Expediente: IN407A 2023/210-1.
Promotor: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Instalación: ampliación potencia CT Castiñeira Aldea (15AZ15).
Concello: Ribeira.
Feitos:
1. O día 20 de abril de 2023, a empresa promotora solicitou a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública do proxecto de execución da dita instalación de distribución eléctrica, co fin de dotar de subministración unha solicitude de 9,2 kW para un cámping.
Achegan o proxecto, que inclúe a memoria, os planos e o orzamento, xunto coa relación de bens e dereitos afectados de necesaria ocupación para a construción da liña, ao abeiro dos artigos 123 e 143 do Real decreto 1955/2000, e que abrangue os seguintes documentos:
• Proxecto de execución denominado: ampliación potencia CT Castiñeira Aldea (15AZ15), asinado con data do 12 de decembro de 2022 por Alejandro Fernández Reza, enxeñeiro técnico industrial graduado en Enxeñaría Eléctrica e número de colexiado 4.683 do COITIVigo.
• Resposta ao requirimento para o Servizo de Enerxía e Minas, asinado o 17 de xuño de 2024 por Susana Casais Pérez, enxeñeira técnica industrial eléctrica e número de colexiada 2.033 da Coruña.
• Resposta ao requirimento para o Servizo de Enerxía e Minas, asinado na data do 22 de agosto de 2024 por Susana Casais Pérez, enxeñeira técnica industrial eléctrica e número de colexiada 2.033 da Coruña.
2. O proxecto someteuse ao trámite de información pública mediante un acordo de data do 27 de xullo de 2024, publicado nos seguintes medios:
• Portal da Transparencia e Goberno aberto da Consellería de Economía, Industria e Innovación.
• DOG: 21 de agosto de 2023, co número 157.
• BOP: 1 de agosto de 2023, co número 145.
• Xornal La Voz de Galicia: 25 de agosto de 2023.
• Taboleiro de anuncios do concello: segundo certificado municipal do secretario xeral do Concello de Ribeira de data do 5 de outubro de 2023.
3. Durante o período no que se someteu o proxecto ao trámite de información pública non se presentou ningunha alegación, reclamación ou suxestión relacionada coa documentación obxecto de publicación.
4. Consonte o artigo 127 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, déuselles traslado ás distintas administracións, organismos ou, de ser o caso, empresas de servizo público ou de servizos de interese xeral afectadas dunha separata do proxecto, na parte na que a instalación puidese prexudicar bens e dereitos ao seu cargo, que contén as características da instalación e a documentación cartográfica corrrespondente. Solicitouse o preceptivo informe ao Concello de Ribeira. O día desta resolución, non consta no expediente resposta do organismo afectado á solicitude do condicionado solicitado.
5. O día 18 de setembro de 2024 emitiuse o informe técnico.
Consideracións legais e técnicas:
1. O director territorial é competente para resolver este expediente segundo o Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG número 22, do 1 de febreiro) e no Decreto 140/2024, do 20 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía e Industria (DOG número 101, do 27 de maio).
2. Lexislación de aplicación:
• Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE número 236, do 2 de outubro).
• Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE número 236, do 2 de outubro).
• Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE número 310, do 27 de decembro).
• Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE número 310, do 27 de decembro).
• Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09 (BOE número 68, do 19 de marzo).
• Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23 (BOE número 139, do 9 de xuño).
• Real decreto 842/2002, do 2 de agosto, polo que se aproba o Regulamento electrotécnico para baixa tensión (BOE número 224, do 18 de setembro).
• Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de industria, enerxía e minas (BOE número 246, do 14 de outubro).
• Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE número 351, do 17 de decembro).
• Decreto do 26 de abril de 1957, polo que se aproba o regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE número 160, do 20 de xuño).
3. Características técnicas:
As instalacións de alta tensión obxecto deste expediente atópanse no lugar de Revolta, no concello de Ribeira.
– Desconexión e desmontaxe (desmantelamento) do CT tipo intemperie Castiñeira Aldea (expediente 21.673/matrícula: 15AZ15) de 160 kVA de potencia e relación de transformación 20/0,4-0,23 kV, actualmente instalado no apoio nº 112-3-2-CT tipo pórtico pertencente á arquitectura da LMT PMR-806.
– En substitución do CT tipo intemperie Castiñeira Aldea, na parcela con referencia catastral 15074A019015510000KF, sita no lugar de Aldea, proxéctase instalar un novo centro de transformación prefabricado de formigón, compacto de manobra exterior, cunha configuración de celas 2L+1P con illamento en SF6, telecontrolado, de 250 kVA de potencia e relación de transformación 20/0,4-0,23 kV, dotado de cadro de baixa tensión (CBT) con catro (4) saídas e equipamento de telexestión.
– Liña eléctrica de media tensión soterrada a 20 kV, de 16 metros de lonxitude, en condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 3(1 x 240 mm² Al), con orixe nun dos apoios que forman o pórtico nº 112-3-2-CT e remate en cela de liña do novo CT proxectado.
4. No expediente consta un informe favorable dos servizos técnicos deste departamento territorial.
Consonte con todo o sinalado,
RESOLVO:
1. Conceder a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública da dita instalación de distribución eléctrica.
2. A instalación executarase no prazo dun ano, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
A declaración de utilidade pública leva implícita a necesidade de ocupación dos bens e de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.
3. Para a posta en funcionamento da instalación autorizada, deberá achegar perante este departamento territorial unha solicitude á cal xuntará a seguinte documentación:
• As declaracións de conformidade relativas ao material ou equipamento e as certificacións ou homologacións, se procede.
• Un certificado do/da director/a da montaxe no que se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e das prescricións complementarias, se as houber, así como das regulamentacións e normas axeitadas para a montaxe da instalación e posta a punto.
Planimetría as built da instalación eléctrica en formato shape.
4. Esta autorización outórgase sen prexuízo doutras que sexan de aplicación segundo a lexislación vixente, en especial no relativo á ordenación do territorio e ao ambiente.
Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderá interporse recurso de alzada perante a conselleira de Economía e Industria, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE número 236, do 2 de outubro), sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan interpor calquera outro recurso que consideren axeitado.
Mediante este documento notifícaselles aos interesados esta resolución, segundo o exixido no artigo 40.1 da mencionada Lei 39/2015.
A Coruña, 3 de outubro de 2024
Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña
ANEXO
Ampliación da potencia do CT Castiñeira Aldea (15AZ15)
Relación de bens e dereitos afectados-concello de Ribeira
Expediente: IN407A 2023/210-1.
|
Predio do proxecto |
Persoa propietaria/titular |
Referencia catastral |
Lugar |
Afección de solo de pleno dominio |
Afección de solo por servidume de paso de enerxía eléctrica |
Natureza do terreo |
||||
|
Apoio núm. |
Superficie (m2) |
ml. aér. |
ml. sot. |
m2 aér. |
m2 sot. |
|||||
|
1 |
Descoñecida/o |
15074A019015510000KF |
Lg. Aldea-Viña Rial |
Centro de transformación e acceso |
19,57 |
6.0 |
16.46 |
Rústico. Agrario. |
||
Abreviacións:
ml aér.: lonxitude da servidume aérea en metros lineais.
ml sot.: lonxitude da servidume soterrada en metros lineais.
m2 aér.: superficie de servidume aérea en m2.
m2 sot.: superficie de servidume soterrada en m2.
