DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 207 Venres, 25 de outubro de 2024 Páx. 57399

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 2 de outubro de 2024, do Departamento Territorial da Coruña, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Cee (expediente IN407A 2024/100-1).

Expediente: IN407A 2024/100-1.

Promotora: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación do proxecto: regulamentación LMT POT806 en Bazarra-apoios de madeira-cambio de explotación a POT809.

Concello: Cee.

Feitos:

1. Con datas do 21.3.2024 e do 16.9.2024, a empresa promotora solicitou a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción do proxecto de execución da instalación de distribución eléctrica mencionada, co obxecto de realizar obras de regulamentación na liña de distribución eléctrica en media tensión con matrícula POT806, por existiren apoios en madeira derrubados, condutores en mal estado e fendas estruturais.

Ao abeiro do artigo 123 do Real decreto 1955/2000, presentan o proxecto de execución denominado regulamentación LMT POT806 en Bazarra-apoios de madeira-cambio de explotación a POT809, asinado o día 11.9.2024 por Rubén Maceiras Sánchez, enxeñeiro técnico industrial, especialidade electrónica industrial, número de colexiado 3.191 do Coeticor.

2. O proxecto non se someteu ao trámite de información pública, segundo o artigo 50 da Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia (DOG núm. 39, do 26 de febreiro).

3. Consonte o artigo 127 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, solicitouse o informe preceptivo ás distintas entidades afectadas: Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, Augas de Galicia e Concello de Cee. A empresa promotora manifestou a súa conformidade cos informes emitidos no prazo outorgado para ese efecto.

4. O día 25.9.2024 emitiuse o informe técnico.

Consideracións legais e técnicas:

Primeira. O director territorial é competente para resolver este expediente, ao abeiro do disposto no Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 22, do 1 de febreiro), e no Decreto 140/2024, do 20 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía e Industria (DOG núm. 101, do 27 de maio).

Segunda. Lexislación de aplicación:

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.

– Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09.

– Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.

– Real decreto 842/2002, do 2 de agosto, polo que se aproba o Regulamento electrotécnico para baixa tensión.

– Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia (DOG núm. 39, do 26 de febreiro).

Terceira. Características técnicas:

As instalacións obxecto deste expediente están situadas no lugar de Bazarra (Toba) no concello de Cee e as súas características técnicas son as seguintes:

Desmantelamento da LMTA POT806 entre o apoio 97M1QWPT//14 e o CT 15XGVM, realizando unha variante subterránea para alimentar todos os CT desde a saída con matrícula POT809 mediante as seguintes actuacións:

• Actuación 1. Liña eléctrica de media tensión subterránea, a 15 kV, con orixe no CT 15XFQQ e final no CT 15CLJH, condutor RHZ1-2OL 12/20 kV 1×240 mm2 Al e 993 m de lonxitude.

• Actuación 2. Liña eléctrica de media tensión subterránea, a 20 kV, con orixe en arqueta fronte a CT 15XFQQ e final en arqueta situada na AC-552 (p.q. 90+180), condutor RHZ1-2OL 12/20 kV 1×240 mm2 Al e 538 m de lonxitude.

• Actuación 3. Liña eléctrica de media tensión subterránea, a 20 kV, con orixe no CT 15XGVM e final en arqueta situada na AC-552 (p.q. 89+700), condutor RHZ1-2OL 12/20 kV 1×240 mm2 Al e 505 m de lonxitude.

• Actuación 4. Liña eléctrica de media tensión subterránea, a 20 kV, con orixe en arqueta situada na AC-552 (p.q. 90+180) e final en CS 15CGLJ, condutor RHZ1-2OL 12/20 kV 1×240 mm2 Al e 662 m de lonxitude.

• Actuación 5. Liña eléctrica de media tensión subterránea, a 20 kV, con orixe no CT 15XGVM e final no apoio 97GWVN7W//14-14CT, condutor RHZ1-2OL 12/20 kV 1×95 mm2 Al e 25 m de lonxitude.

• Actuación 6: substitución das celas actuais do CT 15XFGW por unhas celas telecontroladas das mesmas características.

Cuarta. No expediente consta un informe favorable dos servizos técnicos deste departamento territorial.

De acordo con todo o exposto,

RESOLVO:

1. Conceder a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción para a dita instalación de distribución eléctrica indicada.

2. A instalación executarase no prazo dun ano, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

3. Para a posta en explotación da instalación autorizada, deberá achegar ante este departamento territorial unha solicitude coa cal xuntará a seguinte documentación:

• As declaracións de conformidade relativas ao material ou equipamento, e as certificacións ou homologacións, se procede.

• Un certificado do/da director/a da montaxe en que se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e das prescricións complementarias, se as houber, así como das regulamentacións e normas oportunas na montaxe da instalación e posta a punto.

• Planimetría as built da instalación eléctrica en formato shape.

4. Esta aprobación outórgase sen prexuízo doutras que sexan de aplicación segundo a lexislación vixente, en especial no relativo á ordenación do territorio e ao ambiente.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpor recurso de alzada perante a conselleira de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan interpor calquera outro recurso que consideren pertinente.

Mediante este documento notifícaselles aos interesados esta resolución, segundo o exixido no artigo 40.1 da dita Lei 39/2015.

A Coruña, 2 de outubro de 2024

Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña