DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 207 Venres, 25 de outubro de 2024 Páx. 57393

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

ANUNCIO do 14 de outubro de 2024, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade, polo que se fai público o informe de impacto ambiental do proxecto Campamento turístico, asociado ao Camiño de Santiago, na parroquia de Prado, no concello de Lalín (clave do expediente 2024/0064).

De conformidade co artigo 47 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental (BOE núm. 296, do 11 de decembro), faise público o informe de impacto ambiental do 11 de outubro de 2024 do proxecto Campamento turístico, asociado ao Camiño de Santiago, na parroquia de Prado, no concello de Lalín (Pontevedra), promovido por Inmobiliaria Huttopia Galicia, S.L.

Este informe poderase consultar na seguinte ligazón: https://cmatv.xunta.gal/resolucions-da-avaliacion-ambiental-de-proxectos e nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade, sitas en Santiago de Compostela (San Lázaro, s/n, planta baixa).

Santiago de Compostela, 14 de outubro de 2024

María José Echevarría Moreno
Directora xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade