aprendizaxe cumpre unha dobre función. Por unha banda, ten que dotar as persoas adultas dos coñecementos, habilidades e actitudes que terán que adquirir para funcionar nunha gran variedade de situacións persoais, educativas, sociais e laborais ás cales terán que enfrontarse. E, por outra banda, debe constituír a base para poder continuar coa súa actividade formativa tanto na educación secundaria para persoas adultas como ao longo da vida. As ensinanzas iniciais están orientadas a un alumnado con carencias competenciais moi específicas, polo que teñen un forte compoñente compensatorio. Implica que os procesos de ensino-aprendizaxe deban partir sempre da contextualización curricular realizada polo profesorado para o seu alumnado concreto.

Deseño da metodoloxía de aprendizaxe

Unha metodoloxía flexible e inclusiva é idónea para abordar todos elementos que conforman a organización do curso, pois vai facilitar, grazas á combinación dos contidos das materias que conforman o ámbito de Ciencia, Sociedade e Tecnoloxía que o proceso de ensino-aprendizaxe se conciba dun xeito global e unitario. Con este enfoque metodolóxico, evítase a presentación de solucións únicas ás situacións ou problemas propostos, que lle restan ao alumnado a posibilidade do descubrimento propio. Por iso convén fomentar o deseño de actividades interdisciplinarias que integren os distintos contidos do ámbito para que o alumnado poida obter a máxima produtividade dos coñecementos impartidos en cada unha das materias. Neste sentido, o fomento da aprendizaxe baseada en proxectos favorecerá esa interdisciplinariedade ao deseñar situacións de aprendizaxe contextualizadas e reais que inclúan a integración das competencias, dos obxectivos e dos contidos, a través de metodoloxías motivadoras e cooperativas que permitan a participación activa do alumnado no seu propio proceso formativo, así como a adquisición dunha progresiva autonomía persoal.

A metodoloxía fomentará a autoaprendizaxe e terá en conta as particularidades propias da poboación adulta cuxo proceso de aprendizaxe precisa dun enfoque metodolóxico específico que parta das súas experiencias e vivencias explotando o potencial formativo da bagaxe cultural de cada alumno ou alumna e das aprendizaxes informais e non formais adquiridas tendo en consideración os seus ritmos de aprendizaxe e prestando especial atención ás necesidades específicas de apoio educativo.

A proposta dunha metodoloxía que oriente, promova e facilite o desenvolvemento competencial do alumnado facilitará, ademais, o tratamento da atención á diversidade, ao respectar os distintos estilos de aprendizaxe a través do deseño de actividades que combinen o traballo individual e o cooperativo. As actividades deberán ter presente o compoñente social do proceso de aprendizaxe e contribuír á formación en destrezas comunicativas e cooperativas e ao reforzo da autoestima. É importante que os equipos docentes interpreten o currículo do ámbito conforme a realidade do seu contexto educativo e as características do alumnado, as súas experiencias e aprendizaxes previas e os seus intereses e necesidades. O fin último será facilitar a adquisición das aprendizaxes imprescindibles para o desenvolvemento das competencias específicas de cada ámbito e as competencias clave do perfil de saída do alumnado ao finalizar o ensino básico. Os procesos de aprendizaxe significativa acadaranse a través da realización de proxectos conectados coas necesidades, experiencias e vivencias das persoas adultas.

Perfil do alumnado e atención á diversidade

Unha atención adaptada ao perfil do alumnado adulto exixe o uso dunha ampla variedade de metodoloxías e modelos de ensino. Neste sentido, é apropiado o uso de metodoloxías como a aprendizaxe cooperativa, a aprendizaxe baseada en proxectos e problemas (ABP), o deseño universal de aprendizaxe (DUA) e o ensino multinivel (EM), que favorezan a atención á diversidade, a accesibilidade universal e a inclusión, e que conduzan á creación dun contorno persoal de aprendizaxe (PLE) propio. Correspóndelle ao equipo docente determinar a metodoloxía e modelo de ensino-aprendizaxe máis adecuado en función da realidade da súa aula. O fomento do uso de recursos educativos en aberto (REA) e as TIC proporcionan as ferramentas necesarias para acadar a accesibilidade e a inclusión.

Consonte o interese por facer accesible o coñecemento a todas as persoas, convén que as formas de acceso ás situacións de aprendizaxe sexan planificadas desde o inicio de forma variada a través de textos escritos, orais e multimodais; que as propostas de traballo, igualmente, ofrezan diversas posibilidades para a súa resolución (unha exposición oral, un proxecto científico, a intervención nun debate, etc.); e que se ofreza ás persoas adultas pouco cualificadas o acceso a un itinerario de mellora de capacidades, coñecementos e competencias adaptado ás súas necesidades individuais, que lles permita desenvolver plenamente o seu potencial nos ámbitos persoal, social, formativo e profesional. Trátase de ter presente a diversidade da aula durante todo o proceso da práctica educativa para atenuar no posible as barreiras existentes entre a aprendizaxe e o alumnado.

Alfabetización informacional

A tarefa de transformar a información en coñecemento constitúe un dos piares básicos para a formación permanente da cidadanía. A alfabetización informacional é, ademais, xeradora de transversalidade na aprendizaxe. Implica accións puramente lingüísticas, como a comprensión da información, a súa selección e tratamento en esquemas, resumos e outras ferramentas de organización do coñecemento ou a súa posterior comunicación en diversos formatos. Pero tamén implica un uso certeiro, creativo e seguro das tecnoloxías da información e da comunicación, o desenvolvemento de habilidades para iniciar, organizar e persistir nunha aprendizaxe paulatinamente autónoma, ou para elixir, planificar e xestionar coñecementos con criterio propio, co fin de transformar as ideas en actos.

Por último, e no que concirne á formación do alumnado para enfrontar axeitadamente os fenómenos e consecuencias da desinformación, resultan de enorme utilidade as rutinas establecidas ao redor da verificación de loiadas (contrastar a información en páxinas de medios de prestixio, recorrer as plataformas de verificación de feitos ou aos perfís institucionais autorizados en redes sociais, etc.), así como un uso consciente do fenómeno do ciberanzol a partir da observación e a análise crítica, tanto desde o punto de vista lingüístico como sociolóxico deste tipo de prácticas.

Deseño do proceso de avaliación

A avaliación formativa centrada nas competencias permite identificar o grao de adquisición destas, modificar, de ser o caso, aqueles aspectos susceptibles de mellora (metodoloxía, recursos, tarefas...) e detectar as dificultades de aprendizaxe, coa consecuente posta en marcha de mecanismos para palialas, sempre coa finalidade de que o alumnado acade os obxectivos e desenvolva as competencias do perfil de saída.

As tarefas ou actividades de avaliación propostas permitirán a obtención de evidencias da aprendizaxe do noso alumnado de forma variada a través de respostas a preguntas pechadas, abertas ou construídas (elección múltiple, asociacións, mapas conceptuais, infografías...), a través de desempeños (presentación oral, actuación teatral, debate...), produtos (ensaio, traballo de investigación, entrada dun blog, poema, portfolio, diario de aprendizaxe, vídeo, audio...) ou procesos (toma de decisións, proceso de descrición, análise, creación, revisión, participación en grupo...). Utilizaranse instrumentos e procedementos de avaliación diversos, accesibles, flexibles, axustados aos criterios de avaliación e adaptados ás distintas situacións de aprendizaxe e ás necesidades tan heteroxéneas do alumnado adulto. Polo tanto, estes non deben cinguirse unicamente ás probas obxectivas ou cuestionarios, senón que tamén deben incluír listas de cotexo, escalas de valoración, rúbricas ou rexistros observacionais, entre outros.

As propostas pedagóxicas deberán combinar os diferentes tipos de avaliación: a heteroavaliación, a autoavaliación, que permite ao alumnado tomar conciencia progresiva e responsable do seu proceso de aprendizaxe, e a coavaliación, que supón a avaliación do alumnado aos seus iguais e que debe desenvolverse nun ambiente de respecto e empatía. O proceso de aprendizaxe tenderá a ser cada vez máis autónomo consonte o alumnado se afaga a eses recursos de autorregulación. De igual modo, as actividades de coavaliación, subscritas a criterios definidos, reforzan as habilidades de análise, facilitan o intercambio de estratexias de aprendizaxe e permiten valorar o traballo dos iguais. A incorporación de ferramentas dixitais no proceso de avaliación abre todo un abano de posibilidades, tanto para a autoavaliación (revisión dos traballos propios, actividades de autocorrección, etc.) como para a coavaliación (mediante paneis, repositorios, foros, etc.) que o profesorado pode utilizar como unha fonte de información máis sobre os progresos, tanto individuais como grupais, do seu alumnado.

Concrecións para o ámbito de Ciencia, Sociedade e Tecnoloxía

Coa intención de conseguir una mellora do alumnado no desenvolvemento deste ámbito faise necesaria a realización de proxectos significativos baseados nos coñecementos previos do alumnado adulto, fomentando a súa curiosidade e a motivación por aprender. Para iso utilizaranse enfoques interdisciplinarios que promovan a reflexión metodolóxica e garantan o cumprimento dos principios pedagóxicos en que se basea este currículo.

Aproveitaranse os recursos da contorna e consideraranse as diferenzas interculturais como unha oportunidade de enriquecemento persoal. Será de grande interese espertar no alumnado a conciencia da necesidade de participar en actividades comunitarias e conectar o aprendido na aula coa vida real. Con esta finalidade deberase fomentar o traballo individual e en equipo e a participación activa do alumnado.

Aplicando estes principios desenvolverase una atención individualizada e actuarase na prevención das dificultades de aprendizaxe, garantirase a atención á diversidade e promoverase a cohesión social. Adaptaranse os métodos de ensino e os ritmos ao estilo da aprendizaxe do alumnado potenciando as súas habilidades e atendendo á diversidade con mecanismos de reforzo e ampliación. Para conseguir isto empregaranse distintas técnicas de avaliación como portfolios, rúbricas, mapas mentais e probas específicas que permitan medir o grao de desempeño do alumnado.

Será importante tamén destacar a importancia da igualdade de xénero e presentar modelos de éxito e superación en todo tipo de profesións e, con carácter especial, nos ámbitos científico e tecnolóxico.

4. Ámbito de Desenvolvemento e Iniciativa Persoal e Laboral.

4.1. Introdución.

No ámbito de desenvolvemento e iniciativa persoal e laboral é fundamental que o alumnado adulto adquira unha serie de habilidades e competencias que lle permitan enfrontarse con éxito aos desafíos do mundo actual. Para logralo, formúlanse unha serie de obxectivos.

Formarse unha imaxe axeitada de si mesmos recoñecendo as súas propias características e posibilidades e valorando a súa experiencia, o esforzo e a superación das dificultades é un obxectivo fundamental no ámbito educativo. Este proceso de desenvolvemento persoal, social e emocional permite ao alumnado atopar o seu lugar no contorno académico, social e familiar, promovendo a automotivación, a curiosidade e a autonomía. Ao establecer metas realistas e aprender a aprender, os estudantes adquiren habilidades para xestionar o seu tempo e enfrontar retos, así como para participar nun debate construtivo de ideas valorando as opinións alleas como fonte de enriquecemento persoal.

Outro obxectivo esencial é desenvolver hábitos de estudo e traballo individual e en equipo, como requisito necesario para unha realización efectiva das tarefas de aprendizaxe e como medio de crecemento persoal. Estes hábitos permiten ao alumnado asumir responsabilidades, coñecer e exercer os seus dereitos, respectar as normas e colaborar coa comunidade. Ao traballar en equipo, os estudantes tamén aprenden a valorar as diferenzas e a convivir coas frustracións, promovendo así o respecto e a tolerancia. Ademais, é importante fomentar o espírito emprendedor, a confianza en si mesmos, a participación activa, o sentido crítico, a iniciativa persoal e a capacidade para aprender a aprender. Estas habilidades preparan os estudantes para afrontar os desafíos do futuro, ser creativos e innovadores, tomar decisións e asumir responsabilidades. Ao planificar e perseguir os seus obxectivos, os estudantes desenvolven unha autoestima saudable e colaboran coa comunidade para alcanzar metas comúns.

Neste contexto, a combinación da cualificación técnica e profesional adquirida coa capacidade de enfrontar e solucionar problemas é fundamental. Os estudantes deben adquirir competencias relevantes para o mercado laboral, desenvolvendo habilidades sociais, comunicativas e de resolución de problemas. Ao utilizar as fontes de información dixitais de forma crítica e responsable, os estudantes poden obter coñecementos actualizados e aplicar o método científico para fundamentar as súas opinións.

Por último, promóvese o uso de plataformas virtuais de comunicación para compartir datos e contidos dixitais, empregando tecnoloxías axeitadas e respectando as normas de etiqueta dixital. Isto permite aos estudantes participar activamente e de forma responsable na sociedade actual, onde as tecnoloxías dixitais xogan un papel importante na interacción e na xestión de servizos. Ao adquirir esta competencia, os estudantes aprenden a buscar información na internet, distinguir fontes fiables, protexer a súa identidade dixital e colaborar de forma segura na rede.

En resumo, estes obxectivos educativos buscan formar os estudantes de maneira integral, potenciando a adquisición dunha imaxe axeitada de si mesmos, os seus hábitos de estudo e traballo, as súas habilidades sociais e emocionais, a súa capacidade de toma de decisións e a súa competencia dixital co obxectivo de que se convertan en cidadáns competentes, comprometidos e preparados para afrontar os retos do século XXI.

Os criterios de avaliación e os contidos asociados aos obxectivos arriba descritos agrúpanse en tres bloques temáticos.

O bloque 1, «Intelixencia emocional e iniciativa persoal», busca melloras na capacidade de reflexión do alumnado, así como a autorregulación dun xeito máis positivo nas relacións cos demais que permitan a resolución de conflitos de modo pacífico. Tamén se traballará neste bloque o uso de ferramentas dixitais que faciliten ao alumnado o acceso ás plataformas oficias que lle permitan resolver problemas cotiáns.

No bloque 2, «Participación social», abórdase a diversidade actual da sociedade española e amósase a diversidade como un xeito de enriquecemento persoal na colaboración entre diversos colectivos. Empregarase o razoamento lóxico como unha ferramenta para mellorar a toma de decisións sen caer en prexuízos e decisións emocionais.

O bloque 3, «Dixitalización», busca mellorar a capacidade de análise crítica da información dixital e o espírito crítico nun mundo cada vez máis dixitalizado. A toma de medidas de protección axudará a evitar riscos físicos e mentais. O respecto da propiedade intelectual dos contidos reutilizados tamén será importante, así como a resolución de problemas técnicos básicos no uso dos dispositivos dixitais.

Estes elementos curriculares deben seleccionarse, adaptarse e secuenciarse en relación co alumnado adulto, priorizando os elementos curriculares esenciais que garanten coñecementos e habilidades fundamentais en relación con carencias de formación formal relativas a situacións de abandono escolar que non foron suplidas, ou que o foron de modo deficitario por aprendizaxes informais ou non formais. Estas deben ser sempre tidas en conta na concreción curricular, a partir da detección de coñecementos previos e a atención á diversidade.

4.2. Obxectivos.

Obxectivos do ámbito

OBX1. Formarse unha imaxe adecuada de si mesmos, das súas características e posibilidades, valorando a súa experiencia, o esforzo e a superación das dificultades para lograr o desenvolvemento persoal, social e emocional do alumnado.

• A formación dunha idea axeitada de si mesmo, das características propias e das posibilidades persoais é un proceso fundamental para o desenvolvemento persoal, social e emocional que implica lograr melloras que permitan conseguir atopar un lugar persoal no contorno académico, social e familiar estable e respectuoso, valorando as capacidades propias e identificando as fortalezas e posibilidades de mellora. Implica ser quen de proporse metas realistas que faciliten a automotivación e que permitirán xestionar os propios tempos para adecuar os obxectivos ás metas persoais, aprender por si mesmo desenvolvendo a curiosidade, a creatividade e a autonomía persoal aceptando as opinións alleas dun xeito positivo como fonte de enriquecemento persoal dentro dun debate construtivo de ideas.

• Aprender a convivir coas frustracións permitiralle ao alumnado valorar os logros recoñecendo as propias capacidades e limitacións, respectar as normas e exercer os dereitos e deberes nun mundo democrático e valorar as características persoais e as diferenzas cos demais como unha fonte de enriquecemento. O debate de ideas na aula axudará a desenvolver hábitos de respecto e considerar as opinións alleas como novos puntos de vista que enriquecerán a experiencia persoal.

OBX2. Desenvolver e consolidar hábitos de estudo e traballo individual e en equipo realizando eficazmente as tarefas de aprendizaxe e como medio de desenvolvemento persoal para asumir responsablemente os deberes e dereitos dunha cidadanía democrática.

• Desenvolver e consolidar hábitos de estudo e traballo individual e en equipo é condición necesaria para a realización eficaz dos procesos de aprendizaxe e medio de desenvolvemento persoal que lle permitirá ao alumnado asumir responsablemente os deberes, coñecer e exercer os dereitos mantendo o respecto cara aos demais, ser tolerantes, cooperar e solidarizarse cos compañeiros e outros grupos de persoas da contorna exercendo o diálogo e mellorando a preparación para o exercicio dunha cidadanía democrática.

• Permitiralle ao alumnado adulto respectar a diferenza de sexos e a igualdade de dereitos e oportunidades entre eles, rexeitando os estereotipos, a discriminación e a violencia de calquera tipo, fortalecer as capacidades afectivas en todos os ámbitos da personalidade e nas relacións cos demais e posibilitará que o alumnado desenvolva e mellore as destrezas básicas na utilización das fontes de información, as TIC e no método científico para adquirir novos coñecementos con sentido crítico.

OBX3. Desenvolver e consolidar o espírito emprendedor e a confianza en si mesmo participando con sentido crítico nas actividades da contorna social e académica e establecendo redes de contactos con outras persoas para lograr a colaboración eficaz no logro de metas comúns.

• A consecución deste obxectivo implica guiar o alumnado para buscar unha visión de futuro que lle permita identificar oportunidades e traballar para conseguir os obxectivos sendo creativo e innovador e xerando solucións orixinais e viables. Esta confianza en si mesmo e nas capacidades propias permitirá manter unha autoestima saudable e transmitir seguridade aos demais, asumindo os riscos e aprendendo dos error. A participación no contorno social e académico establecerá redes de contacto coas outras persoas da contorna que poderán achegar valor e apoio aos proxectos, colaborando e cooperando cos demais para lograr metas comúns.

• Este obxectivo permitirá alcanzar unha iniciativa persoal para emprender accións que conduzan ao logro dos obxectivos sendo proactivo e flexible ante os imprevistos e axudará á mellora continua e á excelencia no traballo. O desenvolvemento da capacidade de aprender a aprender permitiralle ao alumnado adulto empregar dun xeito autónomo diferentes fontes de información, especialmente dixitais, e recursos didácticos aplicando as técnicas de estudo axeitadas segundo o tipo de contido. A toma de decisións de forma responsable cos valores éticos e sociais dunha sociedade democrática permite a consideración das diferentes alternativas posibles e as súas consecuencias asumindo as responsabilidades das decisións tomadas. Ademais, desenvolver o sentido crítico permitirá analizar axeitadamente e con obxectividade a realidade buscando información relevante e contrastada para fundamentar as opinións persoais e o alumnado será quen de argumentar e defender o seu propio punto de vista.

OBX4. Combinar a cualificación técnica e profesional adquirida cun comportamento social e coa capacidade de afrontar e solucionar problemas interiorizando as normas e valores da organización e do contorno laboral para a xeración de alternativas que permitan elixir solucións axeitadas.

• A cualificación técnica e profesional será adquirida mediante a educación formal, a capacitación no traballo ou a experiencia laboral. Para a consecución deste obxectivo será necesario identificar as cualificacións profesionais propias que se corresponderán cun conxunto de competencias significativas para a busca de emprego, coñecer as cualificacións máis significativas do sistema produtivo español e os módulos asociados a elas, desenvolver habilidades sociais que faciliten a comunicación, a colaboración e o traballo en equipo aprendendo a escoitar e sendo respectuosos e empáticos, o que axudará a interiorizar as normas e valores da organización e do contorno laboral. Ademais, desenvolver habilidades que axuden á resolución de problemas implica a análise da situación, a identificación das causas e a xeración de alternativas, avaliando as consecuencias para elixir a solución máis axeitada.

OBX5. Realizar procuras guiadas na internet partindo de fontes dixitais preseleccionadas, aplicando estratexias sinxelas de tratamento dixital da información (palabras clave, selección de información relevante, etc.), distinguindo as fontes fiables e as non fiables e mantendo unha actitude crítica sobre os contidos para obter información que responda ás necesidades ou intereses concretos.

• A investigación, a participación activa na sociedade e o desenvolvemento profesional e persoal dun individuo a miúdo implican a adquisición de novas competencias relacionadas coa procura e a selección de información na internet a partir de diferentes fontes para obter datos que lle permitan responder a necesidades ou intereses concretos. Na sociedade actual existe un continuo bombardeo que non sempre reflicte a realidade.

• A información atópase ás veces mesturada con feitos infundados e crenzas pseudocientíficas, polo que é imprescindible desenvolver o sentido crítico e aprender estratexias que permitan coñecer e distinguir as fontes fidedignas de información daquelas de dubidosa fiabilidade. Este obxectivo prepara ao alumnado para obter a información necesaria a partir de procuras guiadas na internet en que se apliquen estratexias sinxelas de tratamento dixital da información, como o uso de palabras clave ou a selección de información relevante e fiable. O alumnado ten que aprender a empregar os elementos máis comúns de procuras de información en ordenadores, dispositivos móbiles e outros dispositivos TIC de uso ordinario, e a atopar e seleccionar de xeito guiado, datos a partir de fontes dixitais preseleccionadas. A adquisición desta competencia permitiralle, ademais, desenvolver unha actitude crítica sobre os contidos accesibles a través da internet, de xeito que poida participar activamente nunha sociedade democrática cada vez máis dixitalizada.

OBX6. Compartir datos e contidos dixitais a través de plataformas virtuais de comunicación, empregando tecnoloxías sinxelas axeitadas e respectando as normas básicas de etiqueta dixital para participar de xeito activo e responsable na sociedade.

• O uso xeneralizado das tecnoloxías dixitais creou unha nova forma de relacionarnos. Interactuamos e compartimos datos, información e contido dixital de xeito constante a través da rede. Ademais, as xestións dos servizos públicos e privados demandan cada vez máis que a cidadanía interactúe en medios dixitais. Polo tanto, o coñecemento das principais plataformas virtuais empregadas como medio de comunicación e de xestión resulta preciso para garantir o correcto aproveitamento da tecnoloxía. Ademais, o alumnado ten que comprender que o uso das tecnoloxías xera unha pegada dixital cuxos beneficios e riscos ten que coñecer para aprender a xestionar a súa propia identidade dixital e poder participar dunha forma activa e responsable na sociedade. Na educación de persoas adultas, este obxectivo engloba aspectos de interacción con usuarios e usuarias e de contido na rede, de xeito que se traballa tanto o trato correcto ao internauta como o respecto ás accións que outras persoas realizan, axeitando os comportamentos en rede ás normas básicas de etiqueta dixital. Aborda tamén as xestións administrativas telemáticas (servizos públicos en liña, rexistros dixitais e certificados oficiais) e as accións comerciais electrónicas (facturas dixitais e formas de pagamento). Deste xeito, o alumnado aprenderá accións que permiten o exercicio dunha cidadanía activa, responsable, respectuosa e segura na rede.

4.3. Criterios de avaliación e contidos.

Nivel II.

Ámbito de Desenvolvemento e Iniciativa Persoal e Laboral

Bloque 1. Intelixencia emocional e iniciativa persoal

Criterios de avaliación

Obxectivos

• CA1.1. Utilizar a linguaxe para expresar as reflexións persoais e describirse dun modo axustado, autorregularse e relacionarse dun xeito positivo cos demais, resolvendo os problemas e os conflitos dun xeito pacífico; expresar procedementos, deseñar e desenvolver proxectos axeitados aos intereses, necesidades e valores persoais de acordo co contexto.

OBX1

• CA1.2. Usar ferramentas dixitais que permitan consultar documentación oficial, acceder a prestacións sociais, buscar emprego ou anunciar a propia actividade profesional e facer un uso proveitoso da oferta de formación continua dispoñible para persoas adultas.

OBX2

Contidos

• Expresión das reflexións persoais identificando e expresando as emocións e os sentimentos propios, elaborando pensamentos e opinións persoais sobre temas de interese.

• Realización de descricións persoais axustadas. Presentacións persoais en contextos diferentes (formais, informais, laborais). Ser quen de expresar gustos, preferencias e afeccións persoais.

• Desenvolvemento de estratexias para a resolución pacífica de conflitos. Promoción da empatía e a comprensión cara aos demais, practicando habilidades de comunicación afectiva e respectuosa.

• Análise das causas dos conflitos e aplicación de técnicas de negociación para a súa resolución. Respecto cara ás opinións dos demais e promoción do diálogo e as actividades cooperativas.

• Deseño e planificación de proxectos persoais axustados aos intereses propios identificando os recursos necesarios para a realización de proxectos, avaliando os resultados e reflexionando sobre o proceso seguido.

• Acceso á documentación oficial (documentos oficiais relevantes como leis, regulamentos, etc). Navegación por portais oficiais e plataformas de servizos sociais que faciliten os procedementos necesarios para a solicitude e mantemento de prestacións sociais.

• Uso de motores de busca de emprego en liña e portais de busca de traballo, sendo quen de crear un perfil profesional nesas plataformas ou redactando un currículum vítae ou carta de presentación.

• Participación en entrevistas de traballo virtuais.

• Aproveitamento da oferta de educación continua para persoas adultas accedendo a plataformas de aprendizaxe en liña, cursos, obradoiros e recursos educativos que faciliten o desenvolvemento profesional e persoal.

Bloque 2. Participación social

Criterios de avaliación

Obxectivos

• CA2.1. Comprender e respectar a diversidade da sociedade española, valorándoa como oportunidade de colaboración para obter beneficios colectivos; ter coñecementos básicos de dereito para comprender a regulación da sociedade e participar nos diferentes ámbitos sociais.

OBX3

• CA2.2. Empregar o razoamento lóxico para prever as consecuencias positivas e negativas de diferentes cursos de acción; tomar decisións de xeito fundamentado e realizar xuízos éticos ou morais sen deixarse levar por prexuízos ou emocións e atendendo ás consecuencias da decisión.

OBX4

Contidos

• Recoñecemento e apreciación da diversidade cultural, étnica e lingüística da sociedade española actual valorando esa diversidade como oportunidade para enriquecer o tecido social e promover a colaboración entre persoas de diferentes orixes e culturas.

• Comprensión da importancia da colaboración e traballo en equipo para lograr beneficios colectivos identificando proxectos e accións conxuntas que poidan beneficiar a comunidade local. Promoción dunha participación activa en actividades comunitarias e de voluntariado.

• Introdución a conceptos básicos do sistema legal e xudicial español coñecendo os dereitos e os deberes cidadáns recollidos na lexislación, comprendendo a importancia da igualdade de dereitos e oportunidades para os cidadáns.

• Análise das normas e regulacións que rexen diversos aspectos da sociedade (vivenda, traballo, educación, etc.). Comprensión do funcionamento de institucións e organismos que contribúen ao benestar social.

• Coñecemento dos dereitos laborais básicos e as leis de protección ao consumidor.

• Coñecemento de diferentes ámbitos de participación cidadá (asociacións, grupos veciñais, etc.), desenvolvendo habilidades de comunicación e expresión para a participación en debates e discusións sobre temas sociais ou comunitarios.

• Desenvolvemento do pensamento lóxico e a capacidade de análise para avaliar as opcións e posibles resultados dunha decisión identificando as consecuencias a curto e longo prazo. Análise de escenarios hipotéticos e casos prácticos que permitan a práctica do razoamento lóxico ante a toma de decisións.

• Identificación do problema, avaliación e comparación das opcións posibles de resolución considerando aspectos como a eficacia e a coherencia cos valores persoais.

• Comprensión de conceptos éticos e morais e a súa importancia na toma de decisións. Análise de dilemas éticos e discusión desde diversos enfoques e perspectivas.

• Desenvolvemento da habilidade de separar as emocións do proceso de toma de decisións tomando distancia para avaliar obxectivamente as diferentes opcións.

Bloque 3. Dixitalización

Criterios de avaliación

Obxectivos

• CA3.1. Desenvolver habilidades na procura, selección e análise crítico da información dixital aplicando estratexias de busca, tratamento básico da información e distinción entre fontes fiables e non fiables.

OBX5

• CA3.2. Utilizar dun xeito responsable as tecnoloxías dixitais para compartir datos e contidos nun contorno restrinxido e supervisado aplicando prácticas sinxelas de referencia e atribución, respectando as normas de etiqueta dixital. Seleccionar as tecnoloxías dixitais axeitadas de xeito guiado considerando o obxectivo que se quere alcanzar.

OBX5

• CA3.3. Crear e compartir contidos dixitais sinxelos, respectando a propiedade intelectual dos contidos reutilizados, distinguindo entre contidos orixinais e modificados, identificando as licenzas básicas de uso e explicando as súas diferenzas.

OB.X 6

• CA3.4. Usar os dispositivos dixitais básicos dun xeito crítico, seguro e responsable, aplicando medidas de protección, evitando riscos físicos e mentais dun uso non apropiado e desenvolvendo hábitos de uso saudable.

OBX6

• CA3.5. Expresar ideas e opinións mediante a creación de contidos dixitais sinxelos en distintos formatos, procesando e reutilizando información dixital concreta e sinxela e respectando a propiedade intelectual dos contidos reutilizados.

OBX6

• CA3.6. Resolver problemas técnicos básicos de dispositivos dixitais e aplicacións comúns, seleccionando as aplicacións e ferramentas dixitais axeitadas para satisfacer as necesidades persoais e profesionais, explicando as súas características e funcións básicas.

OBX6

Contidos

• Sistemas elementais de comunicación e internet.

• Dixitalización do contorno persoal, social e profesional.

• Fontes dixitais de información.

• Estratexias básicas de procura de información e datos. Filtros de busca.

• Estratexias básicas de avaliación da información e dos datos: criterios básicos de calidade, utilidade, vixencia e fiabilidade.

• Edición e creación de contidos: aplicacións básicas de produtividade e de edición.

• Plataformas virtuais de comunicación.

• Identidades dixitais.

• Aplicación e ferramentas dixitais no contorno persoal, social e profesional: características e funcións básicas.

• Seguridade e benestar dixital.

• Seguridade de dispositivos: medidas preventivas básicas (cortalumes, antivirus, copias de seguridade, etc).

• Seguridade e protección de datos: privacidade e pegada dixital. Medidas básicas de prevención.

• Medidas básicas de protección e coidado da saúde física e mental. Riscos e ameazas ao benestar persoal (sedentarismo, dependencia tecnolóxica, etc). Prácticas saudables.

• Cidadanía dixital crítica.

• Interactividade na rede: normas de etiqueta dixital, propiedade intelectual, dereitos de autor e licenzas de uso. Prácticas sinxelas de referencia e atribución.

• Estratexias comunicativas e de uso crítico da rede. Ferramentas para detectar novas falsas e fraudes.

• Hábitos de uso sustentable: impacto da tecnoloxía dixital no ambiente e medidas básicas para a súa redución.

• Xestións administrativas: servizos públicos en liña, rexistros dixitais e certificados oficiais.

• Comercio electrónico: facturas dixitais e formas de pagamento.

4.4. Orientacións pedagóxicas.

A intervención educativa no ámbito de Desenvolvemento e Iniciativa Persoal e Laboral desenvolverá o seu currículo e tratará de asentar de xeito gradual e progresivo o logro dos obxectivos do ámbito e, en combinación co resto de ámbitos, unha adecuada adquisición das competencias clave e a contribución ao logro dos obxectivos da educación básica.

Neste sentido, no deseño das actividades, o profesorado terá que considerar a relación existente entre os obxectivos do ámbito e as competencias clave a través dos descritores operativos do perfil de saída e as liñas de actuación no proceso de ensino e aprendizaxe e seleccionar aqueles criterios de avaliación do currículo que se axusten á finalidade buscada, así como empregalos para verificar as aprendizaxes do alumnado e o seu nivel de desempeño.

Relación entre os obxectivos do ámbito de Desenvolvemento e Iniciativa Persoal e Laboral e as competencias clave a través dos descritores operativos do perfil de saída ao finalizar o ensino básico.

Obxectivos

do ámbito

Competencias clave

CCL

CP

STEM

CD

CPSAA

CC

CE

CCEC

OBX1

1, 3

1, 2, 3, 4, 5

3

1, 2, 3

3

OBX2

1, 2, 5

3

2,3

2, 3

1, 3, 4, 5

1, 2, 3

OBX3

2, 3, 5

1, 3

1, 3, 4, 5

3

2, 3

OBX4

1, 2, 5

3

1, 2, 3, 4, 5

3, 4

1, 3, 4, 5

1, 3, 4

1, 3

OBX5

2, 3

4

1, 2, 3, 4, 5

3

4

OBX6

3

4

1, 2, 3, 4, 5

4

Liñas de actuación no proceso de ensino e aprendizaxe
para o ensino de persoas adultas

As ensinanzas iniciais de educación para persoas adultas ofrecen ao alumnado as aprendizaxes necesarias para poder responder dunha forma reflexiva, eficaz e actualizada ás demandas dun mundo complexo e cambiante. Nesta fase, tal aprendizaxe cumpre unha dobre función. Por unha banda, ten que dotar as persoas adultas dos coñecementos, habilidades e actitudes que terán que adquirir para funcionar nunha gran variedade de situacións persoais, educativas, sociais e laborais ás cales terán que enfrontarse. E, por outra banda, debe constituír a base para poder continuar coa súa actividade formativa tanto na educación secundaria para persoas adultas como ao longo da vida. As ensinanzas iniciais están orientadas a un alumnado con carencias competenciais moi específicas, polo que teñen un forte compoñente compensatorio. Implica que os procesos de ensino-aprendizaxe deban partir sempre da contextualización curricular realizada polo profesorado para o seu alumnado concreto.

Deseño da metodoloxía de aprendizaxe

A metodoloxía fomentará a autoaprendizaxe e terá en conta as particularidades propias da poboación adulta cuxo proceso de aprendizaxe precisa dun enfoque metodolóxico específico que parta das súas experiencias e vivencias explotando o potencial formativo da bagaxe cultural de cada alumno ou alumna e das aprendizaxes informais e non formais adquiridas tendo en consideración os seus ritmos de aprendizaxe e prestando especial atención ás necesidades específicas de apoio educativo.

A proposta dunha metodoloxía que oriente, promova e facilite o desenvolvemento competencial do alumnado facilitará, ademais, o tratamento da atención á diversidade, ao respectar os distintos estilos de aprendizaxe a través do deseño de actividades que combinen o traballo individual e o cooperativo. As actividades deberán ter presente o compoñente social do proceso de aprendizaxe e contribuír á formación en destrezas comunicativas e cooperativas e ao reforzo da autoestima. É importante que os equipos docentes interpreten o currículo do ámbito conforme a realidade do seu contexto educativo e as características do alumnado, as súas experiencias e aprendizaxes previas e os seus intereses e necesidades. O fin último será facilitar a adquisición das aprendizaxes imprescindibles para o desenvolvemento das competencias específicas de cada ámbito e as competencias clave do perfil de saída do alumnado ao finalizar o ensino básico. Os procesos de aprendizaxe significativa acadaranse a través da realización de proxectos conectados coas necesidades, experiencias e vivencias das persoas adultas.

Perfil do alumnado e atención á diversidade

Unha atención adaptada ao perfil do alumnado adulto exixe o uso dunha ampla variedade de metodoloxías e modelos de ensino. Neste sentido, é apropiado o uso de metodoloxías como a aprendizaxe cooperativa, a aprendizaxe baseada en proxectos e problemas (ABP), o deseño universal de aprendizaxe (DUA) e o ensino multinivel (EM), que favorezan a atención á diversidade, a accesibilidade universal e a inclusión, e que conduzan á creación dun contorno persoal de aprendizaxe (PLE) propio. Correspóndelle ao equipo docente determinar a metodoloxía e modelo de ensino-aprendizaxe máis adecuado en función da realidade da súa aula. O fomento do uso de recursos educativos en aberto (REA) e as TIC proporcionan as ferramentas necesarias para acadar a accesibilidade e a inclusión.

Consonte o interese por facer accesible o coñecemento a todas as persoas, convén que as formas de acceso ás situacións de aprendizaxe sexan planificadas desde o inicio de forma variada a través de textos escritos, orais e multimodais; que as propostas de traballo, igualmente, ofrezan diversas posibilidades para a súa resolución (unha exposición oral, un proxecto científico, a intervención nun debate, etc.); e que se ofreza ás persoas adultas pouco cualificadas o acceso a un itinerario de mellora de capacidades, coñecementos e competencias adaptado ás súas necesidades individuais, que lles permita desenvolver plenamente o seu potencial nos ámbitos persoal, social, formativo e profesional. Trátase de ter presente a diversidade da aula durante todo o proceso da práctica educativa para atenuar no posible as barreiras existentes entre a aprendizaxe e o alumnado.

Alfabetización informacional

A tarefa de transformar a información en coñecemento constitúe un dos piares básicos para a formación permanente da cidadanía. A alfabetización informacional é, ademais, xeradora de transversalidade na aprendizaxe. Implica accións puramente lingüísticas, como a comprensión da información, a súa selección e tratamento en esquemas, resumos e outras ferramentas de organización do coñecemento ou a súa posterior comunicación en diversos formatos. Pero tamén implica un uso certeiro, creativo e seguro das tecnoloxías da información e da comunicación, o desenvolvemento de habilidades para iniciar, organizar e persistir nunha aprendizaxe paulatinamente autónoma, ou para elixir, planificar e xestionar coñecementos con criterio propio, co fin de transformar as ideas en actos.

Por último, e no que concirne á formación do alumnado para enfrontar axeitadamente os fenómenos e consecuencias da desinformación, resultan de enorme utilidade as rutinas establecidas ao redor da verificación de loiadas (contrastar a información en páxinas de medios de prestixio, recorrer ás plataformas de verificación de feitos ou aos perfís institucionais autorizados en redes sociais, etc.), así como un uso consciente do fenómeno do ciberanzol a partir da observación e a análise crítica, tanto desde o punto de vista lingüístico como sociolóxico deste tipo de prácticas.

Deseño do proceso de avaliación

A avaliación formativa centrada nas competencias permite identificar o grao de adquisición destas, modificar, de ser o caso, aqueles aspectos susceptibles de mellora (metodoloxía, recursos, tarefas...) e detectar as dificultades de aprendizaxe, coa consecuente posta en marcha de mecanismos para palialas, sempre coa finalidade de que o alumnado acade os obxectivos e desenvolva as competencias do perfil de saída.

As tarefas ou actividades de avaliación propostas permitirán a obtención de evidencias da aprendizaxe do noso alumnado de forma variada a través de respostas a preguntas pechadas, abertas ou construídas (elección múltiple, asociacións, mapas conceptuais, infografías...), a través de desempeños (presentación oral, actuación teatral, debate...), produtos (ensaio, traballo de investigación, entrada dun blog, poema, portfolio, diario de aprendizaxe, vídeo, audio...) ou procesos (toma de decisións, proceso de descrición, análise, creación, revisión, participación en grupo...). Utilizaranse instrumentos e procedementos de avaliación diversos, accesibles, flexibles, axustados aos criterios de avaliación e adaptados ás distintas situacións de aprendizaxe e ás necesidades tan heteroxéneas do alumnado adulto. Polo tanto, estes non deben cinguirse unicamente ás probas obxectivas ou cuestionarios, senón que tamén deben incluír listas de cotexo, escalas de valoración, rúbricas ou rexistros observacionais, entre outros.

As propostas pedagóxicas deberán combinar os diferentes tipos de avaliación: a heteroavaliación, a autoavaliación, que permite ao alumnado tomar conciencia progresiva e responsable do seu proceso de aprendizaxe, e a coavaliación, que supón a avaliación do alumnado aos seus iguais e que debe desenvolverse nun ambiente de respecto e empatía. O proceso de aprendizaxe tenderá a ser cada vez máis autónomo consonte o alumnado se afaga a eses recursos de autorregulación. De igual modo, as actividades de coavaliación, subscritas a criterios definidos, reforzan as habilidades de análise, facilitan o intercambio de estratexias de aprendizaxe e permiten valorar o traballo dos iguais. A incorporación de ferramentas dixitais no proceso de avaliación abre todo un abano de posibilidades, tanto para a autoavaliación (revisión dos traballos propios, actividades de autocorrección, etc.) como para a coavaliación (mediante paneis, repositorios, foros, etc.) que o profesorado pode utilizar como unha fonte de información máis sobre os progresos, tanto individuais como grupais, do seu alumnado.

Concrecións para o ámbito de Desenvolvemento e Iniciativa Persoal e Laboral

Para o óptimo desenvolvemento do ámbito recoméndase o deseño de situacións de aprendizaxe orientadas á resolución de tarefas contextualizadas que se adecúen ás necesidades formativas do alumnado e que xeren experiencias de aprendizaxe que orixinen cambios na súa organización cognitiva e na súa capacidade resolutiva para afrontar as demandas sociais, persoais e laborais.

ANEXO IB

Currículo da educación secundaria para persoas adultas

1. Ámbito de Comunicación.

1.1. Introdución.

A rápida evolución das sociedades actuais e as súas múltiples interconexións exixen o desenvolvemento das competencias necesarias que axudan aos individuos a practicar unha cidadanía independente, activa e comprometida coa realidade contemporánea. O eixe do currículo do ámbito de Comunicación aborda de maneira directa as dimensións comunicativas, interculturais, cidadás e cívicas necesarias para que o alumnado asuma responsablemente os seus deberes e coñeza e exerza os seus dereitos a partir da aprendizaxe da orixe e da evolución das sociedades, a construción europea, os valores democráticos e a cidadanía activa. Os obxectivos deste ámbito supoñen unha progresión con respecto aos adquiridos polo alumnado durante os anos de escolarización previa, que serán o punto de partida para esta etapa en que se deberán ter en conta tanto as características específicas do alumnado como os seus repertorios e experiencias, co fin de garantir a súa inclusión social, a súa inserción no mundo laboral e, asemade, contribuír ao seu desenvolvemento persoal.

A dimensión comunicativa deste currículo implica comunicarse eficazmente e con corrección en lingua castelá e galega, tanto no nivel oral como no escrito, así como comprender e expresarse adecuadamente nunha lingua estranxeira, de modo que o alumnado poida ampliar o seu repertorio lingüístico individual aproveitando as experiencias propias para mellorar as súas destrezas comunicativas. Do mesmo xeito, ocupa un lugar importante a procura do pracer pola lectura, fomentando unha lectura progresivamente autónoma, pero tamén unha lectura guiada e compartida na aula a través do achegamento a fragmentos de obras que presenten certa resistencia inicial para o alumnado, mais que permitan, coa mediación docente, non só o seu desfrute, senón tamén a apropiación dos seus elementos máis relevantes. Alén disto, é importante a aceptación e a adecuación á diversidade lingüística e cultural, así como o respecto polo diálogo intercultural e pola situación bilingüe en que vivimos na nosa comunidade autónoma.

Este ámbito, ademais, permítelle ao alumnado desenvolverse mellor nos contextos informacionais, pois comprende aspectos relacionados coas destrezas básicas para a busca e selección de información como medio para adquirir novos coñecementos, favorecendo así a adquisición das ferramentas necesarias para afrontar a manipulación e a desinformación e, ao mesmo tempo, abordar a información e a comunicación de xeito crítico e adecuado ás propias necesidades do alumnado. Neste sentido, as ferramentas dixitais teñen un potencial indispensable para a aprendizaxe, o ensino e a avaliación do ámbito; por iso o desenvolvemento do pensamento crítico, a alfabetización informacional e o uso adecuado, seguro, ético e responsable das tecnoloxías da información e da comunicación supoñen un elemento de aprendizaxe sumamente relevante.

Os criterios de avaliación do ámbito de Comunicación permiten determinar o grao de consecución dos obxectivos por parte do alumnado, polo que se presentan vinculados a eles. Na súa formulación competencial enuncian o proceso ou capacidade que o alumnado debe adquirir xunto co contexto ou modo de aplicación. O establecemento dos criterios de avaliación vén determinado de maneira gradual ao longo dos módulos e deberá garantir sempre a adecuación ás súas experiencias, así como ás súas circunstancias e características específicas. Pola súa banda, os contidos aglutinan os coñecementos (saber), as destrezas (saber facer) e as actitudes (saber ser) necesarios para o logro dos obxectivos deste ámbito e favorecen a avaliación das aprendizaxes a través dos criterios de avaliación.

