DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 207 Venres, 25 de outubro de 2024 Páx. 57362

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 21 de outubro de 2024, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, para o ingreso, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, nas categorías do grupo II de persoal laboral da Xunta de Galicia, e persoal laboral propio do Centro Informático para a Xestión Tributaria Económico-Financeira e Contable (Cixtec) (grupo II), pola que se se fai pública a relación de persoas aspirantes que superaron os procesos selectivos para o acceso a determinadas categorías.

Advertido erro na dita resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia do 24 de outubro de 2024 (núm. 206, páx. 56775), é necesario facer a seguinte corrección:

Substituír o anexo polo seguinte ao se detectar un erro na táboa:

«ANEXO

Categorías de persoal laboral do grupo II en que se publica
a relación de aspirantes que superaron o proceso selectivo

Categorías profesionais

Cat. 3. Estimulador/a. Psicomotricista.

Cat. 4. Mestre/a instrutor/a. Instrutor/a. Mestre/a de taller da Consellería de Educación FP.

Monitor/a de actividades docentes. Monitor/a (titulado/a medio/a).

Cat. 5. Profesor/a. Profesor/a titular. Profesor/a de EXB. Mestre. Profesor/a de educación física. Profesor/a de matemáticas.

Cat. 6. Educador/a. Profesor/a especial.

Cat. 9. Axudante/a de desenvolvemento rural.

Cat. 35. Pianista».