En cumprimento do disposto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico; na Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crea o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, modificada pola Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia e pola Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia; no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica; na Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental e demais normas vixentes de aplicación, sométese a información pública a solicitude relacionada coa instalación que se describe a continuación:
Solicitante/promotora: Inditex Renovables, S.L.U. (NIF B05369541).
Domicilio social: avenida da Deputación, Edificio Inditex, 15143 Arteixo (A Coruña).
Denominación do proxecto: parque eólico Porto Exterior da Coruña (expediente nº AUT/2023/02).
Concellos afectados: Arteixo (A Coruña).
Potencia que se vai instalar: 19,8 MW.
Potencia que se vai evacuar: 18 MV.
Nº de aeroxeradores que se van instalar: 3 ud.×6,6 MW/ud.
Produción media neta estimada: 52.368 MWh/ano.
Horas netas anuais equivalentes á potencia nominal: 2.645 horas.
Orzamento de execución material: 17.463.601,76 € (parque eólico)+3.552.252,85 € (ampliación SET Inditex)+719.109,56 € (LSAT 132 kV) = 21.734.964,17 €.
Prazo de execución: doce (12) meses.
Descrición da instalación:
• Trátase dun parque eólico conectado na modalidade de autoconsumo colectivo con excedentes non acollido á compensación simplificada.
• A instalación componse do parque eólico Porto Exterior da Coruña, da ampliación da subestación eléctrica transformadora (en diante, SET) Inditex 20/132 kV e da execución da liña soterrada de alta tensión (en diante, LSAT) 132 kV que vai desde a SET Inditex 20/132 kV ata a SET Sabón 132 kV de UFD Distribución Electricidad, S.A. (en diante, UFD).
Localización (área de afección):
O parque eólico sitúase no dominio público portuario do Porto Exterior da Coruña. O percorrido das canalizacións soterradas levarase a cabo ao longo do Porto Exterior e do Polígono Industrial de Sabón, onde tamén se localiza a ampliación da SET Inditex.
O 3 de agosto de 2023, o Consello da Xunta de Galicia acordou declarar o parque eólico Porto Exterior da Coruña como proxecto cunha clara incidencia territorial pola súa entidade económica e social, cunha función vertebradora e estruturante do territorio. Como consecuencia disto, o proxecto inclúese dentro dunha das excepcións ao Plan sectorial eólico de Galicia recollidas no artigo 6.4 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, polo que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crea o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental.
|
Parque eólico Porto Exterior da Coruña |
|||
|
Vértice poligonal |
Coordenadas UTM fuso 29 ETRS89 |
Concello |
|
|
X |
Y |
||
|
V1 |
537.607 |
4.800.702 |
Arteixo |
|
V2 |
541.268 |
4.800.537 |
Arteixo |
|
V3 |
541.226 |
4.799.287 |
Arteixo |
|
V4 |
540.653 |
4.796.408 |
Arteixo |
|
V5 |
540.005 |
4.796.288 |
Arteixo |
|
V6 |
539.756 |
4.796.495 |
Arteixo |
|
V7 |
540.356 |
4.797.762 |
Arteixo |
|
V8 |
540.308 |
4.797.911 |
Arteixo |
|
V9 |
537.686 |
4.798.394 |
Arteixo |
|
Parque eólico Porto Exterior da Coruña |
|||
|
Aeroxerador |
Coordenadas UTM fuso 29 ETRS89 |
Concello |
|
|
X |
Y |
||
|
AG_01 |
539.337 |
4.800.345 |
Arteixo |
|
AG_02 |
539.930 |
4.800.385 |
Arteixo |
|
AG_03 |
540.597 |
4.799.991 |
Arteixo |
|
Parque eólico Porto Exterior da Coruña |
|||
|
Torre de medición |
Coordenadas UTM fuso 29 ETRS89 |
Concello |
|
|
X |
Y |
||
|
TM |
539.775 |
4.800.020 |
Arteixo |
|
Parque eólico Porto Exterior da Coruña |
|||
|
Ampliación SET Inditex |
Coordenadas UTM fuso 29 ETRS89 |
Concello |
|
|
X |
Y |
||
|
V1 |
540.230,72 |
4.796.453,67 |
Arteixo |
|
V2 |
540.233,85 |
4.796.446,28 |
Arteixo |
|
V3 |
540.260,18 |
4.796.455,20 |
Arteixo |
|
V4 |
540.261,27 |
4.796.451,98 |
Arteixo |
|
V5 |
540.271,88 |
4.796.455,57 |
Arteixo |
|
V6 |
540.268,23 |
4.796.466,37 |
Arteixo |
Características técnicas da instalación:
– Parque eólico Porto Exterior da Coruña:
• Tres (3) aeroxeradores tripá, modelo Siemens-Gamesa SG 6.6-170 ou similar, de potencia nominal unitaria 6,6 MW, velocidade e paso variables, diámetro do rotor 170 m e altura ata o buxe 115 m.
• Tres (3) centros de transformación trifásicos instalados na góndola de cada aeroxerador, de relación de transformación 0,69/20 kV e potencia aparente unitaria 7.332 kVA.