O ámbito de Comunicación nos seus catro bloques integra os saberes relacionados coa capacidade de comunicarse nos idiomas estudados de maneira eficaz e correcta, así como os saberes necesarios para acceder á información de forma crítica e respectuosa coa propiedade intelectual e o desenvolvemento e fomento do hábito lector no alumnado. Neste sentido, o primeiro dos obxectivos correspondente á lingua galega e castelá, así como o obxectivo 5, vinculado co plurilingüismo, oriéntanse cara ao recoñecemento da diversidade lingüística e dialectal da nosa contorna, de España e do mundo, co propósito de favorecer actitudes de aprecio á devandita diversidade, combater prexuízos e estereotipos lingüísticos e estimular a reflexión interlingüística. Este obxectivo engloba tamén a dimensión comunicativa da lingua, é dicir, a produción, comprensión e interacción oral e escrita, atendendo ás convencións propias dos distintos xéneros discursivos e adecuándose aos diferentes contextos. O seguinte obxectivo vincúlase coa necesidade do correcto acceso do alumnado á información, procedendo de xeito progresivamente autónomo á súa selección, sabendo transformala en coñecemento, valorando a súa pertinencia e realizando un uso respectuoso da propiedade intelectual. Trátase, en definitiva, de incorporar as formas de comunicación mediadas pola tecnoloxía e aplicalas aos diferentes ámbitos de comunicación: persoal, educativo, social e profesional. Así, os seguintes obxectivos relaciónanse coa comunicación oral, a comprensión lectora e a expresión escrita. A aprendizaxe da lectura estivo durante séculos vinculada de maneira case exclusiva coa lectura literaria, aínda que hai décadas que os enfoques comunicativos subliñan a necesidade de ensinar a ler todo tipo de textos, con diferentes propósitos de lectura. Por outra banda, saber ler hoxe implica tamén navegar e buscar na rede, seleccionar a información fiable, elaborala e integrala en esquemas propios coa finalidade de transformala en coñecemento. En resposta a iso, é preciso poñer o foco na alfabetización informacional e na lectura literaria, tanto autónoma como guiada na aula. Finalmente, é necesario atender á reflexión sobre a lingua e os seus usos e á dimensión ética da comunicación.

Os criterios de avaliación e contidos, asociados aos obxectivos arriba descritos, organízanse en tres bloques no caso das linguas cooficiais de Galicia. O primeiro, «As linguas e os seus falantes: sociolingüística e oralidade», en que se presenta a diversidade plurilingüe, con atención ás linguas da Península Ibérica e se concreta na lingua galega e castelá, as súas variantes, norma e uso, tentando dar conta dos prexuízos lingüísticos e o xeito de evitalos. O segundo bloque, «A gramática dos textos: comprensión e produción escrita», integra os saberes implicados na comunicación escrita e oral e a alfabetización informacional, audiovisual e mediática, vertebrados arredor da realización de tarefas de análise e produción textual, prestando especial atención a aqueles que lles sirvan para un futuro desenvolvemento da súa vida presente e futura para un correcto desenvolvemento no eido laboral e social de xeito escrito e oral usando para iso a metalinguaxe específica e integrando os niveis pragmático, semántico e morfosintáctico, e no estudo das formas lingüísticas. O terceiro bloque, «Comunicación: a arte literaria», recolle as experiencias e os saberes necesarios para consolidar o hábito lector, conformar unha identidade lectora progresivamente autónoma, desenvolver habilidades de interpretación de textos literarios impresos e dixitais e coñecer algunhas obras e períodos relevantes da literatura galega, española e universal, estimulando á vez a escritura creativa con intención literaria e aproximándose a prácticas culturais emerxentes.

Os obxectivos asociados aos criterios de avaliación e contidos do bloque de «Comunicación en Lingua Estranxeira» están formulados a partir das actividades de lingua e as competencias que establece o Consello de Europa no MCER. Esta ferramenta é peza clave para determinar os distintos niveis de competencia que o alumnado adquire nas diferentes actividades e apoia tamén o seu proceso de aprendizaxe, que se entende como dinámico e continuado, flexible e aberto, e debe adecuarse ás súas circunstancias, necesidades e intereses. Deste xeito, espérase que o alumnado sexa capaz de acadar un nivel de competencia básico para pór en funcionamento todos os contidos no seo de situacións comunicativas propias dos diferentes ámbitos: persoal, social, educativo e profesional, e a partir de textos sobre temas cotiáns, de relevancia persoal, profesional ou de interese público próximos á súa experiencia. Os obxectivos, tendo en conta os coñecementos previos do alumnado adulto, implican unha ampliación e un afondamento nas actividades e estratexias comunicativas de comprensión, produción, interacción e mediación, entendida esta última como a actividade orientada a explicar conceptos e simplificar mensaxes co fin de facilitar a comprensión mutua e de transmitir información. Os obxectivos de lingua estranxeira tamén inclúen a valoración e a adecuación á diversidade lingüística, artística e cultural entre o alumnado co fin de que aprenda a actuar de forma empática e respectuosa en situacións comunicativas interculturais. Estes elementos curriculares deben seleccionarse, adaptarse e secuenciarse en relación co alumnado adulto, priorizando os elementos curriculares esenciais que garanten coñecementos e habilidades fundamentais en relación con carencias de formación formal relativas a situacións de abandono escolar que non foron suplidas, ou que o foron de modo deficitario, por aprendizaxes informais ou non formais. Estas deben ser sempre tidas en conta na concreción curricular, a partir da detección de coñecementos previos e da atención á diversidade.

1.2. Obxectivos.

Obxectivos do ámbito

OBX1. Comunicar en lingua castelá e galega de maneira cooperativa e respectuosa, atendendo as convencións propias dos diferentes xéneros discursivos e a súa adecuación a diferentes ámbitos e contextos, para dar resposta a necesidades concretas.

• O desenvolvemento da competencia comunicativa do alumnado en lingua castelá e galega –que comprende a comprensión, a produción e a interacción, tanto escritas como orais e multimodais– require destrezas específicas dentro da área vinculadas e definidas pola diversidade de situacións, contextos e necesidades persoais e sociais do alumnado.

• Desenvolver a competencia lectora implica incidir no uso das estratexias que deben desenvolverse antes, durante e despois do acto lector, co fin de que os estudantes se convertan en lectores competentes e autónomos ante todo tipo de textos. Comprender un texto implica captar o seu sentido global e a información máis relevante en función do propósito de lectura e do contexto en que este se produce, integrar a información explícita e realizar as inferencias necesarias, formular hipóteses sobre a intención comunicativa que subxace neses textos e reflexionar sobre a súa forma e contido. Para iso, convén acompañar os procesos lectores do alumnado de maneira detida na aula. Por último, saber escribir significa hoxe saber facelo en diferentes soportes e formatos, moitos deles de carácter hipertextual e multimodal, e require o coñecemento e a apropiación dos «moldes» en que cristalizaron as prácticas comunicativas escritas propias dos diferentes ámbitos de uso: os xéneros discursivos. A elaboración dun texto escrito é froito dun proceso que ten polo menos catro momentos: a planificación, a redacción, a revisión –que pode ser autónoma, pero tamén compartida con outros estudantes ou guiada polo docente– e a edición do texto final. A composición do texto escrito ten que atender tanto a criterios de coherencia, cohesión e adecuación, como á corrección gramatical e ortográfica e á propiedade léxica.

• Así mesmo, débense desenvolver prácticas discursivas que incidan na interacción, comprensión e expresión dun catálogo diversificado de textos escritos, orais e multimodais. Os obxectivos asociados á comprensión oral inclúen anticipar o contido, reter información relevante en función do propio obxectivo, distinguir entre feitos e opinións, captar o sentido global e a relación entre as partes do discurso, identificar a intención do emisor, analizar procedementos retóricos ou valorar a fiabilidade, a forma e o contido do texto. Pola súa vez, a interacción oral require coñecer as estratexias para tomar e ceder a palabra, fomentar actitudes de escoita activa, expresarse con fluidez, claridade e co ton e o rexistro adecuados, así como poñer en xogo as estratexias de cortesía e de cooperación conversacional na expresión de ideas ou opinións atendendo aos elementos da comunicación non verbal. A produción oral de carácter formal, monologada ou dialogada, ofrece marxe para a planificación e comparte, polo tanto, estratexias co proceso de escritura. As tecnoloxías da información e da comunicación facilitan novos formatos para a comunicación oral multimodal, tanto síncrona como asíncrona, e favorecen o rexistro das contribucións orais do alumnado para a súa difusión en contextos reais e para a súa posterior análise e revisión.

OBX2. Seleccionar e contrastar información procedente de diferentes fontes de maneira progresivamente autónoma, avaliando a súa fiabilidade e pertinencia en función dos obxectivos de lectura e evitando os riscos de manipulación e desinformación, e integrala e transformala en coñecemento para comunicala, adoptando un punto de vista crítico e persoal á par que respectuoso coa propiedade intelectual.

• O acceso á información non garante por si mesmo o coñecemento, entendido como principio que estrutura a sociedade moderna e ferramenta esencial para facer fronte aos retos do século XXI. Por iso, é imprescindible que o alumnado adquira habilidades e destrezas para transformar a información en coñecemento, identificándoa, xestionándoa, avaliándoa e comunicándoa. É necesario adoptar un punto de vista crítico e persoal, e evidenciar unha actitude ética e responsable coa propiedade intelectual e coa identidade dixital.

• Débese procurar que o alumnado, individualmente ou de forma cooperativa, consulte fontes de información variadas en contextos sociais ou académicos para a realización de traballos ou proxectos de investigación, ben sobre temas do currículo ou ben sobre aspectos importantes da actualidade social, científica ou cultural. Estes procesos de investigación deben tender á abordaxe progresivamente autónoma da súa planificación e do respecto ás convencións establecidas na presentación das producións propias con que se divulga o coñecemento adquirido: organización en epígrafes; procedementos de cita, notas, bibliografía e webgrafía; combinación axustada de diferentes códigos comunicativos nas mensaxes multimodais… É imprescindible tamén o desenvolvemento da creatividade e a adecuación ao contexto na difusión da súa nova aprendizaxe. A biblioteca escolar, entendida como un espazo creativo de aprendizaxe, será un contorno ideal para acadar este obxectivo.

OBX3. Ler, interpretar e valorar fragmentos literarios do patrimonio nacional e universal, utilizando unha metalinguaxe específica e mobilizando a experiencia biográfica e os coñecementos literarios e culturais para establecer vínculos entre textos diversos co fin de conformar un mapa cultural, ampliar as posibilidades de gozar da literatura e crear textos de intención literaria.

• Este obxectivo trata de facilitar o tránsito desde unha lectura identificadora ou argumental das obras a outra máis consciente e elaborada que abra as portas a textos inicialmente afastados da experiencia inmediata do alumnado. Para iso, é necesario desenvolver habilidades de interpretación que favorezan a verbalización de xuízos de valor máis argumentados e a construción dun mapa cultural que conxugue os horizontes nacionais cos universais e as obras literarias con outras manifestacións artísticas. Constatar a persistencia de tópicos temáticos e formais que atravesan épocas e contextos culturais implica privilexiar un enfoque intertextual.

• Dous son os eixes propostos para o desenvolvemento deste obxectivo. En primeiro lugar, a lectura guiada e compartida na aula de obras que presenten unha certa resistencia para o alumnado, mais que permitan, coa mediación docente, non só o seu desfrute senón tamén a apropiación dos seus elementos relevantes. En segundo lugar, a inscrición desas obras en itinerarios temáticos ou de xénero integrados por textos literarios e non literarios de diferentes épocas e contextos, cuxa lectura comparada atenda á evolución dos temas, tópicos e formas estéticas e axude a establecer vínculos entre o horizonte de produción e o horizonte actual de recepción. O deseño de itinerarios –no cal debe haber representación de autoras e autores– comporta unha planificación consensuada ao longo da etapa para asegurar a progresión e a complementariedade necesarias que permitan a adquisición gradual das competencias interpretativas.

OBX4. Mobilizar o coñecemento sobre a estrutura da lingua e os seus usos e reflexionar de maneira progresivamente autónoma sobre as eleccións lingüísticas e discursivas, coa terminoloxía adecuada, para desenvolver a conciencia lingüística, aumentar e usar os repertorios lingüísticos persoais entre distintas linguas e mellorar as destrezas tanto de produción oral e escrita como de recepción crítica.

• O estudo sistemático da lingua, para que sexa útil, debe estar vinculado aos usos reais propios dos falantes, mediante textos orais e escritos contextualizados e debe promover, por un lado, a competencia metalingüística do alumnado; é dicir, a súa capacidade de razoamento, argumentación, observación e análise e, por outro, a reflexión metalingüística que debe partir do coñecemento intuitivo do alumnado como usuario da lingua e establecer pontes co coñecemento sistemático previo primeiro cunha linguaxe sinxela, máis próxima á realidade dos alumnos e alumnas, para despois ir introducindo de maneira progresiva a terminoloxía específica. Alén diso, debe integrar os niveis pragmático, semántico e morfosintáctico no estudo das formas lingüísticas.

• Trátase, polo tanto, de abordar a aprendizaxe da gramática relacionando o coñecemento gramatical explícito e o uso da lingua a partir da reflexión. Para iso hai que partir da observación do significado e a función que as formas lingüísticas adquiren no discurso, para chegar á xeneralización e á sistematización a partir da manipulación de enunciados, o contraste entre oracións, a formulación de hipóteses e de regras, o uso de contraexemplos ou a conexión con outros fenómenos lingüísticos. En definitiva, preténdese estimular a reflexión metalingüística e interlingüística para que o alumnado poida pensar e falar sobre a lingua de maneira que ese coñecemento reverta nunha mellor comprensión e interpretación crítica das producións alleas.

• O uso do repertorio lingüístico e a reflexión sobre o seu funcionamento están, ademais, vinculados co enfoque plurilingüe da adquisición de linguas. O enfoque plurilingüe parte do feito de que as experiencias do alumnado coas linguas que coñece serven de base para a ampliación e mellora da aprendizaxe de linguas novas e axúdano a desenvolver e enriquecer o seu repertorio lingüístico plurilingüe e a súa curiosidade e sensibilización cultural. Nesta etapa, o alumnado afonda nesa reflexión e establece as relacións entre as linguas que conforman os seus repertorios individuais, analizando as súas semellanzas e diferenzas co fin de ampliar coñecementos e estratexias. Deste xeito, favorécese a aprendizaxe de novas linguas e mellórase a competencia comunicativa.

OBX5. Apreciar e respectar a diversidade lingüística e cultural a partir das tres linguas do ámbito como fonte de enriquecemento persoal, identificando e valorando diferenzas e semellanzas entre linguas e culturas para favorecer a reflexión lingüística, combater estereotipos e prexuízos, valorar a diversidade e crear vínculos socioafectivos coas linguas.

• A diversidade lingüística é unha característica fundamental da Península Ibérica, onde se falan varias linguas románicas (castelán, galego, catalán e portugués) amais do éuscaro, coas súas respectivas variantes dialectais. Alén disto, nas nosas aulas convive alumnado que usa diferentes linguas e diferentes variedades dialectais tanto do galego coma do castelán, se por algo se caracterizan os centros educativos para persoas adultas é pola multiculturalidade e o plurilingüísimo.

• Así pois, as aulas de comunicación deben abrazar esta diversidade lingüística do alumnado para non só evitar prexuízos lingüísticos e acoller os significados culturais que supón esa riqueza de códigos verbais, senón tamén para profundar no coñecemento de como funcionan as linguas e as súas variedades e rexistros, tendo como referencia a evolución sociohistórica e sociolingüística.

• Na lingua estranxeira, a adecuación á diversidade debe permitirlle ao alumnado actuar con empatía e respecto en situacións interculturais nas cales se abrirá a novas experiencias, ideas, sociedades e culturas, mostrando interese cara ao diferente e relativizando a propia perspectiva co obxectivo de desenvolver unha cultura compartida e unha cidadanía comprometida coa sustentabilidade e os valores democráticos.

OBX6. Comprender e interpretar, en lingua estranxeira, o sentido xeral e os detalles máis relevantes de textos sinxelos expresados de forma clara e na lingua estándar, buscando fontes fiables e facendo uso de estratexias como a inferencia de significados, para responder a necesidades comunicativas cotiáns.

• A comprensión supón recibir e procesar información. Nesta etapa, a comprensión é unha destreza comunicativa que se debe desenvolver a partir de textos sinxelos orais, escritos e multimodais sobre temas cotiáns, de relevancia persoal e profesional, de interese público próximos á experiencia do alumnado ou sobre aspectos socioculturais, expresados de forma clara e usando a lingua estándar. Así, débese axudar ao alumnado a aplicar, inicialmente de forma moi guiada, as estratexias e coñecementos que xa posúe para comprender o sentido xeral, información esencial e, paulatinamente, os detalles máis relevantes de textos orais, escritos e multimodais. Para iso, débense activar as estratexias máis adecuadas ás necesidades do alumnado, co fin de reconstruír a representación do significado e do sentido do texto e para formular hipóteses sobre a intención comunicativa que subxace aos devanditos textos. Entre as estratexias de comprensión máis útiles para o alumnado, atópanse a linguaxe non verbal, as imaxes, a repetición ou a segunda lectura, así como a transferencia e integración dos coñecementos, as destrezas e as actitudes das linguas que conforman o seu repertorio lingüístico. Inclúe a interpretación de diferentes formas de representación (escritura, imaxe, gráficos, táboas, diagramas, son, xestos, etc.), a interpretación da información contextual (elementos extralingüísticos) e cotextual (elementos lingüísticos), que permiten comprobar a hipótese inicial sobre a intención e sentido do texto, así como formular hipóteses alternativas se for necesario.

• Ademais das devanditas estratexias, a procura de fontes fiables, en soportes tanto analóxicos como dixitais, constitúe un método de grande utilidade para a comprensión, pois permite contrastar, validar e sustentar a información, así como obter conclusións relevantes a partir dos textos. Os procesos de comprensión e interpretación requiren contextos de comunicación dialóxicos que estimulen a colaboración, a identificación crítica de prexuízos e estereotipos de calquera tipo, así como o interese xenuíno polas diferenzas e semellanzas etnoculturais.

OBX7. Producir, en lingua estranxeira, textos orixinais, de extensión media, sinxelos e cunha organización clara, usando estratexias tales como a planificación, a compensación ou a autorreparación, para expresar de forma creativa, adecuada e coherente mensaxes relevantes e responder a propósitos comunicativos cotiáns.

• A produción engloba tanto a expresión oral como a escrita e a multimodal. Nesta etapa, a produción en lingua estranxeira debe dar lugar á redacción e á exposición de textos de extensión media sobre temas cotiáns, de relevancia persoal, profesional, de interese público próximo á experiencia do alumnado e sobre aspectos socioculturais, con creatividade, coherencia e adecuación. A produción, en diversos formatos e soportes, pode incluír nesta etapa a exposición dunha pequena descrición ou anécdota, unha presentación formal, unha sinxela argumentación ou a redacción de textos que expresen feitos, conceptos, pensamentos, opinións e sentimentos, mediante ferramentas dixitais e analóxicas, así como a procura de información na internet como fonte de documentación. No seu formato multimodal, a produción inclúe o uso conxunto de diferentes recursos para producir significado (escritura, imaxe, gráficos, táboas, diagramas, son, xestos, etc.) e a selección e aplicación do máis adecuado en función da tarefa e as súas necesidades.

• As actividades vinculadas coa produción de textos cumpren funcións importantes nos ámbitos persoal, social, educativo e profesional, e existe un valor cívico concreto asociado a elas. A destreza nas producións máis formais en diferentes soportes non se adquire de forma natural, senón que é produto da aprendizaxe. Nesta etapa as producións baséanse na aprendizaxe de aspectos formais básicos de cariz máis lingüístico, sociolingüístico e pragmático; das expectativas e convencións comúns asociadas ao xénero empregado; de ferramentas de produción e do soporte utilizado. As estratexias que permiten a mellora da produción, tanto formal como informal, comprenden a planificación, a autoavaliación e coavaliación, a retroalimentación, así como a monitorización, a validación e a compensación.

OBX8. Interactuar en lingua estranxeira con outras persoas con crecente autonomía, usando expresións sinxelas e estratexias de cooperación e empregando recursos analóxicos e dixitais, para responder a propósitos comunicativos cotiáns en intercambios respectuosos coas normas de cortesía.

• A interacción implica dous ou máis participantes na construción dun discurso. Considérase a orixe da linguaxe e comprende funcións interpersoais, cooperativas e transaccionais. Na interacción entran en xogo a cortesía lingüística e a etiqueta dixital, os elementos verbais e non verbais da comunicación, así como a adecuación aos distintos rexistros e xéneros dialóxicos, tanto orais como escritos e multimodais, en contornas síncronas ou asíncronas. Nesta etapa da educación espérase que as interaccións en lingua estranxeira aborden temas cotiáns, de relevancia persoal e profesional, de interese público próximos á experiencia do alumnado ou aspectos socioculturais dos países en que se fala a lingua estranxeira.

• Este obxectivo é fundamental na aprendizaxe, pois inclúe estratexias de cooperación, de inicio, mantemento ou conclusión de conversas, de cesión e toma de quendas de palabra, así como estratexias para preguntar co obxectivo de solicitar clarificación ou repetición. Ademais, a aprendizaxe e aplicación das normas e principios que rexen a cortesía lingüística e a etiqueta dixital preparan o alumnado para o exercicio dunha cidadanía democrática, responsable, respectuosa, inclusiva, segura e activa.

OBX9. Mediar en situacións cotiáns entre distintas linguas, usando estratexias e coñecementos sinxelos orientados a explicar conceptos ou simplificar mensaxes, para transmitir información de maneira eficaz, clara e responsable.

• A mediación é a actividade da linguaxe consistente en explicar e facilitar a comprensión de mensaxes ou textos a partir de estratexias como a reformulación, de maneira oral ou escrita. Na mediación, o alumnado debe actuar, inicialmente de forma guiada, como axente social encargado de crear pontes e axudar a construír ou expresar mensaxes de forma dialóxica, podendo empregar tanto medios convencionais como aplicacións ou plataformas virtuais para traducir, analizar, interpretar e compartir contidos que, nesta etapa, versarán sobre asuntos cotiáns, de relevancia persoal e profesional, de interese público próximos á experiencia do alumnado ou sobre aspectos socioculturais dos países en que se fala a lingua estranxeira.

• A mediación considera diversos tipos. Por unha banda, a mediación de textos, de conceptos e da comunicación e, pola outra, a comunicación interlingüística. Algunhas escalas de mediación textual, como procesar textos ou estratexias de mediación, como simplificar ou aclarar un texto, implican actividades que requiren un grao de competencia lingüística que o alumnado adulto pode non posuír. En consecuencia, este modo de comunicación limitarase á mediación entre linguas. No primeiro e segundo módulo, transmitindo pequenas notas aclaratorias ou informativas de temas moi sinxelos e unha sinxela mediación intercultural sobre hábitos ligados a convencións sociais básicas. No terceiro e cuarto módulo, o alumnado xa pode transmitir información sinxela e predicible de relevancia inmediata en textos curtos e sinxelos como carteis, anuncios, pósteres, programas ou folletos. Igualmente, estará capacitado para facer mediación de textos, como a toma de notas ou a transmisión de información moi sinxela do escrito ao oral e mesmo poderá realizar certa mediación da comunicación, actuando de intermediario en situacións de comunicación predicibles, informais e sinxelas.

• A mediación facilita o desenvolvemento do pensamento estratéxico do alumnado e supón que este elixa as destrezas e estratexias máis adecuadas do seu repertorio para lograr unha comunicación eficaz, pero tamén para favorecer a participación propia e doutras persoas en contornas cooperativas de intercambios de información. Así mesmo, implica recoñecer os recursos dispoñibles e promover a motivación dos demais e a empatía, comprendendo e respectando as diferentes motivacións, ideas e circunstancias persoais dos interlocutores e interlocutoras e harmonizándoas coas propias. Por iso, espérase que o alumnado mostre empatía, respecto, espírito crítico e sentido ético, como elementos clave para unha adecuada mediación neste nivel.

1.3. Criterios de avaliación e contidos.

Módulo I.

Ámbito de Comunicación

Módulo I

Bloque 1. As linguas e os seus falantes: sociolingüística e oralidade

Criterios de avaliación

Obxectivos

• CA1.1. Comprender o concepto de familia lingüística, con especial atención á orixe e ao parentesco entre as linguas románicas e non románicas da Península Ibérica e, en concreto, nos casos do galego e o castelán, contrastando algúns do seus trazos en manifestacións orais, escritas e multimodais.

OBX5

• CA1.2. Identificar prexuízos e estereotipos lingüísticos adoptando unha actitude de respecto e valoración da riqueza cultural, lingüística e dialectal, a partir da observación da diversidade lingüística da contorna.

OBX5

• CA1.3. Identificar e evitar os usos discriminatorios da lingua e a manipulación a través da palabra, a partir da reflexión e da análise dos elementos lingüísticos, textuais e discursivos utilizados, así como dos elementos non verbais que rexen a comunicación entre as persoas.

OBX5

• CA1.4. Comprender o sentido global, a estrutura, a información máis relevante en función das necesidades comunicativas e a intención do emisor en textos orais e multimodais sinxelos de diferentes ámbitos, analizando a interacción entre os distintos códigos.

OBX1

• CA1.5. Valorar a forma e o contido de textos orais e multimodais sinxelos, avaliando a súa calidade, a súa fiabilidade e a idoneidade da canle utilizada, así como a eficacia dos procedementos comunicativos empregados, distinguindo de xeito guiado os diferentes xéneros discursivos: diálogo, debate, exposición, etc.

OBX1

• CA1.6. Realizar narracións orais sinxelas con diferente grao de planificación sobre temas de interese persoal, social e educativo, axustándose ás convencións propias dos diversos xéneros discursivos, con fluidez, coherencia, cohesión e adecuación (co rexistro adecuado) en diferentes soportes e utilizando de xeito eficaz recursos verbais e non verbais.

OBX1

• CA1.7. Participar en diálogos e debates, narracións no traballo en equipo e mais en situacións orais formais de carácter dialogado de xeito activo e adecuado, con actitudes de escoita activa e empregando estratexias de cooperación conversadora e cortesía lingüística.

OBX9

• CA1.8. Explicar a relación entre o propósito comunicativo e as eleccións lingüísticas do emisor, así como os seus efectos no receptor, utilizando unha metalinguaxe específica.

OBX1

Contidos

• Observación da propia biografía lingüística e da diversidade lingüística do centro. As familias lingüísticas e as linguas do mundo.

• As linguas da Península Ibérica: orixe, distribución xeográfica e nocións básicas.

• Iniciación á reflexión interlingüística.

• Estratexias de identificación de prexuízos e estereotipos lingüísticos e exploración de formas de evitalos.

• Análise dos compoñentes do feito comunicativo: grao de formalidade da situación e carácter público ou privado, distancia social entre os interlocutores, propósitos comunicativos e interpretación de intencións, canle de comunicación e elementos non verbais da comunicación.

– Interacción oral de carácter informal: tomar e deixar a palabra. Cooperación coloquial e cortesía lingüística. Escoita activa, firmeza no discurso e resolución dialogada dos conflitos.

– Detección de usos discriminatorios da linguaxe verbal e non verbal.

• Participación en xéneros discursivos propios do ámbito persoal: a conversa e narración oral.

• Comprensión oral: sentido global do texto e relación entre as súas partes, selección e retención da información relevante.

• Produción oral formal: planificación e procura de información, creación e revisión. Adecuación á audiencia e ao tempo de exposición. Elementos non verbais. Trazos discursivos e lingüísticos da oralidade formal.

Bloque 2. A gramática dos textos: comprensión e produción escrita

Criterios de avaliación

Obxectivos

• CA2.1. Comprender as características fundamentais do texto como unidade lingüística: coherencia, cohesión e adecuación.

OBX4

• CA2.2. Comprender e interpretar o sentido global, a estrutura, a información máis relevante e a intención do emisor en textos escritos e multimodais sinxelos de diferentes ámbitos que respondan a diferentes propósitos de lectura, realizando as inferencias precisas.

OBX1

• CA2.3. Valorar a forma e o contido de textos sinxelos, avaliando a súa calidade, a súa fiabilidade, a súa eficacia e a idoneidade da canle utilizada, adoptando hábitos de uso crítico, seguro, sustentable e saudable das tecnoloxías dixitais con relación á procura e á comunicación da información.

OBX2

• CA2.4. Localizar, seleccionar e contrastar de maneira guiada información procedente de diferentes fontes calibrando a súa fiabilidade e pertinencia en función dos obxectivos da lectura, identificando algúns problemas de comprensión lectora a través dos coñecementos explícitos sobre a lingua e o seu uso.

OBX2

• CA2.5. Planificar a redacción de textos escritos e multimodais sinxelos, atendendo á situación comunicativa, ao destinatario, ao propósito e á canle; redactar borradores e revisalos coa axuda do diálogo entre iguais e instrumentos de consulta, e presentar un texto final coherente, coa cohesión e co rexistro adecuados.

OBX1

• CA2.6. Incorporar procedementos básicos para enriquecer os textos, segundo os aspectos discursivos, lingüísticos e de estilo, procurando a precisión léxica e a corrección ortográfica e gramatical.

OBX4

• CA2.7. Organizar a información e integrala en esquemas propios, reelaborala e comunicala de xeito creativo adoptando un punto de vista crítico con relación aos principios de propiedade intelectual.

OBX1

• CA2.8. Elaborar traballos de investigación de maneira guiada en diferentes soportes sobre diversos temas de interese académico, persoal ou social partindo da información seleccionada.

OBX1

• CA2.9. Revisar os textos propios de maneira guiada e facer propostas de mellora argumentado as mudanzas a partir da reflexión metalingüística e interlingüística e cunha metalinguaxe específica, consultando de forma progresivamente autónoma dicionarios, manuais e gramáticas.

OBX4

Contidos

• Xéneros discursivos desde o punto de vista da comprensión e da análise crítica de textos, escritos e multimodais de diferentes ámbitos.

– Análise das características básicas de textos sinxelos: coherencia, cohesión e adecuación.

– Comprensión e análise crítica de secuencias textuais básicas, con especial atención ás narrativas e descritivas.

– Interpretación de xéneros discursivos propios do ámbito social. Introdución aos textos xornalísticos: estrutura da noticia.

– Redes sociais e medios de comunicación. Riscos de información interesada, manipulación e vulneración da privacidade na rede. Análise da imaxe e dos elementos paratextuais dos textos icónico-verbais e multimodais.

• Procesos de comprensión e produción de textos escritos e multimodais.

• Comprensión lectora: sentido global do texto e relación entre as súas partes. A intención do emisor. Detección de usos discriminatorios da linguaxe verbal e icónica.

• Produción de textos propios das redes sociais (a carta persoal e o correo electrónico) e dos medios de comunicación (comentarios nas redes sociais). Etiqueta dixital.

• Produción escrita de textos narrativos e descritivos: planificación, redacción, revisión e edición en diferentes soportes. Corrección gramatical e ortográfica. Propiedade léxica.

• Respecto polas propiedades textuais nos escritos propios: coherencia, cohesión e adecuación.

• Usos da escritura para a organización do pensamento: toma de apuntamentos, resumos, etc.

• Recoñecemento dos elementos lingüísticos en textos escritos e multimodais.

• Aproximación á lingua como sistema e ás súas unidades básicas: o substantivo e o adxectivo. A expresión do xénero e o número en castelán e galego. A orde e a concordancia cos determinantes. Os graos do adxectivo.

• Análise da estrutura interna da palabra. O lexema e os morfemas flexivos e derivativos. Concepto de familia léxica.

• Clasificación dos substantivos polo seu significado. As relacións básicas de significado: sinonimia e antonimia. Os campos semánticos.

• Uso coherente das formas verbais nos textos. Os tempos de pretérito na narración. Os tempos do modo indicativo. Correlación temporal no discurso relatado. Análise comparativa dos tempos simples e compostos en galego e castelán.

• A estrutura básica da oración simple. As modalidades oracionais enunciativas (afirmativas e negativas), interrogativas e exclamativas.

• Utilización dos signos básicos de puntuación como mecanismo organizador do texto escrito. A súa relación co significado.

• Corrección lingüística e revisión ortográfica e gramatical dos textos. Uso de dicionarios, de manuais de consulta e de correctores ortográficos en soporte analóxico ou dixital.

• Elaboración de conclusións propias sobre o funcionamento do sistema lingüístico cunha linguaxe específica a partir da observación, comparación e clasificación das unidades comunicativas e do contraste entre linguas.

Bloque 3. Comunicación: a arte literaria

Criterios de avaliación

Obxectivos

• CA3.1. Comprender e valorar o feito literario como unha expresión artística, atendendo aos xéneros literarios en xeral e ao narrativo en particular.

OBX3

• CA3.2. Comprender e valorar as características do xénero narrativo de xeito guiado, sendo quen de analizar ideas principais e secundarias dunha diversidade de textos dados tanto en castelán coma en galego.

OBX3

• CA3.3. Comprender e valorar, de forma guiada, as características do xénero narrativo na súa forma a través dunha selección de textos tanto en castelán coma en galego, tendo en conta o emisor (narrador), os personaxes e o espazo.

OBX3

• CA3.4. Comprender e interpretar o sentido global, a estrutura, a información máis relevante e a intención do emisor en textos literarios escritos, orais (especial atención á literatura popular galega e castelá) e multimodais sinxelos, respondendo a diferentes propósitos de lectura. Estudo da obxectividade e a subxectividade.

OBX3

• CA3.5. Valorar a forma e o contido de textos literarios descritivos avaliando a súa calidade e a eficacia dos procedementos comunicativos empregados, de xeito guiado.

OBX3

• CA3.6. Establecer, de xeito guiado, vínculos argumentados entre os textos lidos e outros textos escritos, orais ou multimodais, así como con outras manifestacións artísticas e culturais en función de temas, tópicos, estruturas, linguaxe e valores éticos e estéticos, mostrando a implicación e a resposta persoal do alumnado na lectura.

OBX3

• CA3.7. Crear textos persoais ou colectivos con intención literaria e conciencia de estilo en distintos soportes e con axuda doutras linguaxes artísticas e audiovisuais, partindo da lectura de obras ou anacos significativos en que se empreguen as convencións formais do xénero narrativo.

OBX3

• CA3.8. Recoñecer o feito literario no conxunto das literaturas peninsulares.

OBX3

Contidos

• Lectura guiada. Lectura de fragmentos relevantes da literatura contemporánea e do patrimonio literario galego e castelán, prestando tamén atención a textos peninsulares e universais inscritos en itinerarios de xénero que atravesan épocas, contextos culturais e movementos artísticos e que dan unha visión global da arte literaria feita en distintos lugares e distintas linguas, pero con temas semellantes e mesmo formas semellantes.

– Estratexias para a construción compartida da interpretación das obras a través das conversas literarias, coa incorporación progresiva da metalinguaxe específica.

– Relación entre os elementos constitutivos do xénero literario (narrativo) e a construción do sentido da obra. Análise básica do valor dos recursos expresivos e dos seus efectos na recepción.

– Relación e comparación dos textos lidos con outros textos e con outras manifestacións artísticas e culturais en función dos temas, tópicos, estruturas e linguaxes.

– Expresión pautada, a través de procesos e soportes diversificados, da interpretación e valoración persoal de obras e fragmentos literarios.

– Lectura con perspectiva de xénero. Visibilización do universo literario feminino.

– Lectura expresiva, dramatización e recitación dos textos, conforme os procesos de comprensión, apropiación e oralidade implicados.

• Creación de textos partindo da apropiación das convencións da linguaxe literaria e consonte a paradigmas dados (imitación, transformación, continuación, etc.).

• Lectura autónoma. Implicación na lectura de obras de xeito progresivamente autónomo a partir dunha preselección de textos variados que inclúan obras de autoras e autores, e reflexión sobre os textos lidos e sobre a propia práctica da lectura apoiada en paradigmas.

– Criterios e estratexias para a selección de obras variadas de forma orientada a partir da exploración guiada da biblioteca escolar e pública dispoñible.

– Participación activa en actos culturais vinculados co circuíto literario e lector.

– Estratexias de toma de conciencia dos propios gustos e identidade lectora.

– Expresión da experiencia lectora co apoio de exemplos e utilizando progresivamente unha metalinguaxe específica. Apropiación dos textos lidos a través de distintas formas de recreación.

– Mobilización da experiencia persoal e lectora como forma de establecer vínculos entre a obra lida e aspectos da actualidade, así como con outros textos e manifestacións artísticas e culturais.

– Estratexias para a recomendación das lecturas en soportes variados ou ben oralmente entre iguais.

Bloque 4. Comunicación en lingua estranxeira

Criterios de avaliación

Obxectivos

• CA4.1. Recoñecer o sentido global evidente e a información específica previsible e explícita de textos orais, escritos e multimodais breves e sinxelos sobre temas frecuentes e cotiáns, de relevancia persoal e sobre aspectos socioculturais básicos, expresados de forma clara e na lingua estándar, usando de forma guiada as estratexias básicas máis adecuadas á tarefa.

OBX6

• CA4.2. Expresar oralmente mensaxes breves, claras e sinxelas previamente preparadas sobre asuntos cotiáns e frecuentes, de relevancia para o alumnado, utilizando de forma guiada recursos verbais e non verbais, así como estratexias básicas de planificación, e prestando atención á acentuación e á pronuncia, aínda que se cometan erros.

OBX7

Criterios de avaliación

Obxectivos

• CA4.3. Redactar textos breves a partir de modelos moi sinxelos a través de ferramentas analóxicas e dixitais, sobre asuntos cotiáns e frecuentes, de relevancia para o alumnado, aplicando de forma guiada as estratexias básicas máis adecuadas á tarefa.

OBX7

• CA4.4. Participar, de forma guiada, en situacións interactivas moi breves e sinxelas sobre temas cotiáns e de relevancia persoal, a través de diversos soportes, apoiándose en recursos tales como a repetición, o ritmo pausado ou a linguaxe non verbal, amosando interese, empatía e respecto pola cortesía lingüística e usando as estratexias básicas adecuadas para iniciar, manter e terminar a comunicación, tomar e ceder a palabra e solicitar aclaracións.

OBX8

• CA4.5. Inferir conceptos e transmitir a terceiras persoas información simple e previsible de textos moi breves e sinxelos en situacións en que atenderse a diversidade, mostrando respecto e empatía polas interlocutoras e os interlocutores e polas linguas empregadas, e mostrando interese por participar na solución de problemas de comprensión apoiándose en diversos recursos e soportes.

OBX9

• CA4.6. Comparar e contrastar as semellanzas e diferenzas básicas entre as linguas do seu repertorio lingüístico, reflexionando de maneira guiada sobre aspectos esenciais do seu funcionamento.

OBX4

• CA4.7. Rexistrar, de forma guiada, os progresos e dificultades de aprendizaxe da lingua estranxeira, por medio de actividades de autoavaliación e coavaliación, como as propostas no Portfolio europeo das linguas (PEL) ou nun diario de aprendizaxe.

OBX4

• CA4.8. Participar en proxectos sinxelos e claramente estruturados nos cales se empregan varias linguas relacionados con elementos transversais ou aspectos socioculturais, apreciando a diversidade lingüística e cultural, construíndo vínculos entre as diferentes linguas e culturas e rexeitando calquera tipo de discriminación, prexuízo ou estereotipo.

OBX5

Contidos

• Estratexias básicas e modelos contextuais elementais para a planificación da comprensión, a produción e a coprodución de textos orais, escritos e multimodais breves e sinxelos.

• Coñecementos, destrezas e actitudes que permitan iniciarse en actividades de mediación e interacción en situacións cotiáns moi elementais.

• Funcións comunicativas básicas adecuadas ao ámbito e ao contexto comunicativo: saudar, despedirse, presentar e presentarse; describir características elementais de persoas, obxectos e lugares; situar eventos no tempo presente; situar obxectos, persoas e lugares no espazo; pedir e intercambiar información sobre cuestións cotiáns; dar e pedir instrucións e ordes; ofrecer, aceptar e rexeitar axuda; expresar parcialmente o gusto ou o interese e emocións básicas, e describir rutinas.

• Unidades lingüísticas básicas e significados asociados ás devanditas unidades, tales como expresión da entidade e as súas propiedades, a cantidade e a calidade, o espazo e as relacións espaciais, o tempo e as relacións temporais, formas elementais de afirmación, negación, interrogación e exclamación, relacións lóxicas máis básicas.

• Léxico básico de interese para o alumnado relativo á identificación persoal, relacións interpersoais, lugares e contornas próximos, lecer e tempo libre, vida cotiá e actividade física.

• Padróns sonoros, acentuais, rítmicos e de entoación básicos.

• Convencións ortográficas básicas e significados asociados aos formatos, padróns e elementos gráficos.

• Respecto á propiedade intelectual das fontes consultadas e dos contidos utilizados. Uso responsable das tecnoloxías da información e da comunicación.

• Uso guiado de dicionarios e material de consulta en rede. Dispositivos, aplicacións informáticas e plataformas dixitais para a aprendizaxe, a procura de información, a comunicación e o desenvolvemento de proxectos.

• Estratexias básicas para identificar e utilizar unidades lingüísticas (léxico, morfosintaxe, padróns sonoros, etc.) a partir da comparación das linguas que conforman o repertorio lingüístico persoal.

• Ferramentas básicas de autoavaliación e coavaliación, analóxicas e dixitais, individuais e cooperativas, así como técnicas de aprendizaxe e de compensación das carencias comunicativas. O erro como instrumento de mellora e reparación.

• Aspectos socioculturais e sociolingüísticos básicos relativos á vida cotiá, ás condicións de vida e ás relacións interpersoais; convencións sociais básicas; linguaxe non verbal, cortesía lingüística; cultura, costumes e valores propios de países onde se fala a lingua estranxeira.

• Estratexias básicas para espertar a curiosidade e interese por coñecer outras linguas e culturas, entender e apreciar a diversidade lingüística, cultural e artística, atendendo a valores ecosociais e democráticos.

Módulo II.

Ámbito de Comunicación

Módulo II

Bloque 1. As linguas e os seus falantes: sociolingüística e oralidade

Criterios de avaliación

Obxectivos

• CA1.1. Recoñecer as variedades dialectais do español de América e dos países da lusofonía, identificando as nocións básicas das falas dos países hispanos e dos lusófonos, así como das que forman os repertorios lingüísticos do alumnado, e contrastando algúns dos seus trazos en manifestacións orais, escritas e multimodais.

OBX5

Criterios de avaliación

Obxectivos

• CA1.2. Identificar prexuízos e estereotipos lingüísticos adoptando unha actitude de respecto e valoración da riqueza cultural, lingüística e dialectal partindo da análise da diversidade lingüística da contorna.

OBX5

• CA1.3. Identificar e evitar os usos discriminatorios da lingua, así como a manipulación a través da palabra, partindo da reflexión e da análise dos elementos lingüísticos, textuais e discursivos utilizados, así como dos elementos non verbais que rexen a comunicación entre as persoas.

OBX5

• CA1.4. Comprender o sentido global, a estrutura, a información máis relevante en función das necesidades comunicativas e a intención do emisor en textos orais e multimodais sinxelos de diferentes ámbitos, analizando a interacción entre os diferentes códigos.

OBX1

• CA1.5. Valorar a forma e o contido de textos orais e multimodais sinxelos, avaliando a súa calidade, a súa fiabilidade e a idoneidade da canle utilizada, así como a eficacia dos procedementos comunicativos empregados, distinguindo de xeito guiado os diferentes xéneros discursivos: diálogo, debate, exposición, etc.

OBX1

• CA1.6. Realizar exposicións orais sinxelas con diferente grao de planificación sobre temas de interese persoal, social e educativo axustándose ás convencións propias do xénero discursivo, con fluidez, coherencia, cohesión e co rexistro adecuado en diferentes soportes, utilizando de maneira eficaz recursos verbais e non verbais.

OBX1

• CA1.7. Participar de maneira activa e adecuada en interaccións orais informais, no traballo en equipo e en situacións orais formais de carácter dialogado, adoptando actitudes de escoita activa e estratexias de cooperación conversacional e de cortesía lingüística.

OBX9

• CA1.8. Identificar os usos discriminatorios da lingua, os abusos de poder a través da palabra e os usos manipuladores da linguaxe a partir da reflexión e da análise dos elementos lingüísticos, textuais e discursivos utilizados, así como dos elementos non verbais que rexen a comunicación entre as persoas.

OBX1

Contidos

• Comparación de trazos das principais variedades dialectais do español de América, con especial atención ás variedades faladas polo alumnado.

• Comparación de trazos das falas dos diferentes países da lusofonía, con especial atención ás variedades faladas polo alumnado. Iniciación á reflexión interlingüística. Estratexias de identificación de prexuízos e estereotipos lingüísticos e exploración de formas de evitalos.

• Interpretación de xéneros discursivos propios do ámbito social. Riscos de desinformación, manipulación e vulneración da privacidade na rede. Análise da imaxe e dos elementos paratextuais dos textos icónico-verbais e multimodais.

• Procesos de comprensión e análise crítica de textos orais e multimodais.

– Comprensión oral: sentido global do texto e relación entre as súas partes, selección e retención da información relevante. Detección de usos discriminatorios da linguaxe verbal e non verbal.

– Identificación dos recursos lingüísticos para adecuar o rexistro á situación de comunicación.

• Procesos de produción de textos orais:

– Interacción oral de carácter informal e formal: tomar e deixar a palabra. Cooperación conversacional e cortesía lingüística. Escoita activa, asertividade e resolución dialogada dos conflitos.

– Produción oral formal: planificación e procura de información, creación e revisión. Adecuación á audiencia e ao tempo de exposición. Elementos non verbais. Trazos discursivos e lingüísticos da oralidade formal.

• Xéneros discursivos desde o punto de vista da produción de textos orais e multimodais de diferentes ámbitos.

– Creación de secuencias textuais, con especial atención ás dialogadas e explicativas.

– Xéneros discursivos do ámbito educativo: elaboración de exposicións orais.

– Xéneros discursivos propios do ámbito social. Produción de textos propios das redes sociais e medios de comunicación. Etiqueta dixital.

Bloque 2. A gramática dos textos: comprensión e produción escrita

Criterios de avaliación

Obxectivos

• CA2.1. Comprender as características fundamentais do texto como unidade lingüística: coherencia, cohesión e adecuación.

OBX4

• CA2.2. Comprender e interpretar o sentido global, a estrutura, a información máis relevante e a intención do emisor en textos escritos e multimodais sinxelos de diferentes ámbitos que respondan a diferentes propósitos de lectura, realizando as inferencias necesarias.

OBX1

• CA2.3. Valorar a forma e o contido de textos sinxelos, avaliando a súa calidade, a súa fiabilidade, a súa eficacia e a idoneidade da canle utilizada, adoptando hábitos de uso crítico, seguro, sustentable e saudable das tecnoloxías dixitais con relación á procura e á comunicación da información.

OBX2

• CA2.4. Localizar, seleccionar e contrastar de maneira guiada información procedente de diferentes fontes calibrando a súa fiabilidade e pertinencia en función dos obxectivos da lectura, identificando e reparando algúns problemas de comprensión lectora utilizando os coñecementos explícitos sobre a lingua e o seu uso.

OBX2

• CA2.5. Planificar a redacción de textos escritos e multimodais sinxelos, atendendo á situación comunicativa, ao destinatario, ao propósito e á canle; redactar borradores e revisalos coa axuda do diálogo entre iguais e dos instrumentos de consulta e presentar un texto final coherente, coa cohesión e o rexistro adecuados.

OBX1

Criterios de avaliación

Obxectivos

• CA2.6. Incorporar procedementos básicos para enriquecer os textos atendendo a aspectos discursivos, lingüísticos e de estilo, mostrando precisión léxica e corrección ortográfica e gramatical.

OBX4

• CA2.7. Organizar a información e integrala en esquemas propios e reelaborala e comunicala de maneira creativa, adoptando un punto de vista crítico que respecte os principios de propiedade intelectual.

OBX1

• CA2.8. Elaborar traballos de investigación de maneira guiada en diferentes soportes sobre diversos temas de interese académico, persoal ou social partindo da información seleccionada.

OBX1

• CA2.9. Revisar os textos propios de maneira guiada e facer propostas de mellora, argumentando as mudanzas a partir da reflexión metalingüística e interlingüística e cunha metalinguaxe específica, consultando de forma progresivamente autónoma dicionarios, manuais e gramáticas.

OBX4

Contidos

• Xéneros discursivos desde o punto de vista da comprensión e da análise crítica de textos, escritos e multimodais de diferentes ámbitos.

– Análise das propiedades textuais en textos sinxelos: coherencia, cohesión e adecuación.

– Comprensión e análise crítica de secuencias textuais básicas, con especial atención ás dialogadas e explicativas.

– Xéneros discursivos propios do ámbito educativo: a explicación.

– Xéneros discursivos propios do ámbito social. Textos xornalísticos: a entrevista obxectiva e de perfil.

• Procesos de comprensión e produción de textos escritos e multimodais.

– Comprensión lectora: sentido global do texto e relación entre as súas partes. A intención do emisor.

– Detección de usos discriminatorios da linguaxe verbal e icónica.

– Alfabetización informacional: procura e selección da información con criterios de fiabilidade, calidade e pertinencia; análise, valoración, reorganización e síntese da información en esquemas propios e transformación en coñecemento.

– Produción escrita de textos dialogados e explicativos: planificación, redacción, revisión e edición en diferentes soportes. Corrección gramatical e ortográfica. Propiedade léxica.

– Respecto polas propiedades textuais nos escritos propios: coherencia, cohesión e adecuación.

– Usos da escritura para a organización do pensamento: toma de notas, esquemas de chaves, resumos, etc.

– Comunicación e difusión creativa e respectuosa coa propiedade intelectual. Utilización de plataformas virtuais e de recursos na rede para a realización de proxectos escolares.

• Recoñecemento dos elementos lingüísticos en textos escritos e multimodais.

– Recoñecemento dos elementos constituíntes dos sintagmas nominais e preposicionais. Os pronomes e determinantes: clasificación e funcións. A posición do pronome na oración en galego e castelán. As preposicións: contraccións preposicionais en galego e castelán.

– Análise da formación de vocabulario en galego e castelán. Os procesos de derivación e de composición léxica.

– Distinción entre as diferentes relacións de significado: polisemia e homonimia.

– Detección dos recursos lingüísticos para mostrar a implicación do emisor nos textos: formas de deíxe (persoal, temporal e espacial) e procedementos de modalización. As oracións interrogativas totais e parciais, as exhortativas, desiderativas e dubitativas. Os tempos do modo subxuntivo. O modo imperativo.

– Recoñecemento da categoría gramatical do adverbio e da súa clasificación en función do seu significado.

– Análise dos mecanismos de cohesión. Conectores textuais temporais, explicativos, de orde e de contraste. Mecanismos de referencia interna gramaticais (substitucións pronominais e adverbiais) e léxicos (repeticións, sinónimos, campos semánticos).

– Utilización dos signos de puntuación como mecanismo organizador do texto escrito. A súa relación co significado.

– Corrección lingüística e revisión ortográfica e gramatical dos textos. Uso de dicionarios, de manuais de consulta e de correctores ortográficos en soporte analóxico ou dixital.

• Elaboración de conclusións propias sobre o funcionamento do sistema lingüístico cunha linguaxe específica a partir da observación, comparación e clasificación das unidades comunicativas e do contraste entre linguas.

Bloque 3. Comunicación: a arte literaria

Criterios de avaliación

Obxectivos

• CA3.1. Comprender e valorar o feito literario como unha expresión artística, atendendo aos xéneros literarios en xeral e ao lírico e dramático en particular.

OBX3

• CA3.2. Comprender e valorar as características do xénero lírico dun xeito guiado, sendo quen de analizar ideas principais e secundarias dunha diversidade de textos tanto en galego como en castelán.

OBX3

• CA3.3. Comprender e valorar, de forma guiada, as características do xénero lírico na súa forma a través dunha selección de textos tanto en castelán coma en galego e sendo quen de observar e entender os recursos lingüísticos propios da linguaxe literaria do xénero.

OBX3

• CA3.4. Realizar de xeito autónomo análises de textos en galego e castelán do xénero lírico, atendendo ao contido e á forma.

OBX3

• CA3.5. Comprender e valorar as características principais do xénero dramático tanto no seu contido e estrutura como na súa forma, segundo as pautas dadas.

OBX3

• CA3.6. Realizar análises de xeito autónomo e guiado de textos dramáticos.

OBX3

Criterios de avaliación

Obxectivos

• CA3.7. Establecer de maneira guiada vínculos argumentados entre os textos lidos e outros textos escritos, orais, con especial atención á literatura popular galega e castelá, ou multimodais, así como con outras manifestacións artísticas e culturais en función de temas, tópicos, estruturas, linguaxe e valores éticos e estéticos, mostrando a implicación e a resposta persoal do alumnado na lectura.

OBX3

• CA3.8. Crear textos persoais ou colectivos con intención literaria e conciencia de estilo, en distintos soportes e coa axuda doutras linguaxes artísticas e audiovisuais, partindo da lectura de obras ou fragmentos significativos en que se empreguen as convencións formais destes xéneros e segundo os estilos literarios vistos nas clases.

OBX3

Contidos

• Lectura guiada. Lectura de obras e fragmentos relevantes da literatura contemporánea e do patrimonio literario galego, castelán, peninsular e universal, inscritas en itinerarios de xénero que atravesan épocas, contextos culturais e movementos artísticos, e que dan unha visión global da arte literaria feita en distintos lugares e distintas linguas, pero con temas semellantes e mesmo formas semellantes.

– Estratexias para a construción compartida da interpretación das obras a través das conversas literarias, coa incorporación progresiva da metalinguaxe específica.

– Relación entre os elementos constitutivos do xénero literario, en especial o lírico e o dramático, e a construción do sentido da obra. Análise básica do valor dos recursos expresivos e dos seus efectos na recepción.

– Relación e comparación dos textos lidos con outros textos e con outras manifestacións artísticas e culturais en función de temas, tópicos, estruturas e linguaxes.

– Expresión pautada, a través de procesos e soportes diversificados e da interpretación e valoración persoal de obras e fragmentos literarios.

– Lectura con perspectiva de xénero. Visibilización do universo literario feminino.

– Lectura expresiva, dramatización e recitación dos textos conforme os procesos de comprensión, apropiación e oralidade implicados.

• Creación de textos partindo da apropiación das convencións da linguaxe literaria e en referencia a modelos dados (imitación, transformación, continuación, etc.).

• Lectura autónoma. Implicación na lectura de obras de xeito progresivamente autónomo a partir dunha preselección de textos variados que inclúan obras de autoras e autores, e reflexión sobre os textos lidos e sobre a propia práctica da lectura.

– Criterios e estratexias para a selección de obras variadas de forma orientada, a partir da exploración guiada da biblioteca escolar e pública dispoñible.

– Participación activa en actos culturais vinculados co circuíto literario e lector.

– Estratexias de toma de conciencia dos propios gustos e identidade lectora.

– Expresión da experiencia lectora co apoio de exemplos e utilizando progresivamente unha metalinguaxe específica. Apropiación dos textos lidos a través de distintas formas de recreación.

– Mobilización da experiencia persoal e lectora como forma de establecer vínculos entre a obra lida e aspectos da actualidade, así como con outros textos e manifestacións artísticas e culturais.

– Estratexias para a recomendación das lecturas, en soportes variados, ou ben oralmente entre iguais.

Bloque 4. Comunicación en lingua estranxeira

Criterios de avaliación

Obxectivos

• CA4.1. Recoñecer o significado global evidente e a información específica e explícita de textos orais, escritos e multimodais breves e sinxelos sobre temas frecuentes e cotiáns, de relevancia persoal e sobre aspectos socioculturais básicos, expresados de forma clara e na lingua estándar, usando de forma guiada as estratexias básicas máis adecuadas á tarefa.

OBX6

• CA4.2. Expresar oralmente mensaxes breves, claras e sinxelas sobre asuntos cotiáns e frecuentes, de relevancia para o alumnado, utilizando de maneira guiada recursos verbais e non verbais, así como estratexias de planificación e control da produción, e prestando atención á acentuación e á pronuncia, aínda que se cometan erros.

OBX7

• CA4.3. Redactar textos breves a partir de modelos sinxelos mediante ferramentas analóxicas e dixitais, sobre temas cotiáns e frecuentes, de relevancia para o alumnado, aplicando de forma guiada as estratexias básicas máis adecuadas á tarefa.

OBX7

• CA4.4. Participar, de forma guiada, en situacións interactivas breves e sinxelas sobre temas cotiáns e de relevancia persoal a través de diversos soportes, apoiándose en recursos como a repetición, o ritmo lento ou a linguaxe non verbal, amosando interese, empatía e respecto pola cortesía lingüística e usando as estratexias básicas adecuadas para iniciar, manter e terminar a comunicación, tomar e ceder a palabra e solicitar aclaracións.

OBX8

• CA4.5. Inferir conceptos e transmitir a terceiras persoas información simple de textos breves e sinxelos en situacións en que atender a diversidade, mostrando respecto e empatía polas interlocutoras e os interlocutores e polas linguas empregadas, e interese por participar na resolución de problemas de comprensión contando con diversos recursos e apoios.

OBX9

• CA4.6. Comparar e contrastar as semellanzas e diferenzas entre as linguas do seu repertorio lingüístico, reflexionando de maneira guiada sobre aspectos esenciais do seu funcionamento.

OBX4

• CA4.7. Rexistrar, con crecente autonomía, os avances e dificultades na aprendizaxe da lingua estranxeira, por medio de actividades de autoavaliación e coavaliación, como as propostas no Portfolio europeo das linguas (PEL) ou nun diario de aprendizaxe.

OBX4

Criterios de avaliación

Obxectivos

• CA4.8. Participar activamente en proxectos sinxelos e claramente estruturados nos que se empregan varias linguas e relacionados con elementos transversais ou aspectos socioculturais, apreciando a diversidade lingüística e cultural, construíndo vínculos entre as diferentes linguas e culturas e rexeitando calquera tipo de discriminación, prexuízo ou estereotipo.

OBX5

Contidos

• Estratexias básicas e modelos contextuais para a planificación e control da comprensión, a produción e a coprodución de textos orais, escritos e multimodais breves e sinxelos.

• Coñecementos, destrezas e actitudes que permitan iniciarse en actividades de mediación e interacción en situacións cotiáns sinxelas.

• Funcións comunicativas básicas adecuadas ao ámbito e ao contexto comunicativo: saudar, despedirse, presentar e presentarse; describir e comparar persoas, obxectos e lugares; situar eventos no tempo presente; situar obxectos, persoas e lugares no espazo; pedir e intercambiar información sobre cuestións cotiáns; dar e pedir instrucións e ordes; ofrecer, aceptar e rexeitar axuda, expresar parcialmente o gusto ou o interese e emocións básicas; describir situacións presentes e accións habituais; expresar a capacidade.

• Unidades lingüísticas básicas e significados asociados ás devanditas unidades tales como expresión da entidade e as súas propiedades, a cantidade e a calidade, o espazo e as relacións espaciais, o tempo e as relacións temporais, a afirmación, a negación, a interrogación e a exclamación, relacións lóxicas básicas.

• Léxico básico de interese para o alumnado relativo á identificación persoal, relacións interpersoais, lugares e contornas próximos, lecer e tempo libre, vida cotiá, actividade física, vivenda e fogar, clima e contorna natural.

• Padróns sonoros, acentuais, rítmicos e de entoación básicos e significados asociados a eles.

• Convencións ortográficas básicas e significados asociados aos formatos, padróns e elementos gráficos.

• Respecto á propiedade intelectual das fontes consultadas e dos contidos utilizados. Uso responsable das tecnoloxías da información e da comunicación.

• Uso, con crecente autonomía, de dicionarios e material de consulta en rede. Dispositivos, aplicacións informáticas e plataformas dixitais para a aprendizaxe, a procura de información, a comunicación e o desenvolvemento de proxectos.

• Estratexias básicas para identificar e utilizar unidades lingüísticas (léxico, morfosintaxe, padróns sonoros, etc.) a partir da comparación das linguas que conforman o repertorio lingüístico persoal.

• Ferramentas básicas de autoavaliación e coavaliación, analóxicas e dixitais, individuais e cooperativas, así como técnicas de aprendizaxe e de compensación das carencias comunicativas. O erro como instrumento de mellora e reparación.

• Aspectos socioculturais e sociolingüísticos básicos relativos á vida cotiá, ás condicións de vida e ás relacións interpersoais; convencións sociais básicas; linguaxe non verbal, cortesía lingüística; cultura, costumes e valores propios de países onde se fala a lingua estranxeira.

• Estratexias básicas para espertar a curiosidade e interese por coñecer outras linguas e culturas, entender e apreciar a diversidade lingüística, cultural e artística, atendendo a valores ecosociais e democráticos.

Módulo III.

Ámbito de Comunicación

Módulo III

Bloque 1. As linguas e os seus falantes: sociolingüística e oralidade

Criterios de avaliación

Obxectivos

• CA1.1. Recoñecer e valorar as linguas oficiais de España e as variedades dialectais do castelán, a partir da explicación da súa orixe e seu desenvolvemento histórico e sociolingüístico, coñecendo a lexislación vixente sobre dereitos e obrigas das linguas oficiais e cooficiais da península. Carta europea das linguas.

OBX5

• CA1.2. Identificar e cuestionar prexuízos e estereotipos lingüísticos, adoptando unha actitude de respecto e valoración da riqueza cultural, lingüística e dialectal a partir da análise da diversidade lingüística en contextos comunicativos cotiáns dos ámbitos persoal e profesional.

OBX5

• CA1.3. Identificar e evitar os usos discriminatorios da lingua, os abusos a través da palabra e os usos manipuladores da linguaxe a partir da reflexión e da análise dos elementos lingüísticos, textuais e discursivos utilizados, así como dos elementos non verbais da comunicación.

OBX5

• CA1.4. Comprender o sentido global, a estrutura, a información máis relevante en función das necesidades comunicativas e a intención do emisor en textos orais de certa complexidade de diferentes ámbitos, analizando a interacción entre os diferentes códigos e realizando as inferencias necesarias.

OBX1

• CA1.5. Valorar a forma e o contido de textos expositivos orais, de certa complexidade, avaliando a calidade, fiabilidade e idoneidade da canle utilizada, así como a eficacia dos procedementos comunicativos e lingüísticos empregados.

OBX1

• CA1.6. Realizar exposicións orais de certa extensión e complexidade con diferente grao de planificación sobre temas de interese persoal, social, educativo e profesional, axustándose ás convencións propias dos diversos xéneros discursivos, con fluidez, coherencia, cohesión e o rexistro adecuado en diferentes soportes, utilizando de maneira eficaz recursos verbais e non verbais.

OBX1

Criterios de avaliación

Obxectivos

• CA1.7. Participar de maneira activa e adecuada en interaccións orais informais, no traballo e en situacións orais formais de carácter dialogado, con actitudes de escoita activa e estratexias de cooperación conversacional e cortesía lingüística, utilizando estratexias para a resolución dialogada dos conflitos e a procura de consensos, tanto no ámbito persoal como educativo e social e profesional.

OBX9

Contidos

• Desenvolvemento sociohistórico das linguas de España e dos dialectos do castelán dentro do Estado español e a súa implicación hispanoamericana. O español estándar.

• Os fenómenos sociolingüísticos do contacto e a convivencia entre linguas: bilingüismo e diglosia.

• Detección de usos discriminatorios da linguaxe verbal e non verbal. A linguaxe sexista, vexatoria e discriminatoria.

• Exploración e rexeitamento de prexuízos e estereotipos lingüísticos.

• Análise da diversidade lingüística do contorno. Biografía lingüística.

• Desenvolvemento da reflexión interlingüística. Diferenzas entre os trazos dialectais e os rexistros.

• Análise dos compoñentes do feito comunicativo: grao de formalidade da situación e carácter público ou privado; distancia social entre os interlocutores; propósitos comunicativos e interpretación de intencións; canle de comunicación e elementos non verbais da comunicación.

• Xéneros discursivos propios do ámbito persoal: a conversa, con especial atención aos actos de fala que ameazan a imaxe do interlocutor (a discrepancia, a queixa, a orde, a reprobación).

• Interacción oral de carácter informal e formal. Cooperación conversacional e cortesía lingüística. Escoita activa, asertividade e resolución dialogada dos conflitos. Comunicación emocional.

• Produción oral formal. Planificación e procura de información, textualización e revisión. Adecuación á audiencia e ao tempo de exposición. Elementos non verbais. Trazos discursivos e lingüísticos da oralidade formal. A exposición oral de tipo académico.

Bloque 2. A gramática dos textos: comprensión e produción escrita.

Criterios de avaliación

Obxectivos

• CA2.1. Comprender o sentido global, a estrutura, a información máis relevante en función das necesidades comunicativas e a intención do emisor en textos escritos e multimodais de certa complexidade de diferentes ámbitos, analizando a interacción entre os diferentes códigos, e realizando as inferencias necesarias e atendendo a distintos propósitos de lectura.

OBX1

• CA2.2. Planificar a redacción de textos escritos e multimodais de certa extensión, con especial atención ao texto expositivo, atendendo á situación comunicativa, destinatario, propósito e canle; redactar borradores e revisalos coa axuda do diálogo entre iguais e instrumentos de consulta, e presentar un texto final coherente, cohesionado e co rexistro axeitado.

OBX1

• CA2.3. Incorporar procedementos para enriquecer os textos atendendo a aspectos discursivos, lingüísticos e de estilo, con precisión léxica e corrección ortográfica e gramatical.

OBX4

• CA2.4. Localizar, seleccionar e contrastar información de maneira progresivamente autónoma procedente de diferentes fontes, tanto analóxicas como dixitais, evitando os riscos de manipulación e desinformación e calibrando a súa fiabilidade e pertinencia en función dos obxectivos de lectura; organizar e integrar a información en esquemas propios, e reelaborala e comunicala de maneira creativa adoptando un punto de vista crítico, respectando os principios de propiedade intelectual.

OBX2

• CA2.5. Elaborar traballos de investigación de maneira progresivamente autónoma en diferentes soportes sobre diversos temas de interese académico, persoal ou social a partir da información seleccionada.

OBX1

• CA2.6. Revisar os textos propios de maneira progresivamente autónoma e facer propostas de mellora argumentando as mudanzas a partir da reflexión metalingüística coa metalinguaxe específica, e identificar e solucionar algúns problemas de comprensión lectora utilizando os coñecementos explícitos sobre a lingua e o seu uso.

OBX4

• CA2.7. Explicar e argumentar a interrelación entre o propósito comunicativo e as eleccións lingüísticas do emisor, así como os seus efectos no receptor, utilizando o coñecemento explícito da lingua e a metalinguaxe específica.

OBX1

• CA2.8. Formular xeneralizacións sobre algúns aspectos do funcionamento da lingua a partir da manipulación, comparación e transformación de enunciados, así como da formulación de hipóteses e a procura de contraexemplos, utilizando a metalinguaxe específica e consultando de maneira progresivamente autónoma dicionarios, manuais e gramáticas.

OBX4

Contidos

• Xéneros discursivos desde o punto de vista da produción, comprensión e análise crítica de textos escritos e multimodais.

– Comprensión e creación de secuencias textuais básicas, con especial atención ás expositivas.

– Comprensión lectora: sentido global do texto e relación entre as súas partes. A intención do emisor. Detección de usos discriminatorios da linguaxe verbal e icónica. Valoración da forma e do contido do texto.

– Xéneros discursivos propios do ámbito educativo: a estrutura e as principais características dos textos expositivos científicos, técnicos e humanísticos.

– Xéneros discursivos propios do ámbito social. Redes sociais e medios de comunicación. A reportaxe e a crónica xornalísticas. Análise da imaxe e dos elementos paratextuais dos textos icónico-verbais e multimodais.

• Procesos de produción, comprensión e análise de textos escritos e multimodais.

– Produción escrita: planificación, redacción, revisión e edición en diferentes soportes. Corrección gramatical e ortográfica. Propiedade léxica. Usos da escritura para a organización do pensamento: resumos, definicións e esquemas alfanuméricos.

– Mecanismos de cohesión. Emprego de conectores textuais temporais, explicativos, de orde e de contraste e de causa e consecuencia. Mecanismos de referencia interna gramaticais (substitucións pronominais e adverbiais) e léxicos (repeticións, sinónimos, campos semánticos, hiperónimos e hipónimos).

• Estratexias de reflexión lingüística e gramatical en lingua galega e castelá, con atención ás semellanzas e diferenzas entre elas.

– Recoñecemento das categorías gramaticais que integran o sintagma nominal (substantivo, adxectivo, determinantes e pronomes).

– Distinción entre o paradigma verbal do galego e do castelán. Formas simples e formas compostas nos tres modos (indicativo, subxuntivo e imperativo).

– Selección do léxico axeitado á intención comunicativa do texto. A formación de palabras (prefixación e sufixación). A familia léxica. As relacións de significado (sinonimia, antonimia, polisemia, homonimia). Os campos semánticos (hiperonimia e hiponimia).

– Respecto polas propiedades textuais nos escritos propios: coherencia, cohesión e adecuación. A orde sintáctica da oración simple. A colocación dos pronomes en lingua galega e lingua castelá.

– Corrección lingüística e revisión ortográfica e gramatical dos textos. Uso de dicionarios, de manuais de consulta e de correctores ortográficos en soporte analóxico ou dixital.

– Utilización dos signos básicos de puntuación como mecanismo organizador do texto escrito e a súa relación co significado.

– Estratexias de uso progresivamente autónomo de dicionarios e manuais de gramática para obter información gramatical básica. Recursos tecnolóxicos para a aprendizaxe da lingua.

• Alfabetización informacional.

– Utilización responsable das tecnoloxías da información e da comunicación.

– Procura e selección da información con criterios de fiabilidade, calidade e pertinencia; análise, valoración, reorganización e síntese da información en esquemas propios.

– Uso de dispositivos, aplicacións informáticas e plataformas dixitais, tanto para a procura de información como para a realización de proxectos escolares.

Bloque 3. Comunicación: a arte literaria

Criterios de avaliación

Obxectivos

• CA3.1. Comprender e valorar as características principais dos períodos literarios desde a Idade Media ata o século XVIII tanto na literatura galega como na castelá, entendendo que os movementos literarios son feitos que traspasan espazos e tempos. Visión esquemática dos diferentes períodos.

OBX3

• CA3.2. Comprender e valorar a través dos textos seleccionados para tal fin, as características da Idade Media na literatura galega e na castelá, interaccionando con outras literaturas peninsulares. Comprender a lírica medieval galego-portuguesa, as manifestacións en prosa, teatro galego, os cantares de xesta, lírica culta e popular en ambas as dúas literaturas; así mesmo, valorar a transición que supuxo o século XV.

OBX3

• CA3.3. Comprender e valorar a estrutura, contido e forma dos textos correspondentes ao período medieval dun xeito guiado.

OBX3

• CA3.4. Comprender e valorar as características principais do período Séculos Escuros-Séculos de Ouro da literatura galega e castelá.

OBX3

• CA3.5. Analizar e argumentar os textos seleccionados dos Séculos Escuros e dos Séculos de Ouro con especial atención á estrutura, forma e contido destes, podendo tirar consecuencias da observación dos elementos comúns a eles en temas e forma.

OBX3

• CA3.6. Comprender e valorar as características da literatura do século XVIII-A Ilustración en galego e castelán a través da selección de textos indicada para tal fin, prestando atención aos xéneros, á estrutura dos textos e á forma destes.

OBX3

• CA3.7. Explicar e argumentar a interpretación das obras lidas a partir da análise das relacións internas dos seus elementos constitutivos co sentido da obra, e das relacións externas do texto co seu contexto sociohistórico, atendendo á configuración e evolución dos xéneros e subxéneros literarios.

OBX3

Contidos

• Lectura guiada.

– Estratexias de utilización de información sociohistórica, cultural e artística básica para construír a interpretación das obras literarias, en concreto, o achegamento ao contexto, á corrente literaria e ao autor ou autora, así como o establecemento de parentescos literarios.

– Lectura guiada de fragmentos de obras relevantes do patrimonio literario español a partir da Idade Media ata o século XVIII.

– Lectura guiada de fragmentos de obras relevantes do patrimonio literario galego desde a Idade Media ata o século XVIII.

– Lectura guiada de fragmentos de obras relevantes do patrimonio literario universal da Idade Media ata o século XVIII.

– Relación e comparación dos textos lidos en lingua galega e lingua castelá con outros textos orais, escritos ou multimodais, con outras manifestacións artísticas e coas novas formas de ficción en función de temas, estruturas e linguaxes.

– Estratexias para interpretar obras e fragmentos literarios, atendendo aos valores culturais, éticos e estéticos presentes nos textos. Lectura con perspectiva de xénero.

• Creación de textos a partir da apropiación das convencións da linguaxe literaria e en referencia a modelos dados (imitación, transformación, continuación, etc.).

• Lectura autónoma.

– Lectura comprensiva dunha obra actual proposta na aula co fin de crear pequenos clubs de lectura de aula.

– Concienciación ambiental e ecolóxica, con especial incidencia na mudanza climática e na protección e benestar dos animais, etc.

Bloque 4. Comunicación en lingua estranxeira

Criterios de avaliación

Obxectivos

• CA4.1. Extraer o sentido global e a información relevante e previsible en textos orais, escritos e multimodais sinxelos sobre temas cotiáns e de relevancia persoal ou sobre aspectos socioculturais, expresados de forma clara e na lingua estándar a través de diversos soportes, usando as estratexias básicas máis adecuadas á tarefa.

OBX6

• CA4.2. Expresar oralmente textos sinxelos, estruturados, comprensibles, coherentes e adecuados á situación comunicativa sobre asuntos cotiáns e de relevancia persoal ou sobre aspectos socioculturais, co fin de describir, narrar e informar en diferentes soportes, utilizando recursos verbais e non verbais, así como estratexias de planificación, control, compensación e cooperación básicas, e prestando atención á acentuación e á pronuncia.

OBX7

• CA4.3. Redactar e difundir textos sinxelos de extensión media sobre asuntos cotiáns e de relevancia persoal ou sobre aspectos socioculturais con aceptable claridade, coherencia, cohesión, corrección e adecuación á situación comunicativa proposta, á tipoloxía textual e ás ferramentas analóxicas e dixitais utilizadas, seguindo pautas establecidas, aplicando as estratexias básicas máis adecuadas á tarefa, respectando a propiedade intelectual e evitando o plaxio.

OBX7

• CA4.4. Planificar, participar e colaborar de maneira activa, a través de diversos soportes, en situacións interactivas sinxelas sobre temas cotiáns e de relevancia persoal mostrando iniciativa, empatía e respecto pola cortesía lingüística e a etiqueta dixital e usando as estratexias básicas adecuadas para iniciar, manter e terminar a comunicación, tomar e ceder a palabra e solicitar aclaracións.

OBX8

• CA4.5. Inferir conceptos e explicar comunicacións breves e sinxelas en situacións en que se atende a diversidade, mostrando respecto e empatía polos interlocutores e interlocutoras, así como polas linguas empregadas, e participando na solución de problemas de comprensión apoiándose en diversos recursos e soportes.

OBX9

• CA4.6. Comparar e contrastar as semellanzas e diferenzas entre distintas linguas, reflexionando de maneira progresivamente autónoma sobre o seu funcionamento.

OBX4

• CA4.7. Rexistrar e analizar, de forma guiada, os progresos e dificultades de aprendizaxe da lingua estranxeira, por medio de actividades de planificación da propia aprendizaxe, autoavaliación e coavaliación, como as propostas no Portfolio europeo das linguas (PEL) ou nun diario de aprendizaxe.

OBX4

• CA4.8. Participar activamente en proxectos nos cales se empregan varias linguas relacionados con elementos transversais ou aspectos socioculturais, apreciando e explicando a diversidade lingüística e cultural, construíndo vínculos entre as diferentes linguas e culturas e rexeitando calquera tipo de discriminación, prexuízo ou estereotipo.

OBX5

Contidos

• Estratexias e modelos contextuais de uso común para a planificación, execución, control e reparación da comprensión, a produción e a coprodución de textos orais, escritos e multimodais sinxelos.

• Coñecementos, destrezas e actitudes que permiten levar a cabo actividades de mediación e interacción en situacións cotiáns.

• Funcións comunicativas de uso común adecuadas ao ámbito e ao contexto comunicativo: saudar e despedirse, presentar e presentarse; describir persoas, obxectos, lugares, fenómenos e acontecementos; situar eventos no tempo; situar obxectos, persoas e lugares no espazo; pedir e intercambiar información sobre cuestións cotiáns; dar e pedir instrucións e ordes; ofrecer, aceptar e rexeitar axuda, proposicións ou suxestións; expresar parcialmente o gusto ou o interese e as emocións; narrar acontecementos pasados, describir situacións presentes, expresar a opinión, a posibilidade e a capacidade.

• Unidades lingüísticas de uso común e significados asociados ás devanditas unidades, tales como a expresión da entidade e as súas propiedades, a cantidade e a calidade, o espazo e as relacións espaciais, o tempo e as relacións temporais, a afirmación, a negación, a interrogación e a exclamación, relacións lóxicas habituais.

• Léxico de uso común e de interese para o alumnado relativo á identificación persoal, relacións interpersoais, lugares e contornas, lecer e tempo libre, actividade física, vida cotiá, vivenda e fogar, clima e contorna natural, tecnoloxías da información e da comunicación, sistema escolar e formación.

• Padróns sonoros, acentuais, rítmicos e de entoación de uso común e significados asociados a eles.

• Convencións ortográficas de uso común e significados e intencións comunicativas asociados aos formatos, padróns e elementos gráficos.

• Respecto á propiedade intelectual e dereitos de autor sobre as fontes consultadas e contidos utilizados. Uso responsable das tecnoloxías da información e da comunicación.

• Uso de dicionarios e material de consulta en rede. Dispositivos, aplicacións informáticas e plataformas dixitais para a aprendizaxe, a procura de información, a comunicación e o desenvolvemento de proxectos.

• Estratexias de uso común para identificar e utilizar unidades lingüísticas (léxico, morfosintaxe, padróns sonoros, etc.) a partir da comparación das linguas que conforman o repertorio lingüístico persoal.

• Ferramentas de uso común para a autoavaliación, a coavaliación e a autorreparación, analóxicas e dixitais, individuais e cooperativas, así como técnicas de aprendizaxe e de compensación das carencias comunicativas. O erro como instrumento de mellora e reparación.

• Aspectos socioculturais e sociolingüísticos relativos á vida cotiá, ás condicións de vida e ás relacións interpersoais; convencións sociais básicas; linguaxe non verbal, cortesía lingüística e etiqueta dixital; cultura, costumes e valores propios de países onde se fala a lingua estranxeira.

• Estratexias para espertar a curiosidade e interese por coñecer outras linguas e culturas, entender e apreciar a diversidade lingüística, cultural e artística, atendendo a valores ecosociais e democráticos.

Módulo IV.

Ámbito de Comunicación

Módulo IV

Bloque 1. As linguas e os seus falantes: sociolingüística e oralidade

Criterios de avaliación

Obxectivos

• CA1.1. Recoñecer e valorar as linguas oficiais de España e as variedades dialectais do galego (bloques, áreas dialectais), a partir da explicación da súa orixe e seu desenvolvemento histórico e sociolingüístico, coñecendo a lexislación vixente sobre dereitos e obrigas das linguas oficiais e cooficiais da península. Carta europea das linguas.

OBX5

• CA1.2. Identificar e cuestionar prexuízos e estereotipos lingüísticos adoptando unha actitude de respecto e valoración da riqueza cultural, lingüística e dialectal a partir da análise da diversidade lingüística en contextos comunicativos cotiáns dos ámbitos persoal e profesional.

OBX5

• CA1.3. Identificar e evitar os usos discriminatorios da lingua, os abusos a través da palabra e os usos manipuladores da linguaxe a partir da reflexión e da análise dos elementos lingüísticos, textuais e discursivos utilizados, así como dos elementos non verbais da comunicación.

OBX5

• CA1.4. Comprender o sentido global, a estrutura, a información máis relevante en función das necesidades comunicativas e a intención do emisor en textos orais de certa complexidade de diferentes ámbitos, analizando a interacción entre os diferentes códigos, e realizando as inferencias necesarias.

OBX1

• CA1.5. Valorar a forma e o contido de textos argumentativos orais, de certa complexidade, avaliando a calidade, fiabilidade e idoneidade da canle utilizada, así como a eficacia dos procedementos comunicativos e lingüísticos empregados.

OBX1

• CA1.6. Realizar argumentacións orais de certa extensión e complexidade con diferente grao de planificación sobre temas de interese persoal, social, educativo e profesional, axustándose ás convencións propias dos diversos xéneros discursivos, con fluidez, coherencia, cohesión e o rexistro adecuado en diferentes soportes, utilizando de maneira eficaz recursos verbais e non verbais.

OBX1

• CA1.7. Participar de maneira activa e adecuada en interaccións orais informais, no traballo e en situacións orais formais de carácter dialogado, con actitudes de escoita activa e estratexias de cooperación conversacional e cortesía lingüística, utilizando estratexias para a resolución dialogada dos conflitos e a procura de consensos, tanto no ámbito persoal como educativo e social e profesional.

OBX9

Contidos

• Recoñecemento das variedades dialectais do galego. Afondamento nos fenómenos dialectais (fónicos, gramaticais e léxicos) dos bloques/das áreas lingüísticas do galego. Comparación entre o galego normativo e as variedades dialectais.

• Os fenómenos do contacto entre linguas: os préstamos e as interferencias lingüísticas. O castrapo.

• Exploración e rexeitamento de prexuízos e estereotipos lingüísticos.

• Desenvolvemento da reflexión sociolingüística. Diferenzas entre os trazos dialectais e os sociolectos.

• Análise dos compoñentes do feito comunicativo: grao de formalidade da situación e carácter público ou privado; distancia social entre os interlocutores; propósitos comunicativos e interpretación de intencións; canle de comunicación e elementos non verbais da comunicación.

• Detección de usos discriminatorios da linguaxe verbal e non verbal. A linguaxe inclusiva fronte á linguaxe discriminatoria.

• Xéneros discursivos propios do ámbito social e profesional: o debate e a entrevista de traballo.

• Interacción oral de carácter informal e formal. Cooperación conversacional e cortesía lingüística. Escoita activa, asertividade e resolución dialogada dos conflitos. Comunicación emocional.

• Produción oral formal. Planificación e procura de información, textualización e revisión. Adecuación á audiencia e ao tempo de exposición. Elementos non verbais. Trazos discursivos e lingüísticos da oralidade formal. A deliberación oral argumentada.

Bloque 2. A gramática dos textos: comprensión e produción escrita

Criterios de avaliación

Obxectivos

• CA2.1. Comprender o sentido global, a estrutura, a información máis relevante en función das necesidades comunicativas e a intención do emisor en textos orais, escritos e multimodais de certa complexidade de diferentes ámbitos, analizando a interacción entre os diferentes códigos, realizando as inferencias necesarias e atendendo a distintos propósitos de lectura.

OBX1

• CA2.2. Planificar a redacción de textos escritos e multimodais de certa extensión, con especial atención ao texto argumentativo, atendendo á situación comunicativa, destinatario, propósito e canle; redactar borradores e revisalos coa axuda do diálogo entre iguais e instrumentos de consulta, e presentar un texto final coherente, cohesionado e co rexistro axeitado.

OBX1

• CA2.3. Incorporar procedementos para enriquecer os textos atendendo a aspectos discursivos, lingüísticos e de estilo, con precisión léxica e corrección ortográfica e gramatical.

OBX4

Criterios de avaliación

Obxectivos

• CA2.4. Localizar, seleccionar e contrastar información de maneira progresivamente autónoma procedente de diferentes fontes, tanto analóxicas como dixitais, evitando os riscos de manipulación e desinformación e calibrando a súa fiabilidade e pertinencia en función dos obxectivos de lectura; organizar e integrar a información en esquemas propios, e reelaborala e comunicala de maneira creativa adoptando un punto de vista crítico respectando os principios de propiedade intelectual.

OBX2

• CA2.5. Elaborar traballos de investigación de maneira progresivamente autónoma en diferentes soportes sobre diversos temas de interese académico, persoal ou social a partir da información seleccionada.

OBX1

• CA2.6. Revisar os textos propios de maneira progresivamente autónoma e facer propostas de mellora argumentando as mudanzas a partir da reflexión metalingüística coa metalinguaxe específica, e identificar e solucionar algúns problemas de comprensión lectora utilizando os coñecementos explícitos sobre a lingua e o seu uso.

OBX4

• CA2.7. Explicar e argumentar a interrelación entre o propósito comunicativo e as eleccións lingüísticas do emisor, así como os seus efectos no receptor, utilizando o coñecemento explícito da lingua e a metalinguaxe específica.

OBX1

• CA2.8. Formular xeneralizacións sobre algúns aspectos do funcionamento da lingua a partir da manipulación, comparación e transformación de enunciados, así como da formulación de hipóteses e a procura de contraexemplos, utilizando a metalinguaxe específica e consultando de maneira progresivamente autónoma dicionarios, manuais e gramáticas.

OBX4

Contidos

• Xéneros discursivos desde o punto de vista da produción, comprensión e análise crítica de textos, escritos e multimodais.

– Comprensión e creación de secuencias textuais básicas, con especial atención ás argumentativas.

– Comprensión lectora: sentido global do texto e relación entre as súas partes. A intención do emisor.

– Detección de usos discriminatorios da linguaxe verbal e icónica. Valoración da forma e do contido do texto.

– Xéneros discursivos propios do ámbito profesional: o currículo, a carta de motivación.

– Xéneros discursivos propios do ámbito social. Redes sociais e medios de comunicación. Os xéneros xornalísticos de opinión (crítica, artigo/columna de opinión, editorial, carta á dirección).

• Procesos de produción, comprensión e análise crítica de textos escritos e multimodais.

– Produción escrita. Planificación, redacción, revisión e edición en diferentes soportes. Corrección gramatical e ortográfica. Propiedade léxica. Usos da escritura para a organización do pensamento: mapas conceptuais, diagramas, gráficas e textos descontinuos.

– Mecanismos de cohesión. Emprego de todo tipo de conectores textuais (temporais, explicativos, de orde e de contraste, de causa e consecuencia, de condición e de hipótese). Mecanismos de referencia interna gramaticais (substitucións pronominais e adverbiais) e léxicos (repeticións, sinónimos, campos semánticos, hiperónimos e hipónimos, elipses).

• Estratexias de reflexión lingüística e gramatical en lingua galega e castelá, con atención ás semellanzas e diferenzas entre elas.

– Distinción dos diferentes valores dos tempos verbais en galego e castelán. Estrutura e significado das perífrases verbais.

– Recoñecemento da estrutura básica das oracións expresadas en voz activa e pasiva. A expresión da impersonalidade. As estruturas sintácticas coordinadas.

– Selección do léxico axeitado á intención comunicativa do texto. A formación de palabras (composición e parasíntese). Os campos semánticos e asociativos. O significado denotativo e connotativo. Tabús e eufemismos.

– Respecto polas propiedades textuais nos escritos propios: coherencia, cohesión e adecuación. O estilo directo e indirecto.

– Corrección lingüística e revisión ortográfica e gramatical dos textos. Uso de dicionarios, manuais de consulta e de correctores ortográficos en soporte analóxico ou dixital.

– Emprego correcto dos signos de puntuación como mecanismo organizador do texto escrito. A súa relación co significado.

– Estratexias de uso progresivamente autónomo de dicionarios e manuais de gramática para obter información gramatical básica. Recursos tecnolóxicos para a aprendizaxe da lingua.

• Alfabetización informacional.

– Comunicación e difusión da información de maneira creativa e respectuosa coa propiedade intelectual.

– Análise dos riscos e consecuencias da manipulación e a desinformación e a vulneración da privacidade.

– Achegamento ao correcto emprego do sistema de citación e uso das referencias bibliográficas nas creacións propias.

Bloque 3. Comunicación: a arte literaria

Criterios de avaliación

Obxectivos

• CA3.1. Comprender e valorar as características principais dos períodos literarios comprendidos desde o século XIX ata a actualidade na literatura galega e castelá, o seu contexto sociohistórico e a relación con outras artes, ofrecendo unha visión esquemática das diferentes correntes literarias.

OBX3

• CA3.2. Comprender e valorar as características dos movemento literarios do século XIX: Realismo e Romanticismo, tanto en galego coma en castelán, tendo en conta os puntos en común e os trazos diferenciadores, a través dunha escolla de textos para tal fin.

OBX3

• CA3.3. Comprender e valorar as características dos movementos literarios de fins do XIX e comezos do XX tanto en galego coma en castelán: literatura das Irmandades, Xeración do 98, Modernismo, tendo en conta puntos comúns e diferentes a través dunha selección de textos, atendendo á literatura en feminino que existiu nestes períodos.

OBX3

• CA3.4. Comprender e valorar o movemento das vangardas en galego e castelán, entendendo a universalidade do movemento e subliñando a literatura en feminino que existiu neste período.

OBX3

Criterios de avaliación

Obxectivos

• CA3.5. Valorar e entender os movementos literarios que se producen en España tras a Guerra Civil do 36, a recuperación literaria e a creación de tendencias; a literatura do exilio.

OBX3

• CA3.6. Comprender e analizar a literatura desde 1975 ata hoxe a través dunha selección de textos, autores/as e obras representativos das literaturas galega e castelá.

OBX3

• CA3.7. Explicar e argumentar a interpretación das obras lidas a partir da análise das relacións internas dos seus elementos constitutivos co sentido da obra e das relacións externas do texto co seu contexto sociohistórico, atendendo á configuración e evolución dos xéneros e subxéneros literarios.

OBX3

Contidos

• Lectura guiada.

– Estratexias de utilización de información sociohistórica, cultural e artística básica para construír a interpretación das obras literarias: en concreto, o achegamento ao contexto, á corrente literaria e ao autor ou autora, así como o establecemento de parentescos literarios.

– Lectura guiada de fragmentos de obras relevantes do patrimonio literario español e galego desde o século XIX ata a actualidade.

– Lectura guiada de fragmentos de obras relevantes do patrimonio literario universal, con especial atención ao hispanoamericano desde o século XIX ata a actualidade.

– Estratexias de construción literarias, debates ou emisión razoada das opinións persoais.

– Construción do sentido da obra a partir da análise dos seus elementos formais e contextuais. Efectos dos seus recursos expresivos na recepción.

