En sesión que tivo lugar o 16 de outubro de 2024, o tribunal nomeado mediante a Resolución do 4 de decembro de 2023 para cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de letrados, acordou, de conformidade coa base II.2.6, que o sexto exercicio do proceso selectivo se realice o día 12 de novembro de 2024, cos chamamentos que a seguir se recollen.
Consonte o previsto nas bases I.1 e II.3.1 da resolución de convocatoria do proceso selectivo, convócanse para a realización do sexto exercicio o día 12 de novembro, ás 9.00 horas, na sala D do Edificio Administrativo de San Caetano, as seguintes persoas aspirantes:
12 de novembro de 2024
9.00
|
Álvarez Vázquez, Amalia |
***2706** |
|
Basteiro Álvarez, Nuria |
***3199** |
|
Díaz Seco, Laura |
***8779** |
|
López Fernández, David |
***1797** |
|
Seijo Vázquez, Ignacio Tomás |
***9248** |
Consonte o previsto na base II.2.6 da resolución de convocatoria do proceso selectivo, unha vez realizado, será corrixido mediante a súa lectura en sesión pública ante o tribunal. Para esta lectura en sesión pública convócanse o día 12 de novembro de 2024, ás 15.30 horas, na sala D do Edificio Administrativo de San Caetano, as seguintes persoas aspirantes:
12 de novembro de 2024
15.30
|
Álvarez Vázquez, Amalia |
***2706** |
|
Basteiro Álvarez, Nuria |
***3199** |
|
Díaz Seco, Laura |
***8779** |
|
López Fernández, David |
***1797** |
|
Seijo Vázquez, Ignacio Tomás |
***9248** |
Dada a referencia na base II.2.6 a que «Para o seu desenvolvemento, as persoas aspirantes poderán servirse de textos legais e xurisprudenciais, que serán postos á súa disposición polo tribunal durante o tempo da duración da proba» o tribunal comunica que non se permitirá aos aspirantes comparecer con textos legais e/ou xurisprudenciais propios.
Así, as persoas aspirantes estarán obrigadas a realizar o exercicio empregando unicamente os textos legais e/ou xurisprudenciais que o tribunal poña á súa disposición.
As persoas aspirantes deberán presentarse a cada exercicio provistas de DNI ou documento fidedigno acreditativo da súa identidade, a xuízo do tribunal.
O chamamento para cada exercicio será único, de xeito que as persoas aspirantes que non comparezan serán excluídas.
Non se permitirá o acceso ás aulas en que se realice o exercicio con teléfonos móbiles, axendas electrónicas, reloxos intelixentes ou calquera outro instrumento de que se poida valer o aspirante para auxiliarse na realización do exercicio. Non se habilitará ningún servizo de recollida de móbiles.
Santiago de Compostela, 16 de outubro de 2024
Santiago Valencia Vila
Presidente do tribunal