• Unha (1) torre anemométrica de medición permanente do recurso, de 115 m de altura.
• Un sistema colector de media tensión formado por dous (2) circuítos trifásicos de tensión nominal 20 kV en instalación soterrada, que ten como obxecto a canalización da enerxía xerada polas aeroturbinas ata a SET Inditex 20/132 kV. O cable empregado para esta rede será de aluminio, de tipos RHZ1-OL y HEPRZ1-OL, 12/20 kV, de diferentes seccións (240 y 630 mm2).
• Pola mesma canalización prevese un cable de enlace de terra ou de acompañamento, de 1×50 mm2 en cobre espido, que se unirá coa posta á terra da subestación.
• Polo mesma gabia tamén se instalará unha rede de comunicacións, que utilizará como soporte un cable de fibra óptica e que se empregará para a vixilancia e control do parque.
– Ampliación da SET Inditex 20/132 kV no Polígono Industrial de Sabón:
• Trátase de ampliar a actual SET Inditex co fin de permitir a evacuación da enerxía xerada no parque eólico Porto Exterior da Coruña e a súa conexión á rede de distribución da zona, en 132 kV, a través do nó Sabón 132 kV (de UFD), así como de posibilitar tamén a subministración á instalación do complexo de Inditex. A ampliación localízase a continuación e anexa á actual SET, na mesma parcela.
• Instalaranse dous (2) transformadores trifásicos de potencia (principal e redundante), de intemperie, illados en aceite, de 132/20 kV y 20 MVA cada un.
• O futuro parque de interior de 132 kV, en configuración de simple barra, estará composto por un (1) módulo GIS compacto, en SF6, formado polas seguintes tres posicións:
Unha (1) posición de liña para a interconexión co futuro punto de conexión proporcionado por UFD na SET Sabón no nivel de 132 kV.
Dous (2) posicións de transformador 132/20 kV 1×20 MVA.
• No lado de 20 kV dos transformadores proxéctase a instalación dun novo conxunto de celas neste nivel de tensión formado por:
Dúas (2) celas de protección de transformador de potencia.
Dúas (2) celas de protección de liña de media tensión de evacuación do parque.
Unha (1) cela para protección do encaixamento lonxitudinal de barras en 20 kV.
Unha (1) cela para remonte a barras en 20 kV.
– LSAT 132 kV SET Inditex 20/132 kV-SET Sabón 132 kV:
• A enerxía eléctrica xerada polo parque eólico Porto Exterior da Coruña evacuarase a través dunha LSAT 132 kV, que vai desde a SET Inditex 20/132 kV ata a SET Sabón 132 kV de UFD (posición 109), onde estará o punto de conexión á rede de distribución. Tamén, en caso de necesidade de subministración eléctrica ás instalacións de Inditex, esta será achegada a través desta mesma LSAT.
• Ten unha lonxitude de 1.298 m e discorrerá baixo calzada polo Polígono de Sabón.
• O cable de potencia que se tenderá na canalización soterrada será un cable unipolar de aluminio tipo RHZ1-RA+2OL(AS) 76/132 kV 1×500 MAL+H245 Cu.
• Como cable de comunicacións prevese a instalación de cable de fibra óptica.
Os traballos de reforzo, adecuación e reforma das instalacións de distribución que se van realizar na subestación Sabón, necesarias para a conexión da liña, non son obxecto deste proxecto.
Obxecto da información pública:
A solicitude de autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e o estudo de impacto ambiental (EIA) da instalación anteriormente descrita.
Documentación que se expón:
1. O proxecto de execución: consistente en:
• Proxecto de execución parque eólico Porto Exterior da Coruña (visado 20 de xuño de 2024).
• Proxecto de execución ampliación de subestación Inditex 132/20 kV (visado 5 de marzo de 2024).
• Proxecto de execución liña soterrada 132 kV subestación Inditex 20/132 kV subestación Sabón 132 kV (visado 5 de marzo de 2024).
1.1. Planos xerais dos proxectos.
2. O estudo de impacto ambiental (EIA) (asinado 12 de abril de 2024).
Esta documentación estará á disposición dos interesados nas dependencias da Sección de Eólicos da Dirección Territorial da Coruña da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático (rúa Vicente Ferrer, núm. 2-2º andar, 15071 A Coruña, teléfonos 981 18 49 83 e 981 18 49 17), de luns a venres das 9.00 ás 14.00 horas, así como na casa do concello de Arteixo (A Coruña). Ademais, tamén se poderá consultar no portal web da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático a través da seguinte ligazón:
https://medioambiente.xunta.gal/enerxias-renovables/documentos-exposicion-publica
O que se fai público de conformidade co artigo 33.10 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crea o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, modificada pola Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia e pola Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia, para o coñecemento xeral, para que se poida examinar a documentación técnica anteriormente relacionada e, se é o caso, presentar as alegacións ou observacións que consideren oportunas, dentro do prazo de trinta (30) días, que se contará a partir do día seguinte ao da última publicación deste acordo (Diario Oficial de Galicia).
A Coruña, 1 de outubro de 2024
Mª Pilar Arias Graña
Directora territorial da Coruña