– Estratexias para interpretar obras e fragmentos literarios, atendendo aos valores culturais, éticos e estéticos presentes nos textos. Lectura con perspectiva de xénero. Visibilización do universo feminino.

• Creación de textos a partir da apropiación das convencións da linguaxe literaria e en referencia a modelos dados (imitación, transformación, continuación, etc.).

• Lectura autónoma.

– Lectura reflexiva dunha obra proposta na aula co fin de crear un club de lectura de aula.

– Implicación na lectura de forma progresivamente autónoma e reflexión sobre os textos lidos e sobre a propia práctica de lectura sustentada en modelos.

– Lecturas de obras ou fragmentos de textos que promovan a defensa dos dereitos humanos e a conciencia contra a violencia de xénero, o sexismo, o racismo e a homofobia.

Bloque 4. Comunicación en lingua estranxeira

Criterios de avaliación

Obxectivos

• CA4.1. Extraer e analizar o sentido global e seleccionar información pertinente de textos orais, escritos e multimodais sobre temas cotiáns e de relevancia persoal, profesional ou sobre aspectos socioculturais, expresados de forma clara e na lingua estándar a través de diversos soportes, aplicando as estratexias máis adecuadas á tarefa.

OBX6

• CA4.2. Expresar oralmente textos sinxelos, estruturados, comprensibles, coherentes e adecuados á situación comunicativa sobre asuntos cotiáns e de relevancia persoal, profesional ou sobre aspectos socioculturais, co fin de describir, narrar e informar, en diferentes soportes, utilizando recursos verbais e non verbais, así como estratexias de planificación, control, compensación e cooperación, e prestando atención á acentuación e á pronuncia.

OBX7

• CA4.3. Redactar e difundir textos de extensión media sobre asuntos cotiáns e de relevancia persoal, profesional ou sobre aspectos socioculturais con aceptable claridade, coherencia, cohesión, corrección e adecuación á situación comunicativa proposta, á tipoloxía textual e ás ferramentas analóxicas e dixitais utilizadas, seguindo pautas establecidas, aplicando as estratexias máis adecuadas á tarefa, respectando a propiedade intelectual e evitando o plaxio.

OBX7

• CA4.4. Planificar, participar e colaborar de maneira activa, a través de diversos soportes, en situacións interactivas sobre temas cotiáns e de relevancia persoal ou profesional mostrando iniciativa, empatía e respecto pola cortesía lingüística e a etiqueta dixital e utilizando as estratexias adecuadas para iniciar, manter e terminar a comunicación, tomar e ceder a palabra, solicitar e formular aclaracións e explicacións ou colaborar e xestionar situacións comprometidas.

OBX8

• CA4.5. Inferir conceptos e explicar textos e comunicacións breves e sinxelas en situacións en que se atende a diversidade, apoiándose en diversos recursos e soportes, mostrando respecto e empatía polos interlocutores e interlocutoras, así como polas linguas empregadas e participando na solución de problemas de comprensión.

OBX9

• CA4.6. Comparar e, de forma guiada, argumentar as semellanzas e diferenzas entre distintas linguas reflexionando de maneira progresivamente autónoma sobre o seu funcionamento.

OBX4

• CA4.7. Rexistrar e analizar os progresos e dificultades de aprendizaxe da lingua estranxeira por medio de actividades de planificación da propia aprendizaxe, autoavaliación e coavaliación, como as propostas no Portfolio europeo das linguas (PEL) ou nun diario de aprendizaxe.

OBX4

• CA4.8. Planificar e participar activamente en proxectos nos cales se empregan varias linguas relacionados con elementos transversais ou aspectos socioculturais, defendendo e apreciando a diversidade lingüística e cultural, construíndo vínculos entre as diferentes linguas e culturas e rexeitando calquera tipo de discriminación, prexuízo ou estereotipo.

OBX5

Contidos

• Estratexias de uso común para a planificación, execución, control e reparación da comprensión, a produción e a coprodución de textos orais, escritos e multimodais.

• Coñecementos, destrezas e actitudes que permiten levar a cabo actividades de mediación e interacción en situacións cotiáns.

• Funcións comunicativas de uso común adecuadas ao ámbito e ao contexto comunicativo: saudar e despedirse, presentar e presentarse; describir persoas, obxectos, lugares, fenómenos e acontecementos; situar eventos no tempo; situar obxectos, persoas e lugares no espazo; pedir e intercambiar información sobre cuestións cotiáns; dar e pedir instrucións, consellos e ordes; ofrecer, aceptar e rexeitar axuda, proposicións ou suxestións; expresar parcialmente o gusto ou o interese e as emocións; narrar acontecementos pasados, describir situacións presentes e enunciar sucesos futuros; expresar a opinión, a posibilidade, a capacidade, a obriga e a prohibición; expresar argumentacións sinxelas; expresar a incerteza e a dúbida.

• Unidades lingüísticas de uso común e significados asociados ás devanditas unidades, tales como a expresión da entidade e as súas propiedades, a cantidade e calidade, o espazo e as relacións espaciais, o tempo e as relacións temporais, a afirmación, a negación, a interrogación e a exclamación, relacións lóxicas habituais.

• Léxico de uso común e de interese para o alumnado relativo á identificación persoal, relacións interpersoais, lugares e contornas, lecer e tempo libre, saúde e actividade física, vida cotiá, vivenda e fogar, clima e contorna natural, tecnoloxías da información e da comunicación, sistema escolar, formación e ámbito laboral.

• Padróns sonoros, acentuais, rítmicos e de entoación de uso común e significados e intencións comunicativas xerais asociadas aos devanditos padróns.

• Convencións ortográficas de uso común e significados e intencións comunicativas asociados aos formatos, padróns e elementos gráficos.

• Respecto á propiedade intelectual e dereitos de autor sobre as fontes consultadas e contidos utilizados. Uso responsable das tecnoloxías da información e da comunicación.

• Uso autónomo de dicionarios e material de consulta en rede, dispositivos, aplicacións informáticas e plataformas dixitais para a aprendizaxe, a procura de información, a comunicación e o desenvolvemento de proxectos.

• Estratexias de uso común para identificar e utilizar creativamente unidades lingüísticas (léxico, morfosintaxe, padróns sonoros, etc.) a partir da comparación das linguas que conforman o repertorio lingüístico persoal.

• Estratexias e ferramentas de uso común para a autoavaliación, a coavaliación e a autorreparación, analóxicas e dixitais, individuais e cooperativas, así como técnicas de aprendizaxe e de compensación das carencias comunicativas. O erro como instrumento de mellora e reparación.

• Aspectos socioculturais e sociolingüísticos relativos á vida cotiá, ás condicións de vida e ás relacións interpersoais; convencións sociais básicas; linguaxe non verbal, cortesía lingüística e etiqueta dixital; cultura, costumes e valores propios de países onde se fala a lingua estranxeira.

• Estratexias para espertar a curiosidade e interese por coñecer outras linguas e culturas, entender e apreciar a diversidade lingüística, cultural e artística, atendendo a valores ecosociais e democráticos.

1.4. Orientacións pedagóxicas.

A intervención educativa no ámbito de Comunicación desenvolverá o seu currículo e tratará de asentar de xeito gradual e progresivo as aprendizaxes que faciliten ao alumnado o logro dos obxectivos do ámbito e, en combinación co resto de ámbitos, unha adecuada adquisición das competencias clave e o logro dos obxectivos da etapa.

Neste sentido, no deseño das actividades, o profesorado terá que considerar a relación existente entre os obxectivos do ámbito e as competencias clave a través dos descritores operativos do perfil de saída e as liñas de actuación no proceso de ensino e aprendizaxe que se presentan nas epígrafes seguintes, e seleccionar aqueles criterios de avaliación do currículo que se axusten á finalidade buscada, así como empregalos para verificar as aprendizaxes do alumnado e o seu nivel de desempeño.

Relación entre os obxectivos do ámbito de Comunicación e as competencias clave a través dos descritores operativos do perfil de saída establecidos no anexo I do Decreto 156/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación secundaria obrigatoria na Comunidade Autónoma de Galicia.

Obxectivos

do ámbito

Competencias clave

CCL

CP

STEM

CD

CPSAA

CC

CE

CCEC

OBX1

1, 2

3

1, 5

1

1

OBX2

3

1

1

1

4

OBX3

4

1

1, 2, 3, 4

OBX4

2

1

2

1, 5

OBX5

5

3

1, 3

3

1

OBX6

2, 3

1, 2

1

1

5

2

OBX7

1

1, 2

1

2

5

1

3

OBX8

5

1, 2

1

3

3

3

OBX9

5

1, 2, 3

1

1, 3

1, 3

1

Liñas de actuación no proceso de ensino e aprendizaxe
para o ensino de persoas adultas

Deseño da metodoloxía de aprendizaxe

Unha metodoloxía flexible e inclusiva é idónea para abordar as materias que conforman a organización do curso, pois vai facilitar, grazas á combinación dos contidos das tres linguas que conforman o ámbito de Comunicación, que o proceso de ensino-aprendizaxe se conciba dun xeito global e unitario. Con este enfoque metodolóxico, evítase a presentación de solucións únicas ás situacións ou problemas propostos que lle restan ao alumnado a posibilidade do descubrimento propio. Por iso convén fomentar o deseño de actividades interdisciplinarias que integren os distintos contidos do ámbito para que o alumnado poida obter a máxima produtividade dos coñecementos impartidos en cada unha das materias. Neste sentido, o fomento da aprendizaxe baseada en proxectos favorecerá esa interdisciplinariedade ao deseñar situacións de aprendizaxe contextualizadas e reais que inclúan a integración das competencias, dos obxectivos e dos contidos, a través de metodoloxías motivadoras e cooperativas que permitan a participación activa do alumnado no seu propio proceso formativo, así como a adquisición dunha progresiva autonomía persoal.

A metodoloxía fomentará a autoaprendizaxe e terá en conta as particularidades propias da poboación adulta cuxo proceso de aprendizaxe precisa dun enfoque metodolóxico específico que parta das súas experiencias e vivencias explotando o potencial formativo da bagaxe cultural de cada alumno ou alumna e das aprendizaxes informais e non formais adquiridas, tendo en consideración os seus ritmos de aprendizaxe e prestando especial atención ás necesidades específicas de apoio educativo.

A proposta dunha metodoloxía que oriente, promova e facilite o desenvolvemento competencial do alumnado facilitará, ademais, o tratamento da atención á diversidade, ao respectar os distintos estilos de aprendizaxe a través do deseño de actividades que combinen o traballo individual e o cooperativo. As actividades deberán ter presente o compoñente social do proceso de aprendizaxe e contribuír a formación en destrezas comunicativas e cooperativas e ao reforzo da autoestima. É importante que os equipos docentes interpreten o currículo do ámbito conforme á realidade do seu contexto educativo e as características do alumnado, as súas experiencias e aprendizaxes previas e os seus intereses e necesidades. O fin último será facilitar a adquisición das aprendizaxes imprescindibles para o desenvolvemento das competencias específicas de cada ámbito e as competencias clave do perfil de saída do alumnado ao finalizar o ensino básico. Os procesos de aprendizaxe significativa acadaranse a través da realización de proxectos conectados coas necesidades, experiencias e vivencias das persoas adultas.

Perfil do alumnado e atención á diversidade

Unha atención adaptada ao perfil do alumnado adulto exixe o uso dunha ampla variedade de metodoloxías e modelos de ensino. Neste sentido, é apropiado o uso de metodoloxías como a aprendizaxe cooperativa, a aprendizaxe baseada en proxectos e problemas (ABP), o deseño universal de aprendizaxe (DUA) e o ensino multinivel (EM), que favorezan a atención á diversidade, a accesibilidade universal e a inclusión, e que conduzan á creación dun contorno persoal de aprendizaxe (PLE) propio. Correspóndelle ao equipo docente determinar a metodoloxía e modelo de ensino-aprendizaxe máis adecuado en función da realidade da súa aula. O fomento do uso de recursos educativos en aberto (REA) e as TIC proporcionan as ferramentas necesarias para acadar a accesibilidade e a inclusión.

Consonte o interese por facer accesible o coñecemento a todas as persoas, convén que as formas de acceso ás situacións de aprendizaxe sexan planificadas desde o inicio de forma variada a través de textos escritos, orais e multimodais; que as propostas de traballo, igualmente, ofrezan diversas posibilidades para a súa resolución (unha exposición oral, un proxecto científico, a intervención nun debate, etc.); e que se ofreza ás persoas adultas pouco cualificadas o acceso a un itinerario de mellora de capacidades, coñecementos e competencias adaptado ás súas necesidades individuais, que lles permita desenvolver plenamente o seu potencial nos ámbitos persoal, social, formativo e profesional. Trátase de ter presente a diversidade da aula durante todo o proceso da práctica educativa para atenuar no posible as barreiras existentes entre a aprendizaxe e o alumnado.

Alfabetización informacional

A tarefa de transformar a información en coñecemento constitúe un dos piares básicos para a formación permanente da cidadanía. A alfabetización informacional é, ademais, xeradora de transversalidade na aprendizaxe. Implica accións puramente lingüísticas, como a comprensión da información, a súa selección e tratamento en esquemas, resumos e outras ferramentas de organización do coñecemento ou a súa posterior comunicación en diversos formatos. Pero tamén implica un uso certeiro, creativo e seguro das tecnoloxías da información e da comunicación, o desenvolvemento de habilidades para iniciar, organizar e persistir nunha aprendizaxe paulatinamente autónoma, ou para elixir, planificar e xestionar coñecementos con criterio propio, co fin de transformar as ideas en actos.

Por último, e no que concirne á formación do alumnado para enfrontar axeitadamente os fenómenos e consecuencias da desinformación, resultan de enorme utilidade as rutinas establecidas ao redor da verificación de loiadas (contrastar a información en páxinas de medios de prestixio, recorrer as plataformas de verificación de feitos ou aos perfís institucionais autorizados en redes sociais, etc.), así como un uso consciente do fenómeno do ciberanzol a partir da observación e a análise crítica, tanto desde o punto de vista lingüístico como sociolóxico deste tipo de prácticas.

Deseño do proceso de avaliación

A avaliación formativa centrada nas competencias permite identificar o grao de adquisición destas, modificar, de ser o caso, aqueles aspectos susceptibles de mellora (metodoloxía, recursos, tarefas...) e detectar as dificultades de aprendizaxe, coa consecuente posta en marcha de mecanismos para palialas, sempre coa finalidade de que o alumnado acade os obxectivos e desenvolva as competencias do perfil de saída.

As tarefas ou actividades de avaliación propostas permitirán a obtención de evidencias da aprendizaxe do noso alumnado de forma variada a través de respostas a preguntas pechadas, abertas ou construídas (elección múltiple, asociacións, mapas conceptuais, infografías...), a través de desempeños (presentación oral, actuación teatral, debate...), produtos (ensaio, traballo de investigación, entrada dun blog, poema, portfolio, diario de aprendizaxe, vídeo, audio...) ou procesos (toma de decisións, proceso de descrición, análise, creación, revisión, participación en grupo...). Utilizaranse instrumentos e procedementos de avaliación diversos, accesibles, flexibles, axustados aos criterios de avaliación e adaptados ás distintas situacións de aprendizaxe e ás necesidades tan heteroxéneas do alumnado adulto. Polo tanto, estes non deben cinguirse unicamente ás probas obxectivas ou cuestionarios, senón que tamén deben incluír listas de cotexo, escalas de valoración, rúbricas ou rexistros observacionais, entre outros.

As propostas pedagóxicas deberán combinar os diferentes tipos de avaliación: a heteroavaliación, a autoavaliación, que permite ao alumnado tomar conciencia progresiva e responsable do seu proceso de aprendizaxe, e a coavaliación, que supón a avaliación do alumnado aos seus iguais e que debe desenvolverse nun ambiente de respecto e empatía. O proceso de aprendizaxe tenderá a ser cada vez máis autónomo consonte o alumnado se afaga a eses recursos de autorregulación. De igual modo, as actividades de coavaliación, subscritas a criterios definidos, reforzan as habilidades de análise, facilitan o intercambio de estratexias de aprendizaxe e permiten valorar o traballo dos iguais. A incorporación de ferramentas dixitais no proceso de avaliación abre todo un abano de posibilidades, tanto para a autoavaliación (revisión dos traballos propios, actividades de autocorrección, etc.) como para a coavaliación (mediante paneis, repositorios, foros, etc.) que o profesorado pode utilizar como unha fonte de información máis sobre os progresos, tanto individuais como grupais, do seu alumnado.

Concrecións para o ámbito de Comunicación

Nas materias de Lingua Galega e Literatura e Lingua Castelá e Literatura recoméndase a elaboración de actividades de creación de textos, vinculados aos ámbitos académico, social, xornalístico ou literario, tendo en conta a importancia da situación comunicativa, o rexistro e as estruturas gramaticais e pragmáticas apropiadas en cada caso. Proponse tamén a planificación de exposicións orais sinxelas ou debates sobre temas de actualidade, así como a lectura, comprensión e análise de textos orais e escritos de diversa índole. Para conseguir un aproveitamento óptimo do tempo de aprendizaxe e titorización do alumnado, cómpre evitar no posible as reiteracións de contidos similares e complementarios que comparten ambas as materias.

O proceso de ensino-aprendizaxe da Lingua Estranxeira debe desenvolverse desde un enfoque orientado á acción e á comunicación, tal e como propón o Marco común europeo de referencia, a través de deseños fundamentados na análise de necesidades, orientados a tarefas da vida real, prestando especial atención á comunicación oral, e construídos arredor de nocións e funcións seleccionadas deliberadamente. Trátase de realizar proxectos significativos para o alumnado, fundamentados en necesidades comunicativas da vida real, coa guía dos criterios de avaliación que indican o grao de consecución dos obxectivos establecidos no propio currículo.

Débense procurar estratexias para o fomento do hábito lector. É necesario que os alumnos e alumnas comprendan que a lectura é unha fonte de pracer e para conseguilo, ademais do achegamento a fragmentos de obras clásicas que se abordan nos contidos de educación literaria, é imprescindible seleccionar textos ou fragmentos de obras que se aproximen ás súas motivacións persoais e ás súas experiencias. As lecturas de textos literarios, guiadas polo docente permitirán ir profundando nas destrezas interpretativas, tanto no plano formal como de contido, para establecer as bases dunha futura lectura autónoma. Recoméndase fomentar os textos de banda deseñada, que permiten, ademais, o traballo conxunto arredor da comunicación verbal e non verbal.

2. Ámbito Social.

2.1. Introdución.

A rápida evolución das sociedades actuais e as súas múltiples interconexións exixen o desenvolvemento das competencias necesarias que axudan aos individuos a practicar unha cidadanía independente, activa e comprometida coa realidade contemporánea. O eixe do currículo do ámbito Social aborda de maneira directa as dimensións comunicativas, interculturais, cidadás e cívicas necesarias para desenvolver esa cidadanía. Tamén vai contribuír ao entendemento e ao coñecemento do espazo onde se desenvolven as sociedades e á comprensión da organización e funcionamento destas ao longo do tempo. Así mesmo, este ámbito vai favorecer que o alumnado saiba enfrontarse ás diferentes situacións que se lle presenten no mundo social e laboral seguindo os valores de tolerancia e respecto propios para unha vida en comunidade. A educación en valores cívicos e éticos constitúe polo dito un requisito necesario para o exercicio dunha cidadanía responsable, libre, reflexiva, crítica e con autonomía moral e criterio para aplicar unhas normas e valores que rexen unha convivencia nunha sociedade libre, plural, xusta e pacífica.

Este ámbito procura, ademais, que o alumnado desenvolva mellor as súas habilidades para acceder e seleccionar a información, pois comprende aspectos relacionados coas destrezas básicas para a súa busca e selección como medio para adquirir novos coñecementos, favorecendo así a consecución das ferramentas necesarias para afrontar a manipulación e a desinformación e, ao mesmo tempo, abordar a información e a comunicación cunha perspectiva crítica e adecuada ás súas propias necesidades. Neste sentido, as ferramentas dixitais teñen un potencial indispensable para a aprendizaxe, o ensino e a avaliación do ámbito; por iso, o desenvolvemento do pensamento crítico, a alfabetización informacional e o uso adecuado, seguro, ético e responsable das tecnoloxías da información e da comunicación supoñen un elemento de aprendizaxe sumamente relevante.

Os obxectivos deste ámbito supoñen unha progresión con respecto aos adquiridos polo alumnado durante os anos de escolarización previa, que serán o punto de partida para esta nova etapa en que se deberán ter en conta tanto as súas características específicas como os seus repertorios e experiencias, co fin de garantir a súa inclusión social e, posteriormente, a súa inserción no mundo laboral, a poder ser, con maiores perspectivas e expectativas. Por outra banda, os obxectivos do ámbito, relacionados cos descritores das distintas competencias clave do perfil de saída e cos retos do século XXI, vai permitirlle asumir responsablemente os seus deberes e coñecer e exercer os seus dereitos a partir do autocoñecemento e da autonomía moral. Posibilítalle, ademais, levar a cabo unha convivencia comprometida eticamente cos valores democráticos e ecosociais da aprendizaxe, comprender a orixe e a evolución das sociedades, a construción europea, os valores democráticos e a cidadanía activa afianzando os seus valores éticos e cívicos e valorando a vida comunitaria interconectada, ecodependente e regulada; en definitiva, unha convivencia respectuosa e comprometida co ben común e cunhas formas de vida sustentables.

Os criterios de avaliación do ámbito Social guían o proceso de ensino-aprendizaxe e determinan o grao de consecución dos obxectivos e das competencias polo que se presentan vinculados a eles. Na súa formulación competencial enuncian o proceso ou capacidade que o alumnado debe adquirir xunto co contexto ou modo de aplicación. O establecemento dos criterios de avaliación vén determinado de maneira gradual e deberá garantir sempre a adecuación ás experiencias do alumnado, así como ás súas circunstancias e características específicas.

Pola súa banda, os contidos aglutinan os coñecementos (saber), as destrezas (saber facer) e as actitudes (saber ser) necesarios para o logro dos obxectivos deste ámbito e favorecen a avaliación das aprendizaxes a través dos criterios de avaliación. Comprende esta área o pensamento xeográfico entendido como un conxunto de habilidades para comprender o espazo e entender as razóns que configuran o territorio e o deber de actuar para a consecución dun equilibrio ambiental e sustentable; o pensamento histórico que permite comprender os acontecementos, as súas causas e consecuencias e relacionalos co presente permitindo que o alumnado poida tomar decisións futuras como cidadás e cidadáns autónomos e con espírito crítico. O pensamento ético e de valores contribuirá a adoptar actitudes e comportamentos coherentes como un ben persoal e social.

Polo tanto, abarca os saberes que é necesario mobilizar para o desenvolvemento do pensamento histórico, do coñecemento xeográfico e da contorna, da sociedade, da xustiza, da sustentabilidade e do benestar, da comprensión e da integración europea e dos valores democráticos co fin de permitir que o alumnado poida asumir responsabilidades, tomar decisións e exercer unha cidadanía activa, comprometida e responsable. Así mesmo, abórdanse contidos para traballar a educación en valores como o autocoñecemento, a autonomía moral e ética, a responsabilidade social e co ambiente, a valoración do patrimonio, a defensa da igualdade real entre homes e mulleres, así como a loita contra calquera tipo de discriminación e o sentido da xustiza e do civismo para unha vida en harmonía coa sociedade.

Por conseguinte, os criterios de avaliación e os contidos do ámbito distribúense en tres bloques. O bloque de «Retos do mundo actual xustiza, ética ambiental e sustentabilidade» contribúe a que en todos os cursos se preste especial atención aos desafíos e problemas do presente da contorna local e global, destinado a espertar no alumnado unha mirada crítica e responsable sobre a interacción co medio social e natural. Deste xeito perséguese unha comprensión básica daquelas relacións de interdependencia, interconexión e ecodependencia que determinan a interacción entre as nosas formas de vida e o medio social e natural. Esa tarefa comprensiva é o requisito para emprender o debate ético ao redor dos grandes problemas ecosociais que marcan a axenda mundial (a degradación do planeta, o cambio climático, a perda de biodiversidade, etc.), así como daqueles obxectivos, alternativas e hábitos de coexistencia sustentable que poidan asegurar a perduración dunha vida humana digna e xusta en harmonía coa contorna material, social e persoal.

O bloque «Sociedades, territorios e democracia» está orientado ao coñecemento do medio xeográfico e da evolución histórica da civilización, chegando a comprender que o pasado marca o presente e tamén se proxecta no futuro. Tamén invita o alumnado a unha investigación sobre aquilo que constitúe natureza como persoa e a afrontar cuestións éticas de relevancia como as referidas á autonomía e heteronomía moral, a vontade e a construción do xuízo moral. Incide en que o alumnado comprenda a raíz social e cultural da súa propia identidade, recoñecendo así o poder condicionante das estruturas sociais a que pertence.

O terceiro bloque, «Autonomía moral, compromiso cívico e global», subliña a importancia da responsabilidade cidadá e dos retos do futuro. Para iso terá que comprender certas nocións políticas fundamentais, identificar e valorar os principios, procedementos e institucións que constitúen o noso marco democrático de convivencia e abordar os problemas éticos máis urxentes como os dereitos humanos, a desigualdade, a xustiza global, o compromiso ético coa sustentabilidade e coidado do planeta, a igualdade de xénero, respecto polas minorías, fenómeno migratorio, crise climática, bioética, fomento da paz, etc.

2.2. Obxectivos.

Obxectivos do ámbito

OBX1. Identificar e comprender o proceso histórico da humanidade identificando as causas e consecuencias dos cambios producidos, relacionándoos cos problemas ecosociais e valores presentes para realizar propostas que contribúan a respectar os sentimentos de pertenza, o benestar futuro e o patrimonio histórico, así como o compromiso co logro de formas de vida sustentables mostrando unha adecuada estima de si mesmo e da contorna.

• Neste obxectivo abórdanse as distintas etapas históricas de forma que o alumnado poida comprender as permanencias e os cambios, a través da contextualización dos fenómenos que se foron producindo e as respostas que se deron en cada momento da historia ata o presente. Permitirá que o alumnado poida asumir os seus dereitos e responsabilidades, contribuír ao benestar futuro e ao desenvolvemento sustentable con base na solidariedade, na interculturalidade, no respecto polas minorías e na efectiva igualdade e corresponsabilidade entre homes e mulleres.

• Para a adquisición deste obxectivo será necesaria a aplicación das estratexias e métodos propios das ciencias sociais que permitan dar resposta ás principais cuestións xeográficas e históricas que deron lugar á realidade en que vivimos. Entender a natureza interconectada e inter e ecodependente das accións humanas, así como a orixe e a evolución das relacións sociais, económicas, culturais e políticas, identificando as causas e as consecuencias dos cambios que se foron producindo ao longo do tempo e do espazo, constitúe a base para comprender o mundo actual como paso previo ao compromiso ético coa sustentabilidade e o coidado do planeta. Este obxectivo atende os procesos de identificación colectiva, co fin de alcanzar a comprensión dos distintos elementos que contribuíron á súa construción e evolución, tales como o territorio, a historia, a arte, a lingua e a cultura, a memoria democrática, o voluntariado o asociacionismo, así como a importancia social dos impostos e da contribución do Estado ao fomento da paz e á cooperación internacional.

• Persegue, así mesmo, a comprensión dos mecanismos sociais e emocionais que levan a xerar diferentes sentimentos de pertenza ao longo da historia, respectalos nas súas manifestacións e valorar a importancia que teñen as súas múltiples expresións culturais e artísticas, como parte que son do rico acervo común. Así, recoñecer o significado histórico e simbólico do patrimonio material e inmaterial, e impulsar accións tendentes á súa conservación, promoción e posta en valor como recurso colectivo para o desenvolvemento dos nosos pobos resultan procesos fundamentais para que se tome conciencia da súa importancia. Ademais, o obxectivo é que o alumnado poida aprender a recoñecer, avaliar e xestionar as súas propias emocións, así como comprender e respectar os demais.

OBX2. Comprender as orixes e a evolución dos procesos de integración europea e a súa relevancia no presente e no futuro da sociedade española, destacando a contribución do Estado e as súas institucións para promover unha convivencia en paz, valorar os dereitos humanos, a cooperación internacional, a cohesión social e a solidariedade territorial.

• A globalización fai difícil concibir a vida dunha sociedade allea ao contacto e á interacción con outros pobos. Para poder entender a historia dun país é necesario situalo no escenario dos grandes fluxos de difusión cultural e técnica e no contexto das relacións políticas e da economía internacional. A integración de España no espazo europeo supón un elemento imprescindible para entender a política, a sociedade e a cultura do noso país, facilitando a mobilidade segura, saudable e sustentable dos cidadáns entre os Estados membros.

• O alumnado debe ser capaz de valorar o papel que desempeñou España nas redes de intercambio europeas e que implicacións ten no presente e no futuro da sociedade española o feito de formar parte da Unión. As actividades encamiñadas á adquisición deste obxectivo deberían promover o interese do alumnado pola realidade internacional e os problemas e retos que formula o mundo en que vivimos e, en concreto, no ámbito europeo, para poder entender e asumir o compromiso colectivo de formar parte dunha sociedade globalizada que exixe un compromiso ético coa sustentabilidade e o coidado do planeta.

• Os sentimentos de identidade deben valorarse desde as súas diferentes escalas e en relación coas súas consecuencias, tomando conciencia dos conflitos que nalgúns casos contribuíron a ocasionar e da necesidade de recoñecer o sufrimento das vítimas da violencia e do terrorismo. A seguridade integral, garantida por institucións e entidades, constitúe a base da convivencia na nosa sociedade e do exercicio da cidadanía. No mundo global de hoxe, a seguridade debe concibirse dun modo xeral, así como tamén no contexto das relacións e interaccións con outros pobos. De especial relevancia resulta integrar principios de cohesión e solidariedade territorial, así como concibir a nosa presenza no mundo desde un compromiso fraternal e universal que transcenda as fronteiras, asumindo os valores do europeísmo e os principios que emanan da Declaración universal dos dereitos humanos. É importante que o alumnado entenda a multiculturalidade como o froito de procesos históricos de contacto e interrelación entre distintos pobos e culturas e, máis recentemente, do acelerado proceso de globalización. De aí que resulten necesarios o coñecemento e a valoración dos distintos movementos que foron xurdindo para a defensa dos dereitos e liberdades de colectivos especialmente discriminados e, de maneira referencial, do feminismo.

OBX3. Valorar os principios básicos do sistema democrático e os principios constitucionais que rexen a vida en comunidade, analizando de forma crítica as formulacións históricas e xeográficas, as institucións e as diferentes organizacións políticas e económicas para adecuar o comportamento propio ao cumprimento dos devanditos principios.

• Mediante este obxectivo preténdese acadar o coñecemento e a comprensión dos principios, valores e fundamentos que conforman o noso modelo de convivencia e que están recollidos na Constitución española e plasmados no Estatuto de autonomía de Galicia, garantindo o exercicio das nosas liberdades e dereitos, e promovendo a responsabilidade civil, a iniciativa cidadá, a cohesión social, o cumprimento efectivo dos dereitos e liberdades e a asunción dos deberes cívicos.

• A Constitución é a norma suprema que recolle os principios e fundamentos que conforman o modelo de convivencia no territorio español. Promove a responsabilidade civil, a iniciativa cidadá, o compromiso social e o traballo en favor de movementos e accións que contribúan á cohesión social e ao cumprimento efectivo dos dereitos e liberdades tanto en España como no resto do mundo. É produto tanto do período de transición á democracia como dos distintos movementos, accións e acontecementos que, ao longo da historia, afianzaron as ideas e valores que conforman o noso actual sistema democrático. Supón, polo tanto, o recoñecemento da memoria democrática e a análise dos distintos momentos históricos que a conforman, en especial, a perda das liberdades e dereitos tras o golpe de Estado de 1936.

• A Constitución, ademais, establece os principios básicos do sistema democrático español e garante a soberanía nacional que necesita do exercicio dunha cidadanía activa e crítica, pois implica que todos os cidadáns son titulares do poder público de que derivan os poderes lexislativo, executivo e xudicial. Por iso, é necesario que o alumnado sexa consciente dos seus dereitos e dos seus deberes en canto cidadáns, e poida adecuar o seu comportamento ao cumprimento dos principios democráticos e constitucionais. A adquisición deste obxectivo garante que o alumnado sexa capaz de actuar exercendo unha cidadanía responsable e participando plenamente da vida social, política e cívica.

OBX4. Seleccionar e contrastar información sobre temas relevantes do presente e do pasado procedente de diferentes fontes, de maneira progresivamente autónoma e crítica para avaliar a súa fiabilidade evitando os riscos de manipulación e desinformación e elaborar e expresar os contidos en varios formatos.

• O acceso á información non garante por si mesmo o coñecemento, entendido como principio estruturador da sociedade moderna e ferramenta esencial para facer fronte aos retos do século XXI. Por iso, é imprescindible que o alumnado adquira habilidades e destrezas para transformar a información en coñecemento, identificándoa, xestionándoa, avaliándoa e comunicándoa. É necesario adoptar un punto de vista crítico e persoal e evidenciar unha actitude ética e responsable coa propiedade intelectual e coa identidade dixital.

• Débese procurar que o alumnado, individualmente ou de forma cooperativa, consulte fontes de información variadas en contextos sociais ou académicos para a realización de esquemas, traballos, ou proxectos de investigación que deben tender á abordaxe progresivamente autónoma da súa planificación e do respecto ás convencións establecidas na presentación das producións propias con que se divulga o coñecemento adquirido: organización en epígrafes; procedementos de cita, notas, bibliografía e webgrafía; combinación axustada de diferentes códigos comunicativos nas mensaxes multimodais… É imprescindible tamén o desenvolvemento da creatividade e a adecuación ao contexto na difusión da súa nova aprendizaxe. A biblioteca escolar, entendida como un espazo creativo de aprendizaxe, será un contorno ideal para acadar este obxectivo.

OBX5. Inquirir e investigar canto se refire á identidade humana e a cuestións éticas relativas ao propio proxecto vital, xerando unha actitude reflexiva respecto diso para promover o autocoñecemento e a elaboración de formulacións e xuízos morais de maneira autónoma e razoada.

• O propósito fundamental desta tarefa é que o alumnado tome consciencia das calidades e dimensións que caracterizan o ser humano como ser dotado de racionalidade, volición e afectos de acordo coa súa natureza e coas circunstancias sociais, históricas e culturais que a posibilitan e condicionan. O obxectivo último é que o alumnado aprenda a construír libre e criticamente desde o coñecemento e autocoñecemento e o uso adecuado dos conceptos e procedementos fundamentais do saber ético, aqueles xuízos de valor de que depende o seu proxecto vital e o logro dos seus propósitos persoais e profesionais desexables e dignos.

OBX6. Tomar conciencia do papel dos ciclos demográficos, do ciclo vital, dos estilos de vida e das relacións interxeracionais e de dependencia na sociedade actual e a súa evolución no tempo, interactuando de acordo con normas e valores cívicos e éticos para promover unha convivencia pacífica, respectuosa, democrática e comprometida co ben común.

• Vivir en sociedade, interactuar coa contorna e comprender as relacións que establecemos e as normas de funcionamento que as rexen resultan esenciais para que o alumnado poida asumir os seus dereitos e responsabilidades e poida contribuír ao benestar futuro e ao desenvolvemento sustentable.

• A adopción de normas e valores cívicos e éticos supón, en primeiro lugar, o recoñecemento da nosa natureza histórica e social, así como unha reflexión arredor da natureza do ético e do político mesmo. En segundo lugar, cómpre atender a condición das alumnas e alumnos como cidadás e cidadáns dun Estado democrático social e de dereito, integrado no proxecto comunitario europeo e comprometido con principios e valores constitucionais, así como co referente moral que son os dereitos humanos. Este coñecemento crítico do seu contexto social e político promoverá no alumnado unha adecuada consciencia da relevancia do seu papel para afrontar os problemas éticos máis urxentes do presente mediante o uso das ferramentas conceptuais e procedementais adecuadas.

• É necesario subliñar aquí a importancia de fundamentar e suscitar o respecto debido a aqueles principios e valores que constitúen o noso marco cívico e ético de referencia, tales como a solidariedade, a interculturalidade, o respecto polas minorías e a efectiva igualdade e corresponsabilidade entre homes e mulleres, ademais de promover entre o alumnado o coidado do patrimonio cultural e natural, o coñecemento dos fundamentos e acontecementos que conforman a nosa memoria democrática, o voluntariado e o asociacionismo, así como a ponderación do valor e importancia social dos impostos e da contribución do Estado, as súas institucións e outros organismos internacionais e sociais, o fomento da paz, a seguridade integral, a atención ás vítimas da violencia, a defensa para a paz e a cooperación internacional.

OBX7. Identificar e analizar os elementos das diferentes paisaxes e a súa articulación en sistemas complexos naturais, rurais e urbanos e a súa evolución no tempo, entendendo que a natureza está interconectada coas actividades humanas e identificando os problemas ecosociais de relevancia para promover hábitos e actitudes eticamente comprometidos co logro de formas de vida sustentables.

• O coñecemento das relacións sistémicas de interdependencia, ecodependencia e interconexión que as nosas formas de vida gardan entre si e con respecto á contorna representa un paso previo ao compromiso ético coa sustentabilidade e o coidado do planeta. Este coñecemento pode darse, primeiro, a través da análise crítica de diversas concepcións que os seres humanos sostiveron e sosteñen sobre a súa relación coa natureza, así como das consecuencias que cada unha destas concepcións tivo e ten con respecto a unha existencia sustentable. En segundo lugar, este coñecemento rematará de construírse ao fío da análise e do diálogo ao redor das diversas formulacións éticas e ecolóxicas desde as cales, máis aló de consideracións puramente instrumentais e antropocéntricas, cabe afrontar hoxe os graves retos e problemas ecosociais. Por outro lado, mostrar unha actitude comprometida co respecto e o coidado da contorna implica o desenvolvemento entre o alumnado de hábitos e accións cotiáns que contribúan ao logro dos obxectivos de desenvolvemento sustentable definidos pola ONU. Entre estas accións están as referidas ao tratamento preventivo dos residuos, a xestión sustentable dos recursos básicos, a mobilidade segura, saudable e sustentable, o compromiso ético e cívico coas leis ambientais, a promoción do consumo responsable, o coidado do patrimonio natural, o respecto pola diversidade etnocultural, o servizo á comunidade e a protección dos animais.

OBX8. Mostrar unha adecuada estima de si mesmo e da contorna, recoñecendo e valorando as emocións e os sentimentos propios e alleos para lograr unha actitude empática e coidadosa con respecto aos demais e á natureza.

• O recoñecemento e a expresión dunha serie adecuada de actitudes afectivas, tanto o autorrespecto como o respecto ás e aos demais e á natureza, constitúen a finalidade principal da educación emocional. A vivencia e expresión asertiva e compartida de emocións e sentimentos pode darse en múltiples contextos e situacións, entre eles, e de forma sobresaliente, nos da experiencia estética, pero tamén naqueloutros relativos á deliberación compartida sobre problemas morais e cotiáns, polo que as actividades para desenvolver esta competencia poden integrarse á perfección en case calquera tipo de proceso que fomente a creatividade, o diálogo, a reflexión e o xuízo autónomo. O obxectivo é que o alumnado aprenda a recoñecer, avaliar e xestionar as súas propias emocións, así como a comprender e respectar as dos demais, reflexionando sobre o seu significado, atendendo aos valores, crenzas e ideas que están na súa xénese e ponderando o seu papel en relación con algunhas das máis nobres accións e experiencias humanas.

2.3. Criterios de avaliación e contidos.

Módulo I.

Ámbito Social

Módulo I

Bloque 1. Retos do mundo actual, xustiza, ética ambiental e sustentabilidade

Criterios de avaliación

Obxectivos

• CA1.1. Elaborar, expresar utilizando adecuadamente termos e conceptos e presentar contidos propios en forma de esquemas, táboas informativas e outros tipos de formato relativos a procesos e acontecementos relevantes do presente e do pasado que reflictan a comprensión dos fenómenos abordados.

OBX4

• CA1.2. Promover estilos de vida eticamente comprometidos co logro dun desenvolvemento sustentable, contribuíndo por si mesmo e na súa contorna ao tratamento preventivo dos residuos, a xestión sustentable dos recursos, a mobilidade segura, sustentable e saudable, o comercio xusto, o consumo responsable, o coidado do patrimonio natural e o respecto pola diversidade.

OBX7

• CA1.3. Interpretar a contorna través do concepto de paisaxe, identificando os seus principais elementos e as interrelacións existentes.

OBX7

Contidos

• Localización espacial: representación do espazo, orientación e escalas. Utilización de recursos dixitais e interpretación e elaboración de mapas, esquemas, imaxes e representacións gráficas. Tecnoloxías da información xeográfica (TIX) e lectura crítica da información.

• A Terra: características da Terra. Movementos. Liñas imaxinarias e representación da Terra.

• Estrutura da Terra. Formas de relevo e formación. Medio físico dos continentes, de España e Galicia.

• Biodiversidade: as augas e os climas da Terra.

• Clima e ríos de España e Galicia. Riqueza natural e valor patrimonial en España e Galicia.

• Emerxencia climática e riscos: elementos e factores que condicionan o clima e o impacto das actividades humanas.

Bloque 2. Sociedades, territorios e democracia

Criterios de avaliación

Obxectivos

• CA2.1. Contrastar, argumentar e elaborar esquemas sobre temas e acontecementos da Prehistoria e da Idade Antiga, localizando fontes primarias e secundarias como probas históricas e representando adecuadamente a información histórica a través de diversas formas (gráfica, cartográfica…).

OBX4

Criterios de avaliación

Obxectivos

• CA2.2. Identificar e interpretar a conexión de España e Galicia cos grandes procesos históricos da época antiga, sinalando as achegas dos seus habitantes ao longo da historia.

OBX1

• CA2.3. Situar o nacemento e desenvolvemento de distintas civilizacións prehistóricas e antigas e situalas no espazo e no tempo, sinalando os principais modelos de organización social, política, económica e relixiosa que se foron xestando, vendo como se foron integrando e explicando a realidade multicultural xerada ao longo do tempo.

OBX2

• CA2.4. Valorar, protexer e conservar o patrimonio artístico, histórico e cultural como fundamento da identidade colectiva local, autonómica, nacional, europea e universal, considerándoo un ben para o desfrute recreativo e cultural e un recurso para o desenvolvemento dos pobos.

OBX8

• CA2.5. Identificar os principais problemas, retos e desafíos a que se enfrontou a humanidade ao longo da historia, os cambios producidos e as súas causas e consecuencias.

OBX6

Contidos

• As fontes históricas e arqueolóxicas. Os períodos da historia.

• Proceso de hominización. A Prehistoria. Características principais das etapas prehistóricas: forma de vida e organización social.

• Arte prehistórica e o fenómeno do megalitismo.

• Aspectos fundamentais da Prehistoria na Península Ibérica e Galicia.

• A natureza humana. Autocoñecemento e autoestima, liberdade e moralidade como características especificamente humanas. A responsabilidade das accións.

• A ética e as éticas como guías das nosas accións.

• As primeiras civilizacións urbanas: Mesopotamia e Exipto. Principais características. As cidades. Economía, sociedade e a vida cotiá. Aparición do Estado e das primeiras leis escritas. Relixión e arte.

• O mundo clásico. Aspectos máis significativos da cultura grega e romana. Cidades, economía, sociedade e a vida cotiá. Organización política. Relixión e arte.

• A Hispania romana e romanización de Galicia.

• O legado do mundo clásico. Os monumentos romanos en España e Galicia.

Bloque 3. Autonomía moral, compromiso cívico e global

Criterios de avaliación

Obxectivos

• CA3.1. Desenvolver e demostrar autocoñecemento e autonomía moral mediante a práctica da deliberación racional o uso de conceptos éticos e o diálogo respectuoso e asertivo cos demais.

OBX8

• CA3.2. Elaborar xuízos argumentados, respectando as opinións dos demais e transmitir as ideas, emocións, afectos e desexos con comprensión e empatía cara ás demais persoas, demostrando autoestima e compartindo un concepto adecuado do que deben ser as relacións con outras persoas, incluíndo o ámbito afectivo-sexual.

OBX5

• CA3.3. Argumentar e intervir sobre a igualdade real de homes e mulleres, actuando en contra de calquera actitude e comportamento discriminatorio por razóns de xénero.

OBX3

Contidos

• Alteridade: respecto e aceptación «do outro». Comportamentos non discriminatorios e contrarios a calquera actitude diferenciadora e segregadora. Interculturalismo. Os dereitos LGTBI+.

• A educación afectivo-social.

• Igualdade de xénero. Manifestacións e condutas non sexistas.

• Conciencia ambiental. Respecto, sustentabilidade, protección e coidado dos seres vivos e do planeta. A bioética.

• Consumo responsable para unha vida sustentable no planeta. Os límites do planeta e o esgotamento dos recursos.

• Obxectivos do desenvolvemento sustentable: Axenda 2030 para un planeta sustentable.

• Empatía e responsabilidade co contorno: interdependencia, interconexión, ecodependencia e soberanía alimentaria.

