DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 207 Venres, 25 de outubro de 2024 Páx. 57422

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 11 de outubro de 2024, do Departamento Territorial de Ourense, polo que se notifica ás persoas interesadas a Resolución do 9 de outubro de 2024 relativa a instalacións eléctricas no concello de Petín (expediente IN407A 2024/059-3).

Mediante a Resolución do 9 de outubro de 2024, do Departamento Territorial de Ourense, concedéronse as autorizacións administrativas previa e de construción e declaráronse, en concreto, de utilidade pública, para os efectos da urxente ocupación, as instalacións eléctricas no concello de Petín (expediente IN407A 2024/059-3).

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, mediante este anuncio emprázanse os titulares dos predios que no anexo se relacionan para seren notificados por comparecencia, por non ter sido posible efectuar a notificación prevista na citada norma.

As persoas interesadas, ou os seus representantes, deberán comparecer no prazo de dez (10) días, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado, no Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria de Ourense, na rúa Curros Enríquez, nº 1, 3º (Servizo de Enerxía e Minas), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. A eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no TEU.

Transcorrido o dito prazo sen efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Ourense, 11 de outubro de 2024

Alicia María López Míguez
Directora territorial de Ourense

ANEXO

Relación de afectados descoñecidos,
de domicilio ignorado ou non notificados

Número de expediente: IN407A 2024/059-3.

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación da instalación: regulamentación LMTA RUA806 no treito entre os apoios núm. 10 e núm. 12.

Termo municipal: lugar de Penafurada, no concello do Petín.

Predio núm. en proxecto: 1; referencia catastral: 32061A018012580000TR.

Lugar: Penelas.

Cultivo: monte baixo.

Titular: hdros. de Felisa Quiroga Fernández.

Afeccións: ocupación de 2 m2 para o apoio núm. 10X.

Predio núm. en proxecto: 2; referencia catastral: 32061A018012740000TW.

Lugar: Penelas.

Cultivo: monte baixo.

Titular: hdros. de Josefa Diéguez Chepe.

Afeccións: ocupación de 2 m2 para o apoio núm. 11.