DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 207 Venres, 25 de outubro de 2024 Páx. 57363

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 23 de outubro de 2024, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, para o ingreso, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, no corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, no corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1, e no corpo de técnicos de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, grupo B, pola que se fai pública a relación de persoas aspirantes que superaron os procesos selectivos para o acceso a determinados corpos, escalas e especialidades.

Advertido erro na dita resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 206, do 24 de outubro de 2024, é necesario facer a seguinte corrección:

Nas páxinas 56784 e 56785, substitúese a táboa do anexo pola seguinte:

«ANEXO

Corpos, escalas e especialidades de persoal funcionario do grupo B
e subgrupo C1 dos que se publica a relación de aspirantes
que superaron o proceso selectivo

Corpo administrativo

Escala de axentes de inspección. Especialidade consumo

Escala de axentes de inspección. Especialidade mobilidade

Escala de axentes de inspección. Especialidade vixilancia de estradas

Corpo de axudantes de carácter facultativo

Escala técnica de mantemento de servizos

Escala técnica de recursos naturais e forestais. Especialidade capataz

Escala técnica de recursos naturais e forestais. Especialidade mecánico naval

Escala técnica de recursos naturais e forestais. Especialidade patrón embarcación

Escala técnica de recursos naturais e forestais. Especialidade guía intérprete de patrimonio natural

Corpo de técnicos de carácter facultativo

Escala técnica de delineantes

Escala de axentes técnicos en xestión ambiental

Escala de axentes técnicos facultativos. Especialidade animación sociocultural».