• A protección do ambiente e xustiza ecolóxica: dereitos humanos de terceira xeración.

• Valores éticos e democráticos como fundamento para unha conduta empática e respectuosa cara aos animais.

Módulo II.

Ámbito Social

Módulo II

Bloque 1. Retos do mundo actual, xustiza, ética ambiental e sustentabilidade

Criterios de avaliación

Obxectivos

• CA1.1. Argumentar de forma crítica sobre problemas de actualidade a través de coñecementos xeográficos e históricos, contrastando e valorando fontes diversas.

OBX 4

• CA1.2. Argumentar a necesidade de accións de defensa, protección, conservación e mellora da contorna natural, rural e urbana valorando o grao de sustentabilidade e analizando a súa transformación e degradación a través do tempo pola acción humana.

OBX7

• CA1.3. Coñecer e interpretar os comportamentos demográficos da poboación, os cambios que experimentou e os seus ciclos, identificando e analizando os principais problemas e retos a que nos enfrontamos no mundo e en España e Galicia.

OBX6

Contidos

• Distribución da poboación: densidade e factores de localización da poboación.

• Movementos naturais e migratorios da poboación.

• Os modelos demográficos. Estrutura da poboación.

• Poboación de España e Galicia. Distribución, evolución, migración e retos.

• A sociedade e a cidadanía plural. A procura da xustiza social.

• O interculturalismo e as migracións.

• Poboamento urbano e rural. Características.

• Crecemento urbano actual, o despoboamento e o sostemento do mundo rural.

• Funcións e morfoloxía urbana. As cidades no mundo, España e Galicia.

• O desenvolvemento urbano sustentable: a cidade, o espazo de convivencia. Modos e estilos de vida no contexto da globalización.

Bloque 2. Sociedades, territorios e democracia

Criterios de avaliación

Obxectivos

• CA2.1. Utilizar unha secuencia cronolóxica co obxecto de examinar a relación entre feitos e procesos na Idade Media e na Idade Moderna (simultaneidade e duración), utilizando termos e conceptos apropiados e analizando fontes primarias e secundarias.

OBX4

• CA2.2. Contrastar e argumentar sobre temas e acontecementos da Idade Media e da Idade Moderna recoñecendo as desigualdades sociais existentes e os mecanismos de dominación e control que se aplicaron, identificando aqueles grupos que se viron sometidos e silenciados, destacando a presenza de mulleres e de personaxes pertencentes a outros colectivos discriminados.

OBX5

• CA2.3. Coñecer e relacionar as culturas e civilizacións que se desenvolveron ao longo da historia medieval e moderna e no contexto español e galego, reflexionando sobre as achegas de cada unha delas á cultura humana universal e promovendo a solidariedade e a cohesión social.

OBX1

• CA2.4. Valorar, protexer e conservar o patrimonio artístico, histórico e cultural como fundamento da identidade colectiva local, autonómica, nacional, europea e universal, considerándoo un ben para o desfrute recreativo e cultural e un recurso para o desenvolvemento dos pobos.

OBX8

Contidos

• Tempo histórico: construción e interpretación de liñas do tempo a través da linealidade, cronoloxía, simultaneidade e duración.

• Caída do Imperio Romano. Os pobos xermánicos.

• Reino Suevo de Galicia. Os visigodos en Hispania.

• O Imperio Carolinxio. Trazos da organización política, social e económica cara a unha Europa Feudal.

• O Imperio Bizantino como mantedor da cultura grecorromana. Elementos fundamentais da organización política, social e económica.

• A Idade Media e o feudalismo: inicio e etapas. A organización política, a sociedade estamental e a economía feudal.

• Cambios económicos e sociais na baixa Idade Media: as cidades. As crises económicas. As revoltas irmandiñas en Galicia.

• O Islam: aparición, expansión, cultura e arte.

• O Islam na Península Ibérica: Al-Andalus. Síntese do desenvolvemento dos reinos peninsulares. Relacións culturais.

• O papel da relixión da Idade Media á Idade Moderna. O monacato.

• A Idade Moderna. Trazos básicos da organización social, económica e política.

• Viaxes, descubrimentos e sistemas de intercambio na formación dunha economía mundial. Viaxes de Portugal e do Reino de Castela na procura de Oriente.

• Características representativas das culturas precolombinas e conquista e organización do Imperio Americano.

• España e Galicia na Idade Moderna: o nacemento da monarquía moderna cos Reis Católicos.

• Os fundamentos da monarquía absoluta como poder centralizado.

• Características fundamentais da arte románica e gótica.

• Principios esenciais da arte renacentista e barroca.

• O pensamento durante a Idade Media e a Idade Moderna: do pensamento teocéntrico ao Humanismo.

• Ciencia, medicina e avances tecnolóxicos no século XVII. A loita contra epidemias e pandemias como a peste negra. Bioética.

Bloque 3. Autonomía moral, compromiso cívico e global

Criterios de avaliación

Obxectivos

• CA3.1. Identificar e valorar a diversidade social e cultural, argumentando e intervindo en favor da inclusión, así como rexeitando e actuando en contra de calquera actitude ou comportamento discriminatorio baseado en estereotipos.

OBX8

• CA3.2. Contribuír á consecución dun mundo máis seguro, xusto, solidario e sustentable, a través da análise dos principais conflitos do presente e o recoñecemento das institucións do Estado, e das asociacións civís que garanten a seguridade integral e a convivencia social.

OBX3

• CA3.3. Contribuír activamente ao benestar social e á consecución dun mundo máis xusto a través da análise e recoñecemento da historia democrática e das funcións do estado de dereito no seu empeño por lograr a paz poñendo en valor os dereitos humanos no respecto pola diversidade etnocultural, os bens públicos e a percepción do valor social dos impostos promovendo a solidariedade e a cooperación.

OBX2

Contidos

• Dignidade humana e dereitos universais. Convención sobre os dereitos do neno.

• Igualdade de xénero. Manifestacións e condutas non sexistas.

• As redes sociais. Seguridade e prevención ante os riscos e perigos do uso das tecnoloxías da información e da comunicación. Protección de datos, violencia na rede e condutas aditivas.

• Solidariedade, empatía e accións de apoio a colectivos en situacións de pobreza, vulnerabilidade e exclusión social.

• Ciclos vitais, uso do tempo libre e hábitos de consumo. Diferenzas e cambios nas formas de vida nas sociedades actuais e nas do pasado.

• A convivencia social.

– As virtudes do diálogo e as normas de argumentación.

– A resolución pacífica de conflitos.

– A empatía cos demais

• A sociedade e a cidadanía plural.

• O problema da desinformación.

• A inclusión social e o respecto pola diversidade e as identidades étnico-culturais e de xénero.

– As diversas ondas e correntes do feminismo.

– A prevención da explotación e a violencia contra nenas e mulleres.

– A corresponsabilidade nas tarefas domésticas e de coidados.

– A inclusión social e o respecto pola diversidade e as identidades étnico-culturais e de xénero.

– Os dereitos LGTBIQ+.

• A ética na sociedade actual.

– O problema da desinformación.

– A protección de datos e o dereito á intimidade.

– O ciberacoso e outras formas de violencia nas redes sociais.

– As condutas aditivas.

Módulo III.

Ámbito Social

Módulo III

Bloque 1. Retos do mundo actual, xustiza, ética ambiental e sustentabilidade

Criterios de avaliación

Obxectivos

• CA1.1. Elaborar contidos propios en distintos formatos, mediante aplicacións e estratexias de recollida e representación de datos usando fontes fiables do presente e da historia contemporánea, xerar produtos orixinais e creativos, incidindo o uso de mapas e outras representacións gráficas, como a interpretación de imaxes, e utilizar secuencias cronolóxicas en que identificar, comparar e relacionar feitos e procesos en diferentes períodos e lugares históricos.

OBX4

• CA1.2. Identificar os elementos da contorna física e humana e comprender o seu funcionamento valorando o grao de conservación e de equilibrio dinámico.

OBX7

• CA1.3. Idear e adoptar, cando sexa posible, comportamentos e accións que contribúan á conservación e mellora da contorna natural, rural e urbana defendendo o acceso universal, xusto e equitativo aos recursos que nos ofrece o planeta.

OBX8

• CA1.4. Coñecer os obxectivos de desenvolvemento sustentable, realizando propostas que contribúan ao seu logro.

OBX7

Contidos

• Procura de información, elaboración de traballos ou proxectos en que se faga uso de mapas, gráficas, imaxes e exposición orais sobre diferentes temas que se abordan no curso.

• A actividade económica e os sectores produtivos: sector primario, secundario e terciario.

• Sectores produtivos na Unión Europea, España e Galicia. A Unión Europea como exemplo do funcionamento dos mercados.

• A globalización.

• Dereito internacional e cidadanía global.

Bloque 2. Sociedades, territorios e democracia

Criterios de avaliación

Obxectivos

• CA2.1. Promover e demostrar unha convivencia pacífica, respectuosa, democrática e comprometida co ben común, a partir da investigación sobre a natureza social e política do ser humano e o uso e comprensión crítica dos conceptos de lei, poder, soberanía, xustiza, Estado, democracia, dignidade e dereitos humanos.

OBX2

• CA2.2. Identificar os principais feitos históricos do século XVIII e inicios do XIX nos diferentes contextos.

OBX1

• CA2.3. Valorar os cambios que se propiciaron nos aspectos ideolóxicos, sociais, políticos e económicos e que teñen unha incidencia no presente.

OBX3

• CA2.4. Valorar, protexer e conservar o patrimonio artístico, histórico e cultural como fundamento da nosa identidade.

OBX1

Contidos

• O mundo laboral. O emprego na sociedade actual.

• Os dereitos económicos, sociais e culturais: o dereito ao traballo, á saúde, á educación e á xustiza.

• Organización política e económica das sociedades. Ordenamento normativo autonómico, constitucional e supranacional. Cidadanía europea e cosmopolita. España e Galicia na UE.

• A política. Conceptos clave: lei, poder, soberanía, xustiza e dignidade.

• Formas de Estado e tipos de goberno.

• A democracia: principios, procedementos e institucións.

• O Estado español como estado social e democrático de dereito.

• Valores constitucionais.

• Os desafíos da democracia actual.

• A crise do Antigo Réxime. A Ilustración o Despotismo Ilustrado e as novas teorías económicas.

• As revolucións liberais. O liberalismo como ideoloxía. A independencia dos EUA e a Revolución Francesa.

• Período napoleónico. A Europa da Restauración co Congreso de Viena.

• España no imperio napoleónico. Guerra da Independencia.

• As Cortes de Cádiz e a Constitución de 1812, principios básicos. Aspectos fundamentais da España do século XIX.

• Os dereitos individuais e os deberes cidadáns.

• Comparativa das revolucións industriais e nacemento dunha nova sociedade. Movementos obreiros.

• A participación da muller nos procesos históricos do século XVIII.

• Goya. Interpretación dos cadros A carga dos mamelucos e Os Fusilamentos do 3 de maio. O patrimonio como ben e como recurso.

Bloque 3. Autonomía moral, compromiso cívico e global

Criterios de avaliación

Obxectivos

• CA3.1. Rexeitar actitudes discriminatorias e recoñecer a riqueza da diversidade que conformou a sociedade globalizada e multicultural actual, recoñecendo a achega dos movementos en defensa dos dereitos das minorías e en favor da inclusión e a igualdade real, especialmente das mulleres e doutros colectivos discriminados, xerando unha conciencia solidaria mediante o traballo en equipo, mediación e resolución pacífica de conflitos.

OBX6

• CA3.2. Coñecer, valorar e exercer responsabilidades, dereitos e deberes, actuando en favor do seu desenvolvemento e defendendo os valores constitucionais e democráticos.

OBX3

• CA3.3. Contribuír á consecución dun mundo máis seguro, xusto, solidario e sustentable a través da análise dos principais conflitos do presente e do recoñecemento das institucións do Estado e das asociacións civís que garanten a seguridade integral e a convivencia social, así como dos compromisos internacionais do noso país en favor da paz, a seguridade, a cooperación, a sustentabilidade, os valores democráticos e os obxectivos de desenvolvemento sustentable.

OBX2

• CA3.4. Contribuír a xerar un compromiso activo co ben común a través da análise e da toma razoada e dialogante de cuestións éticas de actualidade como a loita contra a desigualdade, a pobreza, os dereitos fundamentais, a igualdade de xénero e o coñecemento dos dereitos LGTBIQ+.

OBX5

Contidos

• Igualdade de xénero e formas de violencia contra as mulleres. Actitudes e comportamentos sexistas.

• A participación democrática: ser cidadáns.

• O conflito lexitimidade-legalidade.

• Obxección de conciencia.

• A responsabilidade das accións.

• A contribución do Estado e as súas institucións á paz, á seguridade integral, cidadá e á convivencia social.

Módulo IV.

Ámbito Social

Módulo IV

Bloque 1. Retos do mundo actual, xustiza, ética ambiental e sustentabilidade

Criterios de avaliación

Obxectivos

• CA1.1. Realizar pequenas investigacións a distintas escalas temporais e espaciais e transferir adecuadamente a información xerando produtos orixinais e creativos como narracións, pósteres, cartafoles, presentacións, medios audiovisuais e exposicións orais sobre temas de interese expresando xuízos e argumentos persoais e críticos de forma aberta e respectuosa.

OBX4

• CA1.2. Contribuír á consecución dun mundo máis seguro, xusto, solidario e sustentable, a través da análise dos principais conflitos do presente e o recoñecemento das institucións do Estado e das asociacións civís que garanten a seguridade integral e a convivencia social, así como dos compromisos internacionais do noso país en favor da paz, a seguridade, a cooperación, a sustentabilidade e os valores democráticos.

OBX2

• CA1.3. Desenvolver unha actitude de xestión equilibrada das emocións, de estima e coidado de si e das demais persoas, identificando, analizando e expresando de maneira asertiva as propias emocións e sentimentos, e recoñecendo e valorando os dos demais en distintos contextos e arredor de actividades creativas e de reflexión individual ou dialogada sobre cuestións éticas e cívicas.

OBX5

Contidos

• Xeopolítica e principais conflitos no presente, consecuencia da globalización.

• Alianzas e institucións internacionais, mediación e misións de paz.

• A ética dentro do conxunto de saberes filosóficos.

• O obxecto da ética.

• A aplicación da ética: a orientación para a resolución de problemas complexos sobre como actuar.

• Propostas científicas e ético-políticas arredor dos problemas ecosociais.

• Propostas transhumanistas.

• O desafío da intelixencia artificial.

Bloque 2. Sociedades, territorios e democracia

Criterios de avaliación

Obxectivos

• CA2.1. Establecer conexións e relacións entre os coñecementos e informacións adquiridos, elaborando sínteses interpretativas e explicativas, mediante informes, estudos ou cartafoles informativos, e utilizar secuencias cronolóxicas en que identificar, comparar e relacionar feitos e procesos en diferentes períodos e lugares históricos.

OBX4

• CA2.2. Identificar os principais feitos históricos a partir de finais do século XIX ata a actualidade e valorar os cambios que propiciaron e como foron conformando as bases do mundo contemporáneo e actual.

OBX1

• CA2.3. Coñecer, contribuír e conservar o patrimonio material e inmaterial común, adoptando compromisos con principios e accións orientados á cohesión e á solidariedade.

OBX1

• CA2.4. Promover e demostrar unha convivencia pacífica, respectuosa, democrática e comprometida co ben común a partir da comprensión crítica dos conceptos de lei, poder, soberanía, xustiza, Estado, democracia, memoria democrática, dignidade e dereitos humanos.

OBX3

• CA2.5. Describir as relacións históricas de interconexión, interdependencia e ecodependencia a partir da análise das causas e consecuencias dos máis graves problemas ecosociais que nos afectan.

OBX8

Contidos

• Tempo histórico: construción e interpretación de liñas do tempo a través da linealidade, da cronoloxía, da simultaneidade e da duración.

• As relacións internacionais e a época do imperialismo. Causas e consecuencias do colonialismo.

• Conflitos e violencias: a Primeira Guerra Mundial e a Revolución Rusa.

• O período de Entreguerras. O crack do 29 e os totalitarismos.

• Da Segunda República en España á Guerra Civil. A muller na República.

• Orixe e consecuencias da Segunda Guerra Mundial.

• Da Ditadura de Franco á transición política e á configuración do Estado democrático coa Constitución de 1978. A muller no franquismo e na democracia.

• O Estado español como estado social e democrático de dereito.

• Valores constitucionais.

• A memoria democrática.

• A guerra fría e a política de bloques e a descolonización.

• As expresións artísticas e culturais. Os movementos de vangarda máis destacados. Interpretación do Guernica de Pablo Picasso.

• A acción dos movementos feministas e sufraxistas. Mulleres relevantes da historia contemporánea.

• Proceso de construción europea. As institucións europeas e o Estado de benestar.

Bloque 3. Autonomía moral, compromiso cívico e global

Criterios de avaliación

Obxectivos

• CA3.1. Coñecer, valorar e exercer responsabilidades, dereitos e deberes e actuar en favor do seu desenvolvemento e afirmación a través do coñecemento do noso ordenamento xurídico e constitucional.

OBX3

• CA3.2. Identificar e valorar as principais institucións europeas, analizando os seus principios reitores, as súas normas de funcionamento e as súas funcións, xulgando o seu papel nos conflitos internacionais, recoñecendo a súa contribución á paz e á cooperación internacional e destacando o seu labor por un desenvolvemento sustentable analizando os elementos da paisaxe e os problemas ecosociais nunha cidadanía global.

OBX7

• CA3.3. Rexeitar actitudes discriminatorias e recoñecer a riqueza da diversidade que conformou a sociedade globalizada e multicultural actual, recoñecendo a achega dos movementos en defensa dos dereitos das minorías e en favor da inclusión e a igualdade real, especialmente das mulleres e doutros colectivos discriminados, e xerando unha conciencia solidaria mediante o traballo en equipo, mediación e resolución pacífica de conflitos.

OBX6

• CA3.4. Identificar, xestionar e comunicar con comprensión e empatía demostrando autonomía moral mediante a deliberación racional arredor do exercicio dos dereitos individuais, o uso responsable das redes, as condutas afectivas e o acoso, incluíndo o ámbito afectivo-sexual.

OBX5

Contidos

• Os valores do europeísmo.

• Dignidade humana e dereitos universais.

• A igualdade real de mulleres e homes e cohesión social.

• A convivencia pacífica e segura.

• A guerra, o terrorismo e outras formas de violencia política.

• A atención ás vítimas da violencia.

• Accións individuais e colectivas en favor da paz.

• A contribución do Estado e os organismos internacionais á paz, á seguridade integral e á cooperación.

• O dereito internacional e a cidadanía global.

• O papel das ONG e das ONGD na loita pola paz.

• Os códigos deontolóxicos.

• Economía sustentable e ecolóxica na globalización. A nova lóxica do crecemento: economía circular, economía azul e soberanía alimentaria.

2.4. Orientacións pedagóxicas.

A intervención educativa no ámbito Social desenvolverá o seu currículo e tratará de asentar de xeito gradual e progresivo as aprendizaxes que faciliten ao alumnado o logro dos obxectivos do ámbito e, en combinación co resto de ámbitos, unha adecuada adquisición das competencias clave e o logro dos obxectivos da etapa.

Neste sentido, no deseño das actividades, o profesorado terá que considerar a relación existente entre os obxectivos do ámbito e as competencias clave a través dos descritores operativos do perfil de saída e as liñas de actuación no proceso de ensino e aprendizaxe que se presentan nas epígrafes seguintes, e seleccionar aqueles criterios de avaliación do currículo que se axusten á finalidade buscada, así como empregalos para verificar as aprendizaxes do alumnado e o seu nivel de desempeño.

Relación entre os obxectivos do ámbito Social e as competencias clave a través dos descritores operativos do perfil de saída establecidos no anexo I do Decreto 156/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación secundaria obrigatoria na Comunidade Autónoma de Galicia.

Obxectivos

do ámbito

Competencias clave

CCL

CP

STEM

CD

CPSAA

CC

CE

CCEC

OBX1

1, 2, 3

5

1, 2, 3

1, 3

1, 4

1

1, 2, 3

OBX2

1, 2, 3

5

1, 2, 3

1, 3

1, 4

1

1, 2, 3

OBX3

1, 2, 5

3

1

1, 2, 3

1, 3

2, 3, 4

2

1, 3

OBX4

1, 2, 4, 5

1, 2, 3

1, 4

1, 2, 3, 4 ,5

1, 2, 3, 4

1, 3

1, 3

1, 2

OBX5

2-3

1

1, 2, 3, 4

1

1, 2, 3

1, 3

3

OBX6

5

3

3, 5

3

1, 2, 3

1, 2, 3, 4

1, 2, 3

1, 3

OBX7

5

3

2, 3, 5

1

2, 3

1, 2, 3, 4

1, 3

1, 3

OBX8

1

5

2

1, 2, 3, 5

1, 3, 4

2

3

Liñas de actuación no proceso de ensino e aprendizaxe
para o ensino de persoas adultas

Deseño da metodoloxía de aprendizaxe

A metodoloxía fomentará a autoaprendizaxe e terá en conta as particularidades propias da poboación adulta cuxo proceso de aprendizaxe precisa dun enfoque metodolóxico específico que parta das experiencias e vivencias das persoas adultas explotando o potencial formativo da bagaxe cultural de cada alumno ou alumna e das aprendizaxes informais e non formais adquiridas, terá en conta os seus ritmos de aprendizaxe e prestará especial atención ás necesidades específicas de apoio educativo.

A proposta dunha metodoloxía que oriente, promova e facilite o desenvolvemento competencial do alumnado facilita, ademais, o tratamento da atención á diversidade, ao respectar os distintos estilos de aprendizaxe a través do deseño de actividades que combinen o traballo individual e o cooperativo. As actividades deberán ter presente o compoñente social do proceso de aprendizaxe e contribuír á formación en destrezas comunicativas e cooperativas e ao reforzo da autoestima. É importante que os equipos docentes interpreten o currículo do ámbito conforme a realidade do seu contexto educativo e as características do alumnado, as súas experiencias e aprendizaxes previas e os seus intereses e necesidades. O fin último será facilitar a adquisición das aprendizaxes imprescindibles para o desenvolvemento das competencias específicas de cada ámbito e as competencias clave do perfil de saída do alumnado ao finalizar o ensino básico. Os procesos de aprendizaxe significativa acadaranse a través da realización de proxectos conectados coas necesidades, experiencias e vivencias das persoas adultas.

Perfil do alumnado e atención á diversidade

Unha atención adaptada ao perfil do alumnado adulto exixe o uso dunha ampla variedade de metodoloxías e modelos de ensino. Neste sentido, é apropiado o uso de metodoloxías como a aprendizaxe cooperativa, a aprendizaxe baseada en proxectos e problemas (ABP), o deseño universal de aprendizaxe (DUA) e o ensino multinivel (EM), que favorezan a atención á diversidade, a accesibilidade universal e a inclusión, e que conduzan á creación dun contorno persoal de aprendizaxe (PLE) propio. Correspóndelle ao equipo docente determinar a metodoloxía e modelo de ensino-aprendizaxe máis adecuado en función da realidade da súa aula. O fomento do uso de recursos educativos en aberto (REA) e as TIC proporcionan as ferramentas necesarias para acadar a accesibilidade e a inclusión.

Consonte o interese por facer accesible o coñecemento a todas as persoas, convén que as formas de acceso ás situacións de aprendizaxe sexan planificadas desde o inicio de forma variada a través de textos escritos, orais e multimodais; que as propostas de traballo, igualmente, ofrezan diversas posibilidades para a súa resolución (unha exposición oral, un proxecto científico, a intervención nun debate, etc.); e que se ofreza ás persoas adultas pouco cualificadas o acceso a un itinerario de mellora de capacidades, coñecementos e competencias adaptado ás súas necesidades individuais, que lles permita desenvolver plenamente o seu potencial nos ámbitos persoal, social, formativo e profesional. Trátase de ter presente a diversidade da aula durante todo o proceso da práctica educativa para atenuar no posible as barreiras existentes entre a aprendizaxe e o alumnado.

Alfabetización informacional

A tarefa de transformar a información en coñecemento constitúe un dos piares básicos para a formación permanente da cidadanía. A alfabetización informacional é, ademais, xeradora de transversalidade na aprendizaxe. Implica accións puramente lingüísticas, como a comprensión da información, a súa selección e tratamento en esquemas, resumos e outras ferramentas de organización do coñecemento ou a súa posterior comunicación en diversos formatos. Pero tamén implica un uso certeiro, creativo e seguro das tecnoloxías da información e da comunicación, o desenvolvemento de habilidades para iniciar, organizar e persistir nunha aprendizaxe paulatinamente autónoma, ou para elixir, planificar e xestionar coñecementos con criterio propio, co fin de transformar as ideas en actos.

Por último, e no que concirne á formación do alumnado para enfrontar axeitadamente os fenómenos e consecuencias da desinformación, resultan de enorme utilidade as rutinas establecidas ao redor da verificación de loiadas (contrastar a información en páxinas de medios de prestixio, recorrer ás plataformas de verificación de feitos ou aos perfís institucionais autorizados en redes sociais, etc.), así como un uso consciente do fenómeno do ciberanzol a partir da observación e a análise crítica, tanto desde o punto de vista lingüístico como sociolóxico deste tipo de prácticas.

Deseño do proceso de avaliación

A avaliación formativa centrada nas competencias permite identificar o grao de adquisición destas, modificar, de ser o caso, aqueles aspectos susceptibles de mellora (metodoloxía, recursos, tarefas...) e detectar as dificultades de aprendizaxe, coa consecuente posta en marcha de mecanismos para palialas, sempre coa finalidade de que o alumnado acade os obxectivos e desenvolva as competencias do perfil de saída.

As tarefas ou actividades de avaliación propostas permitirán a obtención de evidencias da aprendizaxe do noso alumnado de forma variada a través de respostas a preguntas pechadas, abertas ou construídas (elección múltiple, asociacións, mapas conceptuais, infografías...), a través de desempeños (presentación oral, actuación teatral, debate...), produtos (ensaio, traballo de investigación, entrada dun blogue, poema, portfolio, diario de aprendizaxe, vídeo, audio...) ou procesos (toma de decisións, proceso de descrición, análise, creación, revisión, participación en grupo...). Utilizaranse instrumentos e procedementos de avaliación diversos, accesibles, flexibles, axustados aos criterios de avaliación e adaptados ás distintas situacións de aprendizaxe e ás necesidades tan heteroxéneas do alumnado adulto. Polo tanto, estes non deben cinguirse unicamente ás probas obxectivas ou cuestionarios, senón que tamén deben incluír listas de cotexo, escalas de valoración, rúbricas ou rexistros observacionais, entre outros.

As propostas pedagóxicas deberán combinar os diferentes tipos de avaliación: a heteroavaliación, a autoavaliación que permite ao alumnado tomar conciencia, progresiva e responsablemente, do seu proceso de aprendizaxe; e a coavaliación, que supón a avaliación do alumnado aos seus iguais e que debe desenvolverse nun ambiente de respecto e empatía. O proceso de aprendizaxe tenderá a ser cada vez máis autónomo consonte o alumnado se afaga a eses recursos de autorregulación. De igual modo, as actividades de coavaliación, subscritas a criterios definidos, reforzan as habilidades de análise, facilitan o intercambio de estratexias de aprendizaxe e permiten valorar o traballo dos iguais. A incorporación de ferramentas dixitais no proceso de avaliación abre todo un abano de posibilidades, tanto para a autoavaliación (revisión dos traballos propios, actividades de autocorrección, etc.) como para a coavaliación (mediante paneis, repositorios, foros, etc.) que o profesorado pode utilizar como unha fonte de información máis sobre os progresos, tanto individuais como grupais, do seu alumnado.

Concrecións para o Ámbito Social

O ámbito Social está orientado á análise e comprensión da contorna e á realidade do alumnado promovendo non só o exercicio do pensamento histórico e xeográfico, senón tamén unha cidadanía activa. É fundamental que as actuacións e estratexias metodolóxicas estimulen a iniciativa persoal, a participación e a implicación, a todos os niveis, do alumnado adulto. A este respecto, pódense aproveitar as relacións e dinámicas propias do grupo, tanto para facilitar a adquisición das competencias do ámbito como para promover o exercicio dunha cidadanía activa ao redor de pautas de interacción respectuosas e democráticas, fomentando a cooperación, o diálogo racional e a resolución pacífica dos conflitos. Así, recoméndase deseñar e implementar propostas e metodoloxías didácticas que, na medida do posible, incorporen o traballo en equipo, as dinámicas de grupo e a colaboración en proxectos cívicos e cooperativos.

Os contidos de valores van estar presentes en todo o proceso de ensino-aprendizaxe e, dado o seu compoñente social, van aproveitarse todas as oportunidades para formar o individuo en aptitudes de cooperación e de comunicación con persoas da súa contorna que favorezan a adquisición de condutas asertivas e colaborativas. Así mesmo, faranse propostas didácticas que contribúan a que o alumnado desenvolva unha imaxe axustada de si mesmo e da contorna e fomente a reflexión, a crítica, a observación, a expresión, a asertividade e a autorregulación e que conduzan a procesos de pensamento complexos e á análise de feitos e situacións detectando as causas, as implicacións e as consecuencias.

Este ámbito facilita o deseño de estratexias e situacións de aprendizaxe que resulten significativas e motivadoras para o alumnado adulto e que remitan ás súas experiencias persoais, sociais, formativas e laborais. Para iso, a selección e deseño de actividades deben ter en conta o contexto social, cultural e, na medida do posible, individual para que as aprendizaxes sexan eficaces e competenciais. Por tal motivo, é importante que a docencia vaia enfocada a un ensino práctico, claro, motivador, gradual e progresivo centrado nos temas de interese do alumnado. Para unha participación activa do alumnado no seu propio proceso formativo, así como a adquisición dunha progresiva autonomía persoal é preciso planificar situacións de aprendizaxe contextualizadas e reais que inclúan a integración das competencias, dos obxectivos e dos contidos, a través de tarefas motivadoras e cooperativas que lles permitan tamén reforzar a súa autoestima. É importante que os equipos docentes interpreten o currículo do ámbito conforme a realidade do seu contexto educativo e as características do alumnado, as súas experiencias e aprendizaxes previas e os seus intereses e necesidades.

Un dos fins fundamentais da educación, e de modo especial da educación de persoas adultas, é o desenvolvemento da autonomía do alumnado, tanto no que se refire á xestión do seu propio proceso de aprendizaxe como en relación co exercicio dunha cidadanía democrática, crítica e responsable, promovendo en ambos os casos o compromiso activo e consciente. Isto supón que as estratexias metodolóxicas incorporen elementos como a participación activa na aula, e a interacción e cooperación con contornas próximas, tanto reais como virtuais. Supón tamén, por iso, o uso seguro, crítico e ético das tecnoloxías e medios de información e comunicación dixital. Neste sentido, as actuacións, situacións e estratexias de aprendizaxe deben aproveitar e promover a curiosidade xerando un marco estimulante e flexible para o desprendemento da investigación, o diálogo e a libre expresión de opinións, o pensamento crítico, a toma autónoma de decisións, o emprendemento e a creatividade persoal.

3. Ámbito Científico-Tecnolóxico.

3.1. Introdución.

A formación integral do alumnado require da comprensión de conceptos e procedementos científicos e tecnolóxicos que lle permitan desenvolverse e involucrarse en cuestións relacionadas coa ciencia e coa tecnoloxía, reflexionando sobre estas; tomar decisións fundamentadas e desenvolverse nun mundo en continuo desenvolvemento científico, tecnolóxico, económico e social, co obxectivo de poder integrarse na sociedade democrática como cidadás e cidadáns comprometidos e podendo tomar decisións con criterio que axuden a evolución da nosa sociedade.

O desenvolvemento curricular do ámbito Científico-Tecnolóxico na educación secundaria para persoas adultas responde aos propósitos pedagóxicos destas ensinanzas: en primeiro lugar, facilitar a adquisición das competencias clave definidas no perfil de saída da etapa a través da integración de obxectivos, criterios de avaliación e contidos das materias de Matemáticas, Física e Química, Bioloxía e Xeoloxía e Tecnoloxía e Dixitalización, nun mesmo ámbito; en segundo lugar, contribuír ao desenvolvemento de competencias para a aprendizaxe permanente ao longo da vida, co fin de que o alumnado poida proseguir os seus estudos en etapas postobrigatorias ou incorporarse de xeito efectivo ao mercado laboral.

Os obxectivos do ámbito vincúlanse directamente cos descritores das oito competencias clave definidas no perfil de saída do alumnado ao finalizar o ensino básico. Estes obxectivos están intimamente relacionados e fomentan que o alumnado observe o mundo, os fenómenos que ocorren ao seu arredor e as aplicacións tecnolóxicas, cunha curiosidade científica que o conduza á formulación de preguntas sobre o observado, á súa interpretación desde o punto de vista científico, á resolución de problemas e á análise crítica sobre a validez das solucións, e, en definitiva, ao desenvolvemento de razoamentos propios do pensamento científico e ao emprendemento de accións que minimicen o impacto ambiental e preserven a saúde. Así mesmo, cobran especial relevancia a comunicación e o traballo en equipo, de forma integradora e con respecto á diversidade, pois son destrezas que lle permitirán ao alumnado desenvolverse e participar na sociedade da información, vivir en sociedade e traballar a empatía.

O logro dos obxectivos valorarase mediante os criterios de avaliación que, deseñados cunha vinculación directa con eles e estes, pola súa vez, coas competencias clave, confiren un enfoque plenamente competencial ao ámbito. Os contidos proporcionan o conxunto de coñecementos, destrezas e actitudes que contribuirán ao logro dos obxectivos. En xeral, non existe unha vinculación unívoca e directa entre criterios de avaliación e contidos, senón que os obxectivos se poderán avaliar mediante a mobilización de diferentes contidos, proporcionando a flexibilidade necesaria para establecer conexións entre os distintos bloques.

Os criterios de avaliación e os contidos correspondentes á materia de Matemáticas agrúpanse en tres bloques: o bloque «Números e álxebra» caracterízase pola aplicación do coñecemento sobre numeración e cálculo en distintos contextos e proporciona a linguaxe en que se comunican as matemáticas e as ciencias; o bloque «Sentido da medida» céntrase na comprensión e comparación de atributos dos obxectos e seres vivos, abordando tamén a comprensión dos aspectos xeométricos do noso mundo; por último, o bloque «Determinismo e azar» comprende a análise e a interpretación dos datos e a comprensión de fenómenos aleatorios para fundamentar a toma de decisións nun mundo cheo de incerteza.

Os criterios de avaliación e os contidos relacionados coas ciencias da natureza agrúpanse, pola súa vez, en catro bloques que abarcan coñecementos, destrezas e actitudes relativos ás catro ciencias básicas (física, química, bioloxía e xeoloxía), coa finalidade de proporcionarlle ao alumnado unhas aprendizaxes esenciais sobre a ciencia, as súas metodoloxías e as súas aplicacións para configurar o seu perfil persoal e social. Estes contidos permitiranlle ao alumnado analizar a anatomía e a fisioloxía do seu organismo e adoptar hábitos saudables para coidalo; establecer un compromiso social coa saúde pública; examinar o funcionamento dos sistemas biolóxicos e xeolóxicos e valorar a importancia do desenvolvemento sustentable; explicar a estrutura da materia e as súas transformacións; analizar as interaccións entre os sistemas fisicoquímicos e valorar a relevancia da enerxía para o desenvolvemento da nosa sociedade.

O seguinte bloque de contidos, «Algoritmos e máquinas», engloba os criterios de avaliación e contidos específicos relacionados coa tecnoloxía e o seu uso, así como co desenvolvemento da competencia dixital.

Adicionalmente, este currículo propón a existencia de dous bloques de contidos transversais, «Destrezas básicas en ciencia, tecnoloxía e matemáticas» e «A ciencia no mundo actual». O primeiro fai referencia ás metodoloxías da ciencia e á súa importancia no desenvolvemento desta, e constitúe un eixe metodolóxico do ámbito, que é necesario traballar simultaneamente con cada un dos bloques de ciencias restantes. O outro bloque ten por obxectivo analizar o papel que xoga a ciencia no mundo actual e inclúe os aspectos transversais ás ciencias, á tecnoloxía e ás matemáticas relacionados co uso responsable da tecnoloxía, as dimensións éticas da ciencia e a tecnoloxía, a sustentabilidade, a toma informada de decisións ou, mesmo, as cuestións relacionadas coa proposta de solucións a problemas tecnolóxicos, sociais, etc.

Debe terse en conta que a presentación dos contidos non implica ningunha orde cronolóxica, xa que o currículo se deseñou como un todo integrado, configurando así un ámbito científico, intentando ao máximo relacionar todos os contidos para darlle unha lóxica e unha aplicabilidade a todo o estudado. Deste xeito, favorecerase que os criterios e contidos dos diferentes campos do saber interactúen ao máximo entre eles e procurarase establecer o máximo número de conexións entre todos os coñecementos.

Animarase o alumnado a utilizar diferentes formatos e vías para comunicarse e cooperar, destacando entre estes os espazos virtuais de traballo, utilizar de forma crítica e eficiente plataformas tecnolóxicas (na medida da posibilidade dos centros) e recursos variados tanto para a produción individual como en equipo, utilizar as estratexias propias do traballo colaborativo que permitan potenciar o crecemento entre iguais como base emprendedora dunha comunidade científica crítica, ética e eficiente, ademais de entender a ciencia como unha construción colectiva en continuo cambio e evolución. O traballo grupal será unha ferramenta para a inclusión social de persoas diversas que tamén se fomentará no ámbito Científico-Tecnolóxico. Tamén se incide no papel destacado da muller ao longo da historia da ciencia, como forma de poñelo en valor e de fomentar novas vocacións femininas cara ás ciencias experimentais e cara á tecnoloxía.

Para a consecución dos obxectivos proponse o uso de metodoloxías propias da ciencia e das tecnoloxías dixitais, abordadas cun enfoque interdisciplinario, coeducativo e conectado coa realidade do alumnado. Preténdese con iso que a aprendizaxe adquira un carácter significativo a través da formulación de situacións de aprendizaxe preferentemente vinculadas ao seu contexto persoal e á súa contorna socioeconómica. Todo iso para contribuír á formación dun alumnado comprometido cos desafíos e retos do mundo actual e os obxectivos de desenvolvemento sustentable, facilitando a súa integración e a súa plena participación na sociedade democrática e plural.

3.2. Obxectivos.

Obxectivos do ámbito

OBX1. Recoñecer os motivos polos que ocorren os principais fenómenos naturais, a partir de situacións cotiáns, e explicalos en termos das leis e teorías científicas adecuadas, para poñer en valor a contribución da ciencia á sociedade.

• A aprendizaxe das ciencias desde a perspectiva integradora do enfoque STEM ten como base o recoñecemento dos fundamentos científicos dos fenómenos que ocorren no mundo real. As alumnas e os alumnos competentes recoñecen os porqués científicos do que sucede ao seu arredor e interprétano a través das leis e teorías correctas. Isto posibilita que o alumnado estableza relacións construtivas entre a ciencia e a súa vida cotiá, o que lle permite desenvolver a capacidade para facer interpretacións doutros fenómenos diferentes, aínda que non fosen estudados previamente. Ao adquirir este obxectivo, espértase no alumnado un interese pola ciencia e pola mellora da contorna e da calidade de vida.

• Aspectos tan importantes como a conservación do ambiente ou a preservación da saúde, física e mental, teñen unha base científica, e comprender a súa explicación e os seus fundamentos básicos outorga ao alumnado un mellor entendemento da realidade, o que favorece unha participación activa na contorna laboral e social e un maior compromiso e implicación co desenvolvemento global no marco dunha sociedade inclusiva.

OBX2. Interpretar e modelizar en termos científicos problemas e situacións da vida cotiá aplicando diferentes estratexias, formas de razoamento, ferramentas tecnolóxicas e o pensamento computacional, para achar e analizar solucións comprobando a súa validez.

• O razoamento e a resolución de problemas considérase unha destreza esencial para o desenvolvemento de actividades científicas ou técnicas, polo que deben ser dous eixes fundamentais na aprendizaxe das ciencias e das matemáticas. Para resolver un problema é esencial realizar unha lectura atenta e comprensiva, interpretar a situación formulada, extraer a información relevante e transformar o enunciado verbal nunha forma que poida ser resolta mediante procedementos previamente adquiridos. Este proceso compleméntase coa utilización de diferentes formas de razoamento, tanto dedutivo como indutivo, para obter a solución. Para iso son necesarias a realización de preguntas adecuadas, a elección de estratexias que implican a mobilización de coñecementos e a utilización de procedementos e algoritmos. O pensamento computacional desempeña tamén un papel central na resolución de problemas, xa que comprende un conxunto de formas de razoamento como a automatización, o pensamento algorítmico ou a descomposición en partes. A análise das solucións obtidas potencia a reflexión crítica sobre a súa validez, tanto desde un punto de vista estritamente matemático como desde unha perspectiva global, valorando aspectos relacionados coa sustentabilidade, o consumo responsable, a igualdade de xénero, a equidade ou a non discriminación, entre outros.

• O desenvolvemento deste obxectivo fomenta un pensamento máis diverso e flexible, mellora a capacidade do alumnado para resolver problemas en diferentes contextos, amplía a propia percepción sobre as ciencias e as matemáticas e enriquece e consolida os conceptos básicos, o que repercute nun maior nivel de compromiso, no incremento da curiosidade e na valoración positiva do proceso de aprendizaxe, favorecendo a inclusión social e atopando un modo de operar ante situacións reais que poden acontecer na súa vida persoal ou laboral.

OBX3. Utilizar os métodos propios das ciencias e da tecnoloxía, facendo indagacións e levando a cabo proxectos de xeito individual ou colaborativamente, para abordar problemas con autonomía e actitude creativa e desenvolver os razoamentos propios do pensamento científico e mellorar as destrezas no uso das metodoloxías científicas.

• O desempeño de destrezas científicas supón un dominio progresivo no uso das metodoloxías propias da investigación científica para levar a cabo estudos sobre aspectos clave do mundo natural. Para o alumnado competente, a consecución deste obxectivo supón mellorar as destrezas para realizar observacións sobre a contorna cotiá, formular preguntas e hipóteses sobre el e comprobar a súa veracidade mediante o emprego da experimentación, utilizando as ferramentas e normativas que sexan máis convenientes en cada caso.

• Ademais, desenvolverse no uso de metodoloxías científicas supón unha ferramenta fundamental no traballo colaborativo por proxectos que leva a cabo na ciencia, e cobra especial importancia na formación do alumnado.

• A combinación de coñecementos con certas destrezas e actitudes de carácter interdisciplinario, tales como autonomía, innovación, creatividade, valoración crítica de resultados, traballo cooperativo e colaborativo, resiliencia e emprendemento, resultan imprescindibles para obter resultados eficaces na resolución de problemas.

OBX4. Facer un uso responsable e ético da tecnoloxía e dos recursos naturais baseándose en fundamentos científicos e analizando os efectos de determinadas accións cotiáns sobre a saúde, o medio natural e social, para valorar a importancia das accións que melloran a saúde individual e colectiva, evitan ou minimizan os impactos ambientais negativos e contribúen ao desenvolvemento sustentable.

• A actividade humana produciu importantes alteracións na contorna cun ritmo de avance sen precedentes na historia da Terra. Algunhas destas alteracións, como o aumento da temperatura media terrestre, a acumulación de residuos plásticos, a destrución de ecosistemas, a perda da biodiversidade e a diminución da dispoñibilidade de auga potable e doutros recursos, entre outras, poñen en grave perigo algunhas actividades humanas esenciais, entre as cales destaca a produción de alimentos.

• Así mesmo, instaláronse nas sociedades máis desenvolvidas certos hábitos prexudiciais como a dieta rica en graxas e azucres, o sedentarismo, o uso de drogas ou a adicción ás novas tecnoloxías. Isto deu lugar a un aumento da frecuencia dalgunhas patoloxías físicas e mentais que constitúen importantes problemas da sociedade actual.

• Con todo, determinadas accións e hábitos saudables e sustentables (como a alimentación sa, o exercicio físico, o uso responsable e ético da tecnoloxía ou o consumo responsable) poden contribuír á preservación e mellora da saúde individual e colectiva e a frear as tendencias ambientais negativas anteriormente descritas. Por iso, é imprescindible para o pleno desenvolvemento persoal do alumnado como cidadán que coñeza e aplique os fundamentos científicos que xustifican un estilo de vida saudable e sustentable.

• Débense contrastar tamén os beneficios e prexuízos da eclosión de novas tecnoloxías dixitais e o seu uso xeneralizado e cotián, analizando o proceso polo cal a tecnoloxía foi resolvendo as necesidades das persoas ao longo da historia, e valorando a contribución destas tecnoloxías emerxentes ao desenvolvemento sustentable, un aspecto esencial para exercer unha cidadanía dixital responsable.

OBX5. Interpretar e transmitir información, propostas e datos científicos utilizando medios de representación, simboloxía e linguaxe verbal ou gráfica axeitada, contrastando previamente a súa veracidade e valorando a utilidade das ferramentas dixitais para intercambiar ideas ou solucións a problemas e situacións da vida cotiá e afianzar coñecementos da contorna natural e social.

