DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 207 Venres, 25 de outubro de 2024 Páx. 57410

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 3 de outubro de 2024, do Departamento Territorial da Coruña, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción e a declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Brión (expediente IN407A 2022/380-1).

Expediente: IN407A 2022/380-1.

Promotor: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Proxecto: regulamentación TA2806 e CT15AJ75-Salaño.

Concello: Brión.

Feitos:

1. O día 9 de novembro de 2022, a empresa promotora solicitou a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública da instalación de distribución eléctrica mencionada. Co fin de realizar traballos de regulamentación na liña de distribución de media tensión LMT TA2803, procedente da subestación Tambre II, lugar de Salaño, parroquia de Ons, concello de Brión, proxéctanse as seguintes actuacións: o desmantelamento do centro de transformación CT Salaño (15AJ75, expediente 23.964 e IN407A 2016/1349-1) de intemperie de 100 kVA de potencia por mor do seu mal estado; a instalación dun novo centro de transformación prefabricado de 100 kVA e dunha liña subterránea de media tensión que o conectará coa liña de distribución antedita; a substitución do condutor dun tramo da liña de distribución e dúas saídas en baixa tensión que o conectarán coa rede de baixa tensión existente.

Ao abeiro dos artigos 123 e 143 do Real decreto 1955/2000, coa solicitude presentan o proxecto de execución denominado regulamentación TA2806 e CT15AJ75-Salaño, asinado o día 2 de xuño de 2022 (visado 797/22-ST do 2 de xuño de 2022) por Alberto Blanco Penas, enxeñeiro técnico industrial eléctrico, nº colexiado 3.165 de Santiago de Compostela, e a relación de bens e dereitos afectados de necesaria ocupación para a construción da instalación proxectada.

Posteriormente, con datas 27 de abril de 2023 e 5 de xuño de 2024 presentan anexos ao proxecto, asinados os días 19 de abril de 2023 e 31 de maio de 2024 por Rubén Maceiras Sánchez, enxeñeiro técnico industrial, especialidade Electrónica Industrial, nº colexiado 3.191 do COETICOR.

2. O proxecto someteuse ao trámite de información pública mediante un acordo publicado nos seguintes medios:

• Portal de Transparencia e Goberno aberto da Consellería de Economía e Industria.

• DOG: 24.5.2023.

• BOP: 4.5.2023.

• Xornal La Voz de Galicia: 16.5.2023.

• Taboleiro de anuncios do concello: segundo certificado municipal do 7.8.2023.

3. Durante o período en que o proxecto se someteu ao trámite de información pública non se presentou ningunha alegación, reclamación nin suxestión relacionada coa documentación obxecto de publicación.

4. Consonte o artigo 127 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, solicitouse o informe preceptivo ao Concello de Brión como entidade afectada. No día desta resolución, non consta no expediente resposta do concello á solicitude de informe.

5. O día 2 de outurbro de 2024 emitiuse o informe técnico.

Consideracións legais e técnicas:

1. O director territorial é competente para resolver este expediente, ao abeiro do disposto no Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 22, do 1 de febreiro), e no Decreto 140/2024, do 20 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía e Industria (DOG núm. 101, do 27 de maio).

2. Lexislación de aplicación.

– Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

– Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalación eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09 (BOE núm. 68, do 19 de marzo).

– Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23 (BOE núm. 139, do 9 de xuño).

– Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de industria, enerxía e minas (BOE núm. 246, do 14 de outubro).

– Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

– Decreto do 26 de abril de 1957, polo que se aproba o regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).

3. Características técnicas.

As instalacións obxecto deste expediente están situadas no lugar de Salaño, parroquia de Ons, concello de Brión, e as súas características técnicas son as seguintes:

– LMTS a 20 kV, de 25 m, condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 3×(1×150) mm2 Al, con orixe no PA/S proxectado no apoio tipo C-1000/14, con seccionador XS e autoválvulas, en substitución do nº 9V3BGM5V//D51-101 CT existente tipo pórtico de formigón da LMT TA2803, procedente da subestación Tambre II, e remate no CTC proxectado. O condutor discorrerá entubado por canalización baixo terra.

– LMTA a 20 kV, de 71 m, condutor tipo LA-56 Al, con orixe no novo apoio que substituirá ao apoio nº 9V3BGM5V//D51- 101 CT existente e remate no apoio nº 9V4E5BPU//D51-102 existente.

– Novo CT Salaño compacto prefabricado tipo rural, cunha potencia de 100 kVA, unha relación de transformación de 20.000/400-230 V e configuración 1L+1P. Desmontaxe do CT Salaño (15AJ75, expediente 23.964 e IN407A 2016/1349-1) de intemperie de 100 kVA instalado no apoio nº D51-101 CT existente por substituír.

4. No expediente consta un informe favorable dos servizos técnicos deste departamento territorial.

Consonte con todo o sinalado,

RESOLVO:

A) Conceder a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública da dita instalación de distribución eléctrica.

B) A instalación executarase no prazo dun ano, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

A declaración de utilidade pública leva implícita a necesidade de ocupación dos bens e de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

C) Para a posta en funcionamento da instalación autorizada, deberá achegar ante este departamento territorial unha solicitude á cal xuntará a seguinte documentación:

• As declaracións de conformidade relativas ao material ou equipamento e as certificacións ou homologacións, se procede.

• Un certificado do/da director/a da montaxe no que se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e das prescricións complementarias, se as houber, así como das regulamentacións e normas axeitadas para a montaxe da instalación e posta a punto.

• Planimetría as built da instalación eléctrica en formato shape.

D) Esta autorización outórgase sen prexuízo doutras que sexan de aplicación segundo a lexislación vixente, en especial no relativo á ordenación do territorio e ao ambiente.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderá interporse recurso de alzada perante a conselleira de Economía e Industria, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da dita Lei 39/2015, sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan interpor calquera outro recurso que consideren axeitado.

Mediante este documento notifícaselles aos interesados esta resolución, segundo o exixido no artigo 40.1 da Lei 39/2015.

A Coruña, 3 de outubro de 2024

Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña

ANEXO

Relación de bens e dereitos afectados. Concello de Brión. (Expediente IN407A 2022/380-1).

Parcela proxecto

Titular

Referencia catastral

Paraxe

Afección pleno dominio

(LMT, CT e/ou apoios)

LMT soterrada

(servidume de paso de enerxía eléctrica)

Natureza do terreo

Nº do apoio/CT

Superficie (m2)

Lonxitude (m)

Superficie (m2)

1

Descoñecido

0788710NH2408N0001AA

Salaño Grande

Novo apoio/novo CT e acceso

23

10

22

Urbano.

Solo sen edificar