DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 207 Venres, 25 de outubro de 2024 Páx. 57375

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 24 de outubro de 2024, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, para o ingreso, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, en categorías do grupo I de persoal laboral da Xunta de Galicia, pola que se se fai pública a baremación definitiva da fase de concurso de determinadas categorías.

Mediante a Resolución do 22 de decembro de 2022 convocouse o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, para o ingreso no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia; no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, e para o ingreso nas categorías 19, 32, 38 e 40 do grupo I de persoal laboral da Xunta de Galicia (DOG núm. 244, do 26 de decembro). Esta resolución foi modificada pola Resolución do 20 de xaneiro de 2023 (DOG núm. 15, do 23 de xaneiro) e pola Resolución do 6 de febreiro de 2023 (DOG núm. 26, do 7 de febreiro) (corrección de erros DOG núm. 64, do 31 de marzo).

A base III.3 da Resolución do 22 de decembro de 2022 establece que, rematada a fase de baremación, o tribunal publicará no DOG o baremo provisional da fase de concurso do proceso selectivo, con indicación das puntuacións obtidas polas persoas aspirantes que foron avaliadas de acordo coas previsións contidas na propia base. Contra a baremación provisional as persoas aspirantes que o consideren oportuno poderán presentar reclamación ante o propio tribunal no prazo de dez días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación no DOG da dita baremación.

Á vista das reclamacións presentadas e realizadas, de ser o caso, as oportunas correccións á baremación inicialmente asignada a cada aspirante, o tribunal publicará no DOG a baremación definitiva da fase de concurso.

Mediante a Resolución deste tribunal do 4 de xuño de 2024 (DOG núm. 112, do 11 de xuño) publicouse a baremación provisional da fase de concurso de determinadas categorías do grupo I de persoal laboral da Xunta de Galicia.

De conformidade co exposto, examinadas e resoltas as reclamacións das persoas aspirantes a determinados corpos, escalas e especialidades, na sesión que tivo lugar o 24 de outubro de 2024, o tribunal nomeado pola Resolución do 16 de abril de 2024 (DOG núm. 78, do 19 de abril) para cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, para o ingreso, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, nas categorías 19, 32, 38 e 40 do grupo I de persoal laboral da Xunta de Galicia,

RESOLVE:

Primeiro. Facer pública a baremación definitiva do concurso de méritos das categorías profesionais de persoal laboral da Xunta de Galicia do grupo I que se relacionan no anexo desta resolución, con indicación da puntuación obtida polas persoas aspirantes que foron baremadas de acordo coas regras contidas na base III.3 da convocatoria.

A puntuación definitiva obtida polas persoas baremadas publícase no portal web corporativo da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal: https://www.xunta.gal/funcion-publica/procesos-selectivos/consulta

As persoas aspirantes que formularon alegacións á baremación provisional a través de Fides poderán consultar en fides.xunta.gal as respostas motivadas as súas alegacións.

Segundo. De conformidade co disposto na base IV.13 da convocatoria, contra esta resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 24 de outubro de 2024

Ana Belén Díaz Fernández
Presidenta do tribunal

ANEXO

Categorías de persoal laboral do grupo I
das cales se publica o baremo definitivo

Categorías profesionais

Cat. 19. Titulado/a superior especialista, titulado/a superior farmacéutico

Cat. 32. Técnico/a superior en centros de arte

Cat. 38. Técnico/a superior defensa contra incendios forestais