• Nos ámbitos científicos, así como en moitas outras situacións da vida, é necesario seleccionar, interpretar e analizar toda a información dispoñible para ser utilizada con fins concretos. A información de carácter científico-técnico pode presentarse en formatos moi diversos, como enunciados, gráficas, táboas, modelos, diagramas, etc., que é necesario comprender para traballar de forma adecuada na ciencia. Así mesmo, a linguaxe matemática outórgalle á aprendizaxe da ciencia unha ferramenta potente de comunicación global, e as linguaxes específicas das distintas disciplinas científicas réxense por normas que é necesario comprender e aplicar.

• O alumnado debe ser competente na selección de información rigorosa e veraz procedente de fontes fiables e contrastadas, na avaliación crítica e na interpretación correcta da información que se lle proporciona, e na súa transmisión a partir dunha observación ou dun estudo. Para iso debe empregar con corrección distintos formatos e ter en conta certas normas específicas de comunicación das disciplinas científicas.

• Este obxectivo require, ademais da incorporación da expresión gráfica, un uso adecuado da terminoloxía tecnolóxica, matemática e científica nas exposicións, garantindo así a comunicación eficaz entre o emisor e o receptor. Iso implica unha actitude responsable e de respecto cara aos protocolos establecidos no traballo cooperativo e colaborativo, extensible tanto ao contexto presencial como ás actuacións na rede, o que supón interactuar mediante ferramentas dixitais (como plataformas virtuais ou redes sociais) para comunicarse, compartir datos e información e traballar colaborativamente, aplicando os códigos de comunicación e comportamento específicos do ámbito dixital, a denominada «etiqueta dixital».

• Por outra banda, saber analizar e obter datos en diferentes rexistros axudaralles a ter unha compresión total da información que xorde en diferentes canles e redes; tamén a avaliar diferentes opcións consinderando que algunhas destas informacións, representadas de forma errada, poden ser malinterpretadas, especialmente por persoas pouco afeitas á lectura e interpretación de elementos gráficos. Todo isto lles axudará a ser un/unha cidadán/á de proveito con decisións onde predomina a intelixencia e o raciocinio.

OBX6. Buscar e seleccionar a información adecuada proveniente de diversas fontes, de maneira crítica e segura, aplicando procesos de investigación, para definir problemas científicos, tecnolóxicos ou sociais e iniciar procesos de creación de solucións a partir da información obtida.

• Este obxectivo específico aborda o primeiro reto de calquera proxecto técnico: definir o problema ou a necesidade que hai que solucionar. Require investigar a partir de múltiples fontes avaliando a súa fiabilidade e a veracidade da información obtida con actitude crítica, sendo consciente dos beneficios e dos riscos do acceso aberto e ilimitado á información que ofrece a internet (infoxicación, acceso a contidos inadecuados...) e tomar decisións cun sentido crítico e fundamentado.

• Ademais, a transmisión masiva de datos en dispositivos e aplicacións leva á adopción de medidas preventivas para protexer os dispositivos, a saúde e os datos persoais, solicitando axuda ou denunciando de maneira efectiva ante ameazas á privacidade e ao benestar persoal (fraude, suplantación de identidade, ciberacoso...) e facendo un uso ético e saudable da tecnoloxía implicada.

OBX7. Identificar as ciencias, a tecnoloxía ou as matemáticas implicadas en contextos diversos, interrelacionando conceptos e procedementos para aplicalos no deseño e implementación de solucións científicas ou tecnolóxicas sustentables que dean resposta a necesidades en diferentes contextos da súa vida cotiá.

• O coñecemento das ciencias, a tecnoloxía e as matemáticas responde á necesidade da sociedade ante os grandes desafíos e retos de carácter transdisciplinario que a humanidade ten exposto. A presenza do ámbito Científico-Tecnolóxico no currículo da educación secundaria para persoas adultas debe ser valorado polo alumnado como unha ferramenta esencial para aumentar a súa competencia científica, tecnolóxica e dixital, o que lle permite conectar os coñecementos das diferentes áreas integradas no ámbito, facendo que a súa aprendizaxe sexa máis significativa e poida ser empregada con posterioridade en diferentes situacións.

• Polo tanto, é importante que o alumnado teña a oportunidade de identificar e experimentar a aplicación das ciencias e das matemáticas en diferentes contextos, entre os que destacan o persoal, o escolar, o social e o laboral.

• A conexión entre saberes non debería limitarse aos conceptos, senón ampliarse aos procedementos e actitudes científicos, de forma que poidan ser transferidos e aplicados a outros contextos da vida real e á resolución de problemas da contorna persoal, escolar, social e laboral.

OBX8. Desenvolver destrezas persoais identificando e xestionando emocións, poñendo en práctica estratexias de aceptación do erro como parte do proceso de aprendizaxe e adaptándose ante situacións de incerteza, para mellorar a perseveranza na consecución de obxectivos e a valoración da aprendizaxe das ciencias, a tecnoloxía e as matemáticas.

• A adquisición e o desenvolvemento de destrezas emocionais dentro da aprendizaxe das ciencias, a tecnoloxía e as matemáticas diminúen a ansiedade e inseguridade, fomentan o benestar do alumnado, a autorregulación emocional e o interese cara á aprendizaxe do ámbito.

• O desenvolvemento deste obxectivo implica identificar e xestionar as emocións, recoñecer fontes de tensións, ser perseverante, pensar de forma crítica e creativa, mellorar a resiliencia e manter unha actitude proactiva ante novos desafíos. Unha vez identificado, pódense pensar nas diferentes solucións que podemos propoñer para cada problema en particular. Para acadar este obxectivo é necesario que o alumnado se enfronte a pequenos retos que contribúan á reflexión sobre o propio pensamento, eviten posibles bloqueos e promovan a mellora do autoconcepto ante a aprendizaxe do ámbito. Ademais, é preciso xerar un bo ambiente de aula para acadar resultados satisfactorios.

OBX9. Desenvolver destrezas sociais e traballar de forma cooperativa en equipos diversos con roles asignados que permitan potenciar o crecemento entre iguais, valorando a importancia de romper os estereotipos de xénero na investigación científica, para o emprendemento persoal.

• Con este obxectivo de área preténdese fomentar os valores de respecto, igualdade e resolución pacífica de conflitos. Estes valores trabállanse á vez que o alumnado resolve os retos matemáticos propostos. Con iso desenvólvense destrezas de comunicación efectiva, planificación, indagación, motivación e confianza que crean relacións e contornas saudables de traballo. Neste contexto resulta adecuada a organización en equipos heteroxéneos, mixtos e diversos asumindo distintos roles tanto en equipos colaborativos como cooperativos. Desta forma, constrúense relacións saudables, solidarias e comprometidas, afiánzase a autoconfianza e normalízanse situacións inclusivas de convivencia en igualdade.

• A este obxectivo de área contribúe tamén o estudo da achega das matemáticas e dos matemáticos ao desenvolvemento das sociedades ao longo da historia buscando a proximidade da área á súa vida e, polo tanto, aos seus intereses e motivacións.

• Desta forma, póñense á disposición do alumnado adulto ferramentas e estratexias de comunicación efectiva e de traballo en equipo como un recurso necesario na súa vida cotiá a nivel persoal e laboral. Así, trabállanse a escoita activa e a comunicación asertiva, o alumnado colabora de maneira creativa, crítica, igualitaria e responsable e abórdase a resolución de conflitos de maneira positiva, empregando unha linguaxe inclusiva e non violenta.

OBX10. Comprender os fundamentos do funcionamento dos dispositivos e aplicacións da súa contorna dixital habitual, analizando os seus compoñentes e funcións e axustándoos ás súas necesidades para facer un uso máis eficiente e seguro destes e para detectar e resolver problemas técnicos sinxelos.

• Este obxectivo fai referencia ao coñecemento, uso seguro e mantemento dos distintos elementos que se engloban na contorna dixital habitual do alumnado adulto. O aumento actual da presenza da tecnoloxía nas nosas vidas fai necesaria a integración das ferramentas dixitais en moitos procesos cotiáns. Por iso, este obxectivo engloba a comprensión do funcionamento dos dispositivos implicados nestes procesos, así como a identificación de pequenas incidencias. Para iso, faise necesario un coñecemento básico da arquitectura do hardware empregado, dos seus elementos e das súas funcións dentro do dispositivo. Doutra banda, as aplicacións de software incluídas na contorna dixital requiren unha configuración e un axuste adaptados ás necesidades persoais do usuario. Ponse de manifesto a necesidade de comprender os fundamentos destes elementos e das súas funcionalidades, así como a súa aplicación e transferencia en diferentes contextos para favorecer o desenvolvemento persoal, laboral e social.

3.3. Criterios de avaliación e contidos.

Módulo I.

Ámbito Científico-Tecnolóxico

Módulo I

Bloque 1. Destrezas básicas en ciencia, tecnoloxía e matemáticas

Criterios de avaliación

Obxectivos

• CA1.1. Analizar e explicar conceptos e procesos científicos interpretando a información obtida en diferentes formatos cunha actitude crítica, realizado conexións entre as diferentes ciencias, aplicando coñecementos e experiencias e chegando a conclusións fundamentadas.

OBX6

• CA1.2. Resolver cuestións sobre ciencia e tecnoloxía, localizando, seleccionando, avaliando e organizando información de distintas fontes consideradas fiables e citándoas correctamente.

OBX5

• CA1.3. Expor preguntas e hipóteses e intentar realizar predicións sobre fenómenos relacionados coas ciencias, a tecnoloxía e as matemáticas que poidan ser respondidas ou contrastadas utilizando métodos científicos.

OBX3

• CA1.4. Recoñecer a información sobre temas científicos ou tecnolóxicos, con base científica distinguíndoa de pseudociencias, boatos, teorías conspiradoras e crenzas infundadas, e mantendo unha actitude escéptica e crítica ante estes.

OBX6

• CA1.5. Deseñar, realizar, traballar e responsabilizarse dunha experimentación, tomando datos analizando un problema determinado, individualmente e en equipo, respectando a diversidade e a igualdade de xénero e favorecendo a inclusión.

OBX9

• CA1.6. Comunicar información empregando a linguaxe científica apropiada para describir, explicar e xustificar razoamentos, procedementos e conclusións e utilizando ferramentas dixitais adecuadas e variadas na presentación de traballos e proxectos.

OBX5

• CA1.7. Valorar a contribución da ciencia, a tecnoloxía e as matemáticas á sociedade e o labor de persoas dedicadas a ela con independencia da súa etnia, sexo ou cultura, destacando e recoñecendo o papel das mulleres científicas e entendendo a investigación como un labor colectivo e interdisciplinario en constante evolución.

OBX1

• CA1.8. Mostrar unha actitude positiva e perseverante aceptando a crítica razoada ao lles facer fronte ás diferentes situacións de aprendizaxe das ciencias, a tecnoloxía e as matemáticas.

OBX8

Contidos

• Estratexias para a elaboración dun proxecto científico ou tecnolóxico:

– Formulación de preguntas, hipóteses e conxecturas científicas.

– Estratexias de utilización de ferramentas dixitais para a procura crítica de información, a colaboración e a comunicación de procesos, resultados ou ideas científicas: ferramentas dixitais e formatos de uso frecuente en ciencia (presentación, gráfica, vídeo, póster, informe...).

– Recoñecemento e utilización de fontes fidedignas de información científica ou técnica.

– Métodos de observación e de toma de datos.

– Deseño de controis experimentais (positivos e negativos) e argumentación sobre a súa esencialidade para obter resultados obxectivos e fiables nun experimento.

– A resposta a cuestións científicas mediante a experimentación e o traballo de campo: utilización dos instrumentos e espazos necesarios (laboratorio, aulas, contorna...) de forma adecuada.

– Métodos de análise de resultados. Diferenciación entre correlación e causalidade.

– Modelaxe como método de representación e comprensión de procesos ou elementos da natureza, así como do funcionamento de sistemas tecnolóxicos sinxelos.

– Estratexias, técnicas e marcos de resolución de problemas en diferentes contextos e as súas fases.

• O labor científico e as persoas dedicadas á ciencia: contribución ás ciencias, a tecnoloxía e as matemáticas, e importancia social. O papel das mulleres na ciencia, a tecnoloxía e as matemáticas.

• Crenzas, actitudes e emocións.

– Fomento da curiosidade, da iniciativa, da perseveranza e da resiliencia cara á aprendizaxe das ciencias.

– Recoñecemento das emocións que interveñen na aprendizaxe, como a autoconciencia e a autorregulación.

– Desenvolvemento da flexibilidade cognitiva para aceptar un cambio de estratexia cando sexa necesario e transformar o erro nunha oportunidade de aprendizaxe.

– Emprendemento, resiliencia, perseveranza e creatividade para abordar problemas desde unha perspectiva interdisciplinaria.

• Traballo en equipo e toma de decisións.

– Técnicas cooperativas para optimizar o traballo en equipo e compartir e construír coñecemento matemático.

– Condutas empáticas e estratexias de xestión de conflitos.

Inclusión, respecto e diversidade.

– Promoción de actitudes inclusivas e aceptación da diversidade presente na aula e na sociedade.

Bloque 2. Números e álxebra

Criterios de avaliación

Obxectivos

• CA2.1. Interpretar problemas matemáticos organizando e relacionando os datos dados e elaborando representacións matemáticas que permitan atopar estratexias para a súa resolución.

OBX2

• CA2.2. Resolver problemas matemáticos mobilizando os coñecementos necesarios e aplicando as ferramentas e as estratexias apropiadas.

OBX3

• CA2.3. Expor variantes dun problema dado modificando algún dos seus datos ou algunha das súas condicións.

OBX7

• CA2.4. Recoñecer situacións susceptibles de ser formuladas e resoltas mediante ferramentas e estratexias matemáticas, establecendo e aplicando conexións entre o mundo real e as matemáticas e usando os procesos inherentes á investigación científica e matemática: inferir, medir, comunicar, clasificar e predicir.

OBX1

• CA2.5. Identificar conexións coherentes entre as matemáticas e outras materias, recoñecendo a achega das matemáticas ao progreso da humanidade.

OBX6

• CA2.6. Comprobar a corrección matemática das solucións dun problema.

OBX9

• CA2.7. Recoñecer patróns, organizar datos e descompoñer un problema en partes máis simples facilitando a súa interpretación computacional.

OBX5

• CA2.8. Modelizar situacións e resolver problemas de forma eficaz interpretando e modificando algoritmos.

OBX5

• CA2.9. Recoñecer situacións susceptibles de ser formuladas e resoltas mediante ferramentas e estratexias matemáticas, establecendo e aplicando conexións entre o mundo real e as matemáticas e usando os procesos inherentes á investigación científica e matemática: inferir, medir, comunicar, clasificar e predicir.

OBX3

Contidos

• Cálculo numérico.

– Utilización do cálculo para resolver problemas da vida cotiá adaptando a estratexia e o tipo de cálculo ao tamaño dos números.

• Cantidade.

– Identificación, comprensión e representación de cantidades con números enteiros.

– Expresión de cantidades mediante números enteiros, fraccións, decimais e raíces cadradas exactas en contextos da vida cotiá coa precisión requirida.

– Recoñecemento e aplicación de diferentes formas de representación de números naturais e enteiros, incluída a recta numérica.

– Resolución de problemas en diferentes contextos, seleccionando a representación máis adecuada dunha mesma cantidade (natural, enteiro, decimal ou fracción).

• Sentido das operacións.

– Aplicación de estratexias de cálculo mental para resolver operacións con números naturais, fraccións e decimais.

– Identificación e aplicación das operacións con números enteiros, fraccionarios ou decimais útiles para resolver situacións contextualizadas.

– Resolución de problemas contextualizados con operacións combinadas de números naturais, enteiros, fraccionarios e decimais, tendo en conta a xerarquía e aplicando as propiedades adecuadas para realizar os cálculos de maneira eficiente.

• Relacións.

– Utilización de factores, múltiplos e divisores. Factorización en números primos para resolver problemas, mediante estratexias e ferramentas diversas, incluído o uso da calculadora.

– Comparación e ordenación de fraccións, decimais e porcentaxes de maneira eficiente.

• Razoamento proporcional.

– Comprensión e representación de razóns e proporcións en relacións cuantitativas.

– Recoñecemento de magnitudes directamente proporcionais. Cálculo e significado da constante de proporcionalidade directa.

– Comprensión e utilización de porcentaxes na resolución de problemas.

• Modelo matemático.

– Tradución de expresións da linguaxe cotiá que representan situacións reais á linguaxe alxébrica, e viceversa. Cálculo do valor numérico dunha expresión alxébrica.

– Uso de modelos matemáticos para representar e comprender situacións da vida cotiá.

– Dedución de conclusións razoables sobre unha situación da vida cotiá unha vez modelizada.

Variable.

– Comprensión do concepto de variable. Variable dependente e independente.

• Igualdade e desigualdade.

– Uso da álxebra simbólica para representar relacións lineais en situacións da vida cotiá.

– Identificación e aplicación da equivalencia de expresións alxébricas na resolución de problemas baseados en relacións lineais.

– Procura de solucións de ecuacións lineais. Contextualización das devanditas solucións.

– Uso da tecnoloxía para comprobar as solucións dunha ecuación.

• Relacións e funcións.

– Aplicación e comparación das diferentes formas de representación dunha relación lineal. Coordenadas cartesianas.

– Identificación de funcións, lineais ou non lineais e comparación das súas propiedades a partir de táboas, gráficas ou expresións alxébricas.

– Modelización das relacións lineais en distintas situacións da vida real.

– Representación da recta a partir da súa ecuación en problemas contextualizados.

– Uso da álxebra simbólica para a representación e a explicación de relacións matemáticas.

– Dedución da información relevante dunha función mediante o uso de diferentes representacións simbólicas.

• Pensamento computacional.

Bloque 3. Sentido da medida

Criterios de avaliación

Obxectivos

• CA3.1. Investigar e comprobar conxecturas sinxelas de forma guiada analizando patróns, propiedades e relacións.

OBX2

• CA3.2. Modelizar situacións e resolver problemas de forma eficaz interpretando e modificando algoritmos.

OBX2

• CA3.3. Recoñecer e usar as relacións entre os coñecementos e as experiencias matemáticas formando un todo coherente.

OBX7

• CA3.4. Realizar conexións entre diferentes procesos matemáticos e doutras ciencias, aplicando coñecementos e experiencias.

OBX7

• CA3.5. Representar conceptos, procedementos e resultados matemáticos usando diferentes ferramentas e valorando a súa utilidade para compartir información.

OBX5

• CA3.6. Interpretar problemas matemáticos organizando e relacionando os datos dados e elaborando representacións matemáticas que permitan atopar estratexias para a súa resolución.

OBX3

• CA3.7. Recoñecer situacións susceptibles de ser formuladas e resoltas mediante ferramentas e estratexias matemáticas, establecendo e aplicando conexións entre o mundo real e as matemáticas e usando os procesos inherentes á investigación científica e matemática: inferir, medir, comunicar, clasificar e predicir.

OBX1

• CA3.8. Identificar conexións coherentes entre as matemáticas e outras materias recoñecendo a achega das matemáticas ao progreso da humanidade.

OBX7

Contidos

• Magnitude.

– Recoñecemento das magnitudes e das súas diferentes unidades de medida. Uso dos factores de conversión.

– Elección das unidades e operacións adecuadas en problemas que impliquen medida.

– Estimación de medidas coa precisión adecuada a cada situación.

• Medición.

– Dedución, interpretación e aplicación das principais fórmulas para obter lonxitudes e áreas en formas planas.

• Figuras xeométricas de dúas e tres dimensións.

– Descrición de figuras planas e dos seus elementos característicos: ángulos, rectas e puntos notables.

– Clasificación das figuras xeométricas planas en función das súas propiedades ou características.

– Construción de figuras xeométricas con ferramentas manipulativas e dixitais, como programas de xeometría dinámica, realidade aumentada etc.

• Localización e sistemas de representación.

– Localización e descrición de relacións espaciais: coordenadas cartesianas e outros sistemas de representación.

– Técnicas de representación gráfica para deseño de pezas utilizadas nos proxectos. Acoutamento e escalas. Iniciación ao deseño 3D.

Bloque 4. Determinismo e azar

Criterios de avaliación

Obxectivos

• CA4.1. Investigar e comprobar conxecturas sinxelas de forma guiada analizando patróns, propiedades e relacións.

OBX3

• CA4.2. Recoñecer patróns, organizar datos e descompoñer un problema en partes máis simples facilitando a súa interpretación computacional.

OBX5

• CA4.3. Modelizar situacións e resolver problemas de forma eficaz interpretando e modificando algoritmos.

OBX2

• CA4.4. Recoñecer situacións susceptibles de ser formuladas e resoltas mediante ferramentas e estratexias matemáticas, establecendo e aplicando conexións entre o mundo real e as matemáticas e usando os procesos inherentes á investigación científica e matemática: inferir, medir, comunicar, clasificar e predicir.

OBX1

• CA4.5. Identificar conexións coherentes entre as matemáticas e outras materias, recoñecendo a achega das matemáticas ao progreso da humanidade.

OBX7

• CA4.6. Representar conceptos, procedementos e resultados matemáticos usando diferentes ferramentas e valorando a súa utilidade para compartir información.

OBX5

• CA4.7. Comunicar información utilizando a linguaxe matemática apropiada para describir, explicar e xustificar razoamentos, procedementos e conclusións.

OBX5

• CA4.8. Recoñecer e empregar con precisión e rigor a linguaxe matemática presente na vida cotiá.

OBX5

Contidos

• Organización e análise de datos.

– Concepto de poboación, mostra e individuo. Variables cualitativas e cuantitativas.

– Recollida, organización e tratamento de datos de variables unidimensionais. Frecuencias.

– Análise e interpretación de táboas e gráficos estatísticos de variables cualitativas e cuantitativas en contextos da vida real.

– Elaboración das representacións gráficas máis adecuadas a cada caso para visualizar como se distribúen os datos, interpretalos e obter conclusións razoadas. Uso de procedementos manuais e tecnolóxicos (calculadora, folla de cálculo, programas informáticos...).

– Medidas de centralización: interpretación e cálculo.

– Uso da calculadora e outras ferramentas tecnolóxicas para o cálculo analítico das medidas de centralización, así como a súa interpretación en situacións da vida real.

Bloque 5. Os ingredientes vivos do planeta e a súa evolución

Criterios de avaliación

Obxectivos

• CA5.1. Recoñecer que os seres vivos están constituídos por células, indicando as características que os diferencian da materia inerte.

OBX1

• CA5.2. Describir a célula como unidade estrutural e funcional dos seres vivos, identificando as estruturas básicas dos diferentes tipos de células empregando distintas estratexias de observación e comparación e recoñecendo as súas funcións vitais.

OBX5

• CA5.3. Identificar os virus como entidades biolóxicas acelulares.

OBX1

• CA5.4. Explicar as características que fan que a Terra sexa un planeta habitable.

OBX1

• CA5.5. Recoñecer os criterios que serven para clasificar os seres vivos identificando as principais categorías taxonómicas a que pertencen os animais e as plantas máis comúns.

OBX1

• CA5.6. Describir as características xerais dos grandes grupos de seres vivos utilizando as claves para a identificación e a clasificación de seres vivos.

OBX1

• CA5.7. Comprender o proceso evolutivo localizando e analizando algúns exemplos de adaptacións dos seres vivos.

OBX1

• CA5.8. Coñecer os compoñentes dun ecosistema establecendo as relacións existentes entre eles.

OBX1

• CA5.9. Explicar as características xerais dos principais ecosistemas terrestres e acuáticos facendo unha especial referencia aos ecosistemas galegos.

OBX1

Contidos

• Estrutura básica da célula. Tipos de células: procariotas e eucariotas.

• Funcións vitais:

– Nutrición: autótrofa e heterótrofa. A fotosíntese.

– Respiración

– Relación.

– Reprodución: sexual e asexual.

• Observación e comparación de tipos de células no microscopio e outros medios (vídeos, fotografías...) mediante distintas estratexias e destrezas.

• Diferenza entre ser vivo e virus.

• A biosfera. Características que fan da Terra un planeta habitable.

• Diferenciación e clasificación dos reinos monera, protoctista, fungi, vexetal e animal.

• Os principais grupos taxonómicos: observación de especies da contorna e clasificación a partir das súas características distintivas.

• As especies da contorna e a súa estratexia de recoñecemento: estratexias de identificación (guías, claves dicotómicas, ferramentas dixitais, visuais...).

• O proceso evolutivo. Introdución aos conceptos da selección natural e as adaptacións ao medio.

• Os ecosistemas:

– Elementos bióticos e abióticos. Relacións intraespecíficas e interespecíficas.

– Exemplos da contorna.

Bloque 6. Os ingredientes non vivos do planeta e as súas modificacións

Criterios de avaliación

Obxectivos

• CA6.1. Identificar e clasificar distintos minerais mediante a observación das súas características e propiedades.

OBX1

• CA6.2. Recoñecer diferentes rochas a través da súa clasificación en función da orixe e/ou dos minerais que as forman poñendo énfase nas propias da contorna.

OBX1

• CA6.3. Describir a importancia dos minerais e das rochas na sociedade relacionándoos coas súas aplicacións na vida cotiá.

OBX1

Criterios de avaliación

Obxectivos

• CA6.4. Explicar a estrutura e a composición básica da xeosfera.

OBX1

• CA6.5. Relacionar a litosfera e o movemento das placas coas estruturas xeolóxicas que se orixinan nos bordos integrándoas na teoría da tectónica de placas.

OBX1

• CA6.6. Analizar as funcións da hidrosfera e o seu papel esencial para a vida na Terra reflexionando sobre a importancia do ciclo da auga.

OBX1

• CA6.7. Analizar as funcións da atmosfera e o seu papel esencial para a vida na Terra reflexionando sobre a importancia do efecto invernadoiro.

OBX2

• CA6.8. Recoñecer os impactos ambientais sobre a hidrosfera e a atmosfera debidos á acción humana relacionándoos coas súas causas e consecuencias no medio.

OBX3

• CA6.9. Comprender o papel determinante da atmosfera, hidrosfera, biosfera e xeosfera na edafoxénese, así como a súa influencia na modelaxe terrestre, identificando as funcións do solo.

OBX6

Contidos

• Os minerais: características, propiedades e clasificación.

• As rochas e a súa clasificación: sedimentarias, metamórficas e ígneas. O ciclo das rochas.

• Identificación de rochas e minerais relevantes da contorna.

• Aplicacións dos minerais e das rochas na vida cotiá.

• Estrutura e composición básica da xeosfera: codia, manto e núcleo.

• Introdución á teoría da tectónica de placas.

– A litosfera e o movemento das placas.

– Estruturas xeolóxicas nos bordos das placas.

• A atmosfera. Composición e estrutura.

– Importancia da atmosfera para a existencia da vida na Terra.

– Impactos ambientais sobre a atmosfera. O incremento do efecto invernadoiro e a contaminación atmosférica.

– O cambio climático.

• A hidrosfera. Distribución da auga na Terra. Propiedades e ciclo da auga.

– Importancia da auga para os seres vivos.

– Impactos ambientais sobre a hidrosfera. Contaminación e xestión sustentable da auga.

– Interaccións entre a atmosfera, a hidrosfera, a xeosfera e a biosfera. O seu papel na edafoxénese e na modelaxe do relevo e a súa importancia para a vida. As funcións do solo.

Bloque 7. Algoritmos e máquinas

Criterios de avaliación

Obxectivos

• CA7.1. Fabricar obxectos ou modelos sinxelos empregando ferramentas e/ou máquinas manuais axeitadas e respectando as normas de seguridade e saúde.

OBX4

• CA7.2. Deseñar e construír, mediante ferramentas de fabricación dixital, obxectos e modelos sinxelos, respectando as normas de seguridade e saúde.

OBX4

• CA7.3. Montar sistemas de control e/ou robots sinxelos mediante a incorporación dos elementos necesarios para a resolución dos problemas propostos.

OBX2

• CA7.4. Describir, interpretar e deseñar solucións a problemas informáticos a través de algoritmos e diagramas de fluxo, aplicando os elementos e as técnicas de programación de maneira creativa.

OBX2

• CA7.5. Programar aplicacións sinxelas empregando os elementos de programación de maneira apropiada e aplicando ferramentas de edición.

OBX2

Criterios de avaliación

Obxectivos

• CA7.6. Automatizar procesos, máquinas e obxectos sinxelos, mediante a análise e a programación de robots e sistemas de control.

OBX3

• CA7.7. Crear contidos e elaborar materiais configurando correctamente as ferramentas dixitais habituais da contorna de aprendizaxe, axustándoas ás súas necesidades e respectando os dereitos de autor e a etiqueta dixital.

OBX10

• CA7.8. Organizar a información de maneira estruturada aplicando técnicas de almacenamento seguro.

OBX10

Contidos

• Estruturas para a construción de modelos.

• Identificación de sistemas mecánicos básicos de transmisión e transformación do movemento: montaxes físicas e/ou uso de simuladores.

• Uso e manipulación de ferramentas básicas. Técnicas de mecanización de materiais na construción de obxectos e prototipos.

• Respecto ás normas de seguridade e hixiene.

• Introdución á fabricación dixital. Deseño e construción de pezas sinxelas con impresión 3D e/ou corte.

• Compoñentes básicos e funcionamento dun sistema de control ou robot sinxelo: sensores, actuadores e controladores.

• Montaxe de sistemas de control ou robots sinxelos para a resolución de problemas técnicos.

• Algorítmica e diagramas de fluxo.

• Aplicacións informáticas sinxelas para ordenador.

• Sistemas de control programado: uso de simuladores e programación sinxela de dispositivos.

• Fundamentos da robótica: control programado de robots sinxelos de maneira física ou por medio de simuladores.

• Ferramentas dixitais para a elaboración de documentación técnica relativa a proxectos.

• Dispositivos dixitais. Elementos do hardware e do software. Identificación e resolución de problemas técnicos sinxelos.

• Ferramentas e plataformas de aprendizaxe: configuración, mantemento e uso crítico.

• Ferramentas de edición e creación de contidos: instalación, configuración e uso responsable.

• Propiedade intelectual e etiqueta dixital.

• Técnicas de tratamento, organización e almacenamento seguro da información. Copias de seguridade.

Bloque 8. A ciencia no mundo actual

Criterios de avaliación

Obxectivos

• CA8.1. Comprobar a validez das solucións dun problema e elaborar respostas coherentes no contexto exposto, avaliando o seu alcance e repercusión desde diferentes perspectivas (de xénero, de sustentabilidade, de consumo responsable, etc.).

OBX6

• CA8.2. Idear e deseñar solucións eficaces, innovadoras e sustentables a problemas definidos, aplicando conceptos, técnicas e procedementos interdisciplinarios, así como criterios de sustentabilidade, con actitude emprendedora, perseverante e creativa.

OBX2

• CA8.3. Detectar na contorna as necesidades tecnolóxicas, ambientais, económicas e sociais máis importantes que demanda a sociedade, entendendo a capacidade da ciencia para darlles solución sustentable a través da implicación de todos os cidadáns.

OBX1

• CA8.4. Recoñecer e describir na contorna inmediata situacións problemáticas reais de índole científica e emprender iniciativas en que a ciencia e, en particular, a bioloxía e xeoloxía poden contribuír á súa solución, analizando criticamente o seu impacto na sociedade.

OBX3

• CA8.5. Recoñecer a influencia da actividade tecnolóxica na sociedade e na sustentabilidade ambiental ao longo da súa historia, identificando as súas achegas e repercusións e valorando a súa importancia para o desenvolvemento sustentable.

OBX4

• CA8.6. Identificar as achegas das tecnoloxías emerxentes ao benestar, á igualdade social e á diminución do impacto ambiental, facendo un uso responsable e ético delas.

OBX7

Contidos

• Desenvolvemento tecnolóxico: creatividade, innovación, investigación, obsolescencia e impacto social e ambiental.

• Ética e aplicacións das tecnoloxías emerxentes.

• Tecnoloxía sustentable. Valoración crítica da contribución da tecnoloxía á consecución dos obxectivos de desenvolvemento sustentable (ODS).

– Uso de materiais tecnolóxicos para a fabricación de obxectos ou modelos nun proxecto tecnolóxico e o seu impacto ambiental.

• Importancia da conservación dos ecosistemas, a biodiversidade e a implantación dun modelo de desenvolvemento sustentable.

• Impactos sobre os ecosistemas ocasionados por actividades humanas.

• Importancia da adquisición dos hábitos sustentables (consumo responsable, prevención e xestión de residuos, respecto ao ambiente).

– Explotación sustentable dos recursos xeolóxicos. Os recursos xeolóxicos en Galicia.

– Uso de materiais tecnolóxicos para a fabricación de obxectos ou modelos nun proxecto tecnolóxico e o seu impacto ambiental.

– Seguridade na rede: riscos, ameazas e ataques.

– Medidas de protección de datos e información. Benestar dixital: prácticas seguras e riscos (ciberacoso, sextorsión, vulneración da propia imaxe e da intimidade, acceso a contidos inadecuados, adiccións...).

Módulo II.

Ámbito Científico-Tecnolóxico

Módulo II

Bloque 1. Destrezas básicas en ciencia, tecnoloxía e matemáticas

Criterios de avaliación

Obxectivos

• CA1.1. Analizar e explicar conceptos e procesos científicos interpretando a información obtida en diferentes formatos cunha actitude crítica, realizado conexións entre as diferentes ciencias, aplicando coñecementos e experiencias e chegando a conclusións fundamentadas.

OBX6

• CA1.2. Resolver cuestións sobre ciencia e tecnoloxía, localizando, seleccionando, avaliando e organizando información de distintas fontes consideradas fiables e citándoas correctamente.

OBX5

• CA1.3. Expor preguntas e hipóteses e intentar realizar predicións sobre fenómenos relacionados coas ciencias a tecnoloxía e as matemáticas que poidan ser respondidas ou contrastadas utilizando métodos científicos.

OBX3

• CA1.4. Recoñecer a información sobre temas científicos ou tecnolóxicos, con base científica distinguíndoa de pseudociencias, boatos, teorías conspiradoras e crenzas infundadas, e mantendo unha actitude escéptica e crítica ante estes.

OBX6

• CA1.5. Deseñar, realizar, traballar e responsabilizarse dunha experimentación, tomando datos analizando un problema determinado, individualmente e en equipo, respectando a diversidade e a igualdade de xénero e favorecendo a inclusión.

OBX9

• CA1.6. Comunicar información empregando a linguaxe científica apropiada para describir, explicar e xustificar razoamentos, procedementos e conclusións e utilizando ferramentas dixitais adecuadas e variadas na presentación de traballos e proxectos.

OBX5

• CA1.7. Valorar a contribución da ciencia, a tecnoloxía e as matemáticas á sociedade e o labor de persoas dedicadas a ela con independencia da súa etnia, sexo ou cultura, destacando e recoñecendo o papel das mulleres científicas e entendendo a investigación como un labor colectivo e interdisciplinario en constante evolución.

OBX1

• CA1.8. Mostrar unha actitude positiva e perseverante aceptando a crítica razoada ao lles facer fronte ás diferentes situacións de aprendizaxe das ciencias, a tecnoloxía e as matemáticas.

OBX8

Contidos

• Estratexias para a elaboración dun proxecto científico ou tecnolóxico:

– Formulación de preguntas, hipóteses e conxecturas científicas.

– Estratexias de utilización de ferramentas dixitais para a procura crítica de información, a colaboración e a comunicación de procesos, resultados ou ideas científicas: ferramentas dixitais e formatos de uso frecuente en ciencia (presentación, gráfica, vídeo, póster, informe...).

– Recoñecemento e utilización de fontes fidedignas de información científica ou técnica.

– Métodos de observación e de toma de datos.

– Deseño de controis experimentais (positivos e negativos) e argumentación sobre a súa esencialidade para obter resultados obxectivos e fiables nun experimento.

– A resposta a cuestións científicas mediante a experimentación e o traballo de campo: utilización dos instrumentos e espazos necesarios (laboratorio, aulas, contorna...) de forma adecuada.

– Métodos de análise de resultados. Diferenciación entre correlación e causalidade.

– Modelaxe como método de representación e comprensión de procesos ou elementos da natureza, así como do funcionamento de sistemas tecnolóxicos sinxelos.

– Estratexias, técnicas e marcos de resolución de problemas en diferentes contextos e as súas fases.

• O labor científico e as persoas dedicadas á ciencia: contribución ás ciencias, a tecnoloxía e as matemáticas e importancia social. O papel das mulleres na ciencia, a tecnoloxía e as matemáticas.

• Crenzas, actitudes e emocións.

– Fomento da curiosidade, da iniciativa, da perseveranza e da resiliencia cara á aprendizaxe das ciencias.

– Recoñecemento das emocións que interveñen na aprendizaxe, como a autoconciencia e a autorregulación.

– Desenvolvemento da flexibilidade cognitiva para aceptar un cambio de estratexia cando sexa necesario e transformar o erro nunha oportunidade de aprendizaxe.

– Emprendemento, resiliencia, perseveranza e creatividade para abordar problemas desde unha perspectiva interdisciplinaria.

• Traballo en equipo e toma de decisións.

– Técnicas cooperativas para optimizar o traballo en equipo e compartir e construír coñecemento matemático.

– Condutas empáticas e estratexias de xestión de conflitos.

Inclusión, respecto e diversidade.

– Promoción de actitudes inclusivas e aceptación da diversidade presente na aula e na sociedade.

Bloque 2. Números e álxebra

Criterios de avaliación

Obxectivos

• CA2.1. Interpretar problemas matemáticos organizando e relacionando os datos dados e elaborando representacións matemáticas que permitan atopar estratexias para a súa resolución.

OBX2

• CA2.2. Resolver problemas matemáticos mobilizando os coñecementos necesarios e aplicando as ferramentas e estratexias apropiadas.

OBX3

• CA2.3. Expor variantes dun problema dado modificando algún dos seus datos ou algunha das súas condicións.

OBX6

• CA2.4. Recoñecer situacións susceptibles de ser formuladas e resoltas mediante ferramentas e estratexias matemáticas, establecendo e aplicando conexións entre o mundo real e as matemáticas e usando os procesos inherentes á investigación científica e matemática: inferir, medir, comunicar, clasificar e predicir.

OBX1

• CA2.5. Identificar conexións coherentes entre as matemáticas e outras materias, recoñecendo a achega das matemáticas ao progreso da humanidade.

OBX6

• CA2.6. Comprobar a corrección matemática das solucións dun problema.

OBX7

• CA2.7. Comunicar información utilizando a linguaxe matemática apropiada para describir, explicar e xustificar razoamentos, procedementos e conclusións.

OBX3

• CA2.8. Recoñecer e empregar con precisión e rigor a linguaxe matemática presente na vida cotiá.

OBX6

Contidos

• Cantidade.

– Uso das potencias de expoñente natural e enteiro. Transformación e simplificación de expresións con potencias. Notación científica.

– Interpretación de números grandes e pequenos, recoñecemento e utilización da notación exponencial e científica e o seu uso na calculadora.

– Realización de estimacións coa precisión requirida.

– Uso dos números enteiros, fraccións, decimais e raíces para expresar cantidades en contextos da vida cotiá coa precisión requirida.

– Recoñecemento e aplicación de diferentes formas de representación de números enteiros, fraccionarios e decimais, incluída a recta numérica.

– Resolución de problemas en diferentes contextos, seleccionando a representación máis adecuada dunha mesma cantidade (natural, enteiro, decimal, fracción ou raíz).

• Sentido das operacións.

– Identificación e aplicación das operacións con números enteiros, fraccionarios ou decimais útiles para resolver situacións contextualizadas.

– Resolución de problemas contextualizados con operacións combinadas con números naturais, enteiros, fraccionarios e decimais, tendo en conta a xerarquía e aplicando as propiedades adecuadas para realizar os cálculos de maneira eficiente.

• Razoamento proporcional.

– Comprensión e representación de razóns e proporcións en relacións cuantitativas.

– Recoñecemento das relacións de proporcionalidade directa, inversa e composta. Constante de proporcionalidade. Reparticións proporcionais.

– Comprensión e utilización de porcentaxes na resolución de problemas.

• Modelo matemático.

– Modelización de situacións sinxelas da vida cotiá usando representacións matemáticas e a linguaxe alxébrica.

– Dedución de conclusións razoables sobre unha situación da vida cotiá unha vez modelizada.

– Uso da linguaxe alxébrica para obter fórmulas e termos xerais baseados na observación de pautas e regularidades.

– Operacións con expresións alxébricas sinxelas. Identidades.

• Variable.

– Comprensión do concepto de variable nas súas diferentes naturezas.

• Igualdade e desigualdade.

– Uso da álxebra simbólica para representar relacións lineais e cadráticas en situacións da vida cotiá.

– Identificación e aplicación da equivalencia de expresións alxébricas na resolución de problemas baseados en relacións lineais e cadráticas.

– Procura de solucións en ecuacións lineais e cadráticas cunha incógnita. Aplicación a problemas contextualizados. Interpretación das solucións.

– Resolución alxébrica e gráfica de sistemas de dúas ecuacións lineais e dúas incógnitas. Aplicación a problemas contextualizados.

– Uso da tecnoloxía para resolver e comprobar as solucións de ecuacións e sistemas de ecuacións lineais.

• Relacións e funcións.

– Aplicación e comparación das diferentes formas de representación dunha relación (táboa, gráfica, fórmula…). Comparación e ordenación de fraccións, decimais e porcentaxes de maneira eficiente, atopando a súa situación exacta ou aproximada na recta numérica.

– Identificación de funcións, lineais ou non lineais, estudo e comparación das súas propiedades a partir das súas gráficas ou expresións alxébricas.

– Identificación de relacións cuantitativas e determinación da clase ou clases de funcións que a modelizan en problemas propios doutras materias ou do mundo real.

– Uso da álxebra simbólica para a representación e a explicación de relacións matemáticas a partir de situacións contextualizadas.

– Dedución da información relevante dunha función mediante o uso de diferentes representacións simbólicas.

Bloque 3. Sentido da medida

Criterios de avaliación

Obxectivos

• CA3.1. Investigar e comprobar conxecturas sinxelas de forma guiada analizando patróns, propiedades e relacións.

OBX3

• CA3.2. Recoñecer e usar as relacións entre os coñecementos e as experiencias matemáticas formando un todo coherente.

OBX6

• CA3.3. Recoñecer patróns, organizar datos e descompoñer un problema en partes máis simples facilitando a súa interpretación computacional.

OBX5

• CA3.4. Recoñecer situacións susceptibles de ser formuladas e resoltas mediante ferramentas e estratexias matemáticas, establecendo e aplicando conexións entre o mundo real e as matemáticas e usando os procesos inherentes á investigación científica e matemática: inferir, medir, comunicar, clasificar e predicir.

OBX1

• CA3.5. Representar conceptos, procedementos e resultados matemáticos usando diferentes ferramentas, valorando a súa utilidade para compartir información.

OBX3

• CA3.6. Fabricar obxectos ou modelos sinxelos empregando ferramentas e/ou máquinas manuais axeitadas e respectando as normas de seguridade e saúde.

OBX4

• CA3.7. Deseñar e construír, mediante ferramentas de fabricación dixital, obxectos e modelos sinxelos respectando as normas de seguridade e saúde.

OBX4

Contidos

• Magnitude.

– Elección das unidades e operacións adecuadas en problemas que impliquen medida.

– Estimación de medidas coa precisión adecuada a cada situación.

• Medición.

– Dedución, interpretación e aplicación das principais fórmulas para obter áreas, volumes e capacidades en formas tridimensionais.

• Figuras xeométricas de dúas e tres dimensións.

– Descrición e clasificación de figuras xeométricas planas e tridimensionais en función das súas propiedades ou características.

– Identificación da relación pitagórica e o seu uso no cálculo de medidas en figuras planas e tridimensionais.

– Recoñecemento de figuras semellantes. O teorema de Tales.

– Aplicación de escalas no cálculo de distancias en situacións da vida real.

– Construción de figuras xeométricas con ferramentas manipulativas e dixitais, como programas de xeometría dinámica, realidade aumentada etc. Aplicacións CAD en 2D para a representación de esquemas, circuítos e planos.

– Uso de representacións planas de obxectos tridimensionais para visualizar e resolver problemas.

– Representación de obxectos tridimensionais usando os medios tecnolóxicos máis adecuados.

Bloque 4. Determinismo e azar

Criterios de avaliación

Obxectivos

• CA4.1. Investigar conxecturas sinxelas de forma guiada analizando patróns, propiedades e relacións.

OBX1

• CA4.2. Recoñecer patróns, organizar datos e descompoñer un problema en partes máis simples facilitando a súa interpretación computacional.

OBX5

• CA4.3. Recoñecer situacións susceptibles de ser formuladas e resoltas mediante ferramentas e estratexias matemáticas, establecendo e aplicando conexións entre o mundo real e as matemáticas e usando os procesos inherentes á investigación científica e matemática: inferir, medir, comunicar, clasificar e predicir.

OBX1

• CA4.4. Comunicar información utilizando a linguaxe matemática apropiada para describir, explicar e xustificar razoamentos, procedementos e conclusións.

