DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 207 Venres, 25 de outubro de 2024 Páx. 57353

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

RESOLUCIÓN do 18 de outubro de 2024, do tribunal designado para a selección de persoal interino para o desempeño de postos reservados a persoal funcionario da Administración local con habilitación de carácter nacional no proceso convocado pola Resolución do 19 de marzo de 2024, pola que se dá publicidade a diversos acordos.

En sesión que tivo lugar o 18 de outubro de 2024, o tribunal nomeado pola Resolución da Dirección Xeral de Administración Local para a selección de persoal interino para o desempeño de postos reservados a persoal funcionario de Administración local con habilitación de carácter nacional no proceso convocado pola Resolución do 19 de marzo de 2024

ACORDOU:

Primeiro. Publicar, na sede electrónica da Xunta de Galicia no enderezo https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=PR410A e no portal de servizos web Eido local, as puntuacións obtidas na proba tipo test, o resultado da proba de galego, se for o caso, e os méritos baremados das persoas aspirantes.

Segundo. De acordo co disposto no artigo 5.5 da Orde do 30 de novembro de 2017 pola que se establece o procedemento para a selección e nomeamento de persoal interino para o desempeño de postos reservados a persoal funcionario de Administración local con habilitación de carácter nacional (DOG do 1 de decembro), as persoas aspirantes poderán presentar as alegacións que consideren oportunas sobre a puntuación obtida na proba tipo test e na proba de galego, se for o caso, e sobre os méritos baremados, no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Contra este acordo poderase interpoñer recurso de alzada ante a directora xeral de Administración Local nos termos previstos nos artigos 121 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 18 de outubro de 2024

Beatriz Díaz Rodríguez
Presidenta do tribunal