OBX5

• CA4.5. Recoñecer e empregar con precisión e rigor a linguaxe matemática presente na vida cotiá.

OBX5

Contidos

• Organización e análise de datos.

– Análise e interpretación de táboas e gráficos estatísticos de variables cualitativas, cuantitativas discretas e cuantitativas continuas.

– Recollida e organización de datos en situacións da vida cotiá que involucran unha soa variable. Frecuencias.

– Elaboración das representacións gráficas máis adecuadas mediante diferentes ferramentas tecnolóxicas (calculadora, folla de cálculo, aplicacións...) para pescudar como se distribúen os datos, interpretalos e obter conclusións razoadas.

– Medidas de centralización e dispersión: interpretación e cálculo.

– Comparación de dous conxuntos de datos atendendo ás medidas de centralización e dispersión.

– Uso das medidas de dispersión como complemento da media para explicar a distribución dos datos.

– Cálculo e interpretación das medidas de centralización e dispersión, con apoio tecnolóxico, en contextos da vida real.

– Uso de técnicas estatísticas para o tratamento de grandes cantidades de datos.

– Contribución da estatística ao progreso da sociedade.

Bloque 5. A materia e os seus cambios

Criterios de avaliación

Obxectivos

• CA5.1. Identificar, comprender e explicar fenómenos fisicoquímicos relacionados coa composición e coa estrutura de sistemas materiais e cambios físicos e químicos cotiáns, a partir dos principios, teorías e leis científicas adecuadas, expresándoos de maneira argumentada e utilizando diversidade de soportes e medios de comunicación.

OBX1

• CA5.2. Resolver os problemas fisicoquímicos relacionados coa composición e coa estrutura de sistemas materiais e sobre cambios fisicoquímicos utilizando as leis e as teorías científicas adecuadas, razoando os procedementos utilizados para atopar as solucións e expresando adecuadamente os resultados.

OBX3

• CA5.3. Empregar as metodoloxías propias da ciencia na identificación e descrición de fenómenos relacionados cos sistemas materiais e cos cambios físicos e químicos a partir de cuestións ás cales se poida dar resposta a través da indagación, da dedución, do traballo experimental e do razoamento lóxico-matemático, diferenciándoas das pseudocientíficas.

OBX2

• CA5.4. Empregar datos en diferentes formatos para interpretar e comunicar información relativa a sistemas materiais e á súa composición e a un proceso fisicoquímico concreto, relacionando entre si o que cada un deles contén e extraendo en cada caso o relevante para a resolución dun problema.

OBX6

• CA5.5. Coñecer os símbolos químicos dos elementos e substancias comúns máis importantes facilitando unha comunicación efectiva con toda a comunidade científica.

OBX5

Contidos

• O átomo e as partículas elementais. A molécula como unión de átomos, características.

• Teoría cinético-molecular: aplicación a observacións sobre a materia explicando as súas propiedades, os estados de agregación, os cambios de estado e a formación de mesturas e disolucións.

• Experimentos relacionados cos sistemas materiais: coñecemento e descrición das súas propiedades, a súa composición e a súa clasificación.

• Nomenclatura: participación dunha linguaxe científica común e universal a través da interpretación das fórmulas químicas dalgúns compostos binarios de importancia e o coñecemento dos símbolos dos principais elementos químicos.

• Os sistemas materiais: análise dos diferentes tipos de cambios que experimentan relacionando as causas que os producen coas consecuencias que teñen.

• Interpretación macroscópica e microscópica de reaccións químicas elementais, explicación das relacións da química co ambiente, coa tecnoloxía e coa sociedade.

Bloque 6. As interaccións e a enerxía

Criterios de avaliación

Obxectivos

• CA6.1. Identificar, comprender e explicar fenómenos cotiáns relacionados con movementos, así como coas forzas e os seus efectos, así como fenómenos fisicoquímicos cotiáns relevantes relacionados coa enerxía a partir dos principios, teorías e leis científicas adecuadas, expresándoos de maneira argumentada e utilizando diversidade de soportes e medios de comunicación.

OBX1

• CA6.2. Resolver problemas sobre movementos, sobre forzas e os seus efectos e problemas fisicoquímicos relacionados coa enerxía utilizando as leis e as teorías científicas adecuadas, razoando os procedementos utilizados para atopar as solucións e expresando adecuadamente os resultados.

OBX3

• CA6.3. Empregar as metodoloxías propias da ciencia na identificación e descrición de fenómenos relacionados con movementos, as forzas e os seus efectos, así como os relacionados coa enerxía, a partir de cuestións ás cales se poida dar resposta a través da indagación, da dedución, do traballo experimental e do razoamento lóxico-matemático, diferenciándoas das pseudocientíficas.

OBX2

• CA6.4. Empregar datos en diferentes formatos para interpretar e comunicar información relativa a un proceso fisicoquímico relativa a movementos e a forzas e os seus efectos, así como os relacionados coa enerxía, relacionando entre si o que cada un deles contén e extraendo en cada caso o relevante para a resolución dun problema.

OBX6

Contidos

• Análise de movementos sinxelos a partir dos conceptos da cinemática, formulando hipóteses comprobables sobre valores futuros das magnitudes implicadas e validándoas a través do cálculo numérico, da interpretación de gráficas ou do traballo experimental.

• As forzas como axentes de cambio: efectos das forzas, tanto no estado de movemento ou de repouso dun corpo como na produción de deformacións.

• Aplicación das leis de Newton: observación de situacións cotiáns ou de laboratorio que permiten entender como se comportan os sistemas materiais ante a acción das forzas e predicir os efectos destas en situacións cotiáns e de seguridade viaria.

• Fenómenos gravitatorios, eléctricos e magnéticos: experimentos sinxelos que evidencian a relación coas forzas da natureza.

• A presión. Física da atmosfera. Mapas climáticos.

• A enerxía: formulación de cuestións e hipóteses sobre a enerxía, propiedades e manifestacións que a describan como a causa de todos os procesos de cambio.

• Deseño e comprobación experimental de hipóteses relacionadas co uso doméstico e industrial da enerxía nas súas distintas formas e as transformacións entre elas.

• Efectos da calor sobre a materia: análise dos efectos e aplicación en situacións cotiáns.

Bloque 7. Algoritmos e máquinas

Criterios de avaliación

Obxectivos

• CA7.1. Deseñar e fabricar sistemas mecánicos sinxelos respectando as normas de seguridade e saúde.

OBX6

• CA7.2. Deseñar e montar sistemas de control e robots mediante a incorporación dos sensores, actuadores e elementos de control necesarios para a resolución de problemas propostos respectando as normas de seguridade e saúde.

OBX10

• CA7.3. Describir, interpretar e deseñar solucións a problemas informáticos e/ou retos de robótica, aplicando os elementos e as técnicas de programación de maneira creativa.

OBX4

• CA7.4. Programar aplicacións sinxelas para distintos dispositivos (ordenadores, dispositivos móbiles e outros) empregando os elementos de programación de maneira apropiada e aplicando ferramentas de edición e módulos de intelixencia artificial que engadan funcionalidades.

OBX7

• CA7.5. Automatizar procesos, máquinas e sistemas, coa posibilidade de conexión á internet, mediante a análise e a programación de robots e sistemas de control.

OBX10

• CA7.6. Facer un uso eficiente e seguro dos dispositivos dixitais de uso cotián na resolución de problemas sinxelos, coñecendo os riscos e adoptando medidas de seguridade para a protección de datos e equipos.

OBX3

• CA7.7. Crear contidos, elaborar materiais configurando correctamente as ferramentas dixitais habituais da contorna de aprendizaxe, axustándoas ás súas necesidades e respectando os dereitos de autor e a etiqueta dixital.

OBX5

• CA7.8. Organizar a información de maneira estruturada aplicando técnicas de almacenamento seguro.

OBX6

• CA7.9. Adoptar medidas preventivas para a protección dos dispositivos, dos datos e da saúde persoal, identificando problemas e riscos relacionados co uso da tecnoloxía e facendo unha análise ética e crítica.

OBX8

• CA7.10. Recoñecer patróns, organizar datos e descompoñer un problema en partes máis simples facilitando a súa interpretación computacional.

OBX3

Contidos

• Análise do funcionamento de mecanismos de transmisión e transformación do movemento e as súas aplicacións prácticas. Cálculos sinxelos de relación de transmisión e velocidades aplicados a proxectos.

• Compoñentes e funcionamento dun sistema de control ou robot sinxelo: estrutura, mecánica, sensores, actuadores, controladores e alimentación.

• Deseño e montaxe de sistemas de control ou robots para a resolución de problemas técnicos.

• Aplicacións informáticas sinxelas para ordenador e/ou dispositivos móbiles.

• Introdución á intelixencia artificial.

• Sistemas de control programado: programación sinxela de dispositivos.

• Introdución á internet das cousas (IoT).

• Fundamentos da robótica: control programado de robots de maneira física ou por medio de simuladores. Resolución de retos e desafíos de robótica sinxelos.

• Autoconfianza e iniciativa: o erro, a reavaliación e a depuración de erros como parte do proceso de aprendizaxe.

• Ferramentas dixitais para a elaboración de documentación técnica relativa a proxectos.

• Dispositivos dixitais. Elementos do hardware e do software. Identificación e resolución de problemas técnicos sinxelos.

• Ferramentas e plataformas de aprendizaxe: configuración, mantemento e uso crítico.

• Ferramentas de edición e creación de contidos: instalación, configuración e uso responsable.

• Propiedade intelectual e etiqueta dixital.

• Técnicas de tratamento, organización e almacenamento seguro da información. Copias de seguridade.

• Seguridade na rede: riscos, ameazas e ataques.

• Medidas de protección de datos e información. Benestar dixital: prácticas seguras e riscos (ciberacoso, sextorsión, vulneración da propia imaxe e da intimidade, acceso a contidos inadecuados, adiccións...).

• Pensamento computacional.

– Xeneralización e transferencia de procesos de resolución de problemas a outras situacións.

– Identificación de estratexias para a interpretación e a modificación de algoritmos.

– Uso de calculadoras gráficas e software específico para a representación de funcións e a análise dos seus elementos característicos.

• Uso e mantemento de ferramentas. Técnicas de mecanización de materiais na construción de obxectos e prototipos.

• Respecto ás normas de seguridade e hixiene.

• Fabricación dixital. Deseño e construción de pezas con impresión 3D e/ou corte.

Bloque 8. A ciencia no mundo actual

Criterios de avaliación

Obxectivos

• CA8.1. Comprobar a validez das solucións dun problema e elaborar respostas coherentes no contexto exposto, avaliando o seu alcance e repercusión desde diferentes perspectivas (de xénero, de sustentabilidade, de consumo responsable, etc.).

OBX6

• CA8.2. Idear e deseñar solucións eficaces, innovadoras e sustentables a problemas definidos, aplicando conceptos, técnicas e procedementos interdisciplinarios, así como criterios de sustentabilidade, con actitude emprendedora, perseverante e creativa.

OBX2

• CA8.3. Detectar na contorna as necesidades tecnolóxicas, ambientais, económicas e sociais máis importantes que demanda a sociedade, entendendo a capacidade da ciencia para darlles solución sustentable a través da implicación de todos os cidadáns.

OBX1

• CA8.4. Recoñecer e describir na contorna inmediata situacións problemáticas reais de índole científica e emprender iniciativas en que a ciencia e, en particular, a física e a química poden contribuír á súa solución, analizando criticamente o seu impacto na sociedade.

OBX3

• CA8.5. Recoñecer a influencia da actividade tecnolóxica na sociedade e na sustentabilidade ambiental ao longo da súa historia, identificando as súas achegas e repercusións e valorando a súa importancia para o desenvolvemento sustentable.

OBX4

• CA8.6. Identificar as achegas das tecnoloxías emerxentes ao benestar, á igualdade social e á diminución do impacto ambiental, facendo un uso responsable e ético delas.

OBX7

Contidos

• Valoración da cultura científica e do papel de científicos e científicas nos principais fitos históricos e actuais da física e da química e da ética e aplicación das tecnoloxías emerxentes e sustentable, para o avance e a mellora da sociedade

• Elaboración fundamentada de hipóteses sobre o ambiente e a sustentabilidade a partir das diferenzas entre fontes de enerxía renovables e non renovables.

• Explicación das relacións da química co ambiente, coa tecnoloxía e coa sociedade.

• Aplicacións das tecnoloxías emerxentes e sustentable, para o avance e a mellora da sociedade.

• Observacións sobre a materia, os seus estados de agregación, os cambios de estado e a formación de mesturas e disolucións que xeran impactos ambientais no planeta ideando respostas para evitalos e xerar un equilibrio ecolóxico.

Módulo III.

Ámbito Científico-Tecnolóxico

Módulo III

Bloque 1. Destrezas básicas en ciencia, tecnoloxía e matemáticas

Criterios de avaliación

Obxectivos

• CA1.1. Formular preguntas e hipóteses que poidan ser respondidas ou contrastadas utilizando o método científico, a observación, a información e o razoamento, explicando fenómenos naturais ou problemas cotiáns e realizando predicións sobre eles.

OBX3

• CA1.2. Deseñar e realizar experimentos e obter e interpretar datos cuantitativos e cualitativos sobre fenómenos naturais, no laboratorio ou sucesos na vida real, utilizando os instrumentos, ferramentas ou técnicas adecuados con corrección para obter resultados claros que respondan a cuestións concretas ou que contrasten a veracidade dunha hipótese dun xeito interdisciplinario onde se utilicen ferramentas matemáticas e tecnolóxicas.

OBX7

• CA1.3. Empregar e citar de forma adecuada fontes fiables, seleccionando a información científica relevante na consulta e creación de contidos e mellorando a aprendizaxe propia e colectiva.

OBX5

• CA1.4. Organizar e comunicar información científica e matemática de forma clara e rigorosa de maneira verbal, gráfica, numérica, etc. utilizando o formato máis adecuado.

OBX5

• CA1.5. Asumir responsablemente unha función concreta dentro dun proxecto científico guiado, utilizando espazos virtuais e aplicacións informáticas cando sexa necesario, achegando valor, analizando criticamente as contribucións do resto do equipo, respectando a diversidade e favorecendo a inclusión, e orientados á mellora e á creación de valor na sociedade.

OBX9

• CA1.6. Valorar a contribución da ciencia á sociedade e o labor das persoas dedicadas a ela, destacando o papel das mulleres e entendendo a investigación como un labor colectivo e interdisciplinario en constante evolución influída polo contexto político e os recursos económicos.

OBX1

CA1.7. Mostrar resiliencia ante os retos académicos, asumindo o erro como unha oportunidade para a mellora e desenvolvendo un autoconcepto positivo ante as ciencias.

OBX8

Contidos

• Proxectos de investigación. Metodoloxía da investigación científica.

– Identificación e formulación de cuestións.

– Elaboración de hipóteses.

– Comprobación mediante experimentación.

– Análise e interpretación de resultados.

• Espazos e recursos de aprendizaxe científica (como o laboratorio e os espazos virtuais): utilización adecuada, que asegure a conservación da saúde propia e da comunitaria, a seguridade e o respecto ao ambiente.

• Linguaxe científica: interpretación, produción e comunicación eficaz de información de carácter científico no contexto académico en diferentes formatos.

• Habilidades básicas de comunicación interpersoal: vocabulario técnico adecuado e patróns de comportamento propios do contorno virtual (etiqueta dixital).

• Valoración da ciencia e da actividade desenvolvida polas persoas que se dedican a ela e recoñecemento da súa contribución aos distintos ámbitos do saber humano e no avance e mellora da sociedade.

• Estratexias para o recoñecemento das emocións que interveñen na aprendizaxe propia para incrementar a curiosidade, a iniciativa, a perseveranza e a resiliencia, así como o pracer de aprender e comprender a ciencia.

• Estratexias de fomento da flexibilidade cognitiva: a apertura a cambios de estratexia cando sexa necesario e transformación do erro en oportunidade de aprendizaxe.

• Selección de técnicas cooperativas para optimizar o traballo en equipo, uso de condutas empáticas e estratexias para a xestión de conflitos.

• Emprendemento, adaptabilidade, perseveranza e creatividade para abordar os problemas desde unha perspectiva interdisciplinaria.

• Promoción de actitudes inclusivas e da igualdade efectiva de xénero, así como respecto polas minorías e aceptación da diversidade presente na aula e na sociedade.

Bloque 2. Números e álxebra

Criterios de avaliación

Obxectivos

• CA2.1. Elaborar representacións que axuden na procura de estratexias de resolución dunha situación problematizada, organizando os datos dados e comprendendo as preguntas formuladas.

OBX3

• CA2.2. Calcular expresións numéricas coas catro operacións elementais e coa potenciación aplicando correctamente as regras de prioridade.

OBX2

• CA2.3. Comprobar a corrección das solucións dun problema e a súa coherencia no contexto exposto.

OBX7

• CA2.4. Utilizar os diferentes tipos de números e operacións, xunto coas súas propiedades, para recoller, transformar e intercambiar información para resolver problemas.

OBX3

• CA2.5. Utilizar a linguaxe alxébrica expresando propiedades e relacións dadas a partir dun enunciado para conseguir extraer e transformar información.

OBX5

• CA2.6. Resolver problemas da vida cotiá en que se precise formular e resolver ecuacións de 1º grao e sistemas de ecuacións lineais.

OBX7

• CA2.7. Aplicar técnicas e procedementos básicos do cálculo alxébrico para operar con polinomios e factorizalos.

OBX3

Contidos

• Números e operacións.

– Identificación e representación de cantidades con números naturais, enteiros, decimais e racionais.

– Representación e ordenación de números na recta numérica.

– Selección da representación máis adecuada dunha cantidade e utilización en distintos contextos.

– Operacións ou combinación de operacións con números naturais, enteiros, racionais ou decimais (suma, resta, multiplicación, división e potencias con expoñentes enteiros).

– Propiedades das operacións con números naturais, enteiros, racionais ou decimais.

– Resolución de problemas elixindo a representación máis adecuada dunha cantidade.

– Estratexias de cálculo mental, de forma manual ou con calculadora.

– Relacións inversas (adición e subtracción, multiplicación e división, cadrado e raíz cadrada): utilización na resolución de problemas.

• Utilización do cálculo para resolver problemas da vida cotiá, adaptando a estratexia e o tipo de cálculo ao tamaño dos números.

• Interpretación de números grandes e pequenos.

– Recoñecemento da notación científica.

– Orde de magnitude.

– Uso da calculadora na representación de números en notación exponencial e científica.

• Factores e múltiplos: relacións e uso da factorización en números primos na resolución de problemas.

• Razóns e proporcións: comprensión e representación de relacións cuantitativas.

• Relacións de proporcionalidade directa e inversa.

– Recoñecemento das relacións de proporcionalidade directa e inversa.

– Interpretación da constante de proporcionalidade no contexto dado.

– Resolución de problemas de proporcionalidade: escalas, cambio de divisas, etc.

• Porcentaxes.

– Comprensión e uso en diferentes contextos.

– Aumentos e diminucións porcentuais. Aplicación en contextos cotiáns, como rebaixas, descontos, impostos, taxas, etc.

– Toma de decisións a partir da información numérica relevante: consumo responsable, relaciones calidade-prezo e valor-prezo en contextos cotiáns.

• Padróns e sucesións.

– Identificación de estruturas numéricas e gráficas.

– Determinación da regra de formación de diversas estruturas en casos sinxelos.

– Identificación de padróns en diferentes contextos: mosaicos, frisos, calzadas, etc.

• Linguaxe alxébrica.

– Comprensión do concepto de variable.

– Expresión de relacións sinxelas mediante linguaxe alxébrica.

– Equivalencia de expresións alxébricas de primeiro grao.

– Resolución alxébrica e gráfica de sistemas de ecuacións lineais en problemas de contextos diferentes.

– Interpretación da solución dun problema e comprobación da coherencia no contexto.

– Uso de ferramentas tecnolóxicas na resolución de problemas e interpretación das solucións.

• Relacións e funcións.

– Formas de representación dunha relación: enunciado, táboas, gráficas e expresión analítica.

– Relacións lineais: interpretación en situacións contextualizadas descritas mediante un enunciado, táboa, gráfica ou expresión analítica.

– Estratexias para a interpretación e modificación de algoritmos. Formulación de problemas susceptibles de ser analizados utilizando programas e outras ferramentas.

– Estudo gráfico dunha función, continuidade, monotonía, extremos relativos, puntos de corte aos eixes.

Bloque 3. Sentido da medida

Criterios de avaliación

Obxectivos

• CA3.1. Atopar a solución dun problema utilizando coñecementos, datos e información achegados, estratexias e ferramentas apropiadas.

OBX6

• CA3.2. Analizar e interpretar información científica e matemática presente na vida cotiá mantendo unha actitude crítica.

OBX5

• CA3.3. Aplicar procedementos propios das ciencias e das matemáticas en situacións diversas establecendo conexións entre distintas áreas de coñecemento en contextos sociais.

OBX7

• CA3.4. Empregar fórmulas axeitadas para obter lonxitudes e áreas das figuras planas na resolución de problemas xeométricos.

OBX3

• CA3.5. Recoñecer e describir os elementos e as propiedades características das figuras planas, os corpos xeométricos elementais e as súas configuracións xeométricas.

OBX3

• CA3.6. Utilizar técnicas, instrumentos e fórmulas axeitadas para obter medidas directas e indirectas en situacións reais.

OBX6

Contidos

• Estimación, relacións e conversións: toma de decisión xustificada do grao de precisión en situacións de medida.

• Obtención de fórmulas para o cálculo de perímetros e áreas de figuras planas.

• Aplicación do cálculo de perímetros e áreas na resolución de problemas.

• Teorema de Tales.

• Mapas e escalas, coordenadas xeográficas, lonxitude e latitude.

• Figuras xeométricas de dúas e tres dimensións.

– Descrición de figuras planas e tridimensionais e os seus elementos característicos.

– Clasificación das figuras xeométricas planas e tridimensionais en función das súas propiedades ou características.

– Construción de figuras xeométricas con ferramentas manipulativas e dixitais, como programas de xeometría dinámica, realidade aumentada, etc.

• Coordenadas cartesianas: localización e descrición de relacións espaciais.

Bloque 4. Determinismo e azar

Criterios de avaliación

Obxectivos

• CA4.1. Atopar a solución dun problema utilizando coñecementos, datos e información achegados, estratexias e ferramentas apropiadas.

OBX3

• CA4.2. Organizar e comunicar información científica e matemática de forma clara e rigorosa de maneira verbal, gráfica, numérica, etc. utilizando o formato máis adecuado.

OBX5

• CA4.3. Elaborar e interpretar táboas e gráficas estatísticas en situacións reais, así como os parámetros estatísticos máis comúns en distribucións unidimensionais.

OBX1

• CA4.4. Analizar e interpretar a información estatística que aparece nos medios de comunicación, valorar a súa representatividade e fiabilidade.

OBX2

Contidos

• Características dunha poboación.

– Formulación de preguntas adecuadas.

– Estratexias de recollida de datos.

– Organización dos datos: frecuencias e táboas de frecuencia.

• Medidas de centralización e dispersión.

– Cálculo, interpretación e obtención de conclusións razoadas.

– Uso das ferramentas tecnolóxicas adecuadas a cada situación.

– Comparación de dous conxuntos de datos atendendo ás súas medidas de centralización e de dispersión.

• Elaboración das representacións gráficas máis adecuadas mediante diferentes ferramentas tecnolóxicas (calculadora, folla de cálculo, aplicacións...).

• Análise e interpretación de táboas e gráficos estatísticos de variables estatísticas en contextos cotiáns.

Bloque 5. Os ingredientes vivos do planeta e a súa evolución

Criterios de avaliación

Obxectivos

• CA5.1. Recoñecer e describir a célula como unidade estrutural e funcional dos seres vivos, identificando as estruturas básicas dos diferentes tipos de células, utilizando diferentes estratexias de observación e comparación e relacionándoas coas súas funcións.

OBX1

• CA5.2. Determinar os distintos niveis de organización das células para formar tecidos, órganos e aparellos dun ser vivo utilizando diferentes estratexias de observación.

OBX1

• CA5.3. Describir os virus como formas acelulares causantes dalgunhas patoloxías nos humanos, utilizando fontes fiables e adoptando unha actitude crítica e escéptica cara a informacións sen unha base científica como pseudociencias, teorías conspiratorias, crenzas infundadas, boatos etc.

OBX5

• CA5.4. Analizar o funcionamento do sistema inmunitario e comparar as enfermidades infecciosas e non infecciosas, identificando as medidas de prevención e tratamentos que existen ata o momento, concienciando sobre a vacinación e o uso responsable de antibióticos, utilizando fontes fiables e adoptando unha actitude crítica e escéptica cara á informacións sen unha base científica.

OBX6

• CA5.5. Recoñecer a importancia da doazón de sangue e órganos valorando a súa mellora na calidade de vida.

OBX4

• CA5.6. Recoñecer e identificar órganos, aparellos e sistemas que participan en cada unha das funcións vitais, describindo os principais procesos que interveñen nelas e establecendo o seu papel e importancia.

OBX1

Contidos

• Niveis de organización.

– A célula: estrutura básica e tipos de células.

– Os tecidos, órganos e aparellos.

– Os virus.

• As funcións vitais no ser humano.

– Función de nutrición. Dixestión, respiración, circulación e excreción.

– Función de relación. Os órganos sensoriais. Sistema nervioso e endócrino.

– Función de reprodución. Métodos anticonceptivos e prácticas sexuais responsables.

• Concepto de saúde e enfermidade.

• Enfermidades infecciosas e non infecciosas.

– O sistema inmunitario.

– Prevención e tratamento das enfermidades infecciosas: a vacinación e o uso responsable de antibióticos.

Bloque 6. Os ingredientes non vivos do planeta e as súas modificacións

Criterios de avaliación

Obxectivos

• CA6.1. Describir a modelaxe do relevo, analizando os diferentes axentes, procesos e factores que favorecen a formación da paisaxe, investigando o relevo en Galicia e observando a paisaxe próxima.

OBX3

• CA6.2. Clasificar os riscos, empregando como criterio as causas naturais que os producen.

OBX1

• CA6.3. Valorar a importancia da análise dos riscos xeolóxicos externos potenciados por determinadas accións humanas, recoñecendo as medidas de predición e prevención para minimizar os seus efectos.

OBX4

Contidos

• Xeomorfoloxía externa.

– Axentes, procesos e factores que condicionan a modelaxe do relevo.

• Riscos naturais.

– Definición e clasificación.

– Riscos xeolóxicos externos.

Bloque 7. A materia e os seus cambios

Criterios de avaliación

Obxectivos

• CA7.1. Identificar e comprender fenómenos naturais relevantes, para explicalos a partir de teorías, leis e principios científicos adecuados como estratexia na toma de decisións fundamentadas.

OBX1

• CA7.2. Elaborar representacións que axuden na procura de estratexias de resolución dunha situación problematizada, organizando os datos dados e comprendendo as preguntas formuladas.

OBX2

• CA7.3. Atopar a solución dun problema utilizando os datos e información achegados, os propios coñecementos e as estratexias e ferramentas apropiadas.

OBX6

• CA7.4. Comprobar a corrección das solucións dun problema e a súa coherencia no contexto exposto.

OBX2

Contidos

• Teoría cinético-molecular: aplicación e explicación das propiedades máis importantes dos sistemas materiais.

• Composición da materia.

– Aplicación dos coñecementos sobre a estrutura atómica da materia para entender a formación de ións, a existencia de isótopos, o desenvolvemento histórico do modelo atómico e a ordenación dos elementos na táboa periódica.

– Masa atómica e molecular. Mol.

– Valoración das aplicacións de elementos e compostos químicos de relevancia, a súa formación e as súas propiedades físicas e químicas.

• Formulación e nomenclatura de substancias químicas simples e compostos binarios inorgánicos segundo as normas da IUPAC.

• Análise dos diferentes tipos de cambios que experimentan os sistemas materiais para relacionalos coas causas que os producen e coas consecuencias que teñen.

• Reaccións químicas.

– Interpretación das reaccións químicas no ámbito macroscópico e microscópico.

– Aplicación da lei de conservación da masa e as leis ponderais.

– Análise dos factores que afectan a velocidade das reaccións químicas de forma cualitativa.

• Experimentación cos sistemas materiais: coñecemento e descrición das súas propiedades, composición e clasificación

Bloque 8. As interaccións e a enerxía

Criterios de avaliación

Obxectivos

• CA8.1. Identificar e comprender fenómenos naturais relevantes, para explicalos a partir de teorías, leis e principios científicos adecuados como estratexia na toma de decisións fundamentadas.

OBX1

• CA8.2. Elaborar representacións que axuden na procura de estratexias de resolución dunha situación problematizada, organizando os datos dados e comprendendo as preguntas formuladas.

OBX2

• CA8.3. Atopar a solución dun problema utilizando os datos e información achegados, os propios coñecementos e as estratexias e ferramentas apropiadas.

OBX6

• CA8.4. Comprobar a corrección das solucións dun problema e a súa coherencia no contexto exposto.

OBX2

• CA8.5. Analizar e interpretar información científica e matemática presente na vida cotiá mantendo unha actitude crítica.

OBX5

Contidos

• Natureza eléctrica da materia: electrización dos corpos.

• Enerxía eléctrica: obtención. Circuítos eléctricos simples.

Bloque 9. A ciencia no mundo actual

Criterios de avaliación

Obxectivos

• CA9.1. Analizar problemas ou necesidades identificadas, buscando e contrastando información de distintas fontes para un obxectivo crítico e seguro, avaliando a súa fiabilidade e relevancia.

OBX6

• CA9.2. Idear e deseñar solucións eficaces innovadoras e sustentables a problemas definidos, aplicando conceptos, técnicas e procedementos interdisciplinario así como criterios de sustentabilidade cunha actitude emprendedora, perseverante e creativa.

OBX7

• CA9.3. Recoñecer o sexo e a sexualidade desde a perspectiva da igualdade entre homes e mulleres, respectando a diversidade sexual e promovendo a responsabilidade nas prácticas sexuais seguras.

OBX8

• CA9.4. Avaliar os efectos de determinadas accións individuais sobre o organismo e o medio, reflexionando sobre a importancia de adquirir hábitos saudables como método de prevención de enfermidades e de conservación do ambiente.

OBX4

• CA9.5. Recoñecer as drogas, legais e ilegais, considerándoas como causa de prexuízos, relacionándoas coas enfermidades e as problemáticas sociais asociadas ao seu consumo e propoñendo posibles solucións.

OBX4

Criterios de avaliación

Obxectivos

• CA9.6. Relacionar con fundamentos científicos a preservación da biodiversidade, a conservación do ambiente e a protección dos seres vivos da contorna co desenvolvemento sustentable e a calidade de vida, analizando as consecuencias das actividades humanas sobre esta e propoñendo accións para a súa conservación.

OBX4

• CA9.7. Recoñecer a información con base científica en relación co ambiente, distinguíndoa de pseudociencias, boatos, teorías conspiratorias e crenzas infundadas, etc., mantendo unha actitude escéptica ante estes.

OBX6

• CA9.8. Recoñecer a influencia da actividade tecnolóxica na sociedade e na sustentabilidade ambiental identificando as súas achegas e repercusións e valorando a súa importancia para o desenvolvemento sustentable.

OBX4

• CA9.9. Interpretar as implicacións éticas, sociais e ambientais en relación cos avances en ciencia e tecnoloxía, utilizando fontes fiables e adoptando unha actitude crítica e escéptica cara a informacións sen unha base científica.

OBX6

• CA9.10. Analizar os impactos antrópicos xerados no medio difundindo accións que favorezan a sustentabilidade.

OBX5

Contidos

• A influencia da ciencia na evolución das sociedades.

• Principios para unha xestión sustentable do planeta.

• Principais tratados e protocolos internacionais.

• O aforro enerxético e a conservación sustentable do ambiente.

• Hábitos saudables para beneficio individual e para a sociedade: postura adecuada, dieta equilibrada, exercicio físico, hixiene do sono, uso responsable dos dispositivos tecnolóxicos, prevención do consumo de drogas legais e ilegais.

• Métodos anticonceptivos e prácticas sexuais responsables.

• Utilización das tecnoloxías da información e da comunicación: servizos básicos das TIC, páxinas web, uso de navegadores, procura de información, técnica e estratexia de busca. A propiedade e a distribución do software e dos recursos: tipos de licenzas de uso e distribución. E-learning. Plataformas educativas en liña en Galicia.

Módulo IV.

Ámbito Científico-Tecnolóxico

Módulo IV

Bloque 1. Destrezas básicas en ciencia, tecnoloxía e matemáticas

Criterios de avaliación

Obxectivos

• CA1.1. Formular preguntas e hipóteses que poidan ser respondidas ou contrastadas utilizando o método científico, a observación, a información e o razoamento, explicando fenómenos naturais ou problemas cotiáns e realizando predicións sobre eles.

OBX3

• CA1.2. Deseñar e realizar experimentos e obter e interpretar datos cuantitativos e cualitativos sobre fenómenos naturais no medio natural, no laboratorio ou sucesos na vida real, utilizando os instrumentos, ferramentas ou técnicas adecuados con corrección para obter resultados claros que respondan a cuestións concretas ou que contrasten a veracidade dunha hipótese dun xeito interdisciplinario onde se utilicen ferramentas matemáticas e tecnolóxicas.

OBX7

• CA1.3. Empregar e citar de forma adecuada fontes fiables, seleccionando a información científica relevante na consulta e creación de contidos e mellorando a aprendizaxe propia e colectiva.

OBX5

• CA1.4. Organizar e comunicar información científica e matemática de forma clara e rigorosa de maneira verbal, gráfica, numérica, etc. utilizando o formato máis adecuado.

OBX5

• CA1.5. Asumir responsablemente unha función concreta dentro dun proxecto científico guiado, utilizando espazos virtuais e aplicacións informáticas cando sexa necesario, achegando valor, analizando criticamente as contribucións do resto do equipo, respectando a diversidade e favorecendo a inclusión, e orientados á mellora e á creación de valor na sociedade.

OBX9

• CA1.6. Valorar a contribución da ciencia á sociedade e o labor das persoas dedicadas a ela, destacando o papel das mulleres e entendendo a investigación como un labor colectivo e interdisciplinario en constante evolución influída polo contexto político e os recursos económicos.

OBX1

• CA1.7. Mostrar resiliencia ante os retos académicos, asumindo o erro como unha oportunidade para a mellora e desenvolvendo un autoconcepto positivo ante as ciencias.

OBX8

Contidos

• Proxectos de investigación. Metodoloxía da investigación científica.

– Identificación e formulación de cuestións.

– Elaboración de hipóteses.

– Comprobación mediante experimentación.

– Análise e interpretación de resultados.

• Espazos e recursos de aprendizaxe científica (como o laboratorio e os espazos virtuais): utilización adecuada, que asegure a conservación da saúde propia e da comunitaria, a seguridade e o respecto ao ambiente.

• Linguaxe científica: interpretación, produción e comunicación eficaz de información de carácter científico no contexto académico en diferentes formatos.

• Habilidades básicas de comunicación interpersoal: vocabulario técnico adecuado e patróns de comportamento propios do contorno virtual (etiqueta dixital).

• Valoración da ciencia e da actividade desenvolvida polas persoas que se dedican a ela e recoñecemento da súa contribución aos distintos ámbitos do saber humano e no avance e mellora da sociedade.

• Estratexias para o recoñecemento das emocións que interveñen na aprendizaxe propia para incrementar a curiosidade, a iniciativa, a perseveranza e a resiliencia, así como o pracer de aprender e comprender a ciencia.

• Estratexias de fomento da flexibilidade cognitiva: apertura a cambios de estratexia cando sexa necesario e transformación do erro en oportunidade de aprendizaxe.

• Selección de técnicas cooperativas para optimizar o traballo en equipo, uso de condutas empáticas e estratexias para a xestión de conflitos.

• Emprendemento, adaptabilidade, perseveranza e creatividade para abordar os problemas desde unha perspectiva interdisciplinaria.

• Promoción de actitudes inclusivas e da igualdade efectiva de xénero, así como respecto polas minorías e aceptación da diversidade presente na aula e na sociedade.

Bloque 2. Números e álxebra

Criterios de avaliación

Obxectivos

• CA2.1. Elaborar representacións que axuden na busca de estratexias de resolución dunha situación problematizada, organizando os datos dados e comprendendo as preguntas formuladas.

OBX6

• CA2.2. Atopar a solución dun problema utilizando coñecementos, datos e información achegados, estratexias e ferramentas apropiadas.

OBX3

• CA2.3. Organizar e comunicar información científica e matemática de forma clara e rigorosa de maneira verbal, gráfica, numérica, etc., utilizando o formato máis adecuado.

OBX2

• CA2.4. Analizar e interpretar información científica e matemática presente na vida cotiá mantendo unha actitude crítica.

OBX6

• CA2.5. Utilizar e aplicar procesos de razoamento e estratexias de resolución de problemas realizando os cálculos necesarios e comprobando as solucións obtidas.

OBX3

• CA2.6. Estudar en profundidade nos problemas resoltos o enfoque de variacións nos enunciados e nas solucións.

OBX6

• CA2.7. Aplicar procedementos propios das ciencias e das matemáticas en situacións diversas establecendo conexións entre distintas áreas de coñecemento en contextos sociais.

OBX6

Contidos

• Números e operacións.

– Identificación e representación de cantidades con números decimais, racionais e irracionais relevantes (raíces cadradas, π...).

– Representación e ordenación de números na recta numérica.

– Selección da representación máis adecuada dunha cantidade e utilización en distintos contextos.

• Estratexias de cálculo.

– Recontos sistemáticos con diferentes estratexias, como diagramas en árbore ou combinatoria básica.

– Utilización do cálculo para resolver problemas da vida cotiá adaptando a estratexia e o tipo de cálculo ao tamaño dos números.

• Toma de decisións a partir da información numérica relevante: consumo responsable, relaciones calidade-prezo e valor-prezo en contextos cotiáns.

• Linguaxe alxébrica.

– Expresión de relacións mediante linguaxe alxébrica.

– Equivalencia de expresións alxébricas de segundo grao.

– Resolución alxébrica e gráfica de ecuacións de segundo grao en problemas de contextos diferentes.

– Interpretación da solución dun problema e comprobación da coherencia no contexto.

– Uso de ferramentas tecnolóxicas na resolución de problemas e interpretación das solucións.

• Relacións e funcións.

– Formas de representación dunha relación: enunciado, táboas, gráficas e expresión analítica.

– Interpretación da información relevante en situacións reais, funcións cadráticas, de proporcionalidade inversa, etc.

• Estratexias para a interpretación e modificación de algoritmos. Formulación de problemas susceptibles de ser analizados utilizando programas e outras ferramentas.

Bloque 3. Sentido da medida

Criterios de avaliación

Obxectivos

• CA3.1. Utilizar e aplicar procesos de razoamento e estratexias de resolución de problemas realizando os cálculos necesarios e comprobando as solucións obtidas.

OBX2

• CA3.2. Estudar en profundidade nos problemas resoltos o enfoque de variacións nos enunciados e nas solucións.

OBX2

• CA3.3. Aplicar procedementos propios das ciencias e das matemáticas en situacións diversas establecendo conexións entre distintas áreas de coñecemento en contextos sociais.

OBX6

• CA3.4. Recoñecer as transformacións que levan dunha figura xeométrica a outra mediante os movementos no plano e utilizar estes movementos para crear composicións propias analizando configuracións presentes na natureza.

OBX3

Contidos

• Estimación e relacións.

– Toma de decisión xustificada do grao de precisión en situacións de medida.

– Estimación ou cálculo de medidas indirectas, usando diferentes estratexias, en formas e obxectos da vida cotiá.

• Medición.

– Dedución, interpretación e aplicación das principais fórmulas para obter áreas, volumes e capacidades en formas tridimensionais.

– Equivalencia entre medidas de volume e capacidade.

– Uso de representacións planas de obxectos tridimensionais para cálculo de áreas e a súa aplicación na resolución de problemas.

• Uso de instrumentos de debuxo e ferramentas dixitais para modelizar e representar obxectos xeométricos con propiedades fixadas, como as lonxitudes de lados ou as medidas de ángulos.

• Movementos e transformacións.

– Análise de transformacións elementais como xiros, translacións e simetrías en situacións diversas utilizando ferramentas tecnolóxicas ou manipulativas.

– Investigación das transformacións elementais na vida cotiá con ferramentas tecnolóxicas, como programas de xeometría dinámica, realidade aumentada, etc.

Bloque 4. Determinismo e azar

Criterios de avaliación

Obxectivos

• CA4.1. Aplicar procedementos propios das ciencias e das matemáticas en situacións diversas establecendo conexións entre distintas áreas de coñecemento en contextos sociais.

OBX6

• CA4.2. Analizar e interpretar información científica e matemática presente na vida cotiá mantendo unha actitude crítica.

OBX6

• CA4.3. Identificar e comprender fenómenos naturais relevantes, a partir de teorías, leis e principios científicos adecuados como estratexia na toma de decisións fundamentadas.

OBX1

• CA4.4. Expresar adecuadamente as características dunha poboación e recoller, organizar e presentar datos relevantes para coñecelas, utilizando métodos estatísticos apropiados e as ferramentas informáticas adecuadas.

OBX5

• CA4.5. Asignar probabilidades en situacións experimentais equiparables utilizando estratexias de reconto persoal.

OBX3

Contidos

• Medidas de centralización e dispersión.

– Cálculo, interpretación e obtención de conclusións razoadas.

– Uso das ferramentas tecnolóxicas adecuadas a cada situación.

– Comparación de dous conxuntos de datos atendendo ás súas medidas de centralización e de dispersión.

• Elaboración das representacións gráficas máis adecuadas mediante diferentes ferramentas tecnolóxicas (calculadora, folla de cálculo, aplicacións...).

• Probabilidade.

– Fenómenos deterministas e aleatorios. Sucesos.

– Aproximación á probabilidade a través das frecuencias relativas.

– Asignación de probabilidades mediante a regra de Laplace e técnicas de reconto.

– Toma de decisións de experimentos simples en diferentes contextos.

Bloque 5. Os ingredientes vivos do planeta e a súa evolución

Criterios de avaliación

Obxectivos

• CA5.1. Xustificar a célula como a unidade estrutural e funcional dos seres vivos, exemplificando ou aplicando os postulados da teoría celular.

OBX1

• CA5.2. Identificar o ADN como a molécula portadora da información xenética, relacionando a súa organización na célula coa súa función.

OBX1

Criterios de avaliación

Obxectivos

• CA5.3. Recoñecer as etapas do ciclo celular, identificando as diferenzas principais entre a mitose e a meiose e relacionando estes procesos coa aparición e desenvolvemento dun cancro.

OBX4

• CA5.4. Explicar as principais hipóteses sobre a orixe da vida na Terra utilizando os argumentos das diferentes teorías, mantendo unha actitude crítica, obtendo conclusións e formando opinións propias fundamentadas.

OBX6

• CA5.5. Describir os virus como entidades acelulares, analizando o seu papel na evolución.

OBX1

• CA5.6. Coñecer e aplicar os postulados básicos mendelianos en problemas sinxelos.

OBX3

• CA5.7. Analizar e explicar os procesos que xeran variabilidade xenética valorando o seu papel na biodiversidade e na evolución.

OBX6

• CA5.8. Comprender o proceso evolutivo analizando algúns exemplos de adaptacións dos seres vivos e describindo o proceso da hominización.

OBX5

• CA5.9. Recoñecer os compoñentes e relacións nun ecosistema analizando os factores causantes de desequilibrios.

OBX3

• CA5.10. Interpretar o concepto de sucesión ecolóxica exemplificando esta coa formación dun solo, recoñecendo consecuencias de distintos tipos de regresións.

OBX1

Contidos

• Teoría celular.

• Formas acelulares: virus.

• ADN: xenes e cromosomas. Expresión xénica.

• Etapas do ciclo celular. A división celular. Mitose e meiose.

• As mutacións e o cancro.

• Xenética mendeliana

• A vida na Terra.

– Hipóteses sobre a orixe da vida na Terra.

– Probas e teorías da evolución dos seres vivos.

– A evolución humana.

• Procesos que xeran variabilidade xenética e a súa relación coa evolución e a biodiversidade.

• Os ecosistemas.

– Elementos integrantes. Cadeas e redes tróficas.

– Relacións intraespecíficas e interespecíficas.

– Sucesións ecolóxicas. Regresións.

– Factores que desencadean desequilibrios nos ecosistemas.

Bloque 6. Os ingredientes non vivos do planeta e as súas modificacións

Criterios de avaliación

Obxectivos

• CA6.1. Explicar a estrutura e dinámica do interior terrestre, interpretando a información que achegan os métodos de estudo e adoptando unha actitude crítica cara ás crenzas infundadas.

OBX6

• CA6.2. Comprender os efectos globais da dinámica da xeosfera a través da tectónica de placas e explicando a orixe e a distribución da actividade sísmica e volcánica na Terra.

OBX3

Contidos

• Dinámica terrestre.

– Orixe e historia da Terra.

– Estrutura e dinámica da xeosfera.

– A tectónica de placas e as súas manifestacións.

Bloque 7. A materia e os seus cambios

Criterios de avaliación

Obxectivos

• CA7.1. Identificar e comprender fenómenos naturais relevantes, a partir de teorías, leis e principios científicos adecuados como estratexia na toma de decisións fundamentadas.

OBX1

• CA7.2. Elaborar representacións que axuden na procura de estratexias de resolución dunha situación problematizada, organizando os datos dados e comprendendo as preguntas formuladas.

OBX2

• CA7.3. Atopar a solución dun problema utilizando os datos e a información achegados, os propios coñecementos e as estratexias e ferramentas apropiadas.

OBX6

• CA7.4. Comprobar a corrección das solucións dun problema e a súa coherencia no contexto exposto.

OBX2

Contidos

• Composición da materia.

– Relación, a partir da súa configuración electrónica, da distribución dos elementos na táboa periódica, coas súas propiedades fisicoquímicas máis importantes para atopar xeneralidades.

– O enlace químico. Propiedades das substancias en función do enlace e da estrutura.

• Cuantificación da cantidade de materia de sistemas de diferente natureza, e nos termos xerais da linguaxe científica, para manexar diferentes formas de medida e a súa expresión na contorna científica.

• Formulación e nomenclatura de substancias químicas de compostos de relevancia, segundo as normas da IUPAC. Química do carbono, hidrocarburos.

• Reaccións químicas.

– Ecuacións químicas sinxelas: interpretación cualitativa e cuantitativa. Cálculos estequiométricos sinxelos e interpretación dos factores que lles afectan.

– Descrición cualitativa de reaccións químicas de relevancia no mundo cotián, incluíndo as combustións, as neutralizacións e procesos electroquímicos sinxelos, comprobando experimentalmente algúns dos seus parámetros.

–Análise de aspectos enerxéticos e cinéticos das reaccións químicas, aplicando a teoría de colisións, para explicar a reordenación dos átomos e realizar predicións relativas a procesos cotiáns importantes.

Bloque 8. As interaccións e a enerxía

Criterios de avaliación

Obxectivos

• CA8.1. Identificar e comprender fenómenos naturais relevantes, a partir de teorías, leis e principios científicos adecuados como estratexia na toma de decisións fundamentadas.

OBX1

• CA8.2. Elaborar representacións que axuden na procura de estratexias de resolución dunha situación problematizada, organizando os datos dados e comprendendo as preguntas formuladas.

OBX2

• CA8.3. Atopar a solución dun problema utilizando os datos e información achegados, os propios coñecementos e as estratexias e ferramentas apropiadas.

OBX6

• CA8.4. Comprobar a corrección das solucións dun problema e a súa coherencia no contexto exposto.

OBX2

• CA8.5. Analizar e interpretar información científica e matemática presente na vida cotiá mantendo unha actitude crítica.

OBX5

Contidos

• Predición e comprobación, mediante o razoamento lóxico-matemático, utilizando ecuacións e gráficas, da variación das principais magnitudes que describen o movemento dun corpo. Estudo dos movementos rectilíneos e circulares sinxelos.

• As forzas.

– Relación das forzas cos cambios que producen sobre os sistemas e aplicación á resolución de problemas da vida cotiá relacionados coas forzas presentes na natureza.

– Recoñecemento das principais forzas da contorna cotiá, como o peso, a normal, o rozamento ou a tensión, e o seu uso na explicación de fenómenos físicos en distintos escenarios.

– Leis de Newton: aplicacións a fenómenos naturais e cotiáns.

• A enerxía.

– Formulación e comprobación de hipóteses sobre as distintas formas de enerxía e as súas aplicacións a partir das súas propiedades e do principio de conservación, como base para a resolución de problemas sinxelos relacionados coa enerxía mecánica.

– Análise dos efectos da calor sobre a materia. Recoñecemento de distintos procesos de transferencia de calor en que están implicadas diferenzas de temperatura, como base da resolución de problemas cotiáns.

Bloque 9. A ciencia no mundo actual

Criterios de avaliación

Obxectivos

• CA9.1. Analizar problemas ou necesidades identificadas, buscando e contrastando información de distintas fontes para un obxectivo crítico e seguro, avaliando a súa fiabilidade e relevancia.

OBX5

• CA9.2. Idear e deseñar solucións eficaces innovadoras e sustentables a problemas definidos, aplicando conceptos, técnicas, e procedementos interdisciplinarios, así como criterios de sustentabilidade cunha actitude emprendedora, perseverante e creativa.

OBX7

• CA9.3. Recoñecer o sexo e a sexualidade desde a perspectiva da igualdade entre homes e mulleres, respectando a diversidade sexual e promovendo a responsabilidade nas prácticas sexuais seguras.

OBX8

• CA9.4. Avaliar os efectos de determinadas accións individuais sobre o organismo e o medio, reflexionando sobre a importancia de adquirir hábitos saudables como método de prevención de enfermidades e de conservación do ambiente.

OBX4

• CA9.5. Recoñecer as drogas, legais e ilegais, considerándoas como causa de prexuízos, relacionándoas coas enfermidades e as problemáticas sociais asociadas ao seu consumo e propoñendo posibles solucións.

OBX4

• CA9.6. Relacionar con fundamentos científicos a preservación da biodiversidade, a conservación do ambiente e a protección dos seres vivos da contorna con desenvolvemento sustentable e a calidade de vida, analizando as consecuencias das actividades humanas sobre esta e propoñendo accións para a súa conservación.

OBX4

Criterios de avaliación

Obxectivos

• CA9.7. Recoñecer a información con base científica en relación co ambiente, distinguíndoa de pseudociencias, boatos, teorías conspiratorias e crenzas infundadas, etc., mantendo unha actitude escéptica ante estes.

OBX6

• CA9.8. Recoñecer a influencia da actividade tecnolóxica na sociedade e na sustentabilidade ambiental identificando as súas achegas e repercusións e valorando a súa importancia para o desenvolvemento sustentable.

OBX4

• CA9.9. Interpretar as implicacións éticas, sociais e ambientais en relación cos avances en ciencia e tecnoloxía, utilizando fontes fiables e adoptando unha actitude crítica e escéptica cara a informacións sen unha base científica.

OBX6

• CA9.10. Analizar os impactos antrópicos xerados no medio difundindo accións que favorezan a sustentabilidade.

OBX5

Contidos

• A influencia da ciencia na evolución das sociedades.

• Principios para unha xestión sustentable do planeta.

• Principais tratados e protocolos internacionais.

• Obtención e consumo de enerxía, e as súas repercusións ambientais.

– A enerxía eléctrica, centrais eléctricas.

– Fontes de enerxía renovable e non renovable: combustibles fósiles, novas fontes de enerxía non contaminantes.

• Contaminación, desertización, perda de biodiversidade e tratamento de residuos.

• O cambio climático.

– Causas e consecuencias.

– Efectos globais das accións individuais e colectivas.

• Biotecnoloxía e enxeñaría xenética: aplicacións e implicacións éticas, sociais e ambientais.

• Nanotecnoloxía, aplicación presente e futura en diferentes campos.

• Hábitos saudables para beneficio individual e para a sociedade: os transplantes e a doazón de órganos, métodos anticonceptivos e prácticas sexuais responsables, consumo responsable, prevención ante o consumo de drogas.

• Utilización das tecnoloxías da información e da comunicación: servizos básicos das TIC, páxinas web, uso de navegadores, procura de información, técnica e estratexia de busca. A propiedade e a distribución do software e dos recursos: tipos de licenzas de uso e distribución. E-learning. Plataformas educativas en liña en Galicia.

3.4. Orientacións pedagóxicas.

A intervención educativa no ámbito Científico-Tecnolóxico desenvolverá o seu currículo e tratará de asentar de xeito gradual e progresivo nos distintos niveis da etapa as aprendizaxes que faciliten ao alumnado o logro dos obxectivos do ámbito e, en combinación co resto de ámbitos, unha adecuada adquisición das competencias clave e o logro dos obxectivos da etapa.

Neste sentido, no deseño das actividades, o profesorado terá que considerar a relación existente entre os obxectivos do ámbito e as competencias clave a través dos descritores operativos do perfil de saída e as liñas de actuación no proceso de ensino e aprendizaxe, que se presentan nas epígrafes seguintes, e seleccionar aqueles criterios de avaliación do currículo que se axusten á finalidade buscada, así como empregalos para verificar as aprendizaxes do alumnado e o seu nivel de desempeño.

Relación entre os obxectivos do ámbito de Comunicación e as competencias clave a través dos descritores operativos do perfil de saída establecidos no anexo I do Decreto 156/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación secundaria obrigatoria na Comunidade Autónoma de Galicia.

Obxectivos

do ámbito

Competencias clave

CCL

CP

STEM

CD

CPSAA

CC

CE

CCEC

OBX1

1

1, 2, 4

1, 4

4

3

OBX2

2

1, 2

1, 2

4

1

OBX3

1

1, 2, 3

1, 3, 5

3, 4, 5

1, 3

OBX4

5

4

2

4

OBX5

1, 2, 3

4

1, 3

4

4

3, 4

OBX6

2, 3

4

1, 2

1

OBX7

1, 2, 3, 5

5

1, 5

4

1, 3

2, 3

OBX8

5

2

1, 4, 5

1

1, 3

OBX9

5

3

2, 4

3

3

2

2

OBX10

2

2, 4, 5

4, 5

Liñas de actuación no proceso de ensino e aprendizaxe
para o ensino de persoas adultas

Deseño da metodoloxía de aprendizaxe

Unha metodoloxía flexible e inclusiva é idónea para abordar as materias que conforman a organización do curso, pois vai facilitar, grazas á combinación dos contidos STEM do ámbito Científico-Tecnolóxico, que o proceso de ensino-aprendizaxe se conciba dun xeito global e unitario. Cómpre non esquecer que estamos nun ensino de persoas adultas onde a interrelación entre os contidos, a aplicabilidade na vida real e a flexibilidade teñen que ser factores inherentes a este tipo de educación. Con este enfoque metodolóxico, evítase a presentación de solucións únicas ás situacións ou problemas propostos que lle restan ao alumnado a posibilidade do descubrimento propio. Por iso, convén fomentar o deseño de actividades interdisciplinarias que integren os distintos contidos do ámbito para que o alumnado poida obter a máxima produtividade dos coñecementos impartidos en cada unha das materias. Neste sentido, o fomento da aprendizaxe baseada en proxectos favorecerá esa interdisciplinariedade ao deseñar situacións de aprendizaxe contextualizadas e reais que inclúan a integración das competencias, dos obxectivos e dos contidos, a través de metodoloxías motivadoras e cooperativas que permitan a participación activa do alumnado no seu propio proceso formativo, así como a adquisición dunha progresiva autonomía persoal.

A metodoloxía fomentará a autoaprendizaxe e terá en conta as particularidades propias da poboación adulta cuxo proceso de aprendizaxe precisa dun enfoque metodolóxico específico que parta das experiencias e vivencias das persoas adultas explotando o potencial formativo da bagaxe cultural de cada alumno ou alumna e das aprendizaxes informais e non formais adquiridas, terá en conta os seus ritmos de aprendizaxe e prestará especial atención ás necesidades específicas de apoio educativo.

A proposta dunha metodoloxía que oriente, promova e facilite o desenvolvemento competencial do alumnado facilita, ademais, o tratamento da atención á diversidade, ao respectar os distintos estilos de aprendizaxe a través do deseño de actividades que combinen o traballo individual e o cooperativo. As actividades deberán ter presente o compoñente social do proceso de aprendizaxe e contribuír á formación en destrezas comunicativas e cooperativas e ao reforzo da autoestima. É importante que os equipos docentes interpreten o currículo do ámbito conforme a realidade do seu contexto educativo e as características do alumnado, as súas experiencias e aprendizaxes previas e os seus intereses e necesidades. O fin último será facilitar a adquisición das aprendizaxes imprescindibles para o desenvolvemento das competencias específicas de cada ámbito e as competencias clave do perfil de saída do alumnado ao finalizar o ensino básico. Os procesos de aprendizaxe significativa acadaranse a través da realización de proxectos conectados coas necesidades, experiencias e vivencias das persoas adultas.

Perfil do alumnado e atención á diversidade

Unha atención adaptada ao perfil do alumnado adulto exixe o uso dunha ampla variedade de metodoloxías e modelos de ensino. Neste sentido, é apropiado o uso de metodoloxías como a aprendizaxe cooperativa, a aprendizaxe baseada en proxectos e problemas (ABP), o deseño universal de aprendizaxe (DUA) e o ensino multinivel (EM), que favorezan a atención á diversidade, a accesibilidade universal e a inclusión, e que conduzan á creación dun contorno persoal de aprendizaxe (PLE) propio. Correspóndelle ao equipo docente determinar a metodoloxía e modelo de ensino-aprendizaxe máis adecuado en función da realidade da súa aula. O fomento do uso de recursos educativos en aberto (REA) e as TIC proporcionan as ferramentas necesarias para acadar a accesibilidade e a inclusión.

Consonte o interese por facer accesible o coñecemento a todas as persoas, convén que as formas de acceso ás situacións de aprendizaxe sexan planificadas desde o inicio de forma variada a través de textos escritos, orais e multimodais; que as propostas de traballo, igualmente, ofrezan diversas posibilidades para a súa resolución (unha exposición oral, un proxecto científico, a intervención nun debate, etc.); e que se ofreza ás persoas adultas pouco cualificadas o acceso a un itinerario de mellora de capacidades, coñecementos e competencias adaptado ás súas necesidades individuais, que lles permita desenvolver plenamente o seu potencial nos ámbitos persoal, social, formativo e profesional. Trátase de ter presente a diversidade da aula durante todo o proceso da práctica educativa para atenuar no posible as barreiras existentes entre a aprendizaxe e o alumnado.

Alfabetización informacional

A tarefa de transformar a información en coñecemento constitúe un dos piares básicos para a formación permanente da cidadanía. A alfabetización informacional é, ademais, xeradora de transversalidade na aprendizaxe. Implica accións puramente lingüísticas, como a comprensión da información, a súa selección e tratamento en esquemas, resumos e outras ferramentas de organización do coñecemento ou a súa posterior comunicación en diversos formatos. Pero tamén implica un uso certeiro, creativo e seguro das tecnoloxías da información e da comunicación, o desenvolvemento de habilidades para iniciar, organizar e persistir nunha aprendizaxe paulatinamente autónoma, ou para elixir, planificar e xestionar coñecementos con criterio propio, co fin de transformar as ideas en actos.

Por último, e no que concirne á formación do alumnado para enfrontar axeitadamente os fenómenos e consecuencias da desinformación, resultan de enorme utilidade as rutinas establecidas ao redor da verificación de loiadas (contrastar a información en páxinas de medios de prestixio, recorrer ás plataformas de verificación de feitos ou aos perfís institucionais autorizados en redes sociais, etc.), así como un uso consciente do fenómeno do ciberanzol a partir da observación e a análise crítica, tanto desde o punto de vista lingüístico como sociolóxico deste tipo de prácticas.

Deseño do proceso de avaliación

A avaliación formativa centrada nas competencias permite identificar o grao de adquisición destas, modificar, de ser o caso, aqueles aspectos susceptibles de mellora (metodoloxía, recursos, tarefas...) e detectar as dificultades de aprendizaxe, coa consecuente posta en marcha de mecanismos para palialas, sempre coa finalidade de que o alumnado acade os obxectivos e desenvolva as competencias do perfil de saída

As tarefas ou actividades de avaliación propostas permitirán a obtención de evidencias da aprendizaxe do noso alumnado de forma variada a través de respostas a preguntas pechadas, abertas ou construídas (elección múltiple, asociacións, mapas conceptuais, infografías...), a través de desempeños (presentación oral, actuación teatral, debate...), produtos (ensaio, traballo de investigación, entrada dun blog, poema, portfolio, diario de aprendizaxe, vídeo, audio...) ou procesos (toma de decisións, proceso de descrición, análise, creación, revisión, participación en grupo...). Utilizaranse instrumentos e procedementos de avaliación diversos, accesibles, flexibles, axustados aos criterios de avaliación e adaptados ás distintas situacións de aprendizaxe e ás necesidades tan heteroxéneas do alumnado adulto. Polo tanto, estes non deben cinguirse unicamente ás probas obxectivas ou cuestionarios, senón que tamén deben incluír listas de cotexo, escalas de valoración, rúbricas ou rexistros observacionais, entre outros.

As propostas pedagóxicas deberán combinar os diferentes tipos de avaliación: a heteroavaliación, a autoavaliación que permite ao alumnado tomar conciencia, progresiva e responsablemente, do seu proceso de aprendizaxe, e a coavaliación, que supón a avaliación do alumnado aos seus iguais e que debe desenvolverse nun ambiente de respecto e empatía. O proceso de aprendizaxe tenderá a ser cada vez máis autónomo consonte o alumnado se afaga a eses recursos de autorregulación. De igual modo, as actividades de coavaliación, subscritas a criterios definidos, reforzan as habilidades de análise, facilitan o intercambio de estratexias de aprendizaxe e permiten valorar o traballo dos iguais. A incorporación de ferramentas dixitais no proceso de avaliación abre todo un abano de posibilidades, tanto para a autoavaliación (revisión dos traballos propios, actividades de autocorrección, etc.) como para a coavaliación (mediante paneis, repositorios, foros, etc.) que o profesorado pode utilizar como unha fonte de información máis sobre os progresos, tanto individuais como grupais, do seu alumnado.

Concrecións para o Ámbito Científico-Tecnolóxico

No ámbito Científico-Tecnolóxico da educación secundaria para persoas adultas espérase que o alumnado aprenda a recoñecer e aplicar a maneira en que a ciencia logra explicar os feitos e fenómenos observados, así como a cuestionarse aquelas explicacións que formen parte da súa bagaxe persoal. O enfoque competencial significa que o alumnado deixa de ser un suxeito pasivo e pasa a ser axente activo na súa aprendizaxe, é dicir, ten que «facer para aprender», construíndo así o seu coñecemento. A metodoloxía que o profesorado implemente na aula será a clave para acadar os obxectivos do ámbito por parte do alumnado, é dicir, que o desenvolvemento do currículo culmine con éxito. Ao tratarse de alumnado que xa posúe unha experiencia vital considerable é importante que o profesorado o axude a cuestionarse aquilo que sabe para comprobar se é coherente coas novas aprendizaxes ou non. Traballar sobre as ideas previas e como cambialas por explicacións aceptadas pola ciencia é parte esencial da súa aprendizaxe.

A formulación didáctica deste ámbito debe atender a singularidade de cada unha das persoas adultas que compoñen o grupo co cal se vai a traballar, tanto a nivel persoal como do seu contexto social e familiar, aos intereses e necesidades que as levaron a volver formar parte do sistema educativo, e ao seu nivel competencial de partida para poder deseñar situacións de aprendizaxe que sexan significativas e útiles. É fundamental adoptar un enfoque axeitado para atender a diversidade de intereses e necesidades do alumnado non só no deseño de materiais, senón tamén no modo de abordar o ámbito na aula, incluíndo distintos niveis de logro como forma de facer unha gradación que permita a progresión na dificultade e exixencia na aprendizaxe do alumnado.

As situacións de aprendizaxe son os escenarios en que se adquiren e mobilizan os saberes básicos do ámbito e deben ser deseñadas tomando como referencia os obxectivos do ámbito, seleccionando os criterios de avaliación que se queiran abordar e definindo as accións avaliables, indicadores, descritores de logro, técnicas e ferramentas de avaliación que se pretenden empregar. Desta maneira, poderase lograr unha avaliación completa que permita ao profesorado coñecer se o alumnado acadou os obxectivos do ámbito. O profesorado que imparte este ámbito debe velo sempre cunha perspectiva holística, non como a suma de varios saberes, matemáticas, bioloxía, xeoloxía, tecnoloxía, física e química, senón como un continuum interdisciplinarop onde cada unha das disciplinas xoga un papel relevante, modulando o coñecemento para a resolución de problemas que afectan a nosa sociedade na súa vida cotiá, mellorándoa, optimizándoa e obtendo logros que posibilitan facer que os recursos que nos ofrece o planeta non se esgoten e melloren a calidade de vida para nós como seres humanos en simbiose co resto de especies.

Implicación social do Ámbito Científico-Tecnolóxico

O ámbito Científico-Tecnolóxico ofrece unha visión da ciencia e a tecnoloxía integrada na sociedade. Esta relación debe promover que o alumnado adulto reflexione e analice criticamente a contorna en que vive como forma de fomentar un enfoque ético que conduza a un mundo máis xusto e igualitario.

A capacidade da ciencia e as matemáticas para xerar coñecemento debe ser regulada, co fin de que, xunto coa tecnoloxía, a sociedade evolucione cara a maiores cotas de benestar, equidade e xustiza. Esa regulación ten un compoñente ético, persoal e colectivo que é necesario incentivar entre o alumnado adulto, porque é actor principal na conformación da sociedade actual, tendo influencia para provocar cambios significativos nas súas facetas persoal, familiar e laboral.

É conveniente, por tanto, que as situacións de aprendizaxe, proxectos e tarefas que deba realizar o alumnado inclúan a reflexión, individual ou colectiva, sobre os resultados ou propostas que deriven do traballo desenvolvido, incidindo en aspectos como as consecuencias sociais ou ambientais, a sustentabilidade, o consumo responsable ou a equidade social e económica.

O nivel de madurez do alumnado adulto fai posible incrementar significativamente a competencia de cada estudante, adaptando as situacións de aprendizaxe a cada nivel e sempre en función das súas características persoais. Debe ser o persoal docente quen valore a gradación adecuada nas actividades que levará a cabo o alumnado e cales serán as metodoloxías que mellor se adaptan á realidade do grupo, sen perder de vista que o enfoque competencial do currículo implica que o alumnado progresa no desenvolvemento das súas competencias ao longo de toda a etapa.

Observación, interpretación e explicación de fenómenos cotiáns

O ser humano non pode evitar observar o que ocorre ao seu ao redor e tratar de buscar explicacións aos feitos observados. Esta forma natural de actuar supón unha vantaxe que pode ser aproveitada para lograr que alumnos e alumnas cuestionen aquilo que observan e as explicacións que elaboraron ou asimilaron como parte da súa bagaxe vital. Explicitar as contradicións arraigadas nas observacións ou nas explicacións erróneas proporcionará a oportunidade de presentar ao alumnado os modelos, leis e teorías aceptadas pola ciencia como forma de producir o cambio conceptual necesario que o faga máis competente e consciente da utilidade da ciencia na súa vida persoal e laboral. As ideas previas son moi comúns en ciencia, á vez que persistentes, o que debe ser tido en conta no deseño de situacións de aprendizaxe que as fagan aflorar e dean a oportunidade aos alumnos e alumnas, por medio do traballo e a reflexión, de facer o cambio de paradigma necesario para comprender como funciona a ciencia.

A presentación de fenómenos cotiáns en forma de pequenos experimentos de aula, de experiencias simples que se poidan facer no exterior ou de simulacións dixitais que permitan recrear escenarios comúns como sesión inicial son un modo adecuado de involucrar o alumnado e animalo a atopar explicacións ao iniciar o traballo. A medida que mellore a súa competencia científica, será o momento de darlle a oportunidade de predicir o resultado doutros experimentos ou escenarios, o que debe conducir á conclusión de que a ciencia non só é útil para interpretar ou explicar o que ocorre, senón que tamén o é para facer predicións certeiras acerca de que pode ocorrer ou como poden evolucionar os sistemas ou escenarios baixo certas condicións.

A construción do coñecemento propio, logrando desterrar ideas previas persistentes por medio da experimentación, implica unha metodoloxía activa que debe estar presente na proposta didáctica do ámbito. O uso de metodoloxías distintas para logros distintos será, por tanto, moi indicado á hora de programar a acción docente.

O alumnado adulto reúne dúas características que non deben pasar desapercibidas: o seu nivel de madurez é moi superior ao dos menores de idade e a súa experiencia vital dótao dun nivel competencial de partida que pode e debe ser considerado. As sesións de clase son o escenario en que o profesorado poderá modular o progreso competencial e usar distintas metodoloxías, dando a oportunidade ao alumnado de traballar de maneira autónoma, tanto en equipo como de forma individual.

ANEXO II

1. Ensinanzas iniciais da educación básica para persoas adultas. Distribución horaria semanal dos períodos lectivos para os tres ámbitos de coñecemento.

Ámbito de coñecemento

Modalidade presencial

Modalidade semipresencial

Nivel I

Nivel II

Totais

Nivel II

Ámbito de Comunicación

5

6

11

2

Ámbito da Competencia Matemática

4

5

9

2

Ámbito de Ciencia, Sociedade e Tecnoloxía

2

2

4

1

Ámbito de Desenvolvemento e Iniciativa Persoal e Laboral

2

2

1

Titoría

1

1

2

1

Totais:

12

16

7

2. Educación secundaria para persoas adultas. Distribución horaria semanal dos períodos lectivos para os tres ámbitos de coñecemento.

a) Modalidade presencial.

Ámbito de coñecemento

Módulos

I

II

III

IV

Totais

Ámbito de Comunicación *

8

8

7

7

30

Ámbito Científico-Tecnolóxico

8

8

8

8

32

Ámbito Social

3

3

4

4

14

Titoría

1

1

1

1

4

Totais:

20

20

20

20

* No caso de ser impartido por dous docentes o submódulo de Lingua Estranxeira terá asignada unha carga horaria de 2 horas semanais en cada un dos módulos.

b) Modalidade semipresencial.

Ámbito de coñecemento

Módulos

I

II

III

IV

Totais

Ámbito de Comunicación

2

2

2

2

8

Ámbito Científico-Tecnolóxico

2

2

2

2

8

Ámbito Social

1

1

1

1

4

ANEXO III

Atribucións de especialidades do profesorado de ensino secundario aos tres ámbitos de coñecemento en que se organiza a educación secundaria para persoas adultas en función das áreas ou materias da educación secundaria obrigatoria integradas en cada ámbito de coñecemento.

Especialidades do corpo de profesores de ensino secundario

Ámbitos de coñecemento

Xeografía e Historia

Filosofía

Ámbito Social

Lingua Castelá e Literatura

Lingua Galega e Literatura

Linguas estranxeiras

Ámbito de Comunicación

Tecnoloxía

Matemáticas

Bioloxía e Xeoloxía

Física e Química

Ámbito Científico-Tecnolóxico

ANEXO IV

Cadro de equivalencias, para efectos académicos e de validacións dos cursos do sistema educativo da Lei 14/1970, do 4 de agosto, e do sistema educativo da Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, cos módulos correspondentes á educación secundaria para persoas adultas.

Sistema educativo Lei 14/1970

Sistema educativo Lei 1/1990

Sistema educación básica para persoas adultas

Sexto de educación xeral básica

Sexto de educación primaria

Nivel II das ensinanzas iniciais

Sétimo da educación xeral básica

Primeiro curso da educación secundaria obrigatoria

Módulo I dos tres ámbitos de coñecemento do nivel I das ensinanzas de educación secundaria para persoas adultas

Oitavo curso de educación xeral básica e título de graduado escolar ou oitavo curso de educación xeral básica e certificado de escolaridade

Segundo curso da educación secundaria obrigatoria

Módulo II dos tres ámbitos de coñecemento do nivel I das ensinanzas de educación secundaria para persoas adultas

Primeiro curso de bacharelato unificado e polivalente con dúas materias pendentes, como máximo ou primeiro curso de formación profesional de primeiro grao

Terceiro curso da educación secundaria obrigatoria

Módulo III dos tres ámbitos de coñecemento do nivel II das ensinanzas de educación secundaria para persoas adultas

Segundo curso de bacharelato unificado e polivalente (ata con dúas materias suspensas no conxunto dos dous cursos), ou segundo curso de formación profesional de primeiro grao e título de técnico auxiliar

Cuarto curso de educación secundaria obrigatoria

*Módulo IV dos tres ámbitos de coñecemento do nivel II das ensinanzas de educación secundaria para persoas adultas

* A cualificación do módulo IV dos ámbitos validados será de 5.

ANEXO V

Cadro de equivalencias, para efectos académicos e de validacións, das materias de educación secundaria Obrigatoria do sistema definido pola Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, cos módulos correspondentes á educación secundaria para persoas adultas.

Lei orgánica 2/2006

Primeiro curso de educación secundaria obrigatoria

Módulo I de educación secundaria para persoas adultas

Materias

Ámbito de coñecemento

Matemáticas, Ciencias da Natureza

Ámbito Científico-Tecnolóxico

Lingua Galega e Literatura, Lingua Castelá e Literatura e primeira ou segunda Lingua Estranxeira

Ámbito de Comunicación

Ciencias Sociais, Xeografía e Historia

Ámbito Social

Segundo curso de Educación Secundaria Obrigatoria

Módulo II de educación secundaria para persoas adultas

Materias

Ámbito de coñecemento

Matemáticas, Ciencias da Natureza e Tecnoloxías

Ámbito Científico-Tecnolóxico

Lingua Galega e Literatura, Lingua Castelá e Literatura e primeira ou segunda Lingua Estranxeira

Ámbito de Comunicación

Ciencias Sociais, Xeografía e Historia e Educación para a Cidadanía e os Dereitos Humanos

Ámbito Social

Terceiro curso de educación secundaria obrigatoria

Módulo III de educación secundaria para persoas adultas

Materias

Ámbito de coñecemento

Matemáticas, Bioloxía e Xeoloxía, Física e Química e Tecnoloxías

Ámbito Científico-Tecnolóxico

Lingua Galega e Literatura, Lingua Castelá e Literatura e primeira ou segunda Lingua Estranxeira

Ámbito de Comunicación

Ciencias Sociais, Xeografía e Historia

Ámbito Social

Cuarto curso de educación secundaria obrigatoria

*Módulo IV de educación secundaria para persoas adultas

Materias

Ámbito de coñecemento

Matemáticas, Bioloxía e Xeoloxía, Física e Química e Tecnoloxía.

(No caso de non ter cursado algunha destas materias deberá ter superada a materia do terceiro curso)

Ámbito Científico-Tecnolóxico

Lingua Galega e Literatura, Lingua Castelá e Literatura e primeira ou segunda Lingua Estranxeira

Ámbito de Comunicación

Ciencias Sociais, Xeografía e Historia

Ámbito Social

* A cualificación do módulo IV dos ámbitos validados reflectirase conforme o establecido no artigo 30 desta orde, acompañada da cualificación numérica sen decimais resultante da media aritmética das materias obxecto de validación, arredondada ao número natural máis próximo e, en caso de equidistancia, ao superior.

ANEXO VI

Cadro de equivalencias, para efectos académicos e de validacións, das materias de educación secundaria obrigatoria do sistema definido pola Lei orgánica 8/2013, do 9 de decembro, cos módulos correspondentes á educación secundaria para persoas adultas.

Lei orgánica 2/2006

Primeiro curso de educación secundaria obrigatoria

Módulo I de educación secundaria para persoas adultas

Materias

Ámbito de coñecemento

Matemáticas, Bioloxía e Xeoloxía

Ámbito Científico-Tecnolóxico

Lingua Galega e Literatura, Lingua Castelá e Literatura e primeira ou segunda Lingua Estranxeira

Ámbito de Comunicación

Xeografía e Historia

Ámbito Social

Segundo curso de educación secundaria obrigatoria

Módulo II de educación secundaria para persoas adultas

Materias

Ámbito de coñecemento

Matemáticas, Física e Química e Tecnoloxía

Ámbito Científico-Tecnolóxico

Lingua Galega e Literatura, Lingua Castelá e Literatura e primeira ou segunda Lingua Estranxeira

Ámbito de Comunicación

Xeografía e Historia

Ámbito Social

Terceiro curso de educación secundaria obrigatoria

Módulo III de educación secundaria para persoas adultas

Materias

Ámbito de coñecemento

Matemáticas Orientadas ás Ensinanzas Académicas ou Matemáticas Orientadas ás Ensinanzas Aplicadas, Bioloxía e Xeoloxía, Física e Química e Tecnoloxía

Ámbito Científico-Tecnolóxico

Lingua Galega e Literatura, Lingua Castelá e Literatura e primeira ou segunda Lingua Estranxeira

Ámbito de Comunicación

Xeografía e Historia

Ámbito Social

Cuarto curso de educación secundaria obrigatoria

*Módulo IV de educación secundaria para persoas adultas

Materias

Ámbito de coñecemento

Matemáticas Orientadas ás Ensinanzas Académicas ou Matemáticas Orientadas ás Ensinanzas Aplicadas, Bioloxía e Xeoloxía, Física e Química e Tecnoloxía.

(No caso de non ter cursado algunha destas materias deberá ter superada a materia do terceiro curso)

Ámbito Científico-Tecnolóxico

Lingua Galega e Literatura, Lingua Castelá e Literatura e primeira ou segunda Lingua Estranxeira

Ámbito de Comunicación

Xeografía e Historia

Ámbito Social

* A cualificación do módulo IV dos ámbitos validados reflectirase conforme o establecido no artigo 30 desta orde, acompañada da cualificación numérica sen decimais resultante da media aritmética das materias obxecto de validación, arredondada ao número natural máis próximo e, en caso de equidistancia, ao superior.

ANEXO VII

Cadro de equivalencias, para efectos académicos e de validacións, das materias de educación secundaria obrigatoria do sistema definido pola Lei orgánica 3/2020, do 29 de decembro, cos módulos correspondentes á educación secundaria para persoas adultas.

Lei orgánica 2/2006

Primeiro curso de educación secundaria obrigatoria

Módulo I de educación secundaria para persoas adultas

Materias

Ámbito de coñecemento

Matemáticas, Bioloxía e Xeoloxía e Tecnoloxía e Dixitalización

Ámbito Científico-Tecnolóxico

Lingua Galega e Literatura, Lingua Castelá e Literatura e primeira ou segunda Lingua Estranxeira

Ámbito de Comunicación

Xeografía e Historia

Ámbito Social

Segundo curso de educación secundaria obrigatoria

Módulo II de educación secundaria para persoas adultas

Materias

Ámbito de coñecemento

Matemáticas, Física e Química e Tecnoloxía e Dixitalización

Ámbito Científico-Tecnolóxico

Lingua Galega e Literatura, Lingua Castelá e Literatura e primeira ou segunda Lingua Estranxeira

Ámbito de Comunicación

Xeografía e Historia

Ámbito Social

Terceiro curso de educación secundaria obrigatoria

Módulo III de educación secundaria para persoas adultas

Materias

Ámbito de coñecemento

Matemáticas, Bioloxía e Xeoloxía e Física e Química

Ámbito Científico-Tecnolóxico

Lingua Galega e Literatura, Lingua Castelá e Literatura e primeira ou segunda Lingua Estranxeira

Ámbito de Comunicación

Xeografía e Historia e Educación en Valores Cívicos e Éticos

Ámbito Social

Cuarto curso de educación secundaria obrigatoria

*Módulo IV de educación secundaria para persoas adultas

Materias

Ámbito de coñecemento

Matemáticas A ou B, Bioloxía e Xeoloxía e Física e Química

(No caso de non ter cursado algunha destas materias deberá ter superada a materia do terceiro curso)

Ámbito Científico-Tecnolóxico

Lingua Galega e Literatura, Lingua Castelá e Literatura e primeira ou segunda Lingua Estranxeira

Ámbito de Comunicación

Xeografía e Historia

Ámbito Social

* A cualificación do módulo IV dos ámbitos validados reflectirase conforme o establecido no artigo 30 desta orde, acompañada da cualificación numérica sen decimais resultante da media aritmética das materias obxecto de validación, arredondada ao número natural máis próximo e, en caso de equidistancia, ao superior.

ANEXO VIII

Cadro de equivalencias, para efectos académicos e de validacións dos módulos de programas de cualificación profesional inicial (PCPI) definidos pola Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, cos módulos correspondentes á educación secundaria para persoas adultas.

Módulos de programas de cualificación profesional inicial

Ámbitos da educación secundaria para persoas adultas

Módulos formativos de carácter xeral de 1º curso

Módulos I e II de educación secundaria para persoas adultas

Competencia Comunicativa e Dixital I

Ámbito de Comunicación

Sociedade e Cidadanía I e Iniciativa Persoal e Relacións Laborais

Ámbito Social

Científico-Matemático I

Ámbito Científico-Tecnolóxico

Módulos formativos de carácter xeral de 2º curso

Módulo III de educación secundaria para persoas adultas

Competencia Comunicativa e Dixital II

Ámbito de Comunicación

Sociedade e Cidadanía II

Ámbito Social

Científico-Matemático II

Ámbito Científico-Tecnolóxico

Módulos voluntarios

*Módulo IV de educación secundaria para persoas adultas

Comunicación

Ámbito de Comunicación

Social

Ámbito Social

Científico-Tecnolóxico

Ámbito Científico-Tecnolóxico

* A cualificación do módulo IV dos ámbitos validados será a obtida nos módulos voluntarios obxecto de validación.

ANEXO IX

Cadro de equivalencias, para efectos académicos e de validacións dos ámbitos e materias dun programa de diversificación curricular (PDC) definidos pola Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, cos módulos correspondentes á educación secundaria para persoas adultas.

Ámbitos e materias do primeiro curso dun programa de diversificación curricular de dous anos

Módulo III de educación secundaria para persoas adultas

Ámbito Lingüístico-Social e a materia de Lingua Estranxeira

Ámbito de Comunicación

Ámbito Lingüístico-Social

Ámbito Social

Ámbito Científico-Técnico e a materia de Tecnoloxías

Ámbito Científico-Tecnolóxico

Ámbitos e materias dun programa de diversificación curricular dun ano ou de segundo curso dun programa de diversificación curricular de dous anos

*Módulo IV de educación secundaria para persoas adultas

Ámbito Lingüístico-Social e a materia de Lingua Estranxeira

Ámbito de Comunicación

Ámbito Lingüístico-Social

Ámbito Social

Ámbito Científico-Técnico e a materia de Tecnoloxías

Ámbito Científico-Tecnolóxico

* A cualificación do módulo IV dos ámbitos validados será a obtida nos ámbitos obxecto de validación.

ANEXO X

Cadro de equivalencias, para efectos académicos e de validacións dos ámbitos e materias dun programa de mellora da aprendizaxe e do rendemento (PMAR) definidos pola Lei orgánica 8/2013, do 9 de decembro, cos módulos correspondentes á educación secundaria para persoas adultas.

Ámbitos e materias de segundo de ESO dun programa de mellora da aprendizaxe e do rendemento (PMAR)

Módulo II de educación secundaria para persoas adultas

Ámbito Lingüístico e Social e ambito de Linguas Estranxeiras

Ámbito de Comunicación

Ámbito Lingüístico e Social

Ámbito Social

Ámbito Científico e Matemático e a materia de Tecnoloxía

Ámbito Científico-Tecnolóxico

Ámbitos e materias de terceiro de ESO dun programa de mellora da aprendizaxe e do rendemento (PMAR)

Módulo III de educación secundaria para persoas adultas

Ámbito Lingüístico e Social e Ámbito de Linguas Estranxeiras

Ámbito de Comunicación

Ámbito Lingüístico e Social

Ámbito Social

Ámbito Científico e Matemático e a materia de Tecnoloxía

Ámbito Científico-Tecnolóxico

* A cualificación do módulo IV dos ámbitos validados será a obtida nos ámbitos obxecto de validación.

ANEXO XI

Cadro de equivalencias, para os efectos académicos e de validacións dos ámbitos e materias dun programa de diversificación curricular (PDC) definidos pola Lei orgánica 3/2020, do 29 de decembro, cos módulos correspondentes á educación secundaria para persoas adultas.

Ámbitos e materias do primeiro curso dun programa de diversificación curricular (PDC)

Módulo III de educación secundaria para persoas adultas

Ámbito Lingüístico e Social

Ámbito de Comunicación

Ámbito Lingüístico e Social e Educación en Valores Cívicos e Éticos

Ámbito Social

Ámbito Científico-Tecnolóxico

Ámbito Científico-Tecnolóxico

Ámbitos e materias do segundo curso dun programa de diversificación curricular (PDC)

*Módulo IV de educación secundaria para persoas adultas

Ámbito Lingüístico e Social

Ámbito de Comunicación

Ámbito Lingüístico e Social

Ámbito Social

Ámbito Científico-Tecnolóxico

Ámbito Científico-Tecnolóxico

* A cualificación do módulo IV dos ámbitos validados será a obtida nos ámbitos obxecto de validación.

ANEXO XII

Cadro de equivalencias, para os efectos académicos e de validacións dos módulos dos ciclos de formación profesional básica definidos pola Lei orgánica 8/2013, do 9 de decembro, cos módulos correspondentes á educación secundaria para persoas adultas.

Módulos dos ciclos de formación profesional básica

Módulo III de educación secundaria para persoas adultas

Módulo de Comunicación e Sociedade I

Ámbito de Comunicación

Módulo de Comunicación e Sociedade I

Ámbito Social

Módulo de Ciencias Aplicadas I

Ámbito Científico-Tecnolóxico

Módulos dos ciclos de formación profesional básica

*Módulo IV de educación secundaria para persoas adultas

Módulo de Comunicación e Sociedade II

Ámbito de Comunicación

Módulo de Comunicación e Sociedade II

Ámbito Social

Módulo de Ciencias Aplicadas II

Ámbito Científico-Tecnolóxico

* A cualificación do módulo IV dos ámbitos validados será a obtida nos ámbitos obxecto de validación.

ANEXO XIII

Cadro de equivalencias, para os efectos académicos e de validacións dos ámbitos dos ciclos formativos de grao básico definidos pola Lei orgánica 3/2020, do 29 de decembro, cos módulos correspondentes á educación secundaria para persoas adultas.

Ámbitos dos ciclos formativos de grao básico

Módulo III de educación secundaria para persoas adultas

Ámbito de Comunicación e Ciencias Sociais I

Ámbito de Comunicación

Ámbito de Comunicación e Ciencias Sociais I

Ámbito Social

Ámbito de Ciencias Aplicadas I

Ámbito Científico-Tecnolóxico

Ámbitos dos ciclos formativos de grao básico

*Módulo IV de educación secundaria para persoas adultas

Ámbito de Comunicación e Ciencias Sociais II

Ámbito de Comunicación

Ámbito de Comunicación e Ciencias Sociais II

Ámbito Social

Ámbito de Ciencias Aplicadas II

Ámbito Científico-Tecnolóxico

* A cualificación do módulo IV dos ámbitos validados será a obtida nos ámbitos obxecto de validación.

ANEXO XIV

Cadro de equivalencias, para os efectos académicos e de validacións, dos módulos de Educación Secundaria para persoas adultas establecidos na Orde do 26 de maio de 1997 (DOG do 15 de xullo) e as ensinanzas reguladas nesta orde.

Orde do 26 de maio de 1997

Ensinanzas reguladas nesta orde

Módulo 1, 2 ou 3 do ámbito da Comunicación

Módulo I, II ou III do ámbito de Comunicación

Módulo 1, 2 ou 3 do ámbito da Sociedade

Módulo I, II ou III do ámbito Social

Módulo 1, 2 ou 3 do ámbito da Natureza e mais o módulo do mesmo número do ámbito Tecnolóxico-Matemático

Módulo I, II ou III do ámbito Científico-Tecnolóxico

Módulo 4A ou módulo 4B do ámbito da Comunicación

Módulo IV do ámbito de Comunicación

Módulo 4A ou módulo 4B do ámbito da Sociedade

Módulo IV do ámbito Social

Módulo 4A ou 4B do ámbito da Natureza e mais o módulo 4A ou 4B do ámbito Tecnolóxico-Matemático

*Módulo IV do ámbito Científico-Tecnolóxico

* A cualificación do módulo IV dos ámbitos validados reflectirase conforme o establecido no artigo 30 desta orde, acompañada da cualificación numérica sen decimais resultante da media aritmética dos módulos obxecto de validación, arredondada ao número natural máis próximo e, en caso de equidistancia, ao superior.

ANEXO XV

Cadro de equivalencias, para efectos académicos e de validacións, dos módulos de educación secundaria para persoas adultas establecidos na Orde do 24 de xuño de 2008 (DOG do 23 de xullo) e na Orde do 20 de marzo de 2018 (DOG do 12 de abril) e as ensinanzas reguladas nesta orde.

Módulos do I ao IV

*Módulos do I ao IV

Ámbito de Comunicación

Ámbito de Comunicación

Ámbito Científico-Tecnolóxico

Ámbito Científico-Tecnolóxico

Ámbito Social

Ámbito Social

* A cualificación do módulo IV dos ámbitos validados será a obtida nos ámbitos obxecto de validación.

ANEXO XVI

Cadro de equivalencias dos ámbitos das probas para a obtención do título de graduado en educación secundaria obrigatoria para maiores de dezaoito anos cos ámbitos do módulo IV das ensinanzas de educación secundaria para persoas adultas.

Probas para a obtención do título de graduado en educación secundaria obrigatoria

*Módulo IV de educación secundaria
para persoas adultas

Ámbito de Comunicación

Ámbito de Comunicación

Ámbito Científico-Tecnolóxico

Ámbito Científico-Tecnolóxico

Ámbito Social

Ámbito Social

* A cualificación do módulo IV dos ámbitos validados será a obtida nas probas para a obtención do título de graduado en educación secundaria obrigatoria.